lunes, 2 de marzo de 2009

Moción do Grupo Municipal Socialista sobre os 30 anos das primeiras eleccións municipais democráticas


Esta moción foi rexeitada polo Grupo de Goberno do PP, podería alguén decirme ¿porque?, se é polos gastos que se puideran ocasionar, que nós cremos que non tiña porque ser ningún, ¿porqué se gasta o que se gasta co Arzebispo ou invitando a delegación de Collado Villalba?, ¿a crise vai só por parroquias?


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


O 3 de abril de 1.979, tralo referendo maioritario da cidadanía á Constitución de 1.978, celebráronse as primeiras eleccións municipais que abriron o camiño da normalización democrática en España e á vertebración política da sociedade española.


Nos últimos anos da década dos 70, o noso país recuperaba a democracia, celebrando unhas eleccións fundamentais nas que foron escollidos libremente os/as concelleiras/as e os/as alcaldes/as de todos os concellos españois.


A masiva participación electoral, supuxo o mellor impulso ó cambio político e ó desexo de inaugurar unha nova etapa democrática na historia de España. A constitución dos primeiros concellos foi unha festa da liberdade e da democracia que demostrou a madurez da sociedade española.


Durante estes 30 anos, os Gobernos Locais das cidades e pobos, xunto coas Deputacións Provinciais, Consellos e Cabidos Insulares, melloraron significativamente o benestar social dos cidadáns, prestándolles un número importante de servizos de calidade.


Os cambios e o progreso experimentados nestes anos de democracia débense, en gran medida, ao traballo e ao esforzo dos máis de 300.000 alcaldes e concelleiras que desempeñaron as súas responsabilidades ao longo destes 30 anos. E tamén, polo apoio e a confianza dunha cidadanía comprometida co presente e co futuro das súas cidades e pobos.


A resposta dada polos Concellos ás demandas dos cidadáns foi fundamental para forxar a cohesión social, baseada na solidariedade e na igualdade.


As entidades locais lideraron a mellora da calidade dos servizos á cidadanía, do seu benestar e, en xeral, do progreso.


A proximidade aos problemas diarios da xente, os que máis afectan ás súas aspiracións e necesidades, unido ao coñecemento máis axustado do medio no que desenvolven as persoas os seus proxectos de vida, fixeron do ámbito local un espazo privilexiado para mellorar as condicións de vida dos veciños.


A consolidación dos concellos foi unha das claves do acelerado avance da democracia no noso país, converténdose nunha escola de liderado e nun importante viveiro do que se souberon nutrir despois, outras administracións públicas.


Celebrar o 30 aniversario das primeiras eleccións municipais supón festexar o triunfo dos mellores valores democráticos cos que todos nos identificamos: o diálogo, a participación, a tolerancia, o compromiso, a responsabilidade, o benestar e o progreso que se resume nunha soa palabra: DEMOCRACIA.


O municipio é por antonomasia unha escola de cidadanía, resultando ser o mellor escenario para a aprendizaxe cívica e a pedagoxía política.


Polo exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes ACORDOS:


1º.- Conmemorar o 3 de abril organizando actos institucionais para celebrar as primeiras eleccións municipais democráticas de 1979.


2º.- Distinguir o día 3 de abril como “Día de portas abertas dos concellos”.


3º.- Pactar, co consenso de todos os grupos municipais do consistorio, un manifesto municipalista conmemorativo do día 3 de abril.


4º.- Reallizar, para conmemorar esta data ao longo dos próximos meses, diferentes actividades, organizadas en colaboración co movemento asociativo do municipio, como mesas redondas, conferencias, xornadas de debate, exposicións de fotografía, etc, relacionadas coa vida e a historia democrática do concello.


5º.- Promover ao longo deste ano, entre os nenos e a mocidade, o coñecemento dos valores municipais relacionados coa tolerancia, a proximidade e a cidadanía, a través de actos a celebrar nos centros educativos, cívicos e culturais, nos que interveñan representantes de todos os grupos municipais.


6º.- Propoñer o nome “3 de abril” para unha praza, parque, avenida ou rúa do Concello, en homenaxe á data de celebración das eleccións municipais de 1979.

O PP logra a maioría absoluta en Galicia: Espéranos unha LONGA NOITE DE PEDRA


Mañá amanecerá e será outro día para reflexionar sobre o sucedido , pero hoxe a tristeza invade o noso corazonciño socialista

viernes, 20 de febrero de 2009

Coñecendo o PSdeG-PSOE de Arteixo

O outro día tiven a sorte de asisitir a un mitín-laconada que celebraban os compañeiros de Arteixo para inagurar a campaña, alí escoitamos os ánimos que nos daban a Alcaldesa: Pilar Souto, a Conselleira de Sanidade e o amigo Pepe Blanco que na entrada se sorprendeu de verme por aqueles paraxes ata que se decatou de que traballo na Refinería e atou cabos.


Pero o verdadeiramente importante para min, un auténtico descoñecido para o 99% dos militantes de Arteixo, foi a gran acollida e o extraordinariamente agradable que foron conmigo aqueles militantes deste concello, grazas sen dúbida a compañeira Rocio que fixo de magnífica anfitriona sen nada máis que coñecerme do Facebook e como non o amigo Alberto que era o único que coñecía dende as nosas vellas andanzas nas Xuventudes Socialistas de Lugo.

Como decía, quedei gratamente sorprendido por atopar a esta boa xente e ese bó ambente que sempre debería de existir entre nós os socialistas, polo que non descarto colaborar coa agrupación de Arteixo sempre que eles teñan a ben solicitar da miña colaboración e sen dúbida nós veremos no mitín do Domingo, 22 de Febreiro ás 18:30, no centro cívico que contará coa presencia de Alfonso Guerra, así que amiga Lupe colle os bártulos e vente para Arteixo.

O cartel do mitín será:

* Pilar Souto (Alcaldesa de Arteixo)
* Salvador Fernández Moreda ( Presidente da Deputación da Coruña)
* Mar Barcón ( Candidata nº1 do PSdeG- PSOE O Parlamento de Galicia)
* Alfonso Guerra
.
.
Por certo, anímovos a todos os que leedes este blog a que visitedes o blog da súa agrupación "Arteixo Progresista", tedes tamén o enlace nos blogs amigos de esta páxina:
.
.
.

Campaña de Xuventudes Socialistas de Galicia para o 1 de Marzo


Noraboa polo cartel ós amigos/as e compañeiros/as das XSG, quen puidera voltar a aqueles tempos tan mozos.
Añadir vídeo

jueves, 5 de febrero de 2009