martes, 10 de abril de 2012

O PP de Arteixo permite que INDITEX faga obras sen licencia á vista de todos, ¿¿¿¿IGUALDADE DE TRATO????


“O señor Calvelo publicita un novo departamento de disciplina urbanística, para logo permitir que os poderosos realicen obras á vista de todos, sen obter a licencia de obra para poder facelo”



Dende o Grupo Municipal Socialista, solicitamos o 7 de Marzal de 2012, poder visualizar o expediente de construcción dunhas instalacións que se estabana realizar na parcela onde se situaban antigamente as dependencias de Dragados, fronte as instalacións da estación da ITV do Polígono de Sabón, sen obter resposta por parte do goberno local do PP, ata que o 23 de Marzal aproveitando a visita ás dependencias de urbanismo para revisar o expediente do Polígono de Suevos, invocamos o silencio administrativo para poder revisar dito expediente, que tras unha paciente espera poidemos examinar.

A nosa sorpresa foi atoparnos cun expediente en trámite para a construción dun aparcamento de camións para INDITEX S.A., pendiente todavía dun informe da Xunta de Galicia e polo tanto sen licencia para poder desenrolar as obras que alí estaban case que rematadas, e que comezaban a ter actividade como se pode observar a día de hoxe coa presencia de camións no seu recinto.

Dende esta data, ata o día de hoxe, case que transcurriron 10 días e o concello non fixo nada para non permitir que esta gran empresa efectue obras ao seu antoxo sen ter todavía licencia para poder facelo, polo que dende o Grupo Municipal Socialista enviamos un escrito para denunciar esta situación e que se tomen as medidas oportunas para reestablecer a legalidade e solicitamos poder visualizar o expediente das obras de ampliación que está realizando na súa parcela para asegurarnos que neste caso están realizandoas coa preceptiva licencia urbanística.

Dende o noso grupo non estamos en contra de que esta empresa tan importante, amplie ás suas instalacións e construa un aparcamento de camións que seguro que será beneficioso para o noso polígono, é máis, agradecemos como cidadáns deste concello, que así o faga. O que non estamos dispostos a aceptar é que non respete a legalidade e os plazos de espera como todo fillo de veciño para poder levar a cabo as obras que teñan planificado e non entendemos a debilidade dos nosos dirixentes doblándose aos intereses dos poderosos permitíndolle a esta empresa que leve a cabo obras sen ter licencia para poder facelas, con actuacións que logo poderían traer consigo problemas para os nosos adiministrados, e nos preguntamos trala presentación deste departamento de disciplina urbanística se para o Partido Popular haberá unha disciplina para os ricos e outra para os pobres como así parece que están a actuar o señor Calvelo e os seus compañeiros.

No hay comentarios: