sábado, 26 de septiembre de 2009

Por fin voume de vacacións, Ó final só asamblea extraordinaria, con lista única pactada, temos dous delegados no congreso e votación coa nariz tapada

.
Comezo por decir que dende o domingo 27 de Setembro ata o 5 de Outubro estarei ausente por unha viaxe, xa programada dende fai moitos meses, que efectuarei ca miña querida dona ás illas gregas. Procurarei telo móvil apagado polo que si alguén necesita algo de min rogo se poña en contacto cos meus pais que falarán conmigo case que tódolos días.
.
Onte se celebrou a asamblea extraordinaria porque a ordinaria se aprazou facendo caso das miñas denuncias, tamén se deixou intervir ós compañeiros antes da votación facendo tamén caso das miñas denuncias, polo que temos que felicitar a mesa da asamblea e a dirección por non entorpecer a democracía interna como noutras ocasións.
.
Dende o noso sector onte e sempre intentouse buscar unha solución os problemas internos da nosa agrupación e outra vez voltamos a dar mostras delo, nunha negociación onde lle comunicamos a Elba a nosa decisión, polo ben da agrupación, de renunciar a ir como delegados, eu mesmo que encabezaba a nosa lista e que retirei a miña candidatura , Martín Seco Cendán, Margarita de Vicente, Milagros Cazón, .... Polo outro bando só para que se visualizase a caída das duas cabezas de lista, Eduardo Vidal renunciou a ir na lista única, pero mantiveron as dúas persoas que máis ampoias causan non noso sector como son Sonia Verdes, polo seu comportamento "tan pouco fiel ata o último momento"cos seus compañeiros e Luis Fernández "Luta" que dende o noso sector, non consideramos que teña a categoría nin intelectual nin persoal suficiente para poder compartir con él espazos de decisión dentro do partido, polo que para non perxudicar a imaxe de Elba que encabezou a lista de consenso, renunciamos a romper a negociación e facer a nosa propia lista e integramos os nosos compañeiros na lista única deixando claro que así non se vai a chegar a ningún acordo posterior, se non se ten unha maior altura de miras por parte do sector oficial e se trata de mirar primeiro para o partido e non só para determinadas persoas. O balón está no seu tellado e eles como dirixentes saberán o que facer para o ben da nosa agrupación e da esquerda no noso concello.

A lista que irá o congreso, na que contamos cos compañeiros Elba Veleiro e Pedro Durán representará sen ningunha dúbida os interes do noso sector e o intento de renovación desta nova estructura provincial. Dende este desexo de renovación, animo a todos aqueles compañeiros da provincia que pensen que esta forma de facer política que xa tivo o seu momento e que representa Ricardo Varela, que den un paso a diante e se xunten nunha nova candidatura que reclame unha maior implicación dos militanteS, unha maior participación da perifería de Lugo e un partido vivo que conte cos mellores activos que ten o noso partido en Lugo.
.
Ánimo Compañeiros contades co meu apoio e o meu traballo para elo.

Moción NOITEBUS

.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Recentemente coa reapertura da Discoteca Nova Troco no noso Concello , se implementaron diversas rutas con destino Vilalba do coñecido como Noitebús, un programa de transporte nocturno subvencionado para xóves aos lugares de movida co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte aos lugares de lecer e reducir o número de accidentes os días de movida , que puxo en marcha o Goberno Bipartito da Xunta de Galicia.

Deste xeito as noites do Sábado centos de xoves procedentes de diversos lugares chegan a Vilalba utilizando o servicio do Noitebús.

Os autobuses a falta dun lugar habilitado para tal fin aparcan nas inmediacións da discoteca Nova Troco, nas rúas Avenida Terra Chá e Mondoñedo principalmente.

A Rúa Mondoñedo cun trazado en curva na confluencia coa Avenida Terra Chá , constitue un punto onde se teñen producido numerosos accidentes, e o feito de que nas noites do sábado numerosos coches e os autobuses que prestan o servicio de Noitebús , ocupen parte da calzada fai que o risco de accidentes nese tramo se incremente, e así mesmo ocasionan molestias polo rúido os veciños/as desa zona en concreto do noso Concello.

Sería necesario que o equipo de goberno do Concello de Vilalba tomara medidas ao respecto co fin de evitar riscos innecesarios, mellorar os problemas de tráfico nesa zona e evitar molestias aos veciños.

Do mesmo xeito a mesma zona, e en concreto a Rúa de Mondoñedo tal como denunciamos en repetidas ocasións dende o Grupo Municipal Socialista, é o lugar escollido por moitos transportistas para aparcar os seus camións durante os descansos na nosa vila, sobre todo durante as fins de semana , a falta dun lugar habilitado e vixiado para tal fin.


Esta situación ven a agravar os problemas de circulación na devandita rúa durante a fin de semana co consguinte incremento do risco de accidentes.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS:

Que se leven a cabo cantas medidas sexan necesarias para poñer solución aos problemas de circulación que ocasionan os vehiculos aparcados, fundamentalmente durante as fins de semana na Rúa de Mondoñedo de xeito que:

  • Se estableza un lugar de aparcamento axeitado para os autobuses que prestan o servicio de Noitebús as noites dos Sábados, establecendo un punto de recollida para os xoves que se desplanzan a Vilalba a disfrutar da movida.
  • Se incremente a presencia policial na zona en torno a Discoteca Nova Troco co fin de vixiar o cumprimento das normas de tráfico, evitar excesos de velocidade e altercados que poidan ocasionar molestias aos veciños

viernes, 25 de septiembre de 2009

Rogo para o pleno de setembro, para pedir control sobre os cans no tramo de pesca sen morte e que se habilite unha zona para o seu baño e xogo

.
Ante a afluencia de veciños que acostuman a utilizalo paseo fluvial e o río como zona de recreo para os seus cans, foron moitas as protestas que os pescadores nos comunicaron, xa que ditos cans con intencións xuguetonas, molestan e perxudican ós pescadores coas suas zambullidas e carreiras polo interior do cauce, asustando ós peixes e incluso ás veces ós propios pescadores, que pagan relixiosamente a súa licencia de pesca e un permiso diario por pescar no acotado do río Magdalena.

Como a zona é moi amplia e extensa, e a lei dí que está prohibido levar ós cans soltos, e non está no noso ánimo perxudicar ós donos de estos animais, solicitamos que o concello habilite unha zona para soltar ós cans e incluso bañalos se así o desexan.

Cremos que a mellor zona para este fin é a zona da praia fluvial, se ben a zona do parque acuático é a máis utilizada para o baño, a zona da carballeira prácticamente non se utiliza para o baño así que o Grupo Municipal Socialista presenta os seguintes

ROGOS

1-Que se habilite e sinalice , na área recreativa da praia fluvial, unha zona delimitada para a solta de cans e así poñer fin ao problema que se crea cos pescadores. Tamén rogamos sinalicen ás entradas do paseo a prohibición de levar cans soltos no traiecto que non sexa dita área.

2-Que se informe aos cidadáns de esta medida para maior comprensión e colaboración de todas e de todos.

Moción para pedir a limpeza do río Madalena

.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No mes de Maio dste ano 2009, o Grupo Municipal Socialista presentaba unha moción onde se solicitaba a realización dun plan de obras para levar a cabo a dobre canalización pluviais-fecais, a construcción dun pozo de tormentas, a colaboración coa asociación de pescadores para a limpeza da presa e o canal de alevinaxe de dita asociación, aproveitando o vaciado desta para a limpeza da Praia fluvial e a limpeza do cauce do río no seu paso polo paseo fluvial do noso concello que coincide co tramo de pesca sen norte do noso concello, moción que foi recibida co voto en contra do grupo de goberno do PP e co falso compromiso de colaboración expresado polo Delegado de Urbanismo con dita asociación que se acabou convertindo máis que nunha colaboración, nun intento por facerlle o traballo imposible a estes vilalbeses que só intentan, cuidar o lugar onde practican o deporte que aman.

Ante a solicitude de limpeza do cauce no paso polo paseo fluvial e o tramo de pesca sen morte que noutros concellos como o noso, é utilizado como reclamo turístico para que veñan outros cidadáns a visitarnos e porque non ós pescadores doutras partes da nosa xeografía que puideran achegarse a nosa vila a exercelo seu deporte, o Grupo Popular desmarcouse como se esta parte do noso concello non pertencese a Vilalba e deixando as actuacións que se puideran levar a cabo nel, a outras administracións sen preocuparse por facelos trámites pertinentes para conquerir ter un río limpo e cuidado, como se o único importante desta zona de Vilalba fose a cantidade de formigón co que enchemos a zona de esparcemento da Madalena.

Coa chegada do verán e despois do traballo incesante de dita asociación por limpar o río Madalena de porquerías e maleza que tupía o seu curso, puidemos obsevalos múltiples intentos de dita asociación porque o concello lles axudase a limpar aquelo que por infraestructura, resulta imposible para un grupo de pescadores, sen atopar por parte do Concello a mínima clase de apoio para realizar dito traballo e nin tan sequera o intento de solicitar ante a Confederación Hidrográfica e Conselleria de Medioambiente unha solicitude de limpeza de dita zona ou no seu caso un permiso para efectuala o propio concello, como fai na Praia fluvial.

Poucos días despois da Xira Campestre deste ano, a asociación de pescadores voltaba a denunciar a inactividade dos nosos gobernantes ante as múltiples basuras aparecidas no río despois desta festividade municipal e a mala imaxe que esta porquería podería mostrar do noso río e o noso concello ante a inminente celebración do Torneo de Pesca “Presidente da Xunta” que se levaría a cabo no tramo de pesca sen morte do noso concello, conquerindo só despois das denuncias da federación de pesca a retirada duns sillóns que se atopaban nestas instalacións e quedando o río nunhas condicións lamentables; o resultado pode observarse no texto que adxuntamos, publicado no blog dunha asociación de pescadores que solicitan que nunca máis se leve a cabo estes torneos en Vilalba pola mala situación e descuido no que se atopa o noso río e que debería de facer reflexionar e actuar os nosos gobernantes para non acabar de destruir un entorno tan bonito como o que se pode atopar no noso río Madalena.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

· Levar a cabo, en colaboración coa Asociación de Pescadores de Vilalba, un programa de limpeza e saneamento do río Madalena no tramo do paseo fluvial que inclue o tramo de pesca sen morte do noso Concello.

· Solicitarlle a Confederación Hidrográfica e a Consellería de Medioambiente a realización dos traballos incluidos neste programa.

· Se a resposta destas institucións fose negativa, solicitalos permisos oportunos ante a administración e proceder a realizalos traballos incluidos en dito programa ó igual que fai o concello na zona da Praia Fluvial da Madalena

jueves, 24 de septiembre de 2009

Noticia de La Voz de Galicia sobre a asamblea vilalbesa de elección de delegados ó Congreso Provincial do PSOE



La elección de delegados al congreso provincial desata más polémicas en el PSOE vilalbés (22/9/2009)

.
.
.
La elección de delegados al congreso provincial que el PSOE lucense celebrará el próximo 17 de octubre ha servido de detonante para nuevas divergencias en la agrupación local. El concejal Martín Seco, que se ha caracterizado en los últimos meses por sus posturas divergentes con la dirección local que preside Eduardo Vidal Baamonde, ha decidido encabezar una candidatura, que se presentará en la asamblea del día 24.


La concejala Margarita de Vicente lo acompaña en una lista formada por un total de cinco personas. Completan el grupo Pedro Durán, Verónica Pena y José Cornide. Por otro lado, fuentes del grupo que promueve Seco aseguraron que se había ofrecido a la dirección local la posibilidad de pactar una lista única, cuestión que, según esa parte, fue rechazada.


El sector que se enfrenta con la dirección local también la acusa de rehuir el debate interno, y por ello le pide que cambie el orden del día de la asamblea para permitir que se debata antes de la votación. El grupo de Seco advierte de que si no se cumple ese apartado, se seguirá un camino de «continuo estrangulamento» de la democracia interna.