sábado, 21 de abril de 2012

"Calvelo prometeu acabar cos realoxos e a delincuencia da zona norte de Arteixo e cada día que pasa a situación faise máis insostible en moitos barrios do noso territorio"

No pasado mes de Novembro de 2011, o noso rexidor aseguraba nos medios
de comunicación, que a partir dese momento se acabaría coa chegada de
cidadáns procedentes de realoxos chabolistas do Concello de A Coruña,
e non informaba de cales serían os mecanismos que levaría a cabo para
conseguilo, sendo desmentido ademais, pola Fundación Secretariado
Xitano ante as falsas insinuacións de compromisos desta fundación para
acabar coa chegada de membros deste colectivo ao noso concello. Dende
o Partido Socialista amosámoslle a nosa intención de colaborar co seu
goberno neste tema, e convidámolo a deixar de facer falsas acusacións
sobre o sucedido ata ese momento, e que dedicara todos os seus
esforzos en buscar solucións ante a chegada masiva e sen control
destes chabolistas aos nosas parroquias, a elaborar mecanismos de
integración social para este colectivo con moitos menores no seu
entorno e a rematar coa cada vez maior delincuencia que tíñamos que
soportar no noso concello, especialmente na zona norte de Meicende e
Pastoriza, polo aumento sustancial de personaxes dedicados ao mercado
da droga.

Dende o Grupo Municipal Socialista, atopámonos cunha simple fuxida
cara adiante, culpabilizando de tódolos problemas existentes ao
goberno anterior, que xa se mostrara contrario a política de realoxos
que levara a cabo o goberno de A Coruña ás espaldas do resto da
comarca e quedamos moi preocupados porque ademais da fuxida cara
adiante, non ofertou ningunha solución a este problema, máis que a
posta en escena dunha política de excesos de tipo mediático, para
intentar convencer aos veciños, que as nosas forzas de seguridade
pública acabaran co problema da delincuencia e a droga no noso pobo.
Pero curiosamente, cando só pasaron 5 meses dende esta bravuconada do
señor Calvelo, dende o Partido Socialista temos que denunciar como
veciños da zona norte do noso concello, chamaron moi preocupados ao
noso partido, para informarnos de que alguén, no nome dalgunha familia
pertencente ao antigo barrio de chabolas de Penamoa, quería
alquilarlle as súas propiedades para irse a vivir ao noso concello,
aparecendo de novo a política de realoxos que tanto aseguraba o señor
Calvelo que tiña rematado co seu goberno. Ademais son moitos os
veciños de Meicende e Pastoriza que están asustados polo clima de
inseguridade e de delincuencia que están a vivir dia tras día na súa
propia pel e que nas derradeiras datas medrou considerablemente.

Dende o Partido Socialista observamos nos medios de comunicación, como
nas últimas datas, o señor Negreira se reunía con representantes da
Comunidade de Madrid para asinar un convenio de colaboracíón que
mellorase a política de realoxos do Concello da Coruña, e dende o
Partido Socialista sospeitamos que sexa dito concello, quen está
primando, unha vez máis, os realoxos de ditos chabolistas de Penamoa
no noso territorio, coa silenciosa colaboración dos nosos responsables
municipais e o que máis nos preocupa e a actitude do señor Calvelo,
que en vez de dar un golpe na mesa ante dita situación, cala e agacha
a cabeza diante do mandatario coruñés, comportándose, coma sempre, tan
dócil ante os dictados do señor Negreira, aínda que estes sexan moi
perxudiciais para o noso concello.

):"O concello motivou a eliminación do Arteixo Solidario pologasto de 11.000 euros, mentres gasta preto de 20.000 euros, en saber que facer coa piscina municipal"

Dende o Grupo Municipal Socialista vimos de presentar unha moción para
o Pleno deste mes de Abril, onde solicitamos que o Pleno do Concello
acorde solicitarlle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que no ano
2013, recupere a celebración do Arteixo Solidario, tal e como se
estaba a celebrar ata este ano 2012, coa celebración de eventos
culturais, informativos, comercias e lúdicos relacionados co mundo da
solidariedade e a cooperación internacional, poñendo o centro de
atención nas ONG´s que participaban deste evento.

Non entendemos como o señor Calvelo se pode cargar unha celebración
tradicional con moitísimos anos de historia no noso concello, poñendo
de excusa o gasto de 11.000 euros, cando o grupo de goberno do Partido
Popular é unha máquina de gastar os recursos de tódolos veciños en
cuestións totalmente superfluas como a última aparecida na Xunta de
Goberno do 22 de Febreiro, onde se aproban 19.942 euros para realizar
un estudio do futuro da piscina municipal, continuando coa campaña de
gasto continuado en estudios que tratan de tapar a incapacidade de
goberno do señor Calvelo e os seus compañeiros de partido.

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos asustados da falla de
sensibilidade social deste alcalde e o seu grupo de goberno que non
atopan importante as actividades que realizan as múltiples
organizacións non gubernamentais que participaban neste evento e que
se dedican únicamente a loitar por un mundo máis xusto, por unha
sociedade que non permita que haxa lugares onde a xente morra de fame
e non teña médico ao que acudir, nin actividade coa que manter a súa
vida con dignidade. Tendo en conta ademais que estas ONG´s están a
vivir unha profunda crise de superviviencia, derivada do recorte que o
Partido Popular, tanto a Xunta de Galicia inicialmente, como o goberno
do estado, cun recorte de máis de 1.400 millóns de euros no presuposto
adicado á Cooperación Internacional, están a aplicar cunha
irresponsable austeridade que lle costa a vida a moitos habitantes
deste planeta.

Así mesmo estamos moi ofendidos polo comportamento irresponsable dos
nosos dirixentes ao atoparnos como na celebración da gala solidaria do
sábado, os membros deste grupo non foron invitados á celebración e
cando algún dos nosos concelleiros chegou ata a porta do Centro Cívico
non puido acceder por estar tódalas prazas ocupadas, tendo no seu
interior sillóns reservados para as autoridades locais que quedaron
baleiros .

Dende este grupo non nos rendimos e esperamos que recapaciten e o ano
que ven voltemos a celebrar, con máis folgos se cabe, este evento de
tanta importancia para a sociedade como é o Arteixo Solidario.

"A falla de iluminación na zona onde se situan as instalacíónsmunicipais da Avenida de Arsenio Iglesias, está a causar problemas deinseguridade cidadá nos nosos veciños"

A falla de iluminación existente no tramo da Avda de Arsenio Iglesias,
que vai dende a Avda de Caión ata despois da Piscina Municipal, fai
que moitos cidadáns do noso Concello que participan en actividades que
se celebran nas instalacións municipais existentes nesta rúa, estén
preocupados e asustados pola inseguridade cidadá que están a vivir
dende fai xa moitas datas.

Non sabemos a que está esperando o señor Calvelo, que pertence o Grupo
de Goberno do Partido Popular na Deputación da Coruña, para esixir que
se amañe de inmediato esta situación que tan preocupados ten a algúns
cidadáns do seu concello.

Ademais xa foron varios os veciños que observaron actuacións
delictivas nesta rúa ante a falla de iluminación, como o vaciado de
combustible de vehículos estacionados en dita rúa, así como as
actuacións vandálicas que se sufriron en varias ocasións nas
instalacións da garderia municipal.

Dende o Grupo Municipal Socialista faremos chegar a nosa preocupación
ao Pleno Municipal deste mes de Abril e aproveitaremos para
solicitarlle ao noso alcalde, que ademais do amaño inmediato desta
avería, solicite un aumento de iluminación para esta avenida, xa que
resulta insuficiente nunha zona de moito movimento de cidadáns polo
uso das instalacións municipais que nalgún caso son xóvenes menores de
idade que en inverno ven como a media tarde faise a noite e circulan
con medo por unha rúa con moi pouca iluminación.

miércoles, 18 de abril de 2012

“ O señor Calvelo segue sen tomar ningunha medida, ante a deficiente situación do servizo de axuda no fogar e non convoca á oposición ata o luns 23 de Abril”



Dende o Grupo Municipal Socialista, despois de solicitalo por escrito, xa fai algunhas datas, esperamos con inquietude a reunión da xunta de portavoces, convocada para o luns 23 de Abril na que o goberno deberá informar sobre a situación do servizo de Axuda no Fogar, despois de que a empresa concesionaria “Galicia Saudade”, anunciase o despido de dous traballadoras e a redución de xornada de outras oito, como informaron os representantes dos traballadores.

Neste momento que os cidadáns estamos a vivir unha profunda crise, dende o concello temos que ter especial coidado neste tipo de servizos que son prioritarios para o noso parecer e que o Partido Popular tamén anunciara como tal, pero nos atopamos con que ata o momento as melloras que anunciou no servizo, resultaron falsas, posto que a atención básica que dependente do Concello, a reduciron nun 50%, e non deron altas dende a súa chegada ao goberno do Concello, paralizando a lista de espera que segundo os representantes dos traballadores conta con polo menos 40 solicitudes, chegando á situación de que a empresa anuncie despidos e plantexe reducións de xornada para as súas traballadoras, ademais de non estar cumprindo co prego de condicións, levando a cabo o servizo tamén nas fins de semana.

Por outra parte, voltaremos a solicitar explicacións de como se aprobou un prego de condicións, cun prezo por hora tan baixo, que fixo imposible que máis empresas se presentasen ó concurso e só Galicia Saudade aceptara unha prezo que nos consideramos “temerario” e que acaba repercutindo na calidade do servizo e nas condicións laborais das traballadoras da empresa. Unha empresa que voltamos a repetir que foi sancionada de gravedade pola inspección de traballo na Provincia de Pontevedra e lle foi retirado o servizo neste memso territorio, ademais das continuas denuncias que as súas traballadoras están a presentar no concello de Sada, con motivos idénticos aos do noso concello, ¿A que foi debido este temerario prezo marcado no prego de condicións?, ¿porque o Concello deixou un local municipal a dita empresa ata que foi denunciado en pleno polo Partido Socialista?, ¿Sabia o concello que con este prezo sería imposible cumprir o prego de condicións?. ¿Cales son as medidas que vai a tomar?, ¿Vai a tomar medidas ante o incumplimento do contrato e as reiteradas denuncias das traballadoras?, Asesorouse legalmente para iniciar un procesor sancionador a esta empresa? Estas preguntas e outras son as que deberán contestar os noso dirixentes que deben de tomar iniciativa e deixar de botar balóns fora como se este non fora un servizo municipal.

viernes, 13 de abril de 2012

O PP do señor Calvelo en Arteixo elimina o Arteixo solidario tal e como estaba concebido


Dende o Grupo Municipal Socialista queremos denunciar a desnaturalización do denominado ARTEIXO SOLIDARIO e eliminación deste evento como estaba concebido nas anteriores edicións, nas que contaba cunha extensa e cada vez máis completa programación de actividades dedicadas á SOLIDARIEDADE, a cooperación internacional, o cemercio xusto, o respecto entre razas e culturas, con actividades informativas, recaudatorias e festivas durante toda unha fin de semana.


A situación actual das organización sgubernamentais que se dedican se ánimo lucrativo a loitar por un mundo máis xusto, por unha sociedade que non permita que haxa lugares onde a xente morra de fame e non teña médico ao que acudir, nin actividade coa que manter a súa vida con dignidade, están a vivir unha profunda crise derivada do recorte que o Partido Popular, tanto a Xunta de Galicia inicialmente, como o goberno do estado, cun recorte de máis de 1.400 millóns de euros no presuposto adicado á Cooperación Internacional, están a aplicar cunha irresponsable austeridade que lle costa a vida a moitos habitantes deste planeta.

Só con dar un pequeno paseo pola rede podemos atopar estes comentarios tan agradecidos e motivados pola celebración deste evento por parte de ONG´S participantes:

MIRADAS AL MUNDO: http://miradasalmundo-experiencias.blogspot.com.es/2011/04/miradas-en-arteixo-solidario.html "Ayer fuimos invitados como asociación en "Arteixo Solidario".Estuvimos todo el día con el puesto de Miradas y con la ayuda de nuestras socias y voluntarias mas jóvenes, Miranda y Alicia vendiendo cuentos donados por una editorial, zapatillas, cremas...
El día fue agotador pero estamos muy contentas, se juntaron 210 euros, con lo que tenemos casi para un máquina de coser...hoy no podemos asistir pues tenemos comida solidaria en la Casa de Aragón con el fin de conseguir el dinero para construir un pozo...ya os contaremos"

EQUUSZEBRA: http://www.equuszebra.es/noticias/ver/es/xiii-arteixo-solidario/455 "Este sábado, tres voluntariosos y esforzados trabajadores de EZ se fueron a Arteixo Solidario. El entorno era realmente maravilloso: el paseo fluvial, donde hay una especie de laguito relajante, con aves varias, tipo patos; arbolillos, cantos de grillos y cigarras...

Era día de feria, de mañana, por lo que la afluencia de público fue importante. Quesos, chorizos, vinitos, empanadas, churritos, rosquillas, filloas; gaiteiros, pandereteiras, sesión vermú con organillo; artículos de piel, fajas, refajos, mandilones, batas...

Por la tarde, la cosa fue más tranquila. Aun así, tuvimos nuestro récord de recaudación, entre ventas y donaciones. Muy buena organización, con personal amable y servicial. Y ambiente agradable.  Ha sido un gustazo haber estado. Ojalá todos los eventos a los que acudimos fuesen, como mínimo, de este estilo."

Dende o Partido Socialista non entendemos que nun Concello que estase a permitir gastos superfluos, incrementos de dedicacións exclusivas, e subvencións a todos aqueles que a solicitan, que non se poidan permitir o gasto menor que supón a celebración dunha actividade coma esta, coa mala disculpa de decir que se va a dedicar a emerxencia social, posto que o Arteixo Solidario é moi necesario nun pobo, onde convivimos tantas nacionalidades diferentes e na que temos que primar a convivencia e o respecto mutuo e que debería de seguir sendo millorado ano tras ano para convertirse nun referente a nivel autonómico e porque non nacional.

Neste Pleno do mes de Abril presentaremos iniciativas para que o ano que ven volte a desenrolar as actividades para as que estaba cocenbido.