viernes, 29 de junio de 2012

Bernardo García in memoriam por Pepe Chao (ano 97)

O tío Bernardo acostumaba a mandarme escritos, fotos e curiosidades ao mail.
No ano 2009 envioume esta carta de presentación do seu bó amigo Pepe Chao, datada no ano 1997 e que gardara porque lle gustaba moito, decíame que a gardara na sua memoria e agora quero compartila con todos vós.

sábado, 16 de junio de 2012

Carta a Bernardo


Meu ben querido Bernardo.

Son Antón, un de tantos Antóns cos que nos agasallabas con esas doces e críticas verbas dende a túa carta semanal na radio en compaña de Carmen.

Xa ves amigo, collíchesme fora atendendo unhas cuestións de médicos e non puiden asistir a túa despedida, pero aproveito este medio que tanto levamos utilizado durante estes anos pasados para facerte chegar as miñas verbas.

Dixéronme que se formara un auténtico Concilio pastoral en Vilalba, da cantidade de curas que desexaron acompañarte na túa derradeira misa na parroquia de Santa María, e que ata o teu amigo, o valente e discordante Andrés Torres Queiruga, oficiou o funeral ao carón do excelentísmo Bispo de Mondoñedo, dende logo, amigo Bernardo, a túa capacidade de pacificar acompáñate ata no descanso. Seica este Bispo palentino, esforzouse por dicir a misa en Galego como a ti te gustaba, pero seica esqueceu que os seus xefes no Vaticano xa aboliran o purgatorio, ¡cousas teñen estes señores da xerarquía católica que nin tan sequera se poñen de acordo con eles mesmos! Este detalle fai que me recorde como compartín contigo o momento de elección deste Papa actual e como a túa faciana recollía nese instante, a fonda desilusión, por non ter elixido a un representante dunha igrexa máis moderna e máis aberta, seguro que ese día non a tardar en chegar.

Sei que foron uns últimos dous meses moi difíciles e que o sufrimento acompañoute neste derradeiro viaxe, pero tamén sei que estiveches sempre rodeado daquelas persoas que máis amabas, a túa nai Maruja, os teus irmáns e sobriños e moitos amigos que non deixaron de acompañarte na túa enfermidade. Sei que a familia, no teu nome, quería agradecerlle a todas aquelas persoas que te acompañaron as súas palabras de amizade e consolo, o teu grupo de irmáns, os teus compañeiros da Igrexa, os teus compañeiros de Facultade de Empresariais, onde deixas un fondo espazo, e de toda a Universidade de Santiago, os compañeiros de Irimia, Encrucillada, ese IESCHA que soñastes co teu amigo Chema e que hoxe e referencia da cultura e da tradición da nosa comarca, ese Ferrol Vello que tanto amabas, os teus feligreses da Parroquia do Socorro, as túas nenas cantoras que poñen música a túa vida e que non deixaron de acompañarte en toda aquela celebración onde estiveses presente, e sei que teñen unha especial consideración pola constante e preocupada compaña nestes últimos momentos do teu amigo Paulo, da agarimosa Teresa e do teu irmán da alma e compañeiro de tertulias Manu.

Son moitas as cousas que nos lembran a túa imaxe, ese París do maio do 68 que marcou o teu xeito de vivir, os teus sensibles versos, os teus escritos, as túas cancións. Pero lonxe da túa gran capacidade intelectual e do teu fondo amor pola nosa terra, cultura e a nosa lingua que a todos nos ensinaches a amar, quería recordar a faceta humana do amigo e veciño que sabe escoitar, que sabe acompañar, que ten sempre unha verba de alivio, que sabe dar un sabio consello a quen o necesita e que ten un fino humor e un doce sorriso para aquel que se lle achega. Ese sacerdote que daba a vida polos máis e que non tiña absolutamente nada máis que o amor e a súa dedicación aos pobres e desfavorecidos da súa parroquia. Ese cura que soñaba cunha igrexa aberta, a nosa cultura, a sociedade e a modernidade. Ese pai que soñaba e desexaba un mundo mellor e máis xusto.

Sei que te considerabas como o sereno da nosa vila, e que paseando polas súas rúas recollías as lembranzas, as alegrías e os desacougos daqueles que te atopabas polo camiño e por iso a túa presencia nas nosas rúas non será esquecida con facilidade. Esperemos que eses que levan mandando toda a vida no noso concello, teñan un pequeno recordo da túa imaxe devolvéndote dalgún xeito ter levado o nome da nosa vila por tódolos recunchos da nosa terra.

Sen mais amigo Bernardo, recibe unha eterna aperta de descanso do teu amigo Antón que non te esquecerá.

Antón


sábado, 21 de abril de 2012

"Calvelo prometeu acabar cos realoxos e a delincuencia da zona norte de Arteixo e cada día que pasa a situación faise máis insostible en moitos barrios do noso territorio"

No pasado mes de Novembro de 2011, o noso rexidor aseguraba nos medios
de comunicación, que a partir dese momento se acabaría coa chegada de
cidadáns procedentes de realoxos chabolistas do Concello de A Coruña,
e non informaba de cales serían os mecanismos que levaría a cabo para
conseguilo, sendo desmentido ademais, pola Fundación Secretariado
Xitano ante as falsas insinuacións de compromisos desta fundación para
acabar coa chegada de membros deste colectivo ao noso concello. Dende
o Partido Socialista amosámoslle a nosa intención de colaborar co seu
goberno neste tema, e convidámolo a deixar de facer falsas acusacións
sobre o sucedido ata ese momento, e que dedicara todos os seus
esforzos en buscar solucións ante a chegada masiva e sen control
destes chabolistas aos nosas parroquias, a elaborar mecanismos de
integración social para este colectivo con moitos menores no seu
entorno e a rematar coa cada vez maior delincuencia que tíñamos que
soportar no noso concello, especialmente na zona norte de Meicende e
Pastoriza, polo aumento sustancial de personaxes dedicados ao mercado
da droga.

Dende o Grupo Municipal Socialista, atopámonos cunha simple fuxida
cara adiante, culpabilizando de tódolos problemas existentes ao
goberno anterior, que xa se mostrara contrario a política de realoxos
que levara a cabo o goberno de A Coruña ás espaldas do resto da
comarca e quedamos moi preocupados porque ademais da fuxida cara
adiante, non ofertou ningunha solución a este problema, máis que a
posta en escena dunha política de excesos de tipo mediático, para
intentar convencer aos veciños, que as nosas forzas de seguridade
pública acabaran co problema da delincuencia e a droga no noso pobo.
Pero curiosamente, cando só pasaron 5 meses dende esta bravuconada do
señor Calvelo, dende o Partido Socialista temos que denunciar como
veciños da zona norte do noso concello, chamaron moi preocupados ao
noso partido, para informarnos de que alguén, no nome dalgunha familia
pertencente ao antigo barrio de chabolas de Penamoa, quería
alquilarlle as súas propiedades para irse a vivir ao noso concello,
aparecendo de novo a política de realoxos que tanto aseguraba o señor
Calvelo que tiña rematado co seu goberno. Ademais son moitos os
veciños de Meicende e Pastoriza que están asustados polo clima de
inseguridade e de delincuencia que están a vivir dia tras día na súa
propia pel e que nas derradeiras datas medrou considerablemente.

Dende o Partido Socialista observamos nos medios de comunicación, como
nas últimas datas, o señor Negreira se reunía con representantes da
Comunidade de Madrid para asinar un convenio de colaboracíón que
mellorase a política de realoxos do Concello da Coruña, e dende o
Partido Socialista sospeitamos que sexa dito concello, quen está
primando, unha vez máis, os realoxos de ditos chabolistas de Penamoa
no noso territorio, coa silenciosa colaboración dos nosos responsables
municipais e o que máis nos preocupa e a actitude do señor Calvelo,
que en vez de dar un golpe na mesa ante dita situación, cala e agacha
a cabeza diante do mandatario coruñés, comportándose, coma sempre, tan
dócil ante os dictados do señor Negreira, aínda que estes sexan moi
perxudiciais para o noso concello.

):"O concello motivou a eliminación do Arteixo Solidario pologasto de 11.000 euros, mentres gasta preto de 20.000 euros, en saber que facer coa piscina municipal"

Dende o Grupo Municipal Socialista vimos de presentar unha moción para
o Pleno deste mes de Abril, onde solicitamos que o Pleno do Concello
acorde solicitarlle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que no ano
2013, recupere a celebración do Arteixo Solidario, tal e como se
estaba a celebrar ata este ano 2012, coa celebración de eventos
culturais, informativos, comercias e lúdicos relacionados co mundo da
solidariedade e a cooperación internacional, poñendo o centro de
atención nas ONG´s que participaban deste evento.

Non entendemos como o señor Calvelo se pode cargar unha celebración
tradicional con moitísimos anos de historia no noso concello, poñendo
de excusa o gasto de 11.000 euros, cando o grupo de goberno do Partido
Popular é unha máquina de gastar os recursos de tódolos veciños en
cuestións totalmente superfluas como a última aparecida na Xunta de
Goberno do 22 de Febreiro, onde se aproban 19.942 euros para realizar
un estudio do futuro da piscina municipal, continuando coa campaña de
gasto continuado en estudios que tratan de tapar a incapacidade de
goberno do señor Calvelo e os seus compañeiros de partido.

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos asustados da falla de
sensibilidade social deste alcalde e o seu grupo de goberno que non
atopan importante as actividades que realizan as múltiples
organizacións non gubernamentais que participaban neste evento e que
se dedican únicamente a loitar por un mundo máis xusto, por unha
sociedade que non permita que haxa lugares onde a xente morra de fame
e non teña médico ao que acudir, nin actividade coa que manter a súa
vida con dignidade. Tendo en conta ademais que estas ONG´s están a
vivir unha profunda crise de superviviencia, derivada do recorte que o
Partido Popular, tanto a Xunta de Galicia inicialmente, como o goberno
do estado, cun recorte de máis de 1.400 millóns de euros no presuposto
adicado á Cooperación Internacional, están a aplicar cunha
irresponsable austeridade que lle costa a vida a moitos habitantes
deste planeta.

Así mesmo estamos moi ofendidos polo comportamento irresponsable dos
nosos dirixentes ao atoparnos como na celebración da gala solidaria do
sábado, os membros deste grupo non foron invitados á celebración e
cando algún dos nosos concelleiros chegou ata a porta do Centro Cívico
non puido acceder por estar tódalas prazas ocupadas, tendo no seu
interior sillóns reservados para as autoridades locais que quedaron
baleiros .

Dende este grupo non nos rendimos e esperamos que recapaciten e o ano
que ven voltemos a celebrar, con máis folgos se cabe, este evento de
tanta importancia para a sociedade como é o Arteixo Solidario.

"A falla de iluminación na zona onde se situan as instalacíónsmunicipais da Avenida de Arsenio Iglesias, está a causar problemas deinseguridade cidadá nos nosos veciños"

A falla de iluminación existente no tramo da Avda de Arsenio Iglesias,
que vai dende a Avda de Caión ata despois da Piscina Municipal, fai
que moitos cidadáns do noso Concello que participan en actividades que
se celebran nas instalacións municipais existentes nesta rúa, estén
preocupados e asustados pola inseguridade cidadá que están a vivir
dende fai xa moitas datas.

Non sabemos a que está esperando o señor Calvelo, que pertence o Grupo
de Goberno do Partido Popular na Deputación da Coruña, para esixir que
se amañe de inmediato esta situación que tan preocupados ten a algúns
cidadáns do seu concello.

Ademais xa foron varios os veciños que observaron actuacións
delictivas nesta rúa ante a falla de iluminación, como o vaciado de
combustible de vehículos estacionados en dita rúa, así como as
actuacións vandálicas que se sufriron en varias ocasións nas
instalacións da garderia municipal.

Dende o Grupo Municipal Socialista faremos chegar a nosa preocupación
ao Pleno Municipal deste mes de Abril e aproveitaremos para
solicitarlle ao noso alcalde, que ademais do amaño inmediato desta
avería, solicite un aumento de iluminación para esta avenida, xa que
resulta insuficiente nunha zona de moito movimento de cidadáns polo
uso das instalacións municipais que nalgún caso son xóvenes menores de
idade que en inverno ven como a media tarde faise a noite e circulan
con medo por unha rúa con moi pouca iluminación.