sábado, 26 de septiembre de 2009

Por fin voume de vacacións, Ó final só asamblea extraordinaria, con lista única pactada, temos dous delegados no congreso e votación coa nariz tapada

.
Comezo por decir que dende o domingo 27 de Setembro ata o 5 de Outubro estarei ausente por unha viaxe, xa programada dende fai moitos meses, que efectuarei ca miña querida dona ás illas gregas. Procurarei telo móvil apagado polo que si alguén necesita algo de min rogo se poña en contacto cos meus pais que falarán conmigo case que tódolos días.
.
Onte se celebrou a asamblea extraordinaria porque a ordinaria se aprazou facendo caso das miñas denuncias, tamén se deixou intervir ós compañeiros antes da votación facendo tamén caso das miñas denuncias, polo que temos que felicitar a mesa da asamblea e a dirección por non entorpecer a democracía interna como noutras ocasións.
.
Dende o noso sector onte e sempre intentouse buscar unha solución os problemas internos da nosa agrupación e outra vez voltamos a dar mostras delo, nunha negociación onde lle comunicamos a Elba a nosa decisión, polo ben da agrupación, de renunciar a ir como delegados, eu mesmo que encabezaba a nosa lista e que retirei a miña candidatura , Martín Seco Cendán, Margarita de Vicente, Milagros Cazón, .... Polo outro bando só para que se visualizase a caída das duas cabezas de lista, Eduardo Vidal renunciou a ir na lista única, pero mantiveron as dúas persoas que máis ampoias causan non noso sector como son Sonia Verdes, polo seu comportamento "tan pouco fiel ata o último momento"cos seus compañeiros e Luis Fernández "Luta" que dende o noso sector, non consideramos que teña a categoría nin intelectual nin persoal suficiente para poder compartir con él espazos de decisión dentro do partido, polo que para non perxudicar a imaxe de Elba que encabezou a lista de consenso, renunciamos a romper a negociación e facer a nosa propia lista e integramos os nosos compañeiros na lista única deixando claro que así non se vai a chegar a ningún acordo posterior, se non se ten unha maior altura de miras por parte do sector oficial e se trata de mirar primeiro para o partido e non só para determinadas persoas. O balón está no seu tellado e eles como dirixentes saberán o que facer para o ben da nosa agrupación e da esquerda no noso concello.

A lista que irá o congreso, na que contamos cos compañeiros Elba Veleiro e Pedro Durán representará sen ningunha dúbida os interes do noso sector e o intento de renovación desta nova estructura provincial. Dende este desexo de renovación, animo a todos aqueles compañeiros da provincia que pensen que esta forma de facer política que xa tivo o seu momento e que representa Ricardo Varela, que den un paso a diante e se xunten nunha nova candidatura que reclame unha maior implicación dos militanteS, unha maior participación da perifería de Lugo e un partido vivo que conte cos mellores activos que ten o noso partido en Lugo.
.
Ánimo Compañeiros contades co meu apoio e o meu traballo para elo.

Moción NOITEBUS

.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Recentemente coa reapertura da Discoteca Nova Troco no noso Concello , se implementaron diversas rutas con destino Vilalba do coñecido como Noitebús, un programa de transporte nocturno subvencionado para xóves aos lugares de movida co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte aos lugares de lecer e reducir o número de accidentes os días de movida , que puxo en marcha o Goberno Bipartito da Xunta de Galicia.

Deste xeito as noites do Sábado centos de xoves procedentes de diversos lugares chegan a Vilalba utilizando o servicio do Noitebús.

Os autobuses a falta dun lugar habilitado para tal fin aparcan nas inmediacións da discoteca Nova Troco, nas rúas Avenida Terra Chá e Mondoñedo principalmente.

A Rúa Mondoñedo cun trazado en curva na confluencia coa Avenida Terra Chá , constitue un punto onde se teñen producido numerosos accidentes, e o feito de que nas noites do sábado numerosos coches e os autobuses que prestan o servicio de Noitebús , ocupen parte da calzada fai que o risco de accidentes nese tramo se incremente, e así mesmo ocasionan molestias polo rúido os veciños/as desa zona en concreto do noso Concello.

Sería necesario que o equipo de goberno do Concello de Vilalba tomara medidas ao respecto co fin de evitar riscos innecesarios, mellorar os problemas de tráfico nesa zona e evitar molestias aos veciños.

Do mesmo xeito a mesma zona, e en concreto a Rúa de Mondoñedo tal como denunciamos en repetidas ocasións dende o Grupo Municipal Socialista, é o lugar escollido por moitos transportistas para aparcar os seus camións durante os descansos na nosa vila, sobre todo durante as fins de semana , a falta dun lugar habilitado e vixiado para tal fin.


Esta situación ven a agravar os problemas de circulación na devandita rúa durante a fin de semana co consguinte incremento do risco de accidentes.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS:

Que se leven a cabo cantas medidas sexan necesarias para poñer solución aos problemas de circulación que ocasionan os vehiculos aparcados, fundamentalmente durante as fins de semana na Rúa de Mondoñedo de xeito que:

  • Se estableza un lugar de aparcamento axeitado para os autobuses que prestan o servicio de Noitebús as noites dos Sábados, establecendo un punto de recollida para os xoves que se desplanzan a Vilalba a disfrutar da movida.
  • Se incremente a presencia policial na zona en torno a Discoteca Nova Troco co fin de vixiar o cumprimento das normas de tráfico, evitar excesos de velocidade e altercados que poidan ocasionar molestias aos veciños

viernes, 25 de septiembre de 2009

Rogo para o pleno de setembro, para pedir control sobre os cans no tramo de pesca sen morte e que se habilite unha zona para o seu baño e xogo

.
Ante a afluencia de veciños que acostuman a utilizalo paseo fluvial e o río como zona de recreo para os seus cans, foron moitas as protestas que os pescadores nos comunicaron, xa que ditos cans con intencións xuguetonas, molestan e perxudican ós pescadores coas suas zambullidas e carreiras polo interior do cauce, asustando ós peixes e incluso ás veces ós propios pescadores, que pagan relixiosamente a súa licencia de pesca e un permiso diario por pescar no acotado do río Magdalena.

Como a zona é moi amplia e extensa, e a lei dí que está prohibido levar ós cans soltos, e non está no noso ánimo perxudicar ós donos de estos animais, solicitamos que o concello habilite unha zona para soltar ós cans e incluso bañalos se así o desexan.

Cremos que a mellor zona para este fin é a zona da praia fluvial, se ben a zona do parque acuático é a máis utilizada para o baño, a zona da carballeira prácticamente non se utiliza para o baño así que o Grupo Municipal Socialista presenta os seguintes

ROGOS

1-Que se habilite e sinalice , na área recreativa da praia fluvial, unha zona delimitada para a solta de cans e así poñer fin ao problema que se crea cos pescadores. Tamén rogamos sinalicen ás entradas do paseo a prohibición de levar cans soltos no traiecto que non sexa dita área.

2-Que se informe aos cidadáns de esta medida para maior comprensión e colaboración de todas e de todos.

Moción para pedir a limpeza do río Madalena

.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No mes de Maio dste ano 2009, o Grupo Municipal Socialista presentaba unha moción onde se solicitaba a realización dun plan de obras para levar a cabo a dobre canalización pluviais-fecais, a construcción dun pozo de tormentas, a colaboración coa asociación de pescadores para a limpeza da presa e o canal de alevinaxe de dita asociación, aproveitando o vaciado desta para a limpeza da Praia fluvial e a limpeza do cauce do río no seu paso polo paseo fluvial do noso concello que coincide co tramo de pesca sen norte do noso concello, moción que foi recibida co voto en contra do grupo de goberno do PP e co falso compromiso de colaboración expresado polo Delegado de Urbanismo con dita asociación que se acabou convertindo máis que nunha colaboración, nun intento por facerlle o traballo imposible a estes vilalbeses que só intentan, cuidar o lugar onde practican o deporte que aman.

Ante a solicitude de limpeza do cauce no paso polo paseo fluvial e o tramo de pesca sen morte que noutros concellos como o noso, é utilizado como reclamo turístico para que veñan outros cidadáns a visitarnos e porque non ós pescadores doutras partes da nosa xeografía que puideran achegarse a nosa vila a exercelo seu deporte, o Grupo Popular desmarcouse como se esta parte do noso concello non pertencese a Vilalba e deixando as actuacións que se puideran levar a cabo nel, a outras administracións sen preocuparse por facelos trámites pertinentes para conquerir ter un río limpo e cuidado, como se o único importante desta zona de Vilalba fose a cantidade de formigón co que enchemos a zona de esparcemento da Madalena.

Coa chegada do verán e despois do traballo incesante de dita asociación por limpar o río Madalena de porquerías e maleza que tupía o seu curso, puidemos obsevalos múltiples intentos de dita asociación porque o concello lles axudase a limpar aquelo que por infraestructura, resulta imposible para un grupo de pescadores, sen atopar por parte do Concello a mínima clase de apoio para realizar dito traballo e nin tan sequera o intento de solicitar ante a Confederación Hidrográfica e Conselleria de Medioambiente unha solicitude de limpeza de dita zona ou no seu caso un permiso para efectuala o propio concello, como fai na Praia fluvial.

Poucos días despois da Xira Campestre deste ano, a asociación de pescadores voltaba a denunciar a inactividade dos nosos gobernantes ante as múltiples basuras aparecidas no río despois desta festividade municipal e a mala imaxe que esta porquería podería mostrar do noso río e o noso concello ante a inminente celebración do Torneo de Pesca “Presidente da Xunta” que se levaría a cabo no tramo de pesca sen morte do noso concello, conquerindo só despois das denuncias da federación de pesca a retirada duns sillóns que se atopaban nestas instalacións e quedando o río nunhas condicións lamentables; o resultado pode observarse no texto que adxuntamos, publicado no blog dunha asociación de pescadores que solicitan que nunca máis se leve a cabo estes torneos en Vilalba pola mala situación e descuido no que se atopa o noso río e que debería de facer reflexionar e actuar os nosos gobernantes para non acabar de destruir un entorno tan bonito como o que se pode atopar no noso río Madalena.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

· Levar a cabo, en colaboración coa Asociación de Pescadores de Vilalba, un programa de limpeza e saneamento do río Madalena no tramo do paseo fluvial que inclue o tramo de pesca sen morte do noso Concello.

· Solicitarlle a Confederación Hidrográfica e a Consellería de Medioambiente a realización dos traballos incluidos neste programa.

· Se a resposta destas institucións fose negativa, solicitalos permisos oportunos ante a administración e proceder a realizalos traballos incluidos en dito programa ó igual que fai o concello na zona da Praia Fluvial da Madalena

jueves, 24 de septiembre de 2009

Noticia de La Voz de Galicia sobre a asamblea vilalbesa de elección de delegados ó Congreso Provincial do PSOE



La elección de delegados al congreso provincial desata más polémicas en el PSOE vilalbés (22/9/2009)

.
.
.
La elección de delegados al congreso provincial que el PSOE lucense celebrará el próximo 17 de octubre ha servido de detonante para nuevas divergencias en la agrupación local. El concejal Martín Seco, que se ha caracterizado en los últimos meses por sus posturas divergentes con la dirección local que preside Eduardo Vidal Baamonde, ha decidido encabezar una candidatura, que se presentará en la asamblea del día 24.


La concejala Margarita de Vicente lo acompaña en una lista formada por un total de cinco personas. Completan el grupo Pedro Durán, Verónica Pena y José Cornide. Por otro lado, fuentes del grupo que promueve Seco aseguraron que se había ofrecido a la dirección local la posibilidad de pactar una lista única, cuestión que, según esa parte, fue rechazada.


El sector que se enfrenta con la dirección local también la acusa de rehuir el debate interno, y por ello le pide que cambie el orden del día de la asamblea para permitir que se debata antes de la votación. El grupo de Seco advierte de que si no se cumple ese apartado, se seguirá un camino de «continuo estrangulamento» de la democracia interna.

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (18-09-09)

.
.
.
.
Outra tempada máis Bernardo volve a regalarnos as súas cartas que semanalmente poñen en relieve a actualidade e o pasado do noso concello e comarca. Un saúdo para él que sei que lee este blog e o agradecemento dos que disfrutamos coas suas verbas.
.

.

Meu amigo Antón:
.
Xa ves, meu petrucio, todo volve: os nenos á escola e nós ás nosas cartas. Unha nova xeira que eu non agardaba porque, aló polo mes de xullo, dixéchesme de xeito imperativo que non estabas disposto a seguir sendo o destinatario destas cartas. E, claro, sen a túa colaboración, non me pagaba a pena seguir. Os teus motivos para tal decisión resultábanme moi comprensibles e, por iso, non perdín un minuto en tratar de te convencer. Eu ben sabía que ti andabas coa mosca tras da orella porque sospeitabas, con razón, que máis dun dos teus veciños xa descubriran a túa identidade, e ti non queres de ningún xeito mostrar en público a túa faciana retranqueira. Es deses que arrebolan a pedra pero esconde a man. Sempre pasaches por ser home de orde, moi fiable para os que mandan, un xanciño disciplinado.
.
Non hai moitos días, un mestre que nos honra coa súa amizade comentábanos que moitos pais de alumnos, presuntos votantes peperos, cansáronse de rosmar polo baixo por teren que pagar os libros de texto, pero de ningún xeito quixeron manifestar publicamente as súas queixas. Ti non fixeches ningún comentario, de xeito que o amigo mestre olloume maliciosamente mentres me comentaba con disimulo: este é dos que gobernan, non?. Non, respondín, pero non quere que se lle note. Expliqueille que ti es dos que votan a quen lles peta, ou a ninguén, pero tes moito siso para o disimulo e para que non se che pechen as portas do concello, non vaia ser que perdas supostos privilexios. Aínda non hai tantos meses que che botaron chapapote no teu curral e puxéronche un punto de luz na porta da casa, cousa que, polo visto, non lles fan aos que non son da súa corda.
.
E tampouco é que sexas moi revoltoso, non. Eu sei moi ben de que pé coxeas e que, aínda sendo conservador, non gustas de comulgar con rodas de muíño, pero a xente pensa que o fas. O cura da túa parroquia, ignorando ser ti o receptor das miñas cartas, dicíame estoutro día que non eras un beato, pero si un home de fiar en cuestións parroquiais, e eu ríame polo baixo porque sei moi ben que non es precisamente dos máis adictos. Es un túzaro retranqueiro, un suíña, que sabe quedar moi ben: do pouco que atendes na prédica sempre has sacar unha frase ou dúas que che permita o comentario irónico coa xente da túa confianza. E o cura, pobre, confiando nos teus eloxios.
.
En fin, o caso é que, segundo me dixeches, non querías máis cartas porque colliches medo de que descubriran a realidade do teu xogo. Así que eu xa non pensaba proseguir esta correspondencia. Pero aconteceu algo inesperado. Foi na terraza do Peón o día de San Ramón, en plena festa. Achegóusenos unha rapaciña que eu xa non recoñecía, porque hai moito tempo que falta da vila e anda por Andalucía. Ti tampouco sabías dela nin ela reparou en quen sería aquel home revellido que estaba na miña compaña. O caso é que esa moza, chamada Maripili, contounos, en perfecto galego, que aló en Málaga non deixaba de ler por Internet as nosas cartas, e díxonos que as agradecía. Eu tamén lle agradecín tanto a deferencia de que nos lera como que o fixera tan gustosamente na nosa lingua, pero a miña principal sorpresa deste encontro foi que, de súpeto, ti, Antón, mudaches de opinión e manifestáchesme o desexo de continuar co mesmo xogo de carteo, por máis que puideras ser descuberto. O teu razoamento era que se alguén, estando tan lonxe, chegaba a saber cousas da vila grazas a nós, ben pagaba a pena seguirmos co asunto. Eu ben entendín que o que ti queres é que alguén dea a coñecer as túas teimas sen que se saiba que son túas. E aquí estamos: ti es a gorxa profunda e eu conformareime con ser a boca de ganso.
.
E de que imos falar neste primeiro día, pregunteiche onte mesmo. E ti, copiando aos vellos Tip y Coll, respondiches axiña: falaremos do goberno. Do goberno municipal, entendín eu, porque ben sabía que andabas alporizado polos xeitos autoritarios que, segundo me explicaches, empregou o alcalde para desfacer uns xardíns ao carón dunhas vivendas en Guadalupe. Eu non sei o que houbo, pero teño constancia de que o noso gobernante prometeulle solemnemente á Virxe dos Remedios en Mondoñedo que promovería o diálogo, e penso eu que non temos por que desconfiar das súas promesas, non cres?
.
En resumo, ti animácheste a seguir con esta leria e eu non ousei negar a nosa participación á simpatía de Carme, a rapaciña da emisora que promoveu esta correspondencia entre nó-los dous.
.
E, para comezar, xa vai dabondo. Cóidate e que Deus nos dea saúde e humor. Humor tamén e saúde para quen nos lea. Unha aperta
.
Bernardo

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Comentarios á Noticia de "La Voz de Galicia" sobre a inminente asamblea de elección de delegados para o Congreso Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo

.
Os militantes da agrupación vilalbesa do PSdeG-PSOE, fumos convocados a unha asamblea extraordinaria para a elección de delegados para o próximo Congreso Provincial do mes de Outubro, adxuntábase a esa convocatoria outra, dunha posterior asamblea ordinaria, que por certo, nunca se convocara aínda por esta nova executiva local e que por estatutos ten que facerse cada 3 meses como máximo. Tendo en conta que esta executiva leva dende Outubro do ano pasado, é dicir, levan un ano sen convocala, xa podedes observar a participación e o debate político que propicían os novos dirixentes do PSOE Vilalbés, a verdade é que esta situación fora denunciada ante os órganos superiores do partido por militantes da nosa agrupación e supoño que esto foi o desencadenante da convocatoria e non a rehabilitación da vida orgánica da nosa agrupación.
.
A orde do día da asamblea extraordinaria, despois da elección da mesa presidencial da asamblea, voltaba a ter como primeiro punto a votación das candidaturas, sen facilitar o debate previo entre os militantes e candidatos das dúas listas, ademáis para que alguén que non esté ó tanto do tema, que lle parecería a calqueira veciño de vilalba, se por exemplo nun pleno do concello, se procedese a votar as mocións que se presentan polos grupos políticos antes de defendelas e debatilas, sería un pouco antidemocrático, ¿non?, pois esto é o que figura na acta e xa non é a primeira vez que sucede, posto que xa se intentara na anterior asamblea, e desta vez foi denunciado pola miña parte ante a Executiva Local, indicando que debería de trocarse a orde do día para facerse primeiro o debate, porque é de supoñer que os que están presentes en dita asamblea, estarán deseosos de participar e de debatir políticamente para logo decidir a quen dar o seu voto, tendo en conta, os posicionamentos políticos e as enmendas presentadas polos candidatos a ser votados e non creo que lles moleste que falemos antes de votar, ou será ¿qué pode haber alguén que lle molesta e quere marchar cedo despois da votación, porqué non queren saber nada de política e só van a onde manda o xefe?, polo ben do partido espero que esa suposición non sexa a correcta.
.
Tamén sucedía por primeira vez a inclusión de prazos para a presentación de candidaturas de 5 días antes da asamblea, pero ¿porqué establecer eses prazos que non veñen reflexados en ningún regulamento do partido e non estaban incluidos nas instruccións do partido para dita convocatoria?, ¿porqué se intenta coartar e imposibilitar a presentación de candidaturas ata 2 horas antes da asamblea, como sempre sucedera ata o de agora?, ¿será que alguén quere estar seguro de se ten que avisar ou non a eses mesmos que se poden molestar por escoitar o debate das asambleas e que se non houbera duas candidaturas se poderían quedar na casa sen ter que ser molestados?. Desexo tamén que esta non sexa un suposición correcta, pero o certo é que lle solicitei a executiva local que non voltase a incluir estes longos prazos en novas convocatorias.
.
As asambleas nas que ademais se levan a cabo procesos de votación e por desgracia, despois o debate de enmendas, tenden a acabar tarde, e iso o coñecen os membros da executiva local, enton, ¿como poden convocar unha asamblea ordinaria posterior a extraordinaria, sendo o día elexido o xoves para facela e o día seguinte venres, día laboral?. ¿A qué hora creen que comezará a asamblea e a qué hora rematará?, ou é que poda suceder ¿que a eses que non se lles quere molestar se non houbese duas candidaturas ou que non se lles quere molestar se houbese un largo debate tamén sairían perxudicados se teñen que voltar outro día a esa nova asamblea?, ou , ¿será que non se quere volver a ver a situación de ter 30 persoas nunha asamblea sen votación en lugar das 150 que aparecen cando hai votacións? Espero que esta suposición tampouco sexa correcta, o que é certo é que tamén se plantexou obxección a dita convocatoria e ésta si pode que sexa escoitada pola executiva local que pode ser que troque a convocatoria para outra data.
.
Dende o noso grupo desexamos que haxa debate político, desexamos participar da vida da nosa agrupación, non somos marionetas que van a aplaudir nin a buscar contraprestacións a nosa militancia, presentaremos enmendas ó congreso provincial e esperamos non selos únicos, somos SOCIALISTAS de corazón e cabeza.
.
A nosa candidatura para a asamblea será:

1.- Martín Seco García
2.- Pedro A. Durán Cao
3.- Margarita de Vicente Mato
4.- Verónica Pena Fraga
5.- José Cornide Río

Máis humor vilalbés extraído de www.avozdevilalba.com

.
A caricatura é moi boa, noraboa o meu tocaio, pero penso que non teño tan mala leite, ¿qué vos parece?


sábado, 5 de septiembre de 2009

Preguntas da nosa portavoz Elba Veleiro para o próximo pleno ordinario sobre o pintado dunha sala de exposicións do auditorio

.
Estes días (28 agosto -18 setembro) no Auditorio Municipal estase levando a cabo unha exposición do pintor Santiago Catalán de unha serie de obras de técnica mixta sobre táboa que leva por título “Lunares” e que foi organizada polo IESCHA.
Parece ser que o citado autor non quería expoñer a súa obra sen que se pintaran as paredes da sala onde ía ter lugar dita exposición xa que non se atopaban nas condicións adecuadas para tal fin.

Por seren estas unhas dependencias municipais, directivos do IESCHA puxéronse en contacto co Concello para pedirlles que as pintaran, recibindo a contestación de que os operarios estaban de vacacións e non había personal para facer este traballo. O certo é que finalmente, como podemos comprobar todos os que visitamos a exposición, procedeuse a pintar as paredes da Sala de Exposicións do Auditorio Municipal

Por todo isto:

¿Quen ou como se pintou dita sala?.

¿Quen correu cos gastos de pintura e man de obra?.

Se foi algún particular ou a Asociación organizadora do evento a que pagou.¿Non lle parece ao equipo de goberno que se lles debían reintegrar os cartos, por tratarse dunha depencia municipal?

Mª Elba Veleiro Fernández

Humor Vilalbés (Extraído de A voz de Vilalba)


Artigo de Daniel Basteiro, periodista vilalbés, corresponsal en Bruselas do diario Público


Para que ninguén pense que as miñas percepcións e opinións sobre o certame literario son debidas a un interese político de desgastar o equipo de goberno do PP, lede este interesante artigo de Daniel Basteiro, corresponsal vilalbés dun diario de tirada nacional que asistiu ó certame literario.

.
Franco, honrado en casa de “don Manuel”
2009 September 2
por Daniel Basteiro


Podría ser un pregón más. Es decir, el inicio discreto de las fiestas de San Ramón que Vilalba (Lugo) celebra a caballo entre agosto y septiembre. Podría ser el discurso interminable de casi todos los años, en el moderno auditorio poblado por vecinos vestidos de domingo que cuchichean sobre la idoneidad de tal o cuál dama de honor. Podría ser el discurso lleno de “recuerdo cuando” o “antes, cuando era joven”. El homenaje a las tradiciones e historia local que siempre se le encarga a alguien famoso que nació en el pueblo pero emigró, curiosamente sin regresar muy a menudo a su tierra. Siempre con Manuel Fraga, “don Manuel”, el alcalde y algún miembro de la Xunta presentes, luchando tanto como los miembros de la sufrida banda de música por permanecer despiertos.
Sin embargo, este año se recordó con una nostalgia inaudita a la figura del “generalísimo”, a quien el pregonero, el periodista Antonio Domínguez Olano, llama “don Francisco Franco Bahamonde”. El encargado de inaugurar las fiestas del pueblo de Fraga o Rouco Varela no tuvo reparos en acordarse públicamente de los “paseos” o de las placas en honor al dictador. Ni se despeinó al referirse al dictador por los términos impuestos por el régimen. Todo ello en un discurso caótico y difícil de seguir que dejó en un segundo plano las anécdotas sobre su juventud en el pueblo.

Los medios locales optaron por silenciar el homenaje público y se limitaron a sumarse a los continuos elogios de Domínguez Olano a Fraga, con quien Vilalba y España están para él en deuda. Tampoco faltaron en el discurso los elogios al antiguo presidente del Parlamento de Galicia (también vilalbés, también del PP), su hijo (concejal de Cultura), el alcalde (que logró otra mayoría absoluta más para el mismo partido en las últimas elecciones) o el cardenal de Madrid.
Algunos de los habituales a la cita pusieron mala cara. “Creo que nunca se hicieron referencias a Franco en estos términos”, me comentó a la salida uno de ellos. “Es una pena que se estropee el inicio de las fiestas de esta manera y que no pase nada”, lamentaba otro. No obstante, la elección del pregonero, prerrogativa del gobierno municipal, produjo también muchas sonrisas nostálgicas y algún que otro aplauso espontáneo.

Lo grave, más allá de la falta de transparencia en la elección del pregonero, no es que el ilustre vilalbés, que casi siempre lleva décadas fuera de Galicia, pueda decir lo que quiera. Eso es deseable. Lo grave es que se utilice un acto público, institucional pero puramente ornamental, para infectarlo con términos políticos y retórica franquista. Todo ello aderezado con adulaciones sin pudor siempre a los mismos, siempre segundos antes de cantar el himno gallego, que es de todos.

Quizás lo peor sea la satisfacción de algunos (no pocos) de los presentes y su reflejo inexistente al día siguiente en la prensa. Los que aplauden estos homenajes demuestran una democracia mal asumida, que consiste en utilizar la libertad de expresión en actos públicos como un altavoz para la morriña de tiempos pasados que, por supuesto, siempre fueron mejores. Un preámbulo perfecto para que las fiestas locales se desarrollen, como siempre, en un clima de “extraordinaria placidez”.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Pregón ou Mitín político

Son moitos, os veciños da nosa vila, que están ofendidos pola actitude sectaria e pouco democrática que mantén o goberno de Gerardo Criado, en actos que deberían de carecer da politización da que moitas veces él acusa, sen moito sentido, ós partidos da oposición cando exercemos a laboura para a que fomos elexidos. Actos, como o pregón das festas patronais de tódolos vilalbeses, que temos democráticamente o dereito de pensar do xeito que máis nos satisfaga, sen deixar por elo, de disfrutar dos actos programados nestas festas polo goberno local, que non actúa como tal e só se preocupa por contentar a aqueles que lle mostran unha pleitesía total ó seu xeito de pensar. Ante esta actitude, e como non podería ser doutro xeito, son moitos os veciños que me fixeron chegar as súas queixas, incluso moitos deles votantes do PP, que teñen a mesma percepción de sectarismo que eu teño e que vou a tratar de explicar nestas liñas.

Os cidadáns vilalbeses imos observando, como dende o goberno do Partido Popular do Alcalde Criado, ano tras ano, e con contadas excepcións, temos que aguantar o inaguantable para non levantarnos da nosa butaca no auditorio e marchar dun acto tan solemne para tódolos cidadáns vilalbeses, como é a entrega de premios do Certame Literario que inclúe o pregón das festas patronais de San Ramón e Santa María. E todo debido a que o Goberno do Partido Popular e a pouco aproveitada e decadente Concellería de Cultura do Señor García-Leira Boado, aproveita estes actos para darse un festín de autocomplacencia e autobombo partidista, invitando a participar, como mantedores do Certame Literario, e polo tanto, como pregoeiros das nosas festas, a personaxes que nalgúns casos non teñen o mínimo arraigo e coñecemento do noso concello para vir a darnos leccións maxistrais sobre o que nel sucede, e sempre para vanagloria do goberno popular, ou noutros casos, o que teñen é precisamente un pasado bastante negro diante dos seus antigos veciños, polos seus coñecidos comentarios contra a nosa querida vilalba, que agora tratan de ocultar con excusas que non deron durante moitos anos e que agora repiten, co motivo de vir a recibir un honor vilalbés, que antes non lles interesaba, pero que os actuais mandatarios lle dan a cambio dun discurso do máis experpéntico e pelota que poidemos ser capaces de escoitar.

Este ano, o pregón, con continuas alusións do pregoeiro ós seus desexos de comida e “de vivir para comer” que facían que semellase que estábamos nunha festa gastronómica, parecía propio da época anterior á democracia, con alusións do máis carca e antigo que se levan escoitado neste acto, incluindo alusións ó Xeneralísimo e a súa familia e a todo o que cheirase a esa parte da nosa historia tan pouco edificante, que xa poucos se encargan de resaltar. E todo isto ante os poucos, e cada ano menos, cidadáns vilalbeses que acuden a dito acto social, e que en moitos casos ó non ser seguidores fieis do Partido Popular, quedan abraiados polo máis que repugnante peloteo que se desenrola ante os representantes do Partido Popular e en especial ante Don Manuel Fraga, que fai que as nosas festas parezan máis que na honra de San Ramón, na honra de “San Manuel Fraga Iribarne”, como se o noso concello non tivese nada máis que aportar que a presenza deste notable vilalbés, que todos respetamos, aínda que algún non nos babemos ó escoitalo seu nome, e ademais destas alusións a Fraga, e como non podería ser doutro xeito, con continuos comentarios a favor da xestión dos alcaldes actual e anteriores e dos concelleiros actuais, magnificando a súa xestión, sen coñecer nin o mínimo desexable para facelo, as súas competencias e o desenrolo do seu traballo.

Así que, se o goberno do PP, segue sen dar mostras de querer exercelo goberno polo que foi elexido por todos nós, organizando como moitos lle pedimos, as festas de San Ramón e Santa María, podería facelo mesmo co pregón e deixarlle ás comisións de festas, que sexan elas as que decidan os pregoeiros de cada ano, xa que eles non son capaces de mostrar a mínima capacidade de facer algo sen que cheire ó partidismo máis rancio e así, polo menos, serían voces alleas a política quen decidisen tal honra.

Pola miña parte creo que existen moitos vilalbeses coa capacidade intelectual e o coñecemento do noso concello esixible a un pregoeiro, nesta clase de pregóns, e aínda que moitos deles non sexan do partido popular, darían magníficos pregóns ó gusto dunha maioría do noso pobo e non só dos que se identifiquen cun certo xeito de pensar políticamente.

Martín Seco García