martes, 29 de junio de 2010

Discurso manuscrito de Martín Seco Cendán na súa homenaxe

.
Para coñecer un pouco máis a Martín Seco Cendán e para aqueles que queiran recordalo, deíxovos ler o discurso manuscrito da súa homenaxe este mes de Abril. :

Boas noites. En primeiro lugar quero decir que esta é una xuntanza dos meus amigos. Dos que me aprecian, dos que me queren, dos que non olvidan. Dos bos e xenerosos.

Aquí hai de todo. Profesores, gandeiros, albanéis, médicos. De esquerdas, de dereitas. Do Celta e do Deportivo. E eu feliz, coma un cuco.

Agradecer a presencia das dúas persoas que me serviron de guía e acicate nestes anos de duro traballo no PSOE. Francisco Sineiro e Ceferino Díaz. Os meus grandes e honrados mestres. Tamén a Isabel Salazar e o meu compañeiro e amigo Pepe de Unións Agrarias.

Quería ter un cariñosísimo recorod para aqueles que xa non poden estar. María José Vázquez Verdes, aquela encantadora cativa chea de ilusión e de vida. O seu pai Tucho, o san xenio na defensa do seu ideario. O seu tío Luís, o transmisor da ilusión, co seu permanente sorriso na cara. Xentes de ben. Traballadores incansables. Compañeiros leais.

Agradecer, tamén, ós meus vecinos, a moitos compañeiros da provincia e de fora de ela que estén aquí. Ós meus compañeiros de profesión. A miña familia: a miña sogra, que non pode estar, pero está. A miña tía Carmucha, ós meus cuñados, os meus sobriños, ós meus padriños, ós meus primos.

Eu non sei se merezo isto. O que si sei é quen o merece. Meréceno o Moreno, a Manolita do Santo, Margarita de Vicente, a Milagros da Torre, o Anxel do Carrizo, o Suso Trastoy, o Tito Freire, o Manolo Anido, a María José de Goiriz, o Suso da Torre, a Pili de San Simón, a Verónica, o Pedro, a Elba e o Martín, e outros moitos máis que ó longo destes 20 anos termaron do barco, en circunstancias ben difíciles. Para eles, e non para min, debería ser esta homenaxe.

Eu traballei todo o que puiden por convencemento. Por estar convencido dunha idea. Unha idea que non é outra que lograr o benestar para os máis débiles. Por una idea que dí que non hai dereito a que neste mundo haxa xente que morre de fame. Que non ten médico. Que non ten escola. Por una idea que quere a República para este país. Por una idea que quere: Liberdade, igualdade e fraternidade. Ahí está o socialismo. Ahí estou eu.


Rematou o discurso co seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro:

SPIRITUAL


Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.


Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.


Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.


Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.


Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.


Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.


Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

Obtendo froito da semente


Escribía o mestre Bernardo García Cendán, que Martín deixara a semente dunha vida coherente cos ideais que defendía. Nestes días, cando a tormenta amaina e só quedan nubarróns no entorno familiar, os que tivemos a sorte de colaborar co traballo que Martín desenvolveu en vida, procuramos obter o froito desta semente, da que falaba o poeta chairego.
.
Resulta indispensable, que aqueles que adicaron a súa vida a conseguir o ben común, a traballar sen descanso polo desenvolvemento dos seus veciños e sempre coa vista na consecución dun mundo mellor, teñan o recoñecemento da sociedade que os acolle. Para elo, dende o compromiso dos que compartiamos o proxecto de Martín, procuraremos que a imaxe deste vilalbés sexa recoñecida polos nosos veciños, e lembrada polas xeracións vindeiras, para o que desenvolveremos todas aquelas iniciativas que sirvan para que o noso Concello -que tanto amaba e que tan ben se comportou no seu finamento- recoñeza a título póstumo a súa dedicación, e poñeremos as bases para continuar coa senda marcada polo noso amigo e compañeiro Martín.
.
Afondando nesta idea, dende fai unhas datas, un grupo de amigos e compañeiros liderados por Martín, que pola avaricia sen control duns poucos, fumos apartados da vida interna da organización política onde levábamos tantos anos loitando. Estabamos a traballar nun novo proxecto de asociación para a nosa vila, onde desenvolver unha actividade a prol dos ideais de solidariedade e da participación cidadá. Este proxecto, bautizado como Foro Vilalbés de debate e cooperación, estaba a piques de botar a andar, nas datas previas o finamento de Martín e sen dúbida o fará en breve, baseado nos tres principios esenciais da súa vida:
.
En primeiro lugar, a VALENTÍA DO COMPRIMISO COMO CIDADÁN. Escribía o profesor Pombo o día do seu enterro, que detrás da vida de Martín, estaba a dun home da polis como entendían os gregos, na que as ideas estaban ao servizo da convivencia. A vida de Martín estivo marcada polo concepto de cidadán, comprometido cos valores democráticos da sociedade que lle tocou vivir, favorecendo todos aqueles mecanismos que fixeran de Vilalba, unha sociedade máis participativa, máis democrática e onde as diferencias entre iguais, foran un valor de enriquecemento e non de discriminación por parte das opcións maioritarias. A vida de Martín está chea de renuncias persoais, de valentes posicionamentos que primaban os ideais sobre o lucro persoal e cun comportamento político que buscaba o ben común antes que pequenos intereses partidistas. Este compromiso como cidadá, e coa participación na vida política e social do noso concello será un dos tres eixes que determinen a posta en marcha desta asociación.
.
En segundo lugar, a SOLIDARIEDADE. É sen dúbida o principio básico que fixo de Martín un home especial. Dicía nunha entrevista recente, que se metera en política para intentar cambiar o mundo dende Vilalba. A súa obsesión vital era traballar para que todos os seres humanos puidesen ter acceso a unha vida digna. Sen dúbida, Martín será lembrado pola súa incesante dedicación a axudar a aqueles que o necesitaban; foi a súa actividade predominante, incluso por riba do seu traballo político. Son moitos os que nestas datas, recordan algún tipo de xestión que Martín realizou para intentar solucionar algún problema que lles preocupaba. Os seus didácticos comportamentos vitais eran un exemplo para que os máis, entendesen e aplicasen os valores da solidariedade. Por todo isto, a solidariedade será outro dos pilares básicos desta nova asociación.
.
En terceiro e último lugar, VILALBA. Falar de Martín é falar dun anaco de Vilalba. Alí onde se atopaba, a nosa Vilalba tamén estaba presente. Non lembro ningún proxecto que nacese na nosa vila, no que non puxese o seu gran de area ou o seu apoio aos que tiñan o valor de desenvolvelo. Lonxe de interferir na vida das asociacións e organizacións que non contaban co seu traballo directo, sempre apoiaba e colaboraba con elas para conseguir a continuidade dos proxectos e, en última estancia, a existencia dunha sociedade viva. A vida do Concello, o asociacionismo, a potenciación da actividade económica vilalbesa, o desenvolvemento do noso rural eran temas que preocupaban especialmente a Martín, como apuntaba o ex-conselleiro Francisco Sineiro nun artigo recente, que destacaba a preocupación e o traballo constante de Martín pola actividade económica da Terra Chá. Por iso, Vilalba, as súas xentes, a súa cultura, e os seus recunchos tamén serán outro dos pilares que sosteñan esta nova asociación.
.
Estes tres eixos, acompañados da honra e a lembranza da figura de Martín Seco Cendán, son os que farán brotar o froito desta curta vida tan chea e intensa, que fai que algúns, a pesar de sentir a tristura e o espazo valeiro que deixou nos nosos corazóns a súa perda, sintamos tamén o seu apoio e a súa intensa presenza, para continuar cun proxecto que non debería ter fin.
.
Pronto teredes máis novas; de momento estades todos convidados a participar.
.

Martín Seco García

miércoles, 23 de junio de 2010

Martín Seco Cendán sempre no noso corazón

Quero compartir convosco algúns artigos que apareceron estos días nos medios de comunicación sobre o finamento do meu pai, e dende aquí tamén agradecer de parte de toda a miña familia os inumerables xestos e verbas de cariño hacía o meu pai e a nosa familia recibidos nestos días tan difíciles.
.
Grazas a todos de corazón.

.
.
No pasamento de Martín Seco
.
Autor: Xosé Antón Pombo
La voz de Galicia 16/6/2010
.

A tristeza invadiunos cando soubemos que Martín nos deixara. A nova provocou en nós lembranzas que teñen como actor único un veciño ben estimado. Son retallos da vida diaria: o saúdo amable ó inicio do día, o café compartido, o contraste de opinións sobre a intrahistoria da vila, o comentario sobre a última decisión da Alcaldía,... Porque detrás da vida persoal de Martín estaba a dun home da polis como a entenderon os gregos, de quen cría que as ideas estaban ó servizo da convivencia.
.

Dedicou moitas horas a traballar pola veciñanza. A súa figura encheu o Concello durante máis anos dos que moitos soportarían. E sempre coa voz e o diálogo como arma, porque o importante era, é e será contrastar as ideas co respecto escrupuloso ás persoas. Cando nos annales da Historia se escriban os últimos vinte anos de Vilalba, aparecerá en lugar destacado a figura de Martín Seco Cendán.
.

Gardémolo na memoria!
.
.

Martín na lembranza
.

Bernardo García Cendán
A Voz de Vilalba 22/06/10
.

Meu amigo Paulo: Pedíchesme que escribira algo sobre Martín e cústame moito porque as ideas amoréanseme na cabeza e non sabería cal delas escoller para deixar en A Voz de Vilalba a lembranza dun vilalbés que amou fondamente ao seu pobo. Un día díxome a Sara que Martín non sería o mesmo sen Vilalba nin Vilalba será o mesmo sen el. E creo que ten razón. pero a súa obra queda feita e nela queda semente. Foi un auténtico militante das súas ideas e iso non se esquece. Como ti ben sabes, políticos hai a mans cheas, pero militantes que poñan ideas por riba doutros intereses non son abondosos. Un dos seus fillos comentábame diante do seu cadaleito que, ao ver as expresións de condolencia, sentía orgullo de ter recibido de seu pai a mellor das herdanzas. Agora mesmo, meu amigo, non sabería escribir algo diferente do que lin ao final do seu funeral e aquí cho deixo por se che serve:
.

No nome da familia, grazas.
.

A terra volve sempre á terra. O po volta ao po.
Esta terra chairega que foi Martín volve de novo á terra vilalbesa
na que aprendeu os pasos primeiros, fundamentais na vida,
na beira do río que o facía soñar, contemplado desde a fiestra onde despediu o mundo.
Os seus amigos dicímoslle adeus coa ofrenda da nosa memoria
para que nela viva, siga a vivir, renovadamente,
cando agromen as árbores,
cando os pardais e os merlos inventen a canción de cada primavera.
E máis aló, onde os nosos ollos non chegan, onde as nosas ideas se perden,
alí no misterio, vivirá para sempre na memoria inmorrente que chamamos Deus.
Gozou moito Martín da amizade, confiou sempre na forza dos corazóns amigos,
viviu apaixonadamente as ideas nas que confiaba,
foi xeneroso ata o mesmo final,
ata máis aló do seu final: a tristura da súa partida estará agora mesmo
a ser gozo profundo dos que recibiron saúde
mediante os órganos do seu corpo dos que fixo ampla doazón.
Grazas a todos vós por estardes aquí,
grazas por achegardes á nosa familia, á de Martín, o recordo amoroso
de canto el representou.
.
.


O cidadán Martín
.
Francisco Sineiro
El Progreso 22/06/2010
.
CON EMOCIÓN E AGARIMO quero dedicar estas liñas a Martín Seco Cendán, home bo e xeneroso, compañeiro e amigo.
.
Nun tempo no que a política aparece na picota para unha boa parte dos nosos cidadáns polo comportamento desleal e deshonesto duns poucos, Martín pode ser un exemplo do político de ben, preocupado polos intereses públicos, traballador e defensor dos seus ideais e ca única premisa de ir construindo unha sociedade mellor.
.
Chegou á política como moitos da súa xeración, por oposición á ditadura, aínda que fora con risco da súa seguridade persoal. Pertenceu primeiro ao Partido Socialista de Galicia e nas últimas tres décadas ao PSdeG-PSOE. Foi concelleiro en Vilalba, ás veces case en solitario,exercendo unha oposición dura e tenaz, pero construtiva e leal, como poden testemuñar os que foron os seus alcaldes durante este período.
.
Martín tiña unha visión ampla dos asuntos municipais. Fronte á postura de desdén con respecto ás aldeas que ás veces existe nalgunhas vilas, Martín cría nas súas interdependencias mutuas. A vida e a economía da vila depende das aldeas e as aldeas, á súa vez, da vila. Defendía unha acción conxunta para a Terra Chá, dunha comarca con amplo potencial agrario, que coma moitas outras faltaba por desenvolver en boa medida e por prolongar nunha industria transformadora dos seus produtos. Preocupábase polo atraso das concentracións e tamén dos problemas existentes na súa execución. Foi tamén dos primeiros en interesarse e denunciar os abusos cometidos sobre os propietarios das terras na construción duns parques eólicos, cuxos beneficios vía voar como o vento cara a outros destinos.
.
Martín non era político de oficina, senón de campo. Con el percorrín e tivemos xuntanzas cos veciños en Lanzós, en Corbelle, en Sancovade, en Vilapedre, en Goiriz, en Samarugo. En varias ocasións desenvolvíanse nas antigas escolas unitarias construídas por uns indianos, que querían que os seus veciños tivesen unha educación mellor que a súa, como na de San Simón da Costa, onde promoveu a electrificación que limitaba o desenvolvemento da súa produción de queixo.
Pero detrás do seu papel político estivo a persoa entrañable para os que tivemos a sorte de coñecelo. Era un amigo fiel e leal, que nos últimos anos non podía entender algúns comportamentos que lle doían internamente.
.
A túa xenerosidade, Martín, que prolongaches máis aló do teu final, pódeche permitir que aínda sigas escrutando o mundo mediante os ollos dunha persoa anónima. Que aínda poidas seguir observando os moitos desamaños que seguen precisando dos valores da solidariedade, a liberdade e a igualdade, que defendías e practicabas, cidadán Martín.
.
.
A Martín Seco Cendán
.


Alicia Baamonde Paz
El Progreso 15/06/2010
.


El día 13 de junio de 2010 tuvo lugar el fallecimiento repentino de Martín Seco Cendán debido a un derrame cerebral. El impacto es tan doloroso que desgarra el corazón de todos los suyos, familiares y amigos, que son muy numerosos, debido a sus muchas cualidades. No es de extrañar ante las inmensas virtudes que poseía y su buen hacer en todas las facetas de la vida. Todavía suenan en mis oídos unas palabras que pronunció en la entrevista que le hizo este diario con motivo del homenaje tan merecido que le tributaron recientemente en su partido, amigos y familiares: "Entrei na política por unha idea, por ser coherente e para millorar o mundo de esta vila que é Vilalba".
.
Querido e inolvidable Martín, la profundidad de ese sentimiento te ensalza y te honra de tal manera que dicen todo de tu persona y de la grandeza de tu alma. Efectivamente, desde tu puesto, secretario del PSOE de Villalba, fuiste un gran luchador, procurando mejorar en todo lo posible las necesidades de esta villa.
.
Lo mismo hiciste en tu trayectoria profesional como funcionario de la Xunta y en tu cargo de secretario de Estructuras Agrarias y más tarde, jefe provincial de Tragsa. Supiste ejercer sin mácula todas las funciones que te encomendaron. Así lo manifiestan todos los que te rodean. Ayer [14 de junio] me decía tu señora: "Nunca pidió una baja en su trabajo, cuando enfermaba de gripe era los viernes, para poder incorporarse el lunes".
.
Y como colofón de tu entrega a los demás está tu última voluntad de donar tus órganos para poder salvar vidas a tus semejantes.
.
Dejaste una impronta difícil de igualar, marcándoles a tus hijos el camino recto a seguir en esta vida.
.
Que Dios premie tu buen hacer y la grandeza de tu alma llevándola al descanso eterno, que lo tienes bien merecido.
.
.


Martín-Antonio Seco Cendán
.
Paulino Froilán García Seco
El Progreso 15/06/2010
.
Ha llegado la hora en la que señaló el Señor el momento de que pase a rendir cuentas de la vida de mi ahijado Martín, que me entregaste aquel 1950 en la pila bautismal villalbesa.
.
Llegado el momento en que se postró ante Tí su alma, he de presentarte el dolor que supone su volar al Cielo en la flor de la vida, dejándonos huérfanos de su presencia a Carmen, su mujer, Martincito, Carmen, Bernardito y Uxía y, por supuesto al padrino, dejándonos la estela de la grandeza de su alma, nacida de Dios y glosada con versos místicos que traen el eco celestial del amor a Dios que nos inculcó para siempre la tía Amadora.
.
La tristeza que genera el adiós de un ser querido, genera, de inmediato en mi alma la inmensa alegría que supone el decir al Señor, al rendirle las cuentas de Su encargo, que su alma puso en la tierra la aureola del amor a Dios, su satisfacción del deber cumplido en todos sus actos y que, sin duda, avalan el informe que te presento, Señor, de tu hijo Martín.
.
Sé, Señor, que has destinado al hijo que llamaste a tu presencia, a la morada que tienes en el cielo para los justos, porque él lo fue adorándote en la vida terrena, dirigiendo a sus hijos hacia Tí, por la senda que creaste desde la tierra y que finaliza en la Gloria, para que en ella gocen de la paz de tu reino.
.
Que así sea, en este día de la Infraoctava del Corpus.