sábado, 29 de octubre de 2011

Propostas do PSOE de Arteixo para o POS 2011

Martín Seco García con DNI 33.336.132- R, voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, en representación deste grupo, fai as seguintes propostas para poder ser incluídas no Plan de Obras e Servizos do ano 2011:

MORÁS:


• Asfaltado na rúa Rivera e rúa de Abaixo no lugar de Uxes.

• Instalación dunha pérgola permanente no campo de festa de Uxes para a celebración das festas.

• Senda peonil dende Santa Icía ata o límite do Concello de A Coruña


RAÑAL:

• Por motivos de seguridade vial faise inexcusable a construcción de beirarrúas na estrada que vai dende a ría do Rañal ata o Polígono de Sabón e mellora da iluminación e da sinalización vial.


ALTO DE ARTEIXO:

• Remate do saneamento da rúa Fonte da Horta.

• Acondicionamento das beirarúas na rúa dos Castros e renovación da canalización da traída de auga con constantes roturas.


CHAMÍN:

• Acondicionamento do firme e mellora do alumeado na rúa Santa Marta.


LOUREDA:

• Canalización das augas que baixan dende o polígono de Morás cara o Igrexario de Loureda e a pista que conecta éste con Martulo


MEICENDE E PASTORIZA:

• Construcción ou renovación de beirarrúas, iluminación e mellora do mobiliario urbano nas Travesías de Meicende e Pastoriza.

OSEIRO:

• Acondicionamiento do firme da rúa da Fonte.


VILARODÍS:

• Completar construcción beirarrúas na Avenida de Platas Varela a ambos márxenes


LARÍN:

• Remate do abastecemento e recollida de augas dende Pedra ata o límite do concello para rematar esta parroquia.


BARRAÑÁN:

• Peche do ciclo de abastecemento e recollida de auga na parroquia de Barrañán.


ARTEIXO:

• Urbanización do entorno do CEIP Arteixo