Coñezo a Cefe
dende a cuna, cando o meu pai traballaba ao seu carón nun proxecto
socialista e galeguista para a nosa terra no PSG e que continuou dentro do PSOE, dándolle una vertente
galeguista que convertiu ao noso partido partido nun referente na nosa
sociedade.
Son moitas as
veces que puiden observar a inmensa capacidade política, dese home de aspecto pequeno
e hiperactivo, nas batallas orgánicas e
ideolóxicas que o meu pai fixo tras del. Sei da súa entrega e lealdade cos
amigos e compañeiros do partido, que nunca deixou a un lado nin nos peores
momentos, cando outros desaparecían por non ser gratos para os dirixentes da
época. Coñezo e admiro o seu traballo intelectual para analizar e buscar solucións
para os problemas da noso país e cal é a función a desenrolar polo noso partido
dentro del. Sei da importancia do seu traballo para o desenrolo de Galicia como
sociedade moderna. Fun espectador da súa entrega ao traballo político no
Congreso dos Deputados, as veces que fun a visitalo a Madrid e dita entrega me
reconciliaba coa política e co partido. Foi o meu conselleiro, cando o meu pai
desapareceu das nosas vidas e ditos consellos foron sempre honestos e
acertados. Aprecio e quero a súa familia, a súa muller Marta e as súas fillas
Noa e Alba que sempre estiveron ao seu carón con cariño e dedicación.
Cando un grupo
de compañeiros, cansados de aguantar a deriva do noso partido, decidimos loitar
por buscar un cambio de dirección, falei con Cefe. Soliciteille a súa
colaboración e aconselloume que esperáramos un tempo. Pensei, que xa non tiña ganas de meterse en máis
batallas, pero despois dun tempo, chamou a nosa porta. Foi este verán, díxonos
que despois das eleccións autómicas deberíamos xuntarnos porque o partido
necesitaba dunha forte renovación orgánica, de proxecto e de estratexia e que
non deberíamos de deixar pasar máis tempo para impulsala. Unha vez pasadas as
eleccións, mostrounos o camiño para construir unha sólida alternativa no
partido e puxo enriba da mesa unha xenerosidade inusual en política, para apostar por una renovación de proxecto e
de persoas, sen buscar nada a cambio, máis que a sensación de estar facendo o
correcto.
Coordinou a
creación da plataforma EN POSITIVO por un Novo Proxecto Socialista Galego, colaborou na elaboración dos nosos documentos,
puxo a súa experiencia no desenrolo da nosa estratexia, buscando sempre a participación de todos e deixando mostras da súa gran capacidade de
entrega e traballo que recordaba do Cefe de antaño. Sei que este proxecto, era unha
das súas grandes apostas persoais unha vez xubilado, sabía que non era o
momento de que os mesmos de sempre se enfrascasen en enfrentamentos persoais
polo poder, vacíos de contido, que voltaran a levar ao partido a un fracaso que
xa non se pode permitir.
A
plataforma segue, sen a súa presencia física, pero coa sua semente máis
presente que nunca e coa responsabilidade de todos os que formamos parte dela e
dos que desexen unirse no futuro, para facer o traballo que nos tiña
encomendado, intentando convencer aos nosos militantes e simpatizantes, que
esta proposta é a mellor solución para o futuro do PSdeG-PSOE, solución que
pasa por desenrolar un novo proxecto socialista para Galicia, con novas caras e
liderazgos que xurdirán dende a base, nun partido que debe buscar máis entre os
mellores e que como él decía, ten agochado un gran caudal de valía entre os
seus militantes.
Compañeiro Cefe, gracias pola confianza que
puxestes en nós e que aínda remarcabas o outro día cando falamos antes de ir á entrevista
da televisión. As túas verbas non caen en saco roto, somos
moitos os que seguiremos adiante co proxecto con lealdade e compromiso cos valores
herdados da túa persoa.
ATA SEMPRE COMPAÑEIRO