martes, 26 de mayo de 2020

Preguntas do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE sobre os protocolos e actuacións do Concello de Arteixo na Fase 2 da desescalada



Durante os períodos de confinamento posteriores á declaración do estado de alarma, dende os grupos da oposición puxémonos a disposición absoluta do goberno, non puxemos ningún inconvinte en que se aprobaran cuestión que eran competencias plenarias por parte do noso Alcalde e mantivemos reunións para facer un seguimento do COVID19 non noso concello varias veces á semana, onde non sempre se achegaba a información das cuestións que xestionaba o Grupo de Goberno e outras veces, pese á solicitude do noso grupo, non se achegaban os documentos que se solicitaban e que se decía que o grupo de gobernó aportaría, por exemplo un convenio con varios concellos para a compra de mascarillas ou o protocolo de apertura das bibliotecas municipais.

Este luns ao remate da Comisión de Asuntos do Pleno, quixemos preguntar varias cuestión sobre o concello, algo que sempre se permitiu ata ese día á finalización das comisións e tendo en conta que o goberno local, decidiu unilateralmente dar por finalizadas as reunión polo seguimento do COVID19, pese a estar en plena desescalada, cuestións como a apertura das praias, das bibliotecas municipais, …, tendo en conta que era luns de inicio da FASE 2 e que ninguén nos informara sobre que faría o goberno local.

Por todo isto, dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿ Cales son as novedades neste inicio da FASE 2 da desescalada no noso concello?, ¿Ten elaborado o concello protocolos para o reinicio de actividades municipais?, ¿cales son os servizos que reanudan a súa actividade presencial e como?