domingo, 26 de abril de 2009

Artigo de Javier G. Méndez sobre o Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE


Pachi y Gonzalo


(Al final, nadie hablará de nosotros cuando hayamos muerto. A los pocos meses de habernos enterrado, física o políticamente, somos polvo, periodista, carne de hemeroteca a disposición de algún antropólogo de esos que quieren rememorar tal como éramos. Al final nunca prevalece la fuerza de la razón, sino la razón de la fuerza…)


Los mártires del PSdG-PSOE se enfadarían conmigo si reprodujese aquí sus nombres y apellidos. Fueron los que plantaron cara a los Vázquez de antaño, a los Sánchez Presedo, a los Pérez Touriño, y acabaron con el corazón partío, exiliados a Madrid, desterrados del partido o desvanecidos en la historia. Pero aquellos mártires alzaron por lo menos la voz en los diferentes congresos, en apasionantes duelos entre David y Goliat en los que las piedras de las hondas no tumbaban a los gigantes, a los Paco Vázquez, a los Antolines, a los Emilios, de acuerdo, pero por lo menos les obligaban a ponerse tiritas ideológicas. Un Congreso sin mártires, sin ecce homos, sin pepitos grillos, es un puro trámite que sólo deja una hoja en blanco (no confundir con Pepe Blanco) en la historia de un partido.


Dejad hablar a Gonzalo, a cualquier Gonzalo del PSdG-PSOE, a cualquier crítico que tenga algo que decir a orillas del Lérez. Dejad que la crónica de una victoria anunciada de Pachi tenga la grandeza de una honrosa, limpia, higiénica y democrática derrota de esas voces que, el aparato oficial, esa trituradora de las democracias internas de los partidos, quiere condenar a clamar en el desierto. Dejadme la esperanza, musitaba Miguel Hernández en su “canción última” Dejadnos la esperanza de creer que es posible discrepar, plantear alternativas, practicar la autocrítica, pensar en voz alta en los partidos políticos españoles, en los partidos políticos gallegos.


Si de la congregación de fieles socialistas gallegos en Pontevedra sacan a Pachi bajo palio, sin un solo rasguño verbal, ni una sola foto en la que le hayan sacado los colores, sin un sólo pelo ideológico fuera de sitio, tras haber coprotagonizado, a la vera de Touriño, la fulgurante caída del imperio bipartito, habrá sido una gran paso para el ex conselleiro de Medio Ambiente, pero un pasó atrás para el socialismo gallego. Un Congreso cerrado en falso, no deja de ser, en términos de medio ambiente político, como un agujero en la capa de ozono en los genuinos términos medioambientales: una amenaza para el futuro.


Si ni siquiera le permiten a Gonzalo Caballero convertirse en un mártir por la causa, quemado en una abrumadora votación por la “inquisición” que lo tiene todo atado y bien atado, algo olerá a podrido en Pontevedra, y esta vez no podrán echarle la culpa a la Celulosa. Que le ganen, pero jugando el partido, y no aprovechando un reglamento perverso que otorga las victorias sin permitir que se presente el contrario. Que abran las ventanas del socialismo oficial para que entre el aire fresco del socialismo de calle: ése que no sabe que aún, en el siglo XXI, el que se mueve sigue condenado a no salir en la foto.


Lo siento por Pachi, que probablemente sea un gran candidato, pero sobre cuyo futuro penderán como espadas de Damocles dos dudas metódicas: si va a ser el guardián de la silla para Pepe Blanco, y si ha aceptado tan alto honor sabiendo que, el aparato, ha movido los hilos con la maquiavélica convicción de que el fin justifica los medios.

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (24-04-09)

Lugo, 24 abril 2009

Meu amigo Antón:

Efectivamente, tes toda a razón: eu non debería estar ausente do camposanto o mércores pasado para despedir ao Pepe do Pita. Como podes comprender, non o faría se as esixencias do meu traballo académico non mo impediran, pero confésoche que andei triste todo aquel día porque lle tiña moito aprecio. Na Vilalba da nosa mocidade, cando morría un vilalbés de sempre, todo o pobo se conmovía: apenas había xente no anonimato. Agora xa temos un certo aire capitalino (que Deus nos perdoe) e, como ti dis, as mortes pasan desapercibidas se non é para un grupo de amigos. Supoño que é inevitable, pero, que queres, a min dáme mágoa o esquecemento dos que nunca saíron nos xornais. Seguramente moitos vilalbeses que, dende moi lonxe, lean nostálxicos esta páxina han gardar lembranza daquel home que cada mañanciña regaba as plantas da alameda e dedicaba a quen o saudaba un sorriso fresco que se volveu moi triste cando o seu mal lle fixo perder as pernas e o pechou na casa. Sufriu moito, e moito foi tamén o alivio que atopou na entrega xenerosa de Lola, a vendedora de peixe. Deixemos, pois, constancia: que o saiba quen teña lembranzas da nosa vila, mentres el descansa na paz da terra e na nosa memoria colectiva.

E, despois disto, meu Antón, temos que volver á banalidade da vida diaria. Na última carta quedei comprometido a comentarche algo máis sobre a Semana Santa, porque, cando saíamos da misa nocturna, no sábado de gloria, fixéchesme notar que unha boa parte da cerimonia foi en galego. Cousa normal, díxenche, e máis normal aínda sería se toda ela fose na nosa lingua, ou non?. Pois seica non, porque, segundo me explicabas, hai non pouca xente piadosa que protesta porque non quere saber nada do galego nas misas. E poida que teñan razón, dixéchesme baixiño coidando que non te oísen. Quedei amilagrado ollando de fite os teus ollos pequerrechos: será posible?.

Home, suxerín, sabemos quen son os que protestan e resulta que, efectivamente, algúns deles non apean nunca o castelán, pero tamén hai outros que falan sempre en galego, e non che resulta cómico que protesten en galego para reclamar a misa en castelán?. Respiraches fondo e respondiches con calma: ti es estudado, pero non entendes nada; non te decatas de que estamos na vila e de que, polo tanto, non somos da aldea?. O que está ben para as aldeas non cadra elegante para a xente máis educada das vilas ou, con máis razón, para as das cidades. Como lles has pedir que volvan ao galego aos que fixeron tantos esforzos para non pareceren pailáns?. Unha cousa, repetías, é o que se fala así en confianza, un castrapo calquera, e outra cousa é rezar que che é asunto moi serio e cómpre facelo como Dios manda (sic). Ademais, insistías, os máis dos vilalbeses que acoden á igrexa xa falan sempre castelán, por que habían cambiar de idioma para rezaren?.

Iso non é certo, retruqueiche, o que pasa é que, cando ti falas do conxunto de vilalbeses, pensas no grupo dos que, efectivamente, teñen xa de sempre o costume de falaren castelán, pero, se observas, non son tantos. E ademáis, moitos dos que o fan habitualmente non adoitan ter nada contra o galego, mesmo pensan que deberían falalo, pero, claro, custa traballo rachar cos costumes adquiridos. Collín alento mentres observaba no teu rostro unha risa suíña e xa imaxinei o que me ías dicir. E así foi: mira oh, case berrabas, queiras ou non, os que falan habitualmente castelán xa son moitos e non han volver ao galego, aínda que pensaran que deberían facelo; máis ben han buscar desculpas para non dar ese paso: algúns dirán que o galego non o saben falar ben (e o castelán tampouco, pero diso non se dan conta), outros pensarán que, se o fixeran, ían ser considerados coma xente do Bloque –Deus nos libre -, e moitos deles non deixarán de argumentar que, despois de todo, se os que se hospedan no Parador queren vir á misa, non é cousa de darlles a impresión de que somos pailarocos do rural. A xente da vila, meu amigo, non che está disposta a renunciar, por culpa dos curas, aos esforzos que fixeron para seren tan finolis coma os da capital. Xa teñen dabondo con soportar que os políticos lles falen en galego por obrigas oficiais ou que algúns galeguistas sigades coa vosa teima sen saberen moi ben como vos han responder. As cousas da igrexa sonche moi serias e aquí en Galicia o máis serio é falar coma Deus manda. Somos modernos, ou non?

Parecías falar con tanto convencemento que eu cheguei a dubidar de que estiveras en serio. Menos mal que nalgún momento os teus ollos chusqueiros estaban desmentindo as palabras que pronunciabas. O que non sei é se o razoamento que facías con disimulo será o que faga moita xente en serio, e iso si que me preocupa. Deixemos para outro día a continuación. Agora cóidate coma sempre. Unha aperta do teu amigo

Bernardo

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (17-04-09)

Tódolos seguidores das Cartas a Antón de Bernardo García Cendán celebramos a volta da publicación destas liñas que nos agrada ler tódalas semanas.

Lugo 17 abril 2009
Meu amigo Antón:

Hai moito tempo que non che escribo porque o teu forno non estaba para bolos. Supoño que non che importa que lle diga aos nosos oíntes que eran cuestións de saúde as que afectaban o teu estado de humor. Afectaban e aínda afectan, pero teño a sensación de que vas recuperando e de que xa comezas a andar máis receptivo. Así mo pareceu as poucas veces que nos atopamos ao longo da Semana Santa e puiden gozar de novo cos teus comentarios. O primeiro deles foi efectivamente moi típico do teu humor: Estabamos ambos contemplando o paso dunha procesión, a do Santo Enterro, e de súpeto puxécheste a camiñar ao carón da banda de música facéndome acenos para me achegara a ver unha estampa curiosa: o rapaciño do bombardino precisaba ir lendo a partitura e non atopou mellor xeito que colgarlla do colo da chaqueta á rapaciña que ía diante del. O teu comentario era de esperar: xa ves, meu amigo, dixéchesme, nunca hai grandes problemas senón grandes solucións, nisto como na vida o que importa é poñer a funcionar a imaxinación. A continuación deches en cismar nas filosofías do comportamento para buscarlle unha explicación a outra das estampas procesionais: xusto por tras do párroco camiñaban, con paso solemne e cara de circunstancias, o alcalde da vila con dous concelleiros e un deputado da Xunta, todos eles do PP. Non me fixeches agardar polo teu comentario que era, máis ou menos, deste tipo: se tales edís tiveran que ir, coma calquera, nas filas de devotos, seguramente non estarían, pero acompañar ao Cristo morto, en posto de privilexio, xa paga a pena porque seguramente acabará por lles dar réditos. E, claro está, non me deixaches sen a túa pregunta: oe, ti que es sociólogo, coidas que ese paseo político acabará en votos electorais?. Tal pregunta xa ma fixera eu mesmo a véspera, día de Xoves Santo. Fun ver algúns amigos curas pola zona da Mariña e chamoume a atención que en varias das igrexas que visitei aínda seguían co costume de poñer uns letreiros nos primeiros bancos coa privilexiada fórmula de “reservados”. Non cheguei a tempo para ver quen ocupaba tales lugares, pero era doado imaxinalo. Na nosa Vilalba, por fortuna, non había tal reserva, e alegroume porque confeso que a min nunca me compraceron moito tales excepcionalidades e polo tanto nunca as fixen cando tiven responsabilidades pastorais. Pero naquel momento en que estaba tranquilamente vendo contigo a procesión vilalbesa non tiña eu apetito de filosofías e por iso cando me preguntaches que andarían a buscar os políticos da procesión, só se me ocorreu conterche unha anécdota que lle teño escoitado a meu pai: parece ser que aló polos anos vinte había unha señora que ía tódolos días ás varias misas matutinas e non tiña inconveniente en comulgar en cada unha delas, con tal de que a viran os que as tiñan encargadas, porque sempre sacaban algo de propina pola súa presenza, e o cura don Juán Ramos, que era moi perspicaz e sabía do choio, cando lles daba a comuñón, antes de pronunciar a frase litúrxica, dicíalles coa boca pequena: industria, miña nena, industria. E ti, Antón, que sabías do cura e da interesada, botaches a rir, e a min alegroume porque foi a primeira vez que te vin rir en moito tempo.Iso xa pagou a pena.

E por hoxe nada máis. A ver se a semana que ven comentamos algo do uso do galego na Igrexa, porque tamén niso te fixaches con moita atención nesta semana santa. Pero xa debo avanzar que ámbolos dous apreciamos o labor do grupiño parroquial que prepara as cerimonias na nosa igrexa: están a facelo cada vez mellor. Agora non teño tempo para máis. Cóidate e recibe unha aperta agarimosa do teu amigo Bernardo

miércoles, 22 de abril de 2009

MANIFESTO "VONTADE DE CAMBIO"

.
IMPULSANDO UNHA ALTERNATIVA DE FUTURO PARA O SOCIALISMO GALEGO
(Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE, 24-25 de Abril de 2009)
.
O PSdeG-PSOE é parte fundamental da democracia galega, referencia política da esquerda e do progreso para a cidadanía galega, garante da existencia de alternativa política en Galicia e forza do goberno en concellos das catro provincias.

En xullo do ano pasado, o PSdeG-PSOE celebrou o XI Congreso Nacional baixo o lema “A forza de Galicia”. Nembargantes, nove meses máis tarde, os socialistas galegos estamos chamados a un Congreso Extraordinario en circunstancias políticas ben distintas.

Na única ocasión na recente historia da autonomía galega na que as furnas deron directamente ás forzas de esquerdas a posibilidade de goberno, as expectativas postas no cambio político non foron cubertas e @s cidad@ns non permitiron a continuación do goberno de progreso. Os cidadáns falaron có seu voto, e agora, o socialismo galego ten que perfilar a súa folla de ruta de cara ó futuro nun novo ciclo político de goberno da dereita.

Nos últimos catro anos, o goberno substituiu a vida do partido, o papel da militancia veuse reducido, o debate de ideas apenas floreceu no partido, e moitas agrupacións non sentiron un apoio suficiente do goberno. O socialismo careceu do dinamismo necesario para liderar ás demandas da cidadanía e transmitilas ó goberno, e o autoconformismo e a auto-satisfacción alonxounos do contacto e inquedanzas sociais. Temos que rachar coa arrogancia das actitudes que taponaban o debate de ideas, adormilaban iniciativas e castigaban as propostas innovadoras. Por iso, xa entón apostabamos por máis e mellor partido.

O vindeiro Congreso Extraordinario será o encargado de elexir o novo secretario xeral e a nova dirección política do PSdeG-PSOE, pero sen embargo o Congreso non conleva unha ponencia política que potencie o debate de ideas e a elaboración dun proxecto para a nova etapa do partido. Tras o resultado electoral, o partido ten que redefinir a súa folla de ruta porque o escenario debullado no anterior Congreso Ordinario fracasou, e máis alá do debate de nomes, o socialismo galego require ideas, posicións políticas e proxecto.

O Congreso Nacional Extraordinario do PSdeG-PSOE ten que abrir unha etapa de futuro no socialismo galego apostando por un partido forte, vivo e renovado. O socialismo galego debe potenciar a súa estructura, a súa actividade e a súa vida propia, e asumir a mensaxe de cambio e renovación de milleiros de militantes e votantes socialistas. Ou cambiamos nós, ou nos cambian os cidadáns. O vindeiro Congreso non debe ser un paripé mediático centrado no reparto de postos, sen autocrítica, sen reflexións políticas, sen debate. Frente a un Congreso predeterminado e limitado ó guión deseñado vintecatro horas despois do resultado eleitoral, apostamos por un Congreso aberto, vivo, con debate e alternativas de ideas.

Somos conscientes dos grandes retos que hoxe afronta Galicia, e da importancia de abrir unha etapa de futuro no socialismo galego que entenda a mensaxe da cidadanía e lidere a vanguardia e a modernidade de Galicia. Como militantes comprometidos co socialismo galego desde as nosas agrupacións locais, convimos na necesidade de participar activamente e trasladar a nosa posición política de cara o Congreso Extraordinario:

1º.- CONGRESO ABERTO CON VONTADE DE CAMBIO PARA ABRIR UNHA ETAPA DE FUTURO. Creemos nun Congreso aberto como aquel no cal foi elexido como secretario xeral o compañeiro José Luis Rodriguez Zapatero. Non nos conformamos co guión deseñado polo aparato do partido de arriba a abaixo, e creemos que hai que facer un Congreso con ideas e alternativas no cal emerxa unha proposta de futuro que poida ilusionar ós nosos votantes.

2º.- REVITALIZACIÓN DO DEBATE DE IDEAS, DO PLURALISMO E DA DEMOCRACIA INTERNA E PARTICIPATIVA. A participación política, o dinamismo no debate de ideas e a pluralidade da organización favorecen a revitalización do socialismo galego. Queremos un partido dinámico e vivo que conecte tamén coa xente nova, que representa á Galicia do futuro, e consideramos clave o papel das Xuventudes Socialistas.

3º.- FORTALECEMENTO DO PARTIDO. Asumir como fundamental o papel político do PSdeG-PSOE como estrutura de acción colectiva do socialismo galego. O partido ten que ter vida e posición propia, establecendo e orientando a folla de ruta dos gobernos. A potenciación das agrupacións locais, dos órganos e dos afiliados constitúe a canle para un partido máis forte.

4º.- POTENCIACIÓN DO PAPEL DA MILITANCIA, valorando o capital humano e político dos socialistas galeg@as. A experiencia política na organización e o compromiso d@s afiliad@s co partido son garantes para o desenvolvemento das nosas políticas. Os “independientes” poden contribuir ao noso proxecto, pero non substituir o papel fundamental da militancia. O papel do militante non é aplaudir e obedecer de forma subordinada ao poder, senón participar e contribuir. A combinación adecuada de experiencia e renovación pode acadarse entre os compañeir@s do partido.

5º.- SOCIALISMO EN CLAVE GALEGA. O PSdeG-PSOE ten que escribir o seu futuro en clave galega, dende abaixo cara arriba, non sumindo operacións deseñadas desde fora. O compromiso con Galicia é tamén un compromiso galeguista que asume a liberdade como referencia política do socialismo.

6º.- APOIO ÁS AGRUPACIÓNS DAS VILAS E DOS PEQUENOS CONCELLOS.
Galicia é unha comunidade cun alto compoñente rural e cunha alta porcentaxe de concellos pequenos, e o PSdeG-PSOE debe ter presente a nosa realidade política, xeográfica e orgánica, respaldando aos militantes do rural que non teñen unha interlocución adecuada co partido e coas institucións. É relevante potenciar o papel dos compañeiros e compañeiras das vilas en todos os ámbitos de decisión do partido. É un feito que o noso voto no rural foi mais estable que nas cidades e areas urbanas. O dinamismo da Galicia urbana é clave para o futuro, pero á vez, hai que recoñocer que o traballo político de defender as nosas ideas nas vilas e concellos máis pequenos implica, se cabe, un maior esforzo persoal, político e incluso económico, sentíndose moitas veces pouco valorados polos cargos públicos.

7º.- REFLEXIÓN POLÍTICA E IDEAS PARA UNHA NOVA ETAPA. Os socialistas galegos debemos facer un exercicio colectivo de reflexión política, defendendo con forza os logros acadados no goberno da Xunta pero asumindo un exercicio de autocrítica naqueles aspectos nos que non cubrimos as expectativas existentes. O cambio político do país experimentouse con menos intensidade do que a cidadanía demandaba, e houbo actuacións do goberno de coalición que o noso electorado non entendeu. A nova etapa hai que basala na reflexión e nun novo proxecto de acción política cheo de ideas e propostas.

8º.- NON DEMONIZAR OS GOBERNOS DE COALICIÓN. Pode haber pactos mal negociados, mal explicados ou mal xestionados, pero as deficiencias dunha experiencia non poden demonizar a fórmula con carácter xeral. Os novos acordos deben estar baseados na lealdade mutua pero tamén na loxica do acordo que entende quen é maioria e quen minoria.

9º.- NON ACUMULACIÓN DE CARGOS. Non consideramos convinte a acumulación de cargos porque o partido ten banquillo e ninguén é insubstituible, e apostamos por unha adecuada e progresiva renovacion de cargos.

10º.- TODOS SOMOS NECESARIOS: INTEGRACIÓN E RENOVACIÓN. Durante os tempos recentes, as cousas non se teñen feito de forma correcta, e hai compañeiros que teñen a impresión de que o o partido ten pasado a ser a casa de algúns en vez de ser a casa de todos. Temos que recuperar as nosas esencias de humildade e cercania, as nosas raices e o orgullo das nosas mellores prácticas e dos nosos mellores dirixentes e referentes de distintos tempos. Todos somos necesarios no PSdeG-PSOE para renovar e integrar ó conxunto da organización.

O socialismo galego ten que abrir unha etapa de futuro. Os socialistas pensamos que un partido vivo, activo e dinámico xera ilusión e brinda unha opción de futuro para os galegos e as galegas. Este é o reto do Congreso Extraordinario: iniciar un proceso de cambio e renovación no socialismo galego que conecte coa mensaxe da cidadanía. Como socialistas, asumimos o sentir de moitos militantes e agrupacións locais de tentar que o Congreso aposte por ese novo impulso de futuro no socialismo galego. Entre todos, podemos conseguilo.

martes, 14 de abril de 2009

Manifesto das XSG en conmemoración do 78 Aniversario da 2ª República Española

.
.

.
.

¿Acordaranse desta data os novos dirixentes da Agrupación Local de Vilalba?, ¿saberan tan sequera dela?, ¿defenderan a república como algo noso?, ¿faran algo para conmemorala data?, ¿onde está a xestión política que venderon para acaparar un poder que non exercen?.



Eu de todas formas, e para os socialistas de Vilalba que cremos na política, na república e no socialismo, publico este manifesto feito polas XSG para conmemoralo 78 aniversario da nosa querida república.



.

MANIFESTO 78º ANIVERSARIO DA II REPÚBLICA


Fai 78 anos materializáronse as esperanzas de millóns de demócratas que xamais puideran saberse donos e señores dos seus designios políticos cando o 14 de abril de 1931 España di si ó progreso e a democracia coa proclamación da II República.

A vitoria dos republicanos nas eleccións municipais celebradas dous días antes, fai comprender a Alfonso XIII que o pobo xa non quere ser reinado, abocándoo o exilio e permitindo que a II República Española se presentara como unha realidade allea a toda imposición violenta. A Comunidade Internacional admirou a lección de civismo dos/as españois, que lograban instaurar a democracia co exercicio do voto.

Dende ese momento e ata o estoupido da Guerra Civil xa non houbo pobo deste ou doutro rei, senón cidadáns. Xa non houbo máis príncipes nin princesas e si un único soberano: o pobo.
O aniversario da II República é o anual recordatorio dos nosos inescusables referentes ideolóxicos, a clave de bóveda que soporta a construción histórica do noso ideario político.

As nosas reivindicacións nunca se escoitaron tan alto como na cita electoral do ano 36. Os que coa súa dedicación comezaron o camiño da transformación dunha España obsoleta e case estamental son e serán sempre os nosos referentes más enérxicos, o paradigma da entrega e a loita pola igualdade.

A nosa organización é a testemuña de que os valores que sustentaron esta etapa preclara da nosa historia seguen latentes na sociedade. A xustiza, a liberdade, a igualdade, a fraternidade entre os pobos... son principios que impregnan o ideario político dos e das cidadáns de esquerdas, e pretender desvincular a consecución material dos mesmos do ínterim 1931-1936 é desnaturalizar as nosas reivindicacións.

No ano 1931 emprendéronse reformas que puideron converter a España en referente do progreso mundial se a vontade dos e das cidadáns nas eleccións do ano 36 non fose secuestrada e enreixada durante case corenta anos. Pero as XSG sabemos que a sociedade xa non está cega, xorda e muda, sabemos que defender os valores que sustentaron as reformas emprendidas por Azaña é defender a igualdade entre homes e mulleres, a separación entre Igrexa e Estado, a solidariedade e a pluralidade.

Por todo isto enaltecemos este acontecemento histórico como o temperán produto da dignidade democrática dos e das cidadáns, como o resultado da necesidade de progreso e xustiza.
Xuventudes Socialistas de Galicia entende que a igualdade debe facerse extensiva ata reflectirse sobre a máis alta representación do Estado, pois o noso espírito bebe dos ideais que espertaron do seu letargo ós cidadáns españois que ese 12 de abril acudiron en masa (cunha participación do 70%) a decidir sobre o seu presente, a decidir República.

Como xóvenes albergamos a esperanza de amencer nun futuro realmente xusto, no que non caiba ningunha discriminación, e igual que o 12 de abril de 1931 acudiremos ás furnas alá onde a solidariedade, a igualdade, a xustiza e o progreso precisen de nós.

Saúde e república!
.
.
.
Romance do 16 de febreiro.
(Anónimo).
.
.
Foi no ano trinta e nove,
foi no primeiro de abril,
cando a barbarie franquista
entrou ladrando en Madrid.
.
.
Ladrando contra as bandeiras
do dezaseis de febreiro
e ouveando polas calles
os seus instintos máis negros;
.
.
burlándose da República e,
con fero fanatismo,
pregoando que xa nunca
habería Socialismo.
.
.
Pero na España de Franco,
sempre ó fascismo proclive,
aínda hai xentes entre os nosos
que, pese os tempos terribles,
.
.
non perden as esperanzas,
e hai unha voz que lles di:
"Sodes soldados vencidos
dun Exército invencible"

Nestes días elaboraremos iniciativas municipais polos continuos vertidos no río da Madalena que denuncia a Asociación de Pescadores de Vilalba

.
.
.

O Grupo Municipal Socialista elaborará novas iniciativas municipais para esixir que o Goberno local do PP acabe cos vertidos incontrolados da Depuradora Municipal
.
.
.
.
.
.
Cansados de predicar no deserto cos responsables municipais para convencelos da necesidade dunha dobre canalización de augas pluviais e fecais nas rúas do casco urbán e vendo como miran para outro lado tódalas administracións encargadas de protexer o noso río da Madalena, esta semana como membro do Grupo Muinicipal Socialista canalizarei as contínuas e insistentes denuncias dos membros da Asociación de Pescadores de Vilalba para esixir que o Concello proceda a realizar as obras pertinentes ou as conquira mediante os contactos con outras administracións, para que este inferno contaminante que procede da nosa depuradora teña fin coas realización das infraestructuras necesarias para que a nosa depuradora deixe de enmerdalo todo.
















(Fotos publicadas no Blog da Asociación de Pescadores de Vilalba o día 13-04-09)

miércoles, 8 de abril de 2009

Noraboa o compañeiro e amigo Pepe Blanco

.
.
Felicidades Ministro

Dende esta pequena fiestra chairega, onde un simple concelleiro da oposición en Vilalba e membro da minoría actual no PSdeG-PSOE da nosa agrupación, conta aquelo que desexa que outros escoiten, gustaríame facerlle unha pequena homenaxe a este lucense de pro, comprometido co proxecto socialista dende a máis tierna xuventude e cunha vida adicada por completo ó noso partido que culmina cun nombramento que sen dúbida todos esperábamos.
.
.
Considero a Pepe ante todo, unha boa persoa e un bó amigo, e o valoro sobre todo por esta faceta que axuda a comprender ó éxito da personaxe que encerra o actual home forte do Partido Socialista .

Recordo moi ben cando o coñecín, apareceu na miña vida fai uns quince anos, acompañado polo meu pai na nosa casa, para falar conmigo cando eu estudiaba bacherelato, intentando involucrarme nun novo proxecto de Xuventudes Socialistas que por aqueles tempos estaban totalmente desfeitas na nosa cidade e que él como antigo militante intentaba revitalizar. Aínda que os seus intentos non fructificaron nun primeiro momento por ter todavía as miñas ideas revoltas, aquela conversación serviu para que despois me decidira a formar parte daquel proxecto e chegara a lideralo posteriormente durante moitos anos. Recordo, xa daquela, a súa capacidade para facer que os demais se ilusionasen por aquelo que che viña a mostrar e sobre todo recordo, o ben que nos tratou nos nosos comenzos como grupo organizado para tratar de asentar a nosa xoven agrupación local. Recordo como nos animaba a viaxar a Madrid para participar en cursos de formaciòn política e visualizaramos diferentes opinións con compañeiros doutras zonas geográficas, poñendo incluso o seu apartamento, ó carón do Congreso, a nosa disposición. Recordo a súa cercanía para axudarnos en todo momento sen pedir ningún tipo de contraprestación política a cambio, naqueles momentos duros de tormenta política que se vivían no partido en Lugo, e aínda que algúns todavía non o crean, nunca tratou de manipular a vontade das Xuventudes Socialistas para o seu propio interés como SºXeral do PSdeG-PSOE en Lugo e en liberdade convivíamos diferentes sensibilidades do partido na organización xuvenil sen que por elo diminuise a súa colaboración con todos nós. Recordo a súa xenerosidade e como nos deixaba todo aquelo que tiña sen máis necesidade que pedirllo, cartos do seu peto, o seu coche, cantas veces fun a Vilalba naquel Ford que él tiña, e todo aquelo que necesitásemos. Por suposto recordo como defendía ó compañeiro Jose Luis Rodríguez Zapatero e o seu proxecto, cando moitos dudaban das ideas que eles defendían e como traballou arreo nesa "nova vía" ata levalo a gañar o congreso onde se convertiría no novo Sº Organización. E como non, recordo como dende as altas esferas políticas e dende a lonxanía dos cargos que obstentou sempre tiña un momento para os seus amigos de Vilalba.

Ademais desta cercanía persoal o que máis destacaría do novo ministro é a extraordinaria capacidade para o traballo, incansable na súa dedicación política e a súa envexable intuición política que facía que en moitas ocasións quedase abraiado que en temas onde en teoría deberíamos estar máis versados os xóvenes, a súa posición fose a máis intelixente, unha vez observados os sucesos que acontecían posteriormente. Pero sen dúbida o que máis destacaría de Pepe é a súa capacidade de escoitar a todo o mundo e extraer desto o mellor de cada un e a inmensa capacidade para antepoñer os interesés do partido e os intereses do conxunto ós intereses de parte ou os seus propios, respetando tódalas opcións aínda que fosen minorías, non poñendo zancadillas os que pensaban diferente a él, e poñendo en valor a moitos cos que mantivo cruentas loitas no pasado pero que son de especial interese para o futuro do noso partido.

Por todo isto e co mérito dunha carreira forxada dende os pantalóns curtos como él adoita a dicir, a miña noraboa máis profunda e moita sorte porque traballo sei que non vai a faltar na súa nova laboura ó fronte do Ministerio de Fomento dun compañeiro e amigo da Terra Chá que segue a observar dende lonxe esta exitosa carreira de fondo.
.
.
Martín Seco García

Interesante artigo do vilalbés Antón Baamonde sobre o PSdeG, o congreso e o seu futuro

.
Pachi Vázquez, un erro

Continúa o desconcerto no PSdeG e no BNG. Noqueados, ningún dos dous sabe qué facer, nin que dirección tomar. O PSdeG parece ter máis iniciativa, pero as decisións que vai tomando constitúen un erro total, absoluto. O seu desnorte é supino. Que o seu congreso fose convocado para o 25 de Abril, apenas a mes e pico da derrota electoral, dío todo. Non hai a mínima vontade de construír un discurso, de chamar á colaboración daqueles que poderían aportar ideas para a elaboración dun programa solvente, de repartir xogo incorporando novas voces: todo se reduce, unha vez máis, a quen se apresura a tomar o poder dentro da organización.

Pachi Vázquez, como é obvio, é o candidato do aparato, dos baróns -tal vez non de todos- e de Pepe Blanco. Aínda que Vázquez aspire a lexitimarse ante as bases a súa elección está viciada de orixe. Ao congreso presentaraselle, en realidade, unha opción precociñada, coa única opción a discutir os complementos. De renovación de ideas, de talante, de xeración ou de algo, nada de nada.

O PSdeG está abrindo unha fase de grande perigo, aínda que ninguén pareza darse conta. A frivolidade é total. Seguen sen entender que os electores necesitan candidatos que non clonen os da dereita. Doutra xeración e estilo. E, por suposto, cun fondo de esquerda eficaz claro, fiable. Dise que Blanco ve nel quen cubra a cadeira mentres os ciclos políticos en España se suceden. Ao parecer, agarda ser Ministro de Fomento e despois, dependendo do horizonte, aspiraría a presentarse en Galicia.

Pero esas hipóteses a longo prazo son estúpidas. Dende logo, o PSOE ten un horizonte moi complicado, e se non sabe maniobrar con acerto pode entrar en barrena, como o SPD, o PSF e, por suposto, o infausto PSI. Hai elementos de fondo electorais -a evolución de voto en Andalucía e, en xeral, en todo o sur de España-, atmosféricos -a forza do PP en Madrid e Valencia vai máis aló da conxuntura e indica o éxito da dereitización- e erros de horizonte -custes da coalición no País Vasco e o presumible retorno de CiU, despois da incapacidade de chegar a un acordo de lexislatura- que, sumados á dilapidación do que Fermín Bouza chama espazo estratéxico poden deparar xa non a perda das eleccións, senón un seísmo de graves proporcións no PSOE e, en xeral, na esquerda española.

O certo é que no PSOE existe unha certa tendencia á supoñer que eles son un partido chamado naturalmente a gobernar, case sen facer esforzo. É unha mentalidade que provén dos felices anos oitenta, das maiorías absolutas de Felipe González. Pero... ai!! ese é un tempo que xa non volverá.

Antón Baamonde

lunes, 6 de abril de 2009

Dous delegados do noso grupo estarán no Congreso do PSdeG-PSOE en Pontevedra


Noticia de "La Voz de Galicia" 29/3/2009 :

El PSOE vilalbés elige sus delegados para el congreso gallego con tensión interna
.
.
.
.

El sector oficial, que lidera Eduardo Vidal, logra tres representantes, pero los críticos consiguen dos


El PSOE vilalbés parece sometido a convulsiones en los últimos meses. Las tensiones que empezaron con la elección de la nueva directiva de la agrupación local -con dos candidaturas en liza y con la victoria de la que encabezaba Eduardo Vidal Baamonde, actual delegado de Medio Ambiente en funciones- siguen reproduciéndose en otras citas. La elección de los delegados que representarán a la agrupación en el próximo congreso gallego supuso, según las fuentes consultadas, un nuevo episodio.

Los cinco delegados que corresponden al PSOE vilalbés reflejaron un triunfo del sector oficial: junto con Vidal fueron elegidos la concejala y diputada autonómica Sonia Verdes y Luis Fernández. Pero al mismo tiempo los contrarios a Vidal, que en días pasados no ndudaron en presentarse como sector crítico, lograron dos miembros: el concejal Martín Seco García, hijo del ex edil y ex secretario local Martín Seco Cendán, y Pedro Durán.

Según fuentes consultadas, en la asamblea, tras un debate tenso en algunos momentos, llegó a comentarse la posibilidad de presentar una lista única, que no llegó a cuajar. Los enfrentamientos verbales, protagonizados sobre todo por la candidatura perdedora de las última votación local, no han faltado en los últimos meses. Incluso el ex secretario Martín Seco Cendán llegó a pedir que la concejala Sonia Verdes no entrase en las listas de las pasadas elecciones autonómicas, petición que finalmente no fue tenida en cuenta por la dirección.

Artigo de Pablo Arangüena do Grupo Izquierda 21, minoría crecente na agrupación do PSdeG-PSOE en A Coruña

.
¿Qué PSdeG queremos?


Ibn Jaldún, filósofo e historiador Andalusí, dejó escrito que “el pasado y el futuro se parecen como dos gotas de agua”. Sabido es que Felipe González, al que por tantas otras cosas estimamos, facilitó a Manuel Fraga Iribarne un puente de plata para que este dejara Madrid y gobernara Galicia a pesar de los 28 diputados que obtuvo el también muy estimable Fernando González Laxe en 1990, lo que se tradujo en 14 años de mayorías absolutas populares en los que se sucedieron como candidatos de nuestro partido Antolín Sánchez Presedo y Abel Caballero (que tocó suelo con 15 diputados) hasta llegar a Emilio Pérez Touriño. Años de luchas fratricidas en las que desde La Coruña nuestro actual embajador en el Vaticano intentó teledirigir el partido con escasísimos (algunos, malévolos, dicen que deseados) resultados. Ser del PSdG en aquellos años tenía algo de acto de fe mientras las distintas fuerzas nacionalistas iban reduciendo su número y concentrando su organización.

Después del 1M y tras la honorable dimisión de EPT, en el PSdG parece haberse diseñado, guiado desde Ferraz, un proceso acelerado de cauterización de heridas. En menos de dos meses desde las elecciones vamos a tener asambleas en todas las agrupaciones y un Congreso Extraordinario en Pontevedra para elegir una nueva ejecutiva y un nuevo secretario general. Dos meses, en política, son muy poco tiempo si lo que se pretende es reflexionar seriamente sobre lo que ha pasado. Algo de esto se apuntó por parte de algunos (Ceferino Díaz) en el Comité Nacional celebrado en Santiago tras las elecciones.

Por ahora, la versión oficiosa consiste en culpar a EPT de haber dejado de lado al partido y de haber promovido a una casta de independientes y “académicos” con mucho título y poco perfil político (el PUI) que no han sabido vender el producto. Pero si EPT dejó de lado el partido será porque el partido se dejó apartar o porque el partido no era lo suficientemente fuerte o eficaz. A este respecto resulta ilustrativo del estado de la opinión publicada un extracto del artículo de Antón Baamonde titulado “Nos hemos vuelto exigentes” y publicado no en La Opinión ni en La Voz de Galicia sino en un medio tradicionalmente amistoso como El País el pasado 16 de Marzo:

“En realidad, el bipartito se ha derrotado a sí mismo por una gestión roma en la que el gobierno no ha tenido a bien defender sus puntos de vista, si es que los tenía. Ha sido un gobierno incompetente, dicho sea con todos los respetos.

Desde luego, alguna responsabilidad le cabe en ello a los dirigentes de ambos partidos, que no supieron ni quisieron escuchar. "El carácter es el destino" escribió Heráclito: los dos se sentían más cómodos en la gestión de las cosas que en la interpretación de los latidos del país. Les ha fallado la intuición, sin la que no puede haber un buen juicio político. Los dos se subieron a la peana con la máxima facilidad y han tenido que bajarse de ella a toda velocidad. Dicho esto, no es de recibo la reacción que han tenido sus respectivos partidos. PSdeG y BNG se han apresurado a deshacerse de los cadáveres de ambos dirigentes con demasiada facilidad y a lavarse las manos tal vez con demasiada prontitud.........

Los así llamados aparatos no pueden torcer el gesto como si la cosa no fuera con ellos. La gente que nos ha gobernado mal, la que no ha tenido coraje ni tampoco ideas, la que no ha hecho bien las cosas, es la que tienen en casa. No hemos sabido que en estos años alguien haya levantado la voz para defender otros puntos de vista, valores, sensibilidad o ideas. De hecho, los dos partidos están huérfanos de todo ello y eso es, en gran medida, la causa última del desastre electoral. Mientras no entiendan que el paladar de la Galicia de hoy es más exigente no habrán entendido nada”.

En mi modesta opinión, si el PSdG quiere tener un futuro a la altura de nuestras expectativas, tiene que evitar limitarse a dar una mano de pintura y, en vez de ello, acometer con firmeza una serie de exigencias inaplazables que resumo en las siguientes:
.
- Arriesgarse a arriesgar y olvidar el funcionariado político dejando de repetir machacona y mecánicamente consignas y eslóganes y elaborando un discurso razonado que pueda motivar a la gente. Los mítines forman parte de la política pero no son la política.
.
- Emprender una renovación que se olvide de cuotas territoriales y componendas y prime decididamente el mérito y la capacidad. El partido no puede convertirse en un sindicato de malos estudiantes.
.
- Transformar el partido en una fábrica de ideas, creando grupos sectoriales de trabajo, como mínimo, en todas las agrupaciones grandes. No podemos limitarnos a cortar y pegar ideas cada cuatro años mientras el mundo cambia aceleradamente a nuestro alrededor.
.
- Modernizar y democratizar los sistemas de gestión y dirección del partido, a nivel local y gallego. Establecer sistemas de rendición de cuentas, gestión de la información, reparto de tareas, motivación de la militancia y planes estratégicos de actuación, facilitando y promoviendo, además, la selección democrática y no la cooptación basada en la fidelidad canina.
.
- Hacer el partido permeable a la sociedad abriendo puertas y ventanas, imbricándose profundamente en todos los recovecos de la sociedad gallega, algo que, lamentablemente, han hecho mejor nuestros adversarios.Todo lo demás será, me temo, no entender lo que Galicia nos exige.
.
.
Pablo Arangüena (Izquierda 21 - A Coruña)
.
Podedes entrar no seu blog na dirección: http://www.izquierda21.blogspot.com/

Cañero o noso candidato ás Eleccións Europeas

.
Mirade o video de youtube pinchando no enlace: