domingo, 21 de diciembre de 2008

Lotería de Nadal do PSdeG-PSOE de Vilalba

.
Ante as preguntas de moitos veciños de Vilalba pola ausencia da tradicional venta de lotería de Nadal da agrupación local do PSdeG-PSOE de Vilalba.
.
Teño que aclarar, para todos aqueles que non o saiban, que coa chegada da nova dirección á agrupación local vilalbesa supoño que decidirían non organizar a venta de dita lotería, que tantos anos vendemos os compañeiros apartados da actual dirección do partido e que tanto axudou a financiar as nosas actividades ademais de facernos presentes na vida social do noso concello.
.
Non sei se lles sobrarán agora os cartos ou que da demasiado traballo desinteresado aos que teñen que vendela ou que tamén hai que dar a cara para facelo.
Dende aquí e posto que a nosa lotería este ano non pode tocar, desexaros a tódolos vilalbeses que o gordo deste Nadal recaiga sobre algún dos moitos números que xogamos en participacións no noso concello.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (19-12-08)

.
Meu amigo Antón:

Xa andamos nas Navidades outro ano máis, e con esta carta quero manifestarche, meu burlón amigo, a miña felicitación. Por certo, non sei se será politicamente correcto dicir iso de Navidades, ou Nadal ou Natal, nestes tempos nos que algunha xente anda moi preocupada pola supresión de linguaxes relixiosas e pola conseguinte implantación dunha linguaxe laica. A Igrexa, segundo eles, xa dominou tempo dabondo ao persoal. E, se cadra, teñen algo de razón. Habería que o discutir, pero agora non teño ganas. Ao mellor nesta carta tería que che dicir simplemente: boas festas de invernía. Pero en fin, se lles pedimos desculpas aos nosos oíntes máis puntillosos, e se teñen en conta a miña condición sacramental e a túa de cachazudo tradicionalista, non creo que se nos alporicen en demasía. Así que, meu Antón, que teñas boas festas natalicias ou renatalicias, é dicir, que renaza en ti cada día o misterio do Amor. Do amor de verdade, claro, porque para o outro xa vas indo algo vello de máis.

E, para que todo comece ben, non te prives de gozar dese preludio festeiro, neste caso laico de todo, que nos oferta a nosa vila desde tempos remotos: a feira dos capóns, unha palabra, por certo, ben simbólica no senso máis literal e material do termo. Seguro que has estar alí ben cediño, no Cementón, baixo da carpa prodixiosa, mesturando as túas palabra quentes coa friaxe do ambiente para elaborar ese bafo invernal que che invade o rostro por baixo da inevitable boina. Non sei se mercarás ou non, porque, como me di sempre a túa dona, es cutre dabondo; pero estou seguro de que non has deixar de axudarlle aos teus fillos a detectar os mellores pitos que, ás veces, non son precisamente os elixidos polos entendidos para darlles os premios do Concello. Nunca se me esquece o espectáculo de te ver a ti en actitude competitiva co noso amigo Domingo Somoza, que Deus teña na gloria, para conseguir en bo prezo aqueles pitos que seguramente non eran os máis aparentes, pero dos que vós coñeciades, pola experiencia que non dan os estudos, a súa excepcional calidade. Domingo sempre me explicaba que o máis da xente non se apercibía de que seren os bechos grandes coma bois non indicaba precisamente que fosen os mellores. E ti tamén o sabías. Así que ti preguntabas o prezo e, cando cho dicían, poñías cara de sarcástica sorpresa e íaste dalí coma quen se burla das pretensións dos vendedores; pero, iso si, sen perder de vista quen se achegaba a velos. Se o posible pretendente era o Domingo, ti retornabas de súpeto para que non chos levase, pero tendo coidado de que a pugna entre os dous non aumentase en exceso o prezo inicial que puxeran os vendedores. O importante era que, entre os dous, puiderades convencer ao criador de que os seus capóns non eran malos, pero non pasaban de regulares. Faciades así un xogo moi curioso do que eu teño gozado moito. Era, nin máis nin menos que o xogo do mercado en estado puro. Agora xa non teño moi seguro que se dean estes xogos de tácticas e estratexias, porque, entre outras cousas, paréceme que, en realidade, xa non queda apenas feira. Polo que me din, os máis dos capóns véndense nas casas e os que van á feira non son máis ca produtos residuais. De feito, estes anos pasados aí polas dez e media da mañá xa non se percibía o mercadeo: non quedaba máis ca ruído de gaitas e charangas que non permitían nin sequera escoitarse para o regateo. Algúns téñenme comentado que esas etiquetas certificadoras da calidade do animal circulan polas casas dos produtores con excesiva facilidade. Eu non o sei – nunca criei capóns nin nada – pero sería mágoa porque estou convencido de que non é o capón o que fai a feira senón que, ao revés, ven sendo a feira a que, co seu prestixio, transforma calquera pito en capón. De non ser por ese mercado e polas súas garantías, o animaliño non sería máis cun pito ben mantido, pero non o instrumento dalgún agasallo primoroso co que pagar favores. O valor está na chapiña que o acompaña.

Non sei o que cumpriría facer para conservar o espectáculo da feira. Pregunteille aos meus colegas de Facultade, especialistas en marketing, e aínda agardo resposta; pero, en todo caso, os responsables do evento anual deberían meditalo coidadosamente, non vaia ser que, de non facer algo, morra a feira e con ela o prestixio dos capóns que alí se veñen buscar, precisamente por seren admitidos nela.

E nada máis por hoxe. Merca ben e fai todo por ser feliz, nas festas e despois delas, malia todas as crises do mundo mundial.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Prioridades e Indignidade Política

Dende o anuncio feito por Zapatero da creación dun fondo estatal extraordinario para o desenrolo de obras no eido local co fin de promocionar a creación de emprego nestes duros momentos de crise, de seguro que tódolos políticos con inquietude do noso concello e moitos cidadáns preocupados se preguntarían a que obras adicarían os 2,7 millóns de euros que o noso concello pode conquerir por esta vía.

Seguramente que o concello de Vilalba non conquire tódolos días, case que 500 millóns das antigas pesetas, para o desenrolo de obras que tan necesarias poden ser para o benestar dos nosos veciños e con esa preocupación e como non podería ser de outro xeito, os concelleiros socialistas comezamos a debatir sobre as obras que considerábamos máis necesarias para o noso concello, co fin de consensuar as nosas prioridades, para logo defendelas no escenario político onde os veciños de Vilalba nos encargaron que defenderamolos seus intereses, ese escenario non podería ser outro que a casa consistorial e o marco sen dúbida que ten que ser un pleno extraordinario, onde ante un tema de tal importancia tódolos grupos políticos puidésemos debatir sobre as nosas ideas para o desenrolo destas obras e así colaborar no ben común de facer un pobo mellor para todos.

Pero para a nosa sorpresa, o desenrolo democrático ó que nos tiña acostumados o anterior alcalde, leva dado moitos pasos atrás dende a chegada do Señor Criado á alcaldía de Vilalba, porque lonxe de ter un axeitado comportamento democrático e ser él mesmo quen convocase este pleno extraordinario ou algunha comisión onde se puidese escoitar tódalas voces, adoita unha postura indigna do máximo representante dun concello como o noso, con falsas acusacións de despilfarro pola convocatoria deste pleno polo noso grupo, tendo en conta que fai só “uns días”, negouse a rebaixar un chisquiño o seu elevadísimo soldo e nos atopamos despois coa sorpresa de que se adica a mercar dous vehículos novos para o seu propio uso nestes momentos tan duros de crise, ou se adica a gastalos cartos de todos, en devolver festas e cuchipandas co hermanado pobo de Collado Villalba, ademais de outros gastos superfluos que poderían e deberían de ser revisados, ¡eso sí que é austeridade Señor Criado!, por isto é indigno cando acusa os membros do Grupo Municipal Socialista de “irresponsabilidade política” e “tomadura de pelo” polo gasto que produciría un pleno extraordinario para as arcas municipais, escondendo tras esa acusación a sua ineptitude para debatir coa oposición das problemáticas políticas do noso concello e a falla de caracter democrático a que nos está acostumando este señor a tódolos vilalbeses, cando se nega a debatir ca oposición tanto fora como dentro da casa do concello. Como se pode acudir a posturas completamente totalitarias, máis propias de antigas épocas escuras que desta, utilizando que a capacidade de decisión a ten o grupo de goberno do PP por ter a maioría suficiente para gobernar o noso concello, sen ter en conta os dereitos dos membros de oposición ó control e fiscalización dos nosos gobernantes, senon para que existe a democracia señor Criado, ¿gustaríalle ter o poder absoluto e que o resto dos grupos non puidésemos opinar sobre os temas do noso concello por non ter a maioría para facelo?. Dende a oposición temos dereito a confrontalos nosos proxectos co grupo de goberno e recordarlles a necesidade de dar resposta a moitos dos problemas que teñen os nosos veciños, ademais de simplemente facerlle chegar as nosas ideas que poden ser de utilidade para o desenrolo do traballo de goberno que sen dúbida vostedes teñen que realizar e que moitas veces, semella que o fan sen ter en conta as prioridades veciñais e que gobernan só para satisfacer os seus propios intereses. E ademais, cando fale de irresponsabilidades e tomaduras de pelo, non dubide que a posibilidade de convocar este pleno extraordinario ven reflexada nas leis que permiten que un grupo político coa nosa representación, convoque un pleno extraordinario incluso ata 3 veces o longo do ano e que é a primeira vez que o facemos, porque precisamente por responsabilidade política só utilizaremos este dereito para temas onde consideremos de gran necesidade para os intereses dos nosos veciños.

Pero voltando o tema e dende un punto de vista máis persoal, se eu tivese a posibilidade de decidir que facer con este fondo, gustaríame que se priorizase a realización de obras para facer da nosa Vila un lugar máis habitable para os nosos veciños, desenrolaría obras de urbanización das rúas máis desfavorecidas, poñería en valor os espazos públicos existentes no noso concello: Prazas, xardíns, parques infantís, zonas de esparcemento, espazos parroquiais, melloraría o mobiliario público tan deteriorado no noso pobo, eliminaría as barreiras arquitectónicas que encerran na casa a moitos veciños, faría un esforzo en darlle un bó repaso o noso casco histórico e as serias inquietudes da súa asociación de veciños e sen dúbida que tomaría medidas para mellorar a seguridade vial dos cidadáns do noso concello. Por outro lado priorizaría a necesidade de obras de traída e saneamento nas parroquías e sen dúbida crearía un plan de utilización de aglomerado en quente para as pistas da nosa zona rural comezando polas máis necesarias. Ese lavado de cara que necesita o noso pobo é un grito de necesidade que tódolos que amamos Vilalba consideramos inaplazable e que podería comezar xa, se os nosos gobernantes utlizan estes cartos, pensando nas prioridades dos veciños e non nas súas propias. Esperemos que así sexa e senon debería de saber o Partido Popular que aquí estará a oposición para recordarlles as súas obrigas en todos aqueles foros que fosen necesarios.

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (12-12-08)


Publico unha vez máis, a "Carta a Antón" desta semana, xa que son un gran seguidor destas cartas que tan ben escribe o meu querido Bernardo García Cendán e que espero que este blog sexa un foro máis onde se poida ler o que con tanto gusto escribe este fino cronista da vida vilalbesa.

E aproveito este espacio, para mostrarlle a miña admiración, dende o corazonciño dun xoven vilalbés, a Agustín Fernández Paz, este gran escritor que temos na nosa terra . Dende aquí lle envio a miña noraboa polos premios e éxitos que leva acadado e que sen dúbida acadará.



Lugo, 12 decembro 2008

Meu amigo Antón: Supoño que non terás inconveniente que eu lles conte aos nosos oíntes que non andas ben de saúde. E que lles diga tamén que se sempre che tiven admiración, esta medra moito en circunstancias como as que estás a vivir. Es moi túzaro e moi cazurro, ben o sabes, e, ás veces, fasme desesperar, pero teño que recoñecer que a túa capacidade de sufrir en silencio os quebrantos da saúde, sen implicar aos que te arrodean na tristura das túas angueiras e preocupacións, suscita en min un respecto que algunha vez che debo confesar así abertamente. Sei que agora estás a pasar un moi mal momento, pero tiven que adiviñalo, ti calabas. Mesmo cando sospeitei do teu mal e che preguntei por el, ti trataches de quitarlle ferro e lograches que a nosa conversa se mantivese, coma sempre, no clima de ironía que adoitamos manter. Paréceme admirable, porque eu non sería quen de facelo: cando ando mal, non dou evitado que os meus amigos se decaten axiña. Nisto gustaría de ser coma ti. Así que, meu Antón, grazas por ser como es. Ben ves, hoxe toca de loanza que, dadas as circunstancias, fago compracido, pero sen que serva de precedente, porque, mentres respiremos, ti seguirás a ser para min o Antón cachazudo e retranqueiro que sempre tes sido.

E xa que vai de loanzas, teño que dicir que cadro de acordo contigo no que me comentaches esta mesma mañá a carón da tenda do noso amigo Luís do Serafín. Alí estabas ti canda el comentando o xeitosiña que quedou a casa onde está o bar Pafe. Vós que sodes máis vellos ca min cadrabades de acordo en resaltar a semellanza coa construción inicial que os restauradores souberon reproducir: os ferros dos balcóns, as madeiras traballadas das galerías, e mesmo a color do conxunto. Aínda lles queda por mudar, supoño que o farán, aquelas portas de aluminio gris que dan acceso á vivenda e ao bar, e dada a nova situación, entendo que lles han permitir modificar o penal que abeira o paso ao Parador. Non teño inconveniente en me xuntar a vós para darlle os parabéns aos propietarios que decidiron a restauración, coa esperanza de que outros máis sigan por esta liña. Sen ir máis lonxe, o edificio que está ao carón (o que foi do Abelleira), con moi fermosas galerías en ruína, pero tamén outros moi notables como o de Carballal ou a parte traseira do que foi casa de don Plácido, un estilo chabolista fronte á entrada da Torre.

As xentes sensibles da nosa vila han quedar agradecidas, porque ben merecemos sentirnos nunha paisaxe urbana bonita despois de que nos últimos anos tivésemos que soportar tanta zafiedade na construción e no urbanismo con que nos agrediron os que non pensaron máis ca na rendibilidade económica sen incluír para nada a beleza do conxunto. Sei dalgún arquitecto que se viu obrigado a apeitar coas imposicións dos propietarios en contra da estética da que el é amante, porque os dirixentes políticos do noso pobo tampouco lle axudaron: sempre foron indulxentes en exceso cos que non pensan máis ca no negocio.

E paso a outra cousa ben diferente: supoño que a túa saúde non che vai permitir acompañar a Agustín Fernández Paz, sí, o do Pugita, na homenaxe que se lle vai ofrecer con motivo do exquisito premio literario español que lle outorgaron hai uns días. Eu espero non faltar e xa che transmitirei as túas verbas agarimosas. Falábasme esta mañá da amizade que lle teño. Efectivamente é unha relación que ven de lonxe e que se consolidou definitivamente cando, hai xa ben anos, prestei o meu ombreiro para traer desde Mondoñedo o corpo sen vida do seu irmá Luís que, unha mañá de xuño, quedou durmido para sempre no seu cuarto do seminario onde estudaba o segundo curso de filosofía. Moitos, en Vilalba, amigos de Agustín, xa non se lembran del, pero eu gardo un recordo moi vivo: ía camiño de ser, aparte de cura, un bo músico – de caste lle viña – pero tamén un bo pintor do que aínda gardo mostras. Tiñamos unha amizade forte, e dalgún xeito seu irmán Agustín comezou a ser para min a reprodución daquela afección. Por iso, cando sei dalgún dos moitos trunfos que o noso novelista e literato vai acadando, eu, no meu maxín, teño o sentimento de que, misteriosamente, Luís está vivindo nos logros de seu irmán os moitos recoñecementos que algún mal fado lle truncou. Así que, desde aquí, desde esta carta, quero xuntarme aos moitos eloxios que Agustín e, no meu íntimo sentimento, Luís, están a recibir. E eu ben sei que ti, Antón, gardas lembranza daquel rapaciño vivaz e imaxinativo que estudaba para cura, e, xa que logo, tamén ti te xuntas ás miñas palabras para eles dous. E nada máis por hoxe. Que che mellore a saúde e que poidamos ollar anos de futuro en disputa permanente pero en boa compaña. Unha aperta

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Nota de prensa do G.M.S. polo aproveitamento do Fondo Estatal de Investimento Local polo Concello de Vilalba e Convocatoria dun Pleno Extraordinario

.
O pasado 3 de decembro entrou en vigor o Real Decreto-Lei 9/2008 polo que o Goberno de España, presidido por Jose Luis Rodríguez Zapatero, creou un Fondo de Investimento público de 8.000 millóns de euros para que os concellos presentaran propostas para financiar proxectos de obras non incluidos nos orzamentos de 2009 co obxetivo principal de crear postos de traballo.



Nestes tempos de crise económica e de crecemento do paro en moitos sectores productivos, un dos mais afectados o da construcción, este plan de cooperación do Estado coas entidades locais representa unha importante axuda para éstas, de feito é o primeiro plan destas características que presenta un goberno europeo e supón a maior movilización de recursos públicos a favor dos concellos. Para facernos unha idea a Vilalba correspóndenlle aproximadamente 2.700.000 euros, uns 450 millóns das antigas pesetas.




Dende o Grupo Municipal Socialista, teméndonos que, pola coñecida ineficacia do equipo de goberno local, ou non tramite a pertinente solicitude de participación do concello de Vilalba neste Fondo de Investimento Local ou ben o faga para presentar proxectos que non sexan realmente prioritarios para as múltiples necesidades que ten o noso pobo, presentamos a día de hoxe, solicitude de convocatoria dun Pleno Extraordinario para tratar este tema xa que o ser 6 os concelleiros socialistas superamos o mínimo que marca a lei de unha cuarta parte dos membros da corporación para facer dita solicitude.


.
.
.
.
.

Na Orde do Día de este Pleno Extraordinario recollense tres puntos:

1- Que o Concello de Vilalba faga os trámites para participar neste Fondo de Investimento Local.

2- Crear unha Comisión Extraordinaria con representantes de tódolos grupos políticos da corporación para o estudo de proxectos, tramitación dos mesmos e posterior seguimento dos que sexan aceptados ata o remate do programa. Este punto en aras da transparencia e a participación plural nun tema de tanta transcendencia para o pobo de Vilalba.

3- Propostas do Grupos Políticos.


Dado que este Plan de axuda aos Concellos por parte do Estado ten uns plazos de execución inmediata para acadar o seu principal obxetivo que é o de xenerar emprego no próximo ano, entendemos desde o Grupo Municipal Socialista que debemos colaborar coas nosas propostas, algunhas xa presentadas en Plenos ordinarios pero que foron rexeitadas polo equipo de goberno local ben porque xa “estamos traballando no tema” ou ben porque “os que gobernamos somos nos e non imos aceptar as propostas da oposición”, en resumen o alcalde e o seu equipo non escoitan os veciños/as xa que nos somos trasmisores das súas peticións.


Entre as nosas propostas citaremos como exemplo:


- Urbanización do Alto da Forca e da chamada rúa do colesterol. Reurbanización de rúas que se atopan en total abandono como R/ Mondoñedo, R/ Foz, R/ Pepe Apenela e outras. Renovación do mobiliario urbano. Arranxo de beirarrúas.

- Creación e desenvolvemento dun Plan Urxente de eliminación de barreiras arquitectónicas no casco urban e adecuación de espazos públicos para permitir o acceso aos mesmos de persoas con discapacidade ( parques, piscina municipal). Pasamans na escalinata de baixada ao Auditorio.




- Plan de obras para mellorar a seguridade vial no casco urban e nas parroquias.

- Construcción dun aparcadoiro nas proximidades do casco vello para facilitar posterior peatonalización. Soterramento de cables na zona do casco vello.

- Sustitución da vella canalización de auga da traida en zonas que está mais deteriorada e que presentan problemas de roturas ou filtracións. Acometer a doble canalización de saneamento de augas separando as pluviais das fecais priorizando as rúas que teñan mais necesidade.




- Acometer a traida e saneameno de augas naquelas parroquias mais deficitarias.

- Asfaltado con aglomerado en quente das pistas principias de acceso as parroquias establecendo prioridades segundo o seu estado actual e o volumen de circulación por elas.

- Ampliación do cimeterio municipal.


- Colocación de nuevo Reemisor Dixital na parroquia de Mourence para que todos podamos ver tódales canles de TV.

- Creación de novos parques infantís e adecuación dos existentes en zona urbana e parroquias. Creación de parques biosaudables no entorno da praia da Madalena ou da Charca do Alligal.

martes, 2 de diciembre de 2008

Moción pola xornada contra a violencia machista e críticas a nova Executiva Local por non facer ningún acto éste día tan sinalado

.
A moción contra a vilencia machista presentada polo GMS ó igual que as presentadas polos outros grupos, quedou aprobada por unanimidade dos grupos políticos, pero quero destacar que é a primeira vez dende que se celebra esta xornada que a agrupación local do PSdeG-PSOE non celebra ningún tipo de acto nin de conmemoración e eso que se dixo que se ía a mellorar a actividade coa chegada da nova executiva.
.
.
Moción:

A Lei Integral contra a Violencia de Xénero vai cumprir catro anos de vixencia. O compromiso adquirido polo Goberno socialista coa cidadanía, as institucións, os distintos equipos profesionais e, en especial, coas vítimas desta violencia, segue vixente e máis forte que nunca.

O desenvolvemento da Lei cumpriuse nunha gran parte: Dotouse e seguirase dotando financeiramente, o número de denuncias medrou espectacularmente, as infraestruturas que contempla a Lei foron postas en marcha na súa maioría, o Plan de Sensibilización 2007-2008 conclúe esta primeira fase no próximo mes de decembro e o seu grao de cumprimento, así como o impulso á consecución dos seus obxectivos estratéxicos, supuxeron un enorme avance.

Pero o éxito de Leis como esta esixen, ademais, un apoio e vontade social completos e sen fisuras: as normas deben emanar da sociedade, impregnar ós que van dirixidas e afondar e enraizar na súa memoria colectiva. Son dereitos básicos de cidadanía e deben ser defendidos.

En Galicia, o goberno de Emilio Pérez Touriño promoveu nesta lexislatura e o Parlamento aprobou, a Lei para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero, que supuxo a plasmación do compromiso por eliminar esta lacra, dotándose de instrumentos suplementarios aos do Estado, no ámbito das competencias autonómicas.

Este ano debemos, ademais e complementariamente, render a nosa máis profunda homenaxe a aqueles cidadáns e cidadás que antepuxeron incluso a súa integridade física á axuda solidaria ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

A aqueles cidadáns e cidadás que loitan e seguirán loitando por devolver a dignidade ás mulleres que, polo mero feito de selo, sofren a mentalidade posesiva machista e ás veces cústalles a vida.

A aqueles cidadáns e cidadás que, sentindo a terrible inxustiza que para as vítimas supón a violencia de xénero, intentan cambiar as mentalidades opresoras e represivas dos maltratadores e a iso dedican o seu esforzo e traballo con total honestidade e dedicación.

A aqueles cidadáns e cidadás que, tanto desde os estamentos sociais en contacto con esta lacra como aqueloutros e outras desde a súa vivencia cotiá, fan recuperar ás vítimas de violencia de xénero a liberdade que lles é negada e á que todos os seres humanos temos dereito.

Uns teñen nomes e apelidos: Daniel Oliver, unha vida moza que se truncou por defender a unha muller que estaba sendo maltratada en Valencia e que morreu en decembro de 2007, e Jesús Neira, que sufriu e está sufrindo un longo proceso de recuperación tras unha brutal agresión infrinxida por defender a unha muller agredida en Madrid.

Doutras e doutros non coñecemos os seus nomes pero sabemos que están entre nós, loitando denodadamente para devolver a liberdade, a dignidade e a xustiza ás mulleres vítimas de violencia de xénero: Eles e elas han de ser os referentes, as persoas que orienten as nosas vontades, para erradicar, entre todas e todos, que na nosa sociedade exista tanta dor, tanto temor e tanto sufrimento, recuperando definitivamente a nosa calidade de cidadanía digna e libre, en igualdade plena.

Polo exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes

ACORDOS:

Instar ao Goberno da Nación e a Xunta de Galicia a seguir aplicando a Lei Integral de Medidas Urxentes contra a Violencia de Xénero e a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral contra a violencia de xénero respectivamente para loitar contra esta lacra social.

Instar á colaboración leal do Concello coa Xunta de Galicia e co Goberno da Nación para que, no marco das súas respectivas competencias, poñan a disposición das mulleres vítimas todos os recursos posibles, implantando definitivamente a rede integral de asistencia e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, sen diferenza, en todo o territorio español.

Fomentar programas específicos para abordar os casos das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade no noso concello.

Manifestar o noso recoñecemento ás mulleres e ós homes que coa sua actitude valente e decidida dan exemplo en esta loita contra a violencia de xenero.

Loitar para, entre todas e todos os cidadáns, lograr erradicar a violencia de xénero da sociedade.

Moción do Grupo Socialista con respecto ó concello para colaborar coa lei de memoria histórica



Decir que esta moción do GMS quedou aprobada no pleno do Xoves coa abstención do Partido Popular que non se desmarca do pasado Franquista deste país.



.




Moción:

Esta moción inspírase nos valores e principios que fixeron posible a Transición no noso país: a reconciliación, a concordia, a defensa pacífica de todas as ideas e o respecto ao pluralismo; con ese espírito reencontrámonos todas as cidadás e cidadáns na Constitución de 1.978.

Desde entón avanzamos xuntos na mellora da convivencia e na ampliación das liberdades; tamén na aprobación de medidas, no recoñecemento dos dereitos dos que sufriron as consecuencias da guerra civil e o réxime ditatorial que a sucedeu.

Acertadamente, ao longo destas tres décadas, cada un deses avances foi visto por toda a cidadanía como un paso necesario non só para pechar feridas, senón tamén para fortalecer a democracia que todas e todos compartimos.

Nese traxecto, na senda da cohesión e a concordia, insírese a Lei 50/2007, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.

No articulado da mencionada Lei, coñecida como "Lei de Memoria Histórica", aténdese á xusta e lexítima demanda dos numerosos cidadáns que ignoran o paradoiro dos seus familiares -algúns aínda en fosas comúns-, contemplando medidas e instrumentos para que as Administracións Públicas faciliten aos interesados que o soliciten, as tarefas de localización e, se é o caso, identificación das persoas desaparecidas, como unha última proba de respecto a elas e a eles.
Tamén se establecen, unha serie de medidas en relación cos símbolos e monumentos conmemorativos da Guerra Civil e a Ditadura, sustentadas no principio de evitar toda exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e a posterior Ditadura; e destinadas a facer dos símbolos públicos puntos de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.

Este concello, mediante a adhesión a esta moción de todos os partidos democráticos e forzas políticas integrantes da Corporación, pode manifestar a súa vontade de contribuír a pechar feridas aínda abertas nos españois; pode dar satisfacción aos cidadáns que sufriron, directamente ou na persoa dos seus familiares, as consecuencias da Guerra Civil ou da Ditadura; pode protexer o dereito cidadán á memoria persoal e familiar, pode promover o coñecemento e a reflexión sobre o noso pasado, para evitar que se repitan violacións aos dereitos humanos como as que se viviron no noso país; e pode facelo desde a convicción de que, ao recoñecer e honrar a aqueles e aqueles compatriotas, honramos tamén á España democrática de hoxe e á España democrática do futuro.

Polo exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes ACORDOS:

1-. Respecto á identificación e localización de vítimas:
Facilitar aos descendentes das vítimas que o soliciten, as actividades de indagación, localización e identificación das persoas desaparecidas violentamente durante a Guerra Civil ou a represión posterior e das que se ignora o seu paradoiro.

Autorizar as tarefas de prospección para localizar os restos das persoas desaparecidas.

Establecer o procedemento e as condicións en que os descendentes directos, ou as entidades que actúen no seu nome, poidan recuperar os restos enterrados nas fosas correspondentes, para a súa identificación e posterior traslado a outro lugar; ponderando, en todo caso, a existencia de oposición de calquera dos descendentes directos das persoas ás que pertencen os restos que deban ser trasladados.

Os restos que sexan obxecto de traslado e non fosen reclamados serán inhumados no cemiterio municipal.

2-. Respecto aos símbolos e monumentos público
Continuar coa toma das medidas oportunas para a retirada de calquera símbolo público (escudos, Insignias, placas) de exaltación da Guerra Civil e da represión da Ditadura.

Colaborar co Goberno e a Comunidade Autónoma na elaboración do catálogo de vestixios relativos á Guerra Civil e a Ditadura.

domingo, 30 de noviembre de 2008

Contestación ós múltiples comentarios a "Punto e a parte"neste blog e noutros foros





Vou intentar ser craro neste tema, ante os comentarios aparecidos nesta páxina e noutros foros, pola miña carta aberta trala asamblea de elección da executiva local, aínda que xa sei e os lectores deberían saber que case que todolos comentarios saen do mesmo sitio.



Moita xente dí que neste tipo de foros é mellor agocharse tras dun nick e non dar a cara, como fan aqueles que comentan baixo un nome femenino "Natalia Alvarez" e logo escriben atribuíndose xénero masculino, aínda que todo o mundo saiba quen ven sendo os que escriben baixo ese disfraz. Pero eu teño a "mala" costume, de dar a cara naqueles foros onde teño que dicir craramente o que penso, porque non lle teño medo a, ninguén nin a nada posto que vivo do meu traballo e non busco da política nada máis do que ela desexe darme, sen lamber cús para conseguilo, nin actuar contrariamente o que penso, esa si é a gran herdanza, e non outras como dicen algúns, que me deixa o meu pai en política e que penso seguir coherentemente aínda que me coste non medrar, como intentan facer outros, neste mundo tan sucio que ás veces é a política. Como vedes éste é o meu problema ou a miña virtude, segundo o vexades, e sen dúbida é o que máis problemas me trae, ou me trouxo, na miña corta vida política, pero eu son dos que pensan e intentan convencer os meus veciños e amigos, con feitos, de que "NON TÓDOLOS POLÍTICOS SOMOS IGUAIS".

Unha vez posto en valor o que eu penso sobre a miña forma de actuar, para poder contestar a estas preguntas tan capciosas coas que algúns intentan desprestixiarme a min e a miña familia e isto non sucede só a partir de que eu escribira a miña carta no Blog, senon de moito antes, xa que esta xente que escribe aquí non deixan de ser “os Lutas” e afines, que se adican a criticar ás espaldas e sempre se agochan tras unha careta que impida que se poidan mollar con algún tipo de declaración que non lle resulte de bon grado ós seus mandamases ou que poida impedir un ascenso acelerado na súa carreira política, que é o único que algúns teñen en mente, sen importarlles ideoloxía, principios ou amistades, ou simplemente por que son uns auténticos cobardes para falar alto e craro.

En primeiro lugar sobre a utlización deste tipo de diminutivos, “martincito”,
“martin seco cendán jr.”, ”esconderse baixo as faldas do seu pai” e outros calificativos “cariñosos” que utilizan alguns foreros, que saiban estos personaxes que eu teño nome e que nunca me escondín, de nada ni de nadie, debaixo de ningún tipo de faldas e ademais, non ofende quen quere, senon quen pode e a min non me importa que me poñan diminutivos cando falan de min ó lado do meu pai, incluso eso o fai a miña familia con moito afecto, posto que o meu respecto hacia él, e o seu traballo e valía, é máis grande do que esa panda de incultos funcionais poidan chegar a sentir na súa vida. Preocuparíame máis que un diminutivo fose usado en xeral pola xente como burla ou menosprecio e supoño que saberedes a quen me refiro.

Empezando por esa recurrente cantinela, de falar de que existe un problema só con “martincito e o seu pai” que non queren marchar do poder, como se estivésemos sós frente ó resto da agrupación e pechados frente os nosos veciños vilalbeses preocupandonos só polo poder local e non polo partido, teño que decir que a realidade non é esa e son moitos os que están con nós, dentro do partido e tamén fora e non deberían de olvidar esto, tódolos trepadores que agoran toman as rendas do partido, e quero recordar que baixo o mandato de Martín Seco Cendán na agrupación vilalbesa e conmigo na dirección de campaña e nas listas ás municipais e por suposto baixo a candidatura de Elba Veleiro, que por certo ía con nós na lista á dirección da agrupación, ¡que curioso!, tivemos os mellores resultados da historia da esquerda vilalbesa, pero xa veremos o que conquiren outros se teñen a oportunidade. Pero o que é unha gran falacia e que estemos sós no partido, posto que non se pode olvidar que xunto con nós están outros aproximadamente 80 militantes que comparten un proxecto conxunto e que estiveron e están as duras e as maduras, tódolos militantes, menos un dos que había antes do 2004, que curiosa coincidencia. E nós tamén poderíamos ser 90 como son eles ou incluso 150 se utilizásemos os nosos amigos ou os mesmos métodos de afiliación que utilizan algúns ofrecendo traballo, subvencións, afiliando a todo amigo que se preste aínda que non quera saber nada do Partido Socialista ou incluso chegando a afiliar “o seu propio chofer” como fai algún, pero decidimos non seguir ese xogo de autodestrucción que “OS LUTAS” comezaron e que veremos como remata, posto que aínda que algún intenta facer ver que os métodos que eu describin no meu blog non son certos, saben que poido dar nomes propios por cada unha das parroquías subvencionadas, de beneficiados de axudas institucionais ou de traballo para as institucións, ou outros ós que lles foi prometido traballo (incluso o lugar onde lles foi prometido) a cambio da afiliación ou do voto na asamblea, pero sobre cousas como ésta e outras cousiñas máis graves prefiro non pronunciarme todavía. Por certo, aínda que o diga algún pobre home, ningún militante foi dado de baixa, nin expulsado, durante o mandato de Martín Seco Cendán no partido en Vilalba e non sería porque algún endemoniado o merecera, se alguén deixou de militar no PSOE de Vilalba, sería porque deixou de pagar as cuotas dende o momento que Madrid é a encargada de tramitalas e que chen dan de baixa se non pagas.

Cando falo do grupo dos “Lutas” é porque ninguén de Vilalba ten que deixar de saber que a partir de agora a dirección da agrupación do PSOE de Vilalba queda nas mans do Lusito do Luta, si aquel do sarcástico, “Yo voto Luis del Luta, voto benegá”, que será quen dirixa todo, porque de todos é sabido que Vidal non ten tempo pola súa ocupación na Delegación, aínda que repita que ten experiencia para facelo (onde lle ven esa experiencia??), pero como fai con case todo, deixarano nas mans duha autoridade en política nacional e internacional, un fino analista, unha eminencia da cultura chairega, como é este insoportable elemento.

Sinto vergoña allea por aqueles que queren diferenciar no noso proxecto, a Elba de nós, porque son uns cobardes e só teñen medo de se poida decir pola rúa, que un activo electoral, como sen dúbida é Elba, lles da a espalda a nova executiva ou intentan polo menos ocultar o que é moi craro, que non comulga coa súa forma de facer política. Non lles importa intentar deixala quedar como se fora tonta e se deixara manipular por “Martincito e o seu pai”, intentando facer chegar a opinión pública a idea de que non é unha persoa intelixente, formada e de gran valía persoal para ter a súa propia posición en todo aquelo que poida acontecer, e eu, que creo na valía, no saber facer e na intelixencia de Elba me pregunto se non sería máis fácil pensar que estivo do noso lado porque sempre atopou o noso apoio, porque a apoiamos poñendo a dirección do partido na súa man, cremos na renovación con ela o fronte, porque nós si que cremos nas suas aptitudes e actitudes para dirixir o partido, porque é coherente cun proxecto e cunhas persoas nas que debe atopar algo máis que caciquismo e moitos fumes. Por certo, algúns envidiosos, intentan confundir ó traballo en equipo, a necesidade de traballar a varias voces, a diversificación do traballo, con intentar oscurecer ou tapar o traballo da nosa portavoz e seguro que saben que é ela, a que pola súa intensa actividade profesional, nos invita a participar nos medios de comunicación para que a nosa voz non se deixe de escoitar nos medios, portavocía que pola miña parte nunca será tapada nin escurecida xa que sen dúbida ningunha, ten o meu apoio e traballo, apoio o seu liderazgo, que por certo demostro con feitos cando chega o momento de non darlle a espalda. E se saio moitas veces na radio ou nos medios escritos, podería alguen preguntarse se será porque fago bastante traballo que logo se ve reflexado nos medios, e por suposto sempre co beneplácito da nosa portavoz que me coordina en todo momento.

Porqué se intenta dar a imaxe de que o noso grupo non desexaba renovación e que estábamos cerrados á sociedade, cando saben que eso é falso e só había que mirar a nosa lista de candidatura á executiva local: En primeiro lugar, o antigo Sº Xeral anunciaba que se retiraba de primeira liña política e non formaba parte da lista, continuando que ésta a encabezaba a recen chegaada e flamante portavoz no concello a Sra Veleiro cuns resultados electorais impresionantes para o noso partido e que esta lista contaba con 10 militantes, 6 dos cales eran menores de 40 anos e só tres repetíamos da anterior executiva. Cal é a aportación de renovación que fan os membros da outra candidatura que non faga a nosa ou é que a xente que participou en candidaturas do BNG fai xa case 20 anos son os renovadores e a nova imaxe da política non noso concello. A diferencia e que nós non compramos afiliacións, nós contamos cos que veñen e se achegan polo seu propio pé e animamos a participar a aqueles que mostran afiinidade co noso partido e así creo que debe de ser a forma de traballar nun partido político e o resto é política ficción para ocupar poder e ensinarse diante dos que lles dan cobixo a máis alto nivel por interés persoal.

Ante a falla de cultura política e de formación daqueles que falan e non se enteran de nada, aínda que logo van de analistas políticos sen saber que a xente do pobo se ríe deles, hai que ser burro para lanzar sentencias como que por lei os concelleiros xa recibimos unha asignación por asistencia ós plenos e ás comisións e eu cobro máis por telo pactado co PP, vaia falacia e vaia ignorancia por parte de quen escribe eso, polo menos poderías non dar unha información tan falsamente sesgada. Como ben sabe todolos veciños de Vilalba, posto que eu nunca o agochei, non teño a sorte de residir diariamente en Vilalba, porque traballo na refinería da Coruña e durmo habitualmente no piso que mercamos honradamente a miña muller e eu en Arteixo, polo que me desprazo continuamente entre Vilalba e Arteixo durante toda a semana, as veces durmo en Vilalba, as veces en Arteixo, as veces paso o día na miña querida terra e marcho a durmir a Arteixo xunto ca miña muller e filliña e as veces nos quedamos todos a durmir en Vilalba. Pero, como non saberá ou quere facer que non sabe, o inculto funcional que escribe esas cousas, o que merca unha vivenda de protección autonómica ten a obriga por lei de estar censado nesa vivenda, e nos mercamos unha e non acostumamos a ir contra as leis polo que estou censado en Arteixo e como tampouco saberá esa víbora, existen unhas dietas por desprazamento que tódos aqueles concelleiros que o estimen oportuno poden cobrar se teñen que facer desprazamentos para acudir ós actos oficiais do concello e no meu caso así é, posto que aínda que non o saiba esa mala persona, o meu gasto en gasoil mensual excede en moitas ocasións os 400 euros mensuais para poder desempeñar o mellor que poido o meu traballo como representante dos cidadáns vilalbeses e o que ingreso por vía destas dietas ata o de agora non chega nin ós 35 euros mensuais, xa que me coinciden comisións máis ou menos cada dous meses e plenos tamén, pero esta información está a disposición de todo aquel que o desexe, posto que é pública para tódolos veciños que a desexen preguntar no concello. Polo que hai que ter moi mala fé para decir que eu pactei un cobro extraordinario por ir as comisións e os plenos co PP, que falacia tan maliciosa para intentar desprestixiar a alguén, facendo ver que saco beneficio económico da miña participación política, máis ben o contrario, prodúceme bastantes gastos, pero eso xa o sabe a xente de ben.

Polo dito, aínda que éste é un dato que eu nunca agochei pero por si acaso non vos dérades conta, xa sabedes que estou censado en Arteixo, pero eu non teño a culpa de traballar aquí, ogallá puidese traballar en Vilalba pero o traballo para alguen da miña formación na nosa vila e prácticamente inexistente e non sei se terei que pedir perdón por intentar gañarme a vida, pero como xa dixo alguén, non todo o mundo e de familia rica ou está casado con ricos ou lle poden montar o chollo os seus “papis”. De todas formas ó mellor me pode decir alguen onde reside o flamante novo Sº Xeral, o señor Vidal, porque todo o mundo sabe que éste reside en Lugo, traballa en Lugo e non vexo que ningún deste foreros se preocupe por iso, ou por si algún concelleiro pasa o día noutro concello por ter o seu traballo alí. Creo que está máis que demostrado que a miña dedicación e implicación no concello está por riba da media da de moitos concelleiros en Vilalba e procuro ter unha vida a medias entre a miña casa en Vilalba (a dos meus pais ou sogros) e a miña casa en Arteixo.

Doutra parte non sei porque se me pregunta tanto por Xuventudes Socialistas, non dou descifrado cal é o problema da miña vida nas XSG, xa que fun durante moitos anos Sº Xeral da Agrupación de Lugo, fun membro da executiva galega, coordinador provincial de lugo, membro do Comité Federal nas JSE representando ás XSG, e fun Sº Xeral ata que me marchei a traballar á Coruña que o deixei nas mans dos que viñeron a continuación e dende aquela fun elexido sempre por eles Presidente de Honra da agrupación de Lugo, ata que cumprín 31 anos que tiven que abandoar a miña militancia nas Xuventudes Socialistas, por ser maior de 30 anos e aínda hoxe me chaman para colaborar con eles. Polo restante só teño que dicir que eu nunca militei na Agrupación de Vilalba de Xuventudes e non coñezo cal foi o seu funcionamento demasiado de cerca e de porque desapareceron, polo que de iso teñen que falar outros por certo moitos deles, os que tiveron maior poder, cercanos os membros da outra lista, polo menos no apoio a súa candidatura na Asamblea do outro día. Pero voltando o tema, da miña participación nas XSG non gardo máis que unha intensa actividade política, moi bos recordos, moitos amigos e compañeiros ós que aprecio e sei que a min tamen me aprecian en Lugo e case que en tódolos puntos de Galicia e incluso de España. E como non podería ser doutro xeito, durante tantos anos participei en moitas confrontacións políticas gañando e perdendo en moitas ocasións pero supoño que será o normal para os que estamos en política e que será algunha destas batallas as que poñen nerviosos a eses que falan, pero o que teño craro e que lonxe destas batallas, hoxe en día teño amizade con todos aqueles cos que tiven que guerrear algunha vez.

O último ó que me quero referir é a incultura política, a ineptitude, a falla de conceptos que moitos amosan cando queren dicir que se pode ser militante do PSdeG-PSOE e ser nacionalista, por favor, que veña Pablo Iglesias e que o vexa, un nacionalista non pode formar parte do proxecto que representa o PSOE ou o PSdeG-PSOE neste caso, deberían os nosos dirixentes ó máis alto rango de avergoñarse por deixar colar a calqueira ideoloxía dentro do PSOE, que para incultos e faltos de lectura política é un partido socialista e internacionalista con marcado carácter español como dí o seu propio nome, aínda que respetuoso coas identidades de cada unha das suas federacións que forman parte do partido pero en ningún caso nacionalista, por favor e por saúde democrática non sigan confundindo federalismo con nacionalismo, que con esas comparación así nos vai na educación política deste pais.

P.D. A algún vicioso-malicioso do PP que anda a revolver neste e case que en tódolos temas que teñen que ver conmigo, só lle digo que a ver se anda máis preocupado pola súa vida, que bastantes problemas ten, e se deixa de facerlle mal ós máis, non vai a sair queimado se consigue reventala paciencia dos máis porque ten máis cousiñas que agochar e moitas polas que estar caladiño para andar a éstos menesteres. O que avisa non é traidor.

sábado, 22 de noviembre de 2008

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (21-11-08)

.
Meu caro Antón:

Xa vexo, meu amigo, que non te avisaron, pero non te amouques porque xa somos dous. A min tampouco me dixeron nada. E ti, por certo, nunca cantaches na Coral Vilalbesa, eu si; ti non fuches dos fundadores aló polo 62, eu si. Ti non te ocupabas de dirixir barítonos e baixos, eu si. Ti non suaches a gota gorda, no verao, metido naqueles locais que os Guntín ocupaban na praza, fronte á igrexa, para aprendermos O Consolo. Eu si pasei quenturas compartidas co Goldar e con Alfonso de Burgás que en paz descanse. E co Toñito Paz, por exemplo, do que algún día cómpre falar. Así que, Antón, non te queixes de ter que saber polo xornal, a toro pasado, que A Coral Vilalbesa reuniuse en plano de festa para outorgarlle unha homenaxe, seica moi sentida, ao noso amigo Pepe Roca, quero dicir, ao noso Roquiña de sempre. Eu tamén che confeso que sentín non ter sido avisado porque, aínda que agora non podo cantar, síntome dalgún xeito pertencente á Coral e tento seguir os seus avatares, para gozar dos seus éxitos e animar canto podo se, por momentos, a cousa decae. Por certo, cando han volver os moitos que estiveron e aínda cantan moi ben?. Pero, máis que pola Coral mesma, lamento especialmente, neste caso, non o ter sabido porque faría o posible por estar e loar coa miña presenza a figura do Roquiña, un auténtico paradigma de músico popular e entusiasta que eu fun admirando ao longo da miña neneza e adolescencia e que agora aínda suscita no meu interior esa nostalxia cuasi-romántica que os que xa temos anos demais non confesamos, por pudor, pero que revive, sen pedir permiso, cando a ocasión se presta. Xa sabes, Antón, que os do teu tempo, e tamén do meu, non podemos esquecer aqueles sábados nos que pola tardiña se cortaba o pelo ao son dunha habanera froito dun Mato, facíanse zapatos con melodía dun valls do Manolo do Longo ou se acariñaba a madeira dun moble en construción ao ritmo da xota da Romaxe de Tardade. Fermosa mocidade na que viviamos a vida vilalbesa baixo o imperio, por unha vez agradable, do do-re-mi-fa-sol con mandolina. Non se concibe o Roquiña sen os seus remates agudos de tenor indiscutible na Misa de Perossi, e moito menos sen o seu saxofón nas mans. Supoño que aínda se derrete de satisfacción cando escoita a sonoridade tibia, acariñante e case humana dese instrumento nas mans dos seus netos que, por fortuna, tamén aman a música.

Vivir nun pobo pequeno sempre tivo as súas dificultades das que tanto lles comprace falar aos sociólogos, pero tampouco se privan estes estudosos de loar o moito que ten de positivo. Porque nun ámbito comunitario a xente ten rostro, ten nome, ten biografía, e ademais, en cada persoa, amoréase unha chea de lembranzas que son, en substancia, a transparencia dese colectivo que todos formamos. Isto é algo que ti, Antón, me repites a cotío, e seguramente tes razón cando te laias de que non facemos dabondo para que ese nome persoal, esa figura que se nos fixo tan próxima, eses pequenos protagonismos cos que se foi fiando o tecido da nosa historia local saian á luz algún día e teñan o seu momento de gloria para gozo de todos nós. Como é, por exemplo, o caso do Santiago G.Cillero que aínda fai fermosas cancións non editadas. Ou como é o caso, agora, do Roquiña. Non che estrañe, pois, meu amigo, que eu aproveite as túas pícaras observacións e as túas reprimendas de cabreado veciño para poñer nestas cartas as referencias que ti non queres deixar que se perdan no río terrible do silencio. Curiosamente, non hai moito falábasme de que ninguén lle agradeceu publicamente ao Carlos G. Osa que tivese a valentía de emprazar na indiscutible dereita vilalbesa o contrapunto dun partido nacionalista de esquerda. E agora é momento axeitado, insístesme, de poñer en alto o nome de Martín que, nese mesmo ámbito hostil, foi quen de ir sementando paseniñamente, con anos de esforzo, unhas ideas socialistas que, esperemos, non sexan deturpadas por intereses espurios. Pois ben, meu Antón, eu tampouco quero que o silencio rele os méritos destas persoas, porque estou seguro de que non haberá vilalbés ben nacido que, aínda que non chegue nunca a darlles o voto, non recoñeza a importancia de ter alternativas, porque tal é riqueza da variedade que toda intelixencia normal acepta e aplaude.

E xa vai ben por hoxe. Cando comecei a escribir non agardaba unha misiva tan longa. Cóidate e non deixes de amolarnos coas túas andrómenas. Unha aperta. Bernardo

lunes, 10 de noviembre de 2008

Artigo: "Los Amos del Mundo" de Arturo Pérez-Reverte" (Publicado no 1998)

.

(Artículo del escritor español Arturo Pérez-Reverte, publicado en 'ElSemanal' el 15 de noviembre de 1998 , y que ahora, diez años después, parece una visión de Nostradamus).


Usted no lo sabe, pero depende de ellos. Usted no los conoce ni se los cruzará en su vida, pero esos hijos de la gran puta tienen en las manos, en la agenda electrónica, en la tecla antro del computador, su futuro y el de sus hijos.Usted no sabe qué cara tienen, pero son ellos quienes lo van a mandar al paro en nombre de un tres punto siete, o un índice de probabilidad del cero coma cero cuatro.

Usted no tiene nada que ver con esos fulanos porque es empleado de una ferretería o cajera de Pryca, y ellos estudiaron en Harvard e hicieron un máster en Tokio, o al revés, van por las mañanas a la Bolsa de Madrid o a la de Wall Street , y dicen en inglés cosas como long-term capital management , y hablan de fondos de alto riesgo, de acuerdos multilaterales de inversión y de neoliberalismo económico salvaje, como quien comenta el partido del domingo.

Usted no los conoce ni en pintura, pero esos conductores suicidas que circulan a doscientos por hora en un furgón cargado de dinero van a atropellarlo el día menos pensado, y ni siquiera le quedará el consuelo de ir en la silla de ruedas con una recortada a volarles los huevos, porque no tienen rostro público, pese a ser reputados analistas, tiburones de las finanzas, prestigiosos expertos en el dinero de otros.

Tan expertos que siempre terminan por hacerlo suyo. Porque siempre ganan ellos, cuando ganan; y nunca pierden ellos, cuando pierden. No crean riqueza, sino que especulan. Lanzan al mundo combinaciones fastuosas de economía financiera que nada tienen que ver con la economía
productiva. Alzan castillos de naipes y los garantizan con espejismos y con humo, y los poderosos de la Tierra pierden el culo por darles coba y subirse al carro.

Esto no puede fallar, dicen.. Aquí nadie va a perder. El riesgo es mínimo. Los avalan premios Nóbel de Economía, periodistas financieros de prestigio, grupos internacionales con siglas de reconocida solvencia.

Y entonces el presidente del banco transeuropeo tal, y el presidente de la unión de bancos helvéticos, y el capitoste del banco latinoamericano, y el consorcio euroasiático, y la madre que los parió a todos, se embarcan con alegría en la aventura, meten viruta por un tubo, y luego se sientan a esperar ese pelotazo que los va a forrar aún más a todos ellos y a sus representados.

Y en cuanto sale bien la primera operación ya están arriesgando más en la segunda, que el chollo es el chollo, e intereses de un tropecientos por ciento no se encuentran todos los días. Y aunque ese espejismo especulador nada tiene que ver con la economía real, con la vida de cada
día de la gente en la calle, todo es euforia, y palmaditas en la espalda, y hasta entidades bancarias oficiales comprometen sus reservas de divisas. Y esto, señores, es Jauja.

Y de pronto resulta que no. De pronto resulta que el invento tenía sus fallos, y que lo de alto riesgo no era una frase sino exactamente eso: alto riesgo de verdad.

Y entonces todo el tinglado se va a tomar por el saco. Y esos fondos especiales, peligrosos, que cada vez tienen más peso en la economía mundial, muestran su lado negro. Y entonces, ¡oh, prodigio!, mientras que los beneficios eran para los tiburones que controlaban el cotarro y para los que especulaban con dinero de otros, resulta que las pérdidas, no. Las pérdidas, el mordisco financiero, el pago de los errores de esos pijolandios que juegan con la economía internacional como si jugaran al Monopoly, recaen directamente sobre las espaldas de todos nosotros.

Entonces resulta que mientras el beneficio era privado, los errores son colectivos, y las pérdidas hay que socializarlas, acudiendo con medidas de emergencia y con fondos de salvación para evitar efectos dominó y chichis de la Bernarda.. Y esa solidaridad, imprescindible para salvar
la estabilidad mundial, la paga con su pellejo, con sus ahorros, y a veces con su puesto de trabajo, Mariano Pérez Sánchez, de profesión empleado de comercio, y los millones de infelices Marianos que a lo largo y ancho del mundo se levantan cada día a las seis de la mañana para ganarse la vida.

Eso es lo que viene, me temo. Nadie perdonará un duro de la deuda externa de países pobres, pero nunca faltarán fondos para tapar agujeros de especuladores y canallas que juegan a la ruleta rusa en cabeza ajena. Así que podemos ir amarrándonos los machos. Ése es el panorama que los
amos de la economía mundial nos deparan, con el cuento de tanto neoliberalismo económico y tanta mierda, de tanta especulación y de tanta poca vergüenza.

sábado, 8 de noviembre de 2008

Comentario dunha anónima a Punto e aparte




Publico este comentario do meu artigo que segue a dar luz a este tema, como poderedes observar non deixo de publicar tamén os que publican os enfadados polas miñas reflexións:



Comentario:

Meu Deus, lendo algún comentario podería suceder que algún pense que Martín non sabe perder… de ser así, malamente podería presentarse nunha lista ás municipais de Vilalba cos socialistas que sempre fomos perdedores neste pobo (aínda que iamos millorando).

Eu tamén son socialista, unha socialista abraiada da cantidade de afiliados que hai agora en Vilalba. Esto, en principio, sempre me produciría unha grande ledicia, ser cada día máis, poder gañar unhas eleccións municipais, ¡que bo plan!

Pero a cousa non é o que parece, toda esta xente que chegou ó PSOE tralas eleccións autonómicas, algúns antes (vistos os sondeos), ¿quen son?. Estamos en Vilalba, todos somos coñecidos, amigos, familiares, amigos de familiares, amigos de amigos, etc ¿a quen imos enganar? Se o sábado pasado estiverades na asemblea algún de vós crería que sofre alucinacións. Eu mesma relatei isto nun café coas amigas e botamos unhas risas guapas. Veredes, entre estes novos fichaxes que gañaron a votación están: rapaces que coñezo de toda a vida que sempre se manifestaron a favor do partido popular, rapaces de máis idade que sempre se manifestaron a favor do partido popular abertamente, outros veñen do BNG algúns rebotados e outros non sei, algún deles ía todavía nas listas das municipais anteriores, tamén hai persoas ás que non se lles podía nin falar de política e moito menos do partido socialista, non se lles podía pedir nin o voto nin a asistencia a un mitin (e so era para que se informasen…), outros non sei si andarán a coleccionar carnets de partidos políticos, e tamén están outros dos que falarei logo…
Poderiamos pensar que todos eles se deron conta agora de que o mellor proxecto é o socialista e decidiron apoialo, podería ser que algún o fixese agora porque antes estaba atemorizado, pero…¿todos eles á vez?, e ¿como pode ser que algún deles se declare “nacionalista” e milite no partido socialista? (que complicado). Eu opino que eles están no PSOE por un motivo que non ten nada que ver coa súa ideoloxía, por iso me parece tan grave que gañaran xa que penso que non son socialistas e tampouco o serán os seus proxectos nen as súas actuacións. Non sei moi ben que é o que son, aínda que creo, coma ti Martín, entender os seus intereses.

De tódolos xeitos, hai un tempo pregunteille a unha coñecida -novo fichaxe- nunha reunión do partido: e ti… ¡anda! ¿que fas por aquí? ¿non sabía que eras socialista? (e que eu, claro, inocente de min, pensei:¡que ben! outra socialista neste pobo), a pobre muller baixou a cabeza púxose moi colorada e dixo: non eu non, é que hai que vir… E isto para min é o máis triste, que alguén venda o seu pensamento, os seus principios, a súa ideoloxía… quen sabe porque, a que ten medo, non sei que pode ser e ¡non o entendo!. Estamos andando ó revés, non remataran xa eses tempos… Esto é Martín o que a min máis me doe, non tanto os amigos que van votar polo coleguilla, xa que: son amigos, senón estes outros que “teñen que ir votar”.

Por certo Martín, grazas por este artigo.

martes, 4 de noviembre de 2008

PUNTO E APARTE



Así se lle podería chamar o triste sentimento que moitos vilalbeses temos despois do acontecido o pasado sábado 25 de Outubro na asamblea do PSdeG-PSOE de Vilalba, onde se procedía a elección da nova dirección local. Cando moitos esperabamos que o proxecto encabezado pola doctora Veleiro fose un punto e seguido ao anterior liderado por Martín Seco Cendán, proxecto que pretendíamos culminara coa ansiada chegada da esquerda ao goberno de Vilalba, sobre todo despois da excepcional posición electoral que o PSdeG-PSOE conqueriu, coa compañeira Elba Veleiro ao fronte, nas eleccións municipais do 2007, resulta que debido as maniobras dalgúns dirixentes galegos e provinciais do partido e a insaciable ambición dalgún recen chegado fixeron saltar polos aires esa posibilidade. Seguro que moitos, preguntádesvos, ¿Qué puido pasar para que se permitira, ou mellor dito, se impulsara dende algúns membros da dirección galega e provincial do noso partido, que tralo éxito das eleccións municipais do ano 2007, se lle roubara a Elba a posibilidade de dirixir un proxecto tan ben traballado e que a todas luces merecía capitanear?

Ante as informacións aparecidas nas últimas datas sobre este tema, discutibles moitas delas e a falla de elementos de debate que teñen os veciños que se viron sorprendidos polo acontecido, véxome na obriga de aclarar moitos puntos que permitan ver con máis claridade o sucedido.

Antes de entrar en materia, gustaríame comezar esta reflexión facendo unha pequena homenaxe a un excelente socialista vilalbés que deixa as funcións de dirixente local do PSdeG-PSOE de Vilalba, labor exercida durante vinte largos anos que tiven a sorte de observar de cerca dende a miña infancia e nestes últimos catro anos máis de preto, traballando ao seu lado en funcións executivas na dirección do partido na nosa vila. Vinte anos cheos de éxitos e fracasos, pero sobor de todo de incansable traballo desinteresado, grandes sacrificios personais, coherencia na mensaxe socialista e incomprable honorabilidade. Vinte anos sostendo o proxecto socialista, incluso nos momentos máis duros, onde algúns dos que despois do sábado asumen cargos de dirección no Partido Socialista en Vilalba, se enchían a boca de insultos dirixidos ao noso partido e acusacións inxustas hacía os nosos dirixentes, utilizando continuas similitudes entre socialismo e corrupción. Dende o máis fondo do corazón, dun socialista convencido, o meu respecto e consideración hacia o seu traballo e o de aqueles que o acompañaron nesta dura tarefa. Espero, algún día, estar ao nivel político e humano que me levan demostrado nestes anos e poder ter aprendido algo deste nobre comportamento.

Voltando ao tema, o sucedido o sábado non é maís que o culmen dunha estratexia impulsada por algúns dirixentes galegos e provinciais, que se leva a cabo en Vilalba e outros puntos da provincia, co obxectivo de eliminar a todos aqueles compañeiros que dende as direccións locais poidan resultar incómodos, por ter a capacidade de actuar por si mesmos, sen tutelas de ningún tipo. En moitos medios se disculpa dita actitude coa busqueda dunha renovación necesaria nos lugares onde lles interesa, pero non é máis que un intento de agochar os intentos de perpetuación no poder por parte dalguns dirixentes máis preocupados por eles mesmos que por un bó proxecto colectivo para os respectivos concellos.

Con esta estratexia tratan de deixar fora de xogo a algúns membros da anterior executiva do PSdeG-PSOE de Vilalba xunto con moitos compañeiros novos, entre eles a nosa candidata a Sª Xeral, a compañeira Elba Veleiro. Estos novos compañeiros eran unha inmensa maioría dos que ían na nosa candidatura, xa que para que ninguén se confunda, na nosa candidatura de 10 membros da executiva só repetían 3 membros da anterior, dous dos cales, por certo, somos menores de 40 anos. Por eso non sirve de disculpa esa renovación necesaria, xa que na nosa candidatura era evidente e estaba avalada polas furnas e o traballo realizado no Grupo Municipal. O que realmente sucedeu foi o intento de impoñer unha nova dirección con xente, coa única virtude necesaria de comer na man dos dirixentes aos que me refiro, e todo esto sen importar que esta nova dirección local esté formada por antigos membros do BNG, algún deles expulsado de dita organización e que en ningún momento se lles oiu que renunciasen a súa ideoloxía anterior, e sen ter en conta, a pesar de ser denunciado en múltiples ocasións ante as instancias provinciais, as continuas fallas de lealtade e de respecto dalgún destes militantes,agora membros da executiva, hacia a anterior dirección do partido e algún dos membros do Grupo Municipal Socialista con continuos insultos e movementos de desgaste que trataban de erosionar o traballo e a honorabilidade dalgún compañeiro.

Cando falo de estratexia para acabar con nós por parte dalgúns dirixentes galegos e provinciais o digo porque se non, como se pode interpretar que a anterior dirección dunha agrupación local como a vilalbesa, non teña información de moitos movementos que se efectuan no noso Concello por parte dalgunhas Consellerías gobernadas polo noso partido, debido a que algúns dos seus dirixentes actuán a espaldas desta dirección e de parte do grupo municipal entre os cales se atopaba a súa portavoz e que todo siga igual aínda que se denuncie sucesivamente este comportamento ante membros da dirección provincial. Como se explica que a agrupación vilalbesa cuadriplique e case quintuplique o número de afiliados, pasando duns cuarenta a cento setenta, valéndose para facelo do apoio dalgúns membros da dirección provincial , e utilizando por parte dos membros do grupo ganador a votantes declarados do Partido Popular que logo se negan a colaborar políticamente co partido nas mesas electorais ou a participar nos actos que se organizan dende o partido, adícanse tamén a afiliar a membros das directivas de asociacións veciñais premiadas con subvencións da Consellería da que Eduardo Vidal é delegado na provincia de Lugo, asociacións como a de Oleiros, Mourence, Samarugo, Corvelle, San Lorenzo de Árbol ou San Simón, afilian a outras múltiples personaxes beneficiadas institucionalmente por estes dirixentes ou acuden tamén a amigos personais deste grupo de persoas, sen ter ningún deles o máis mínimo coñecemento e lealtade cos ideais e o funcionamento do Partido Socialista.

Como se pode entender que despois de que Elba Veleiro se comprometese valentemente a encabezar o proxecto socialista nas eleccións municipais de 2007 e tivese un resultado extraordinario para os intereses do socialismo vilalbés e da provincia, ao insuflar un número de votos decisivo para conquerir o goberno da Deputación de Lugo, se lle negue a posibilidade de encabezar a executiva vilalbesa, cando ela explicounos dito obxectivo aos membros dos dous grupos existentes na agrupación e á dirección provincial e a galega do noso partido, intentando co seu movemento encabezar unha lista de consenso na que conviviran os dous grupos e por parte de ditos dirixentes se lle negara dita posibilidade cunha falsa negociación onde en lugar de negociar, intentouse única e exclusivamente tratar de impoñer a Eduardo Vidal como candidato único e posicionándose craramente a favor dun dos sectores enfrentados, sendo o noso grupo o único que respetou a bontade da que creemos que era unha extraordinaria candidata a dirixir o noso partido e sabendo os dirixentes do partido que Vidal dimitira como Sº Comarcal do partido na Terra Chá debido a unha certa incompatibilidade moral de exercer dous cargos, un da administración e outro de dirección política e que neste caso non lles resulte incompatible co seu cargo na administración a dirección local dunha agrupación política.

¿Qué fará calquera veciño, serio e con prestixio do noso concello que puidera pensar en achegarse ao noso proxecto despois do acontecido con Elba Veleiro?,¿Qué pensarán os case tres mil catrocentos veciños que lle deron a sua confianza, nun proxecto que comezou fai só dous anos e que ven que se dinamita o sábado 25, sen mais motivo aparente, segundo as propias declaracións do novo Secretario Xeral a un medio de comunicación, que unha mellor coordinación por parte de quen non ten tempo para facelo e a súa experiencia que consideramos inexistente no seu caso?.

Por outro lado e como membro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Vilalba quero destacar o indescriptible comportamento de parte dos meus compañeiros no concello, que lle dan a espalda a súa portavoz sen nin tan sequera comunicarlle a súa presencia na outra lista e sen explicarlle porque axudan a derruir ese gran proxecto de ilusión diseñado por Elba, do que eles formaban parte, e que por outro lado non renuncian a seguir representando.

Por eso, e como número dous da candidatura perdedora nesta asamblea, nego a información dada nos diarios e que non se cansa de repetir o novo Sº Xeral da agrupación vilalbesa, de que non existen duas fraccións enfrentadas na actual agrupación de Vilalba e que só existen duas correntes que difiren na forma de afrontar o traballo e que só teremos que esperar 15 días a que pase a marexada para voltar a normalidade. Nós, desexamos que os nosos veciños saiban a verdade e declaramos que esa fonda ruptura existe e vai moito máis aló dunha marexada de 15 días, porque na nosa candidatura sabemos é que existe un proxecto craramente definido e cun programa político elaborado para Vilalba como quedou demostrado nas eleccións do 2007 e que temos a honra de representar os que apoiamos a Elba, pero o que non coñecemos é o proxecto do outro grupo, porque simplemente cremos que non existe como tal, só existe unha acaparación dun espacio de poder, moito máis apetecible despois da chegada do socialismo ao goberno en Galicia e España.

Espero que estas liñas sirvan para que os nosos veciños coñezan un pouco máis do acontecido no seno do socialismo vilalbés que pode ter dado un paso atrás importante no proxecto común de ter unha Vilalba socialista a medio prazo e ademais de dar un toque de atención a algún dos nosos dirixentes galegos e provinciais, porque fondo error cometen as altas estancias do partido se premian este tipo de comportamentos, xa que despois non nos podemos extrañar de que aparezan transfugas que por beneficio persoal rompen gobernos de esquerdas tan esperados pola ciudadanía ou como está pasando nestas datas en certos lugares de España que algúns señores con responsabilidades de goberno municipal teñan que visitar os xuzgados por xestións irregulares como alcaldes ou concelleiros, se os responsables do partido non vixían a ética, os valores e a formación ideolóxica dos seus abanderados locais.

Mentras tanto os verdadeiros socialistas vilalbeses, sentimos que como comezaba esta reflexión o proxecto socialista encóntrase nun punto e aparte, e o tempo dará e quitará razóns. De momento, por parte dalgún de nós, convidamos aos veciños a reflexionar seriamente sobre o sucedido e traballar con nós no Concello onde seguiremos a representar os seus intereses que non vamos a deixar abandonados e no futuro xa se verá.

lunes, 20 de octubre de 2008

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (17-10-08)

.


Síntome na obriga de publicar este precioso artigo de Bernardo García Cendán, amósanos nesta carta o que alguén coma min lle gustaría poder escribir sobre o caso do paquistaní agredido na noite vilalbesa. Felicidades.
.
.
.
.
.
Meu amigo Antón:

Que non, xa che dixen onte que non, que nesta carta non che vou falar de política e moito menos dos políticos. Xa sei as ganas que tes de que comente o asunto dos coches do Concello mercados cos cartos da crise, e de que tamén lles mande un recadiño a persoeiros emerxentes na oposición que, polo que me contas, tentan reproducir os xeitos do gobernante; pero non o vou facer. Xa que queres tirar a pedra, faino coa túa propia man e non me metas en máis leas: escribe ti unha carta e eu tratarei de que a poñas nas ondas coa túa propia voz, aínda que, se cadra, a túa voz delátate e todo quisque acabará por saber quen es, Un risco que ten que correr, pero, se queres que a xente baile, es ti quen debes poñer a música. En todo caso, meu Antón, na carta de hoxe non hai política, desa que andar pola casa, nin persoeiros da política, deses que tanto te preocupan.

Entón de que imos falar?. Pois aí tes, vou coller outra idea túa luminosa da que me fixeches partícipe e que me pareceu moi axeitada para comunicar aos nosos oíntes. Hai xa uns días, camiñando polas rúas, puxeches cara de poeta para, dicíasme, facer unha homenaxe a alguén que non che saía do pensamento. Contáchesme que cada fin de semana aparecía pola vila un rapaz que non deixaba bar sen visitar nin taberna nin pub nin tugurio de beber sen se facer presente. E nas mans nunca traía puños pechados nin penduraban palabras agresivas dos seus beizos. Neles había sorrisos frescos que non esmorecían nas horas nocturnas, e, no canto dos puños, as súas mans traían ... rosas, só rosas, poida que caraveis, en todo caso, flores susceptibles de se trocar en palabra de amor entre os mozos e mozas que llas solicitaban. Eu non o coñezo, pero, polo que me comentaches, parece que o seu corpo esvelto e moreno é por si mesmo a metáfora desa mensaxe que a cotío nos manda o Deus da xustiza, da igualdade e da misericordia: corpo exótico e alma ridente que veñen de lonxe para nos falar suavemente das nosas obrigas coa paz. Sen armas na man, só flores; sen palabras agresivas, só os dentes brancos dun sorriso; sen provocacións, só unha faciana aberta ao encontro. E así foi o encontro: bateu cunha fera besta autóctona, desas que andamos a fabricar nesta sociedade de gran consumo, de pouco pensamento e de menos amabilidade. E a besta fixo o que sabe facer: varrer o sorriso daquela cara inocente cun puño adestrado, non para o traballo senón para o altercado máis arbitrario. Agora agarda no cuarto do hospital un futuro moi incerto, e, mentres, imaxino que pensa e dálle voltas a un por qué ao que non lle atopa resposta. Terá na súa mente as imaxes descoloridas daquela súa aldeíña paquistaní onde soñaba futuros moi lonxanos, onde posiblemente xa non teñan lembranzas del, onde nunca lle farán unha homenaxe. E o seu ansiado novo mundo, este que lle ofrecemos, onde buscaba acubillo, tampouco lle fixo outra homenaxe ca dun puñazo letal. Pero, afortunadamente, tampouco aquí, nesta nosa Vilalba, andamos todos cos puños por diante: moitos mozos e mozas chegaron a aprecialo e mesmo a aceptalo na mesa das copas nocturnas, e, como non sabían dicir o seu nome de pronuncia difícil, adoptárono como Javier. Ti, Antón, pregúntasme: non chegarán estes amigos a lle facer unha homenaxe reparadora?. Non o sei, pero eu, seguindo os teus mandados, poño aquí, nesta carta das ondas, a voz máis sa de Vilalba para lle dicir que somos moitos a estar con el na angustiosa estadía dun cuarto de hospital.

Meu Antón, ata aquí a carta de hoxe na que non che falei nin de política nin de políticos, unha carta que resultou moito máis curta do habitual, pero non menos intensa. Grazas por me ter dado, coas túas ideas, a oportunidade de chegar dalgún xeito ao Paquistán lonxano cunha palabra de paz.

Ata outra, se Deus o quer. Do teu amigo
Bernardo

jueves, 2 de octubre de 2008

Apagando lume


PRÁCTICAS CONTRAINCENDIOS EN SEGANOSA




..

Unha das características especiais do lugar onde traballo é a necesidade de que tódolos membros da plantilla da refinería de Repsol YPF teñamos formación na extinción de incendios, moito máis para aqueles que coma min, formamos parte da seccíón de producción do complexo industrial, que ademais formamos parte do equipo permanente de extinción de incendios da refinería.

.








É esencial que o noso traballo, sen dúbida de alto risco, se desenrole co maior sentido da seguridade no traballo para reducir nun porcentaxe o máis alto posible a posibilidade de ter un accidente laboral. A empresa prioriza a seguridade como un dos seus máximos obxetivos.











.


Por todo iso os integrantes do departamento de producción da refinería de A Coruña asistimos tódolos anos a varios cursos de contraincendios no noso complexo industrial e case que anualmente visitamos as instalacións da empresa SEGANOSA encargada de formarnos e refrescarnos os nosos coñecementos na extinción de incendios.

.

.

.

.

.


.

.

¡ A SEGURIDADE É UNHA PRIORIDADE PARA OS TRABALLADORES, QUE DESEXAMOS NON SUCEDAN MÁIS MORTOS POR ACCIDENTE DE TRABALLO !

..

.

.

.

.

O Grupo Municipal Socialista solicita,que debido a folga de Agosto, o Concello desconte a parte proporcional da factura do lixo aos veciños de Vilalba




MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

.
.
.
.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
.
Este mes de agosto do ano 2008, os/as veciños/as de Vilalba tivemos que soportar, como grandes perxudicados/as, unha folga dos traballadores/as de URBASER, pertencentes o servicio de recollida de lixo, que legalmente loitaban por conquerir un convenio xusto por desenrolar o seu traballo.

Durante estos largos días de folga, os/as veciños/as tivemos que soportar o cheirume insoportable que invadía a nosa vila e a suciedade que estropeaba as nosas rúas e parroquias e case que nin tan sequera nos deixaba transitar por elas. Durante esas datas escoitamos o señor Alcalde anunciar que tomaría as medidas oportunas contra “URBASER”, empresa que presta este servicio, para descontarlle a parte proporcional da cuantía do contrato polos días que os cidadáns nos vimos privados do mesmo.

Pero o que non lle escoitamos o señor Alcalde, e cremos que sería de xustiza que así fora, e recompensar a tódolos/as veciños/as do noso concello, co desconto proporcional aos días que durou a folga, na próxima factura da recollida de lixo e que non tiveramos que pagar por un sevicio que non nos foi prestado, sen falar xa de tódolos inconvintes que tivemos que sufrir.

Por tódolo anteriormente exposto, a modo de compensación os/as veciños/as, propoñemos ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte


ACORDO:

Descontarlle a cuantía proporcional ós días nos que a empresa URBASER deixou de realizar o seu traballo, a tódolos/as veciños/as do noso concello que teñen que aboar a factura da recollida de lixo e nese tempo foron privados pola folga deste servicio.

domingo, 28 de septiembre de 2008

La historia de las cosas


Interesante documental, cortito por cierto, para hacernos recapacitar sobre el mundo de consumo donde vivimos sin tan siquiera preguntarnos si nuestra libertad, tan apreciada, será ficticia o estará siendo manipulada por otros.
.
.

Está en tres partes en youtube: Aquí os dejo los enlaces:

1ª Parte

http://es.youtube.com/watch?v=5BSmAmQ3SDM

2ª Parte

http://es.youtube.com/watch?v=qNhyxwo2xB8

3ª Parte

http://es.youtube.com/watch?v=nuizFG_YiOE

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Nota do PSdeG-PSOE pola suciedade e abandono do casco urbán de Vilalba


O Partido Socialista Vilalbés solicita que os gobernantes do Partido Popular tomen medidas pola suciedade e abandono que está sufrindo o noso casco urbán.

Os/As integrantes do Grupo Municipal Socialista de Vilalba queremos facer chegar a opinión pública a nosa preocupación pola falla de limpieza que estamos a sufrir tódolos/as veciños/as de Vilalba en todo o noso casco urbán.

Nestes momentos existe unha imperiosa necesidade de que os sumideiros da nosa rede de recollida de augas sexan limpiados de terra e outros materiales que impiden que poidan traballar con toda a súa eficacia.

Os/As Socialistas, xunto con moitos/as veciños/as do noso concello, estamos preocupados pola desidia dos nosos rexidores que a estas alturas de fin do verán e coa posible chegada en breve de fortes chuvías, seguen sen tomar a iniciativa de levar a cabo a limpieza dos nosos sumideiros, algo que debería de facerse xa por costume en certas datas e moito máis despois de escoitar as opinións de moitos/as veciños/as que se achegan a tódolos representantes políticos para facer pública a súa preocupación pola situación na que se encontran algún dos sumidoiros situados preto dos seus fogares e que temen que se chegan as chuvías fortes e debido a falla de capacidade de recollida de ditos sumideiros, se den complicacións indesexables pola acumulación excesiva de auga. Por todo isto queremos poñer de manifesto a necesidade de reacción rápida por parte dos dirixentes do Partido Popular para que se fagan coa máxima premura ditas limpezas evitando con elo males maiores.

Ademais de isto , os vilalbeses temos que soportar como nos meses de verán os contenedores do noso concello botan unha cheirume pestilente que fai imposible estar cerca do lugar onde se atopen, todo isto agrandado pola mala situación na que quedaron ditos contenedores despois da folga do mes de Agosto, ademáis as rúas están cheas de maleza que invaden as beirarrúas e nalgunha zona nin tan sequera se pode transitar, a suciedade das rúas se acumula como nas rúas Basanta Silva ou Plácido Peña, algúns solares urbanos parecen abandoados e son un nido de infección e proliferación de alimañas, co risco evidente para a saúde pública ademáis da mala imaxe estética que ofrece do noso pobo, pero o señor alcalde e os seus compañeiros do Partido Popular non lles apetece solicitarlle os donos que procedan a limpialos con aviso de que senon procederá o concello a facelo con cargo os seus bolsillos, as zonas verdes están en boa parte abandoadas e as que arranxa o concello faino de xeito que sexa de fácil mantemento e de menor custe sen importarlles que quede feito un adefesio e pareza de todo menos un xardín

Por eso lle esiximos o señor Criado e restantes membros do grupo de goberno, que tomen as medidas oportunas para que se solucionen ditos problemas e que rompan coa desidia que invade o grupo de goberno e fagan un esforzo para ter un casco urbán limpo e bonito para vivir e visitar para aqueles turistas que se achegan a coñecernos.