jueves, 23 de julio de 2009

Os concelleiros Seco e De Vicente non estamos dacordo con certa información filtrada por alguén a "El Progreso" e que foi publicada hoxe

.
.
.












Despois de ler a información aparecida no diario "El Progreso" hoxe Xoves día 23 de Xullo, na que trala denuncia do GMS dos vertidos da Depuradora do Martes, se insinúa a posibilidade de que os traballadores da Depuradora abrisen "non sei que comportas" para deixar sair toda a porquería ó río Madalena.
.
Queremos demostrar o noso máis rotundo rexeitamento a estas declaracións, posto que non dudamos nin unha pizca da profesionalidade dos traballadores de "Espina e Delfín" e ademais a persona que filtrou esta infirmación a dito diario descoñece por completo o funcionamento dunha EDAR deste tipo, porque non sabe de que comportas está a falar, xa que a chegada de porquería con moitos sólidos ó cauce do río, sucede sempre tras épocas sen chuvía nas que se acumulan sólidos, graxas, deterxentes e todo tipo de porquerías no sistema de sumideiros, que cunha forte tromba e tendo en conta que a depuradora non pode co caudal entrante, alivia parte da ríada directamente ó rio, sen necesidade de abrir ningún tipo de comporta "ficticia" que encha o río de porquería.
.
Polo que queremos deixar moi claro que este tipo de informacións falsas e infundadas e moito máis sen ningún tipo de proba do que se denuncia, poidendo facerlle moito dano persoal ós traballadores dunha empresa que se están a gañar un salario honradamente, non é o noso tipo de forma de actuar nin o será nunca.

No hay comentarios: