Durante os períodos de confinamento posteriores á declaración do estado de
alarma, dende os grupos da oposición puxémonos a disposición absoluta do goberno,
non puxemos ningún inconvinte en que se aprobaran cuestión que eran competencias
plenarias por parte do noso Alcalde e mantivemos reunións para facer un
seguimento do COVID19 non noso concello varias veces á semana, onde non sempre
se achegaba a información das cuestións que xestionaba o Grupo de Goberno e
outras veces, pese á solicitude do noso grupo, non se achegaban os documentos
que se solicitaban e que se decía que o grupo de gobernó aportaría, por exemplo
un convenio con varios concellos para a compra de mascarillas ou o protocolo de
apertura das bibliotecas municipais.
Este luns ao remate da Comisión de Asuntos do Pleno, quixemos preguntar
varias cuestión sobre o concello, algo que sempre se permitiu ata ese día á
finalización das comisións e tendo en conta que o goberno local, decidiu unilateralmente
dar por finalizadas as reunión polo seguimento do COVID19, pese a estar en
plena desescalada, cuestións como a apertura das praias, das bibliotecas
municipais, …, tendo en conta que era luns de inicio da FASE 2 e que ninguén
nos informara sobre que faría o goberno local.
Por todo isto, dende
o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:
- ¿ Cales son as novedades neste
inicio da FASE 2 da desescalada no noso concello?, ¿Ten elaborado o
concello protocolos para o reinicio de actividades municipais?, ¿cales son
os servizos que reanudan a súa actividade presencial e como?