martes, 10 de abril de 2012
Stand de Comercio Xusto na Feira do Queixo de San Simón do 7 e 8 de Abril de 2012
Durante a Feira do Queixo de San Simón, os días 7 e 8 de Abril de 2012, o Foro Vilalbés de Debate e Cooperación “Martín Seco Cendán” levando a cabo o acordo de colaboración que ten coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia, instalou un ano máis, un stand de comercio xusto no recinto de celebración da feira sito na Praza da Constitución, alí os vilalbeses poderán mercar productos de comercio xusto, é dicir, obtidos dunha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que os productores e consumidores obteñen a garnatía de producción basada no respecto ós dereitos humáns e no desenvolvemento autosostible.
Desexabamos ademais, agradecer unha vez máis Asociación de Queixeiros de San Simón a organización deste evento, favorecendo as facilidades que lle dan a esta organización para participar nesta feira, dun producto tan importante para a nosa terra como é o Queixo de San Simón que baixo o noso parecer é un dos mellores embaixadores que temos na nosa comarca.
O PP de Arteixo permite que INDITEX faga obras sen licencia á vista de todos, ¿¿¿¿IGUALDADE DE TRATO????
“O señor Calvelo publicita un novo departamento de disciplina urbanística, para logo permitir que os poderosos realicen obras á vista de todos, sen obter a licencia de obra para poder facelo”
Dende o Grupo Municipal Socialista, solicitamos o 7 de Marzal de 2012, poder visualizar o expediente de construcción dunhas instalacións que se estabana realizar na parcela onde se situaban antigamente as dependencias de Dragados, fronte as instalacións da estación da ITV do Polígono de Sabón, sen obter resposta por parte do goberno local do PP, ata que o 23 de Marzal aproveitando a visita ás dependencias de urbanismo para revisar o expediente do Polígono de Suevos, invocamos o silencio administrativo para poder revisar dito expediente, que tras unha paciente espera poidemos examinar.
A nosa sorpresa foi atoparnos cun expediente en trámite para a construción dun aparcamento de camións para INDITEX S.A., pendiente todavía dun informe da Xunta de Galicia e polo tanto sen licencia para poder desenrolar as obras que alí estaban case que rematadas, e que comezaban a ter actividade como se pode observar a día de hoxe coa presencia de camións no seu recinto.
Dende esta data, ata o día de hoxe, case que transcurriron 10 días e o concello non fixo nada para non permitir que esta gran empresa efectue obras ao seu antoxo sen ter todavía licencia para poder facelo, polo que dende o Grupo Municipal Socialista enviamos un escrito para denunciar esta situación e que se tomen as medidas oportunas para reestablecer a legalidade e solicitamos poder visualizar o expediente das obras de ampliación que está realizando na súa parcela para asegurarnos que neste caso están realizandoas coa preceptiva licencia urbanística.
Dende o noso grupo non estamos en contra de que esta empresa tan importante, amplie ás suas instalacións e construa un aparcamento de camións que seguro que será beneficioso para o noso polígono, é máis, agradecemos como cidadáns deste concello, que así o faga. O que non estamos dispostos a aceptar é que non respete a legalidade e os plazos de espera como todo fillo de veciño para poder levar a cabo as obras que teñan planificado e non entendemos a debilidade dos nosos dirixentes doblándose aos intereses dos poderosos permitíndolle a esta empresa que leve a cabo obras sen ter licencia para poder facelas, con actuacións que logo poderían traer consigo problemas para os nosos adiministrados, e nos preguntamos trala presentación deste departamento de disciplina urbanística se para o Partido Popular haberá unha disciplina para os ricos e outra para os pobres como así parece que están a actuar o señor Calvelo e os seus compañeiros.
Troco na Xunta de Goberno Local para repartir asignacións entre os concelleiro do PP
“O señor Calvelo reparte irresponsablemente soldos e dedicacións exclusivas entres os seus compañeiros de partido, mentres o Partido Popular difunde un falso discurso de austeridade, ademais condiciona o funcionamento do concello con finalidade únicamente retributiva e non de traballo”
Dende o Grupo Municipal Socialista, estamos avergoñados das medidas que o señor Calvelo está a tomar dende a súa chegada ao concello en materia de salarios para os concelleiros de goberno, comezamos a lexislatura cun discurso de austeridade que decía que non farían máis gasto neste concepto que o anterior grupo de goberno, para ir aumentando exponencialmente as dedicacións exclusivas e o gasto en concepto de órganos de goberno do grupo do Partido Popular para o Concello de Arteixo.
É decir, comezamos a lexislatura mentindolle aos cidadáns, xa que aumentaron ditas retribucións, establecendo catro dedicacións exclusivas, a do alcalde a da concelleira de economía, a do concelleiro de urbanismo, e a do concelleiro de emprego, contrataron duas personas como persoal de confianza, e meteron pola porta de atrás, un contrato astronómico para contratar a unha persona que se dedicase a relación cos medios de comunicación. Ao mesmo tempo observamos como entre os membros da Xunta de Goberno non estaba incluido o Concelleiro de Urbanismo, nin o de Emprego cando este órgano é quen toma as decisións na maioría de asuntos do Concello, incluidos os urbanísticos, ¿cal era o motivo?, que asistiran outros concelleiros con menos implicación política pero cos que hai que repartir os 200 euros semanais que supon a asistencia a este órgano de goberno. Unha vez pasou o tempo, apareceu a dedicación do señor Merelas, concelleiro de medioambiente, que ademais ven acompañada no pleno de hoxe, doutro cambio na Xunta de Goberno, que inclue a partir de agora nela a Fina Zas para que deixe de participar o seu compañeiro Victor Merelas, que como ten dedicación exclusiva deixaría de cobrar as asistencias a dito órgano, unha decisión completamente incomprensiblemente dende o punto de vista político, posto que un concelleiro como éste, que debería de estar nos órganos decisorios como é esta Xunta de Goberno, trócase por outra compañeira, co único motivo de repartir os 200 euros semanais de dieta, que ten asignado dito órgano.
Tamén asistimos a gastos completamente irresponsables que os membros do Partido Popular non efectuarían se os cartos saisen dos seus bolsillos, como sillas de coste estratosférico para o concelleiro de urbanismo, ipad´s para o concelleiro de persoal, novas liñas de datos para os concelleiros do PP, viaxes a FITUR para dous concelleiros, máis teléfonos móviles sen límite de gasto,...
Por outra banda, resulta vergonzoso ver como os membros do goberno, se reparten as asistencias ás mesas de contratación que na anterior lexislatura estaban formadas por técnicos, excepto na súa presidencia e que agora as ocupan os concelleiros do Partido Popular, perdendo capacidade técnica e de control das decisións a tomar nas contratacións do concello, única e exclusivamente, para que os membros do Partido Popular cobren os 200 euros por asistencia que ten asignada dita mesa, co perigo que ten este tipo de decisións paras arcas do Concello, cando se deciden contratacións de moitos miles de euros con xente que non está preparada para tal fin. Ademais, como só se poden cobrar duas mesas de contratación mensualmente, asistimos a un troco de cromos continuo de concelleiros do Partido Popular que entran e saen, cada duas celebracións para deixarlle o sitio a outro compañeiro que poida lucrarse con tal acción, sen ter en conta en ningún momento, a importancia dun órgano coma éste que examina e otorga os contratos deste concello.
Non é de recibo que se lle esté a lanzar unha mensaxe de austeridade coas contas públicas aos cidadáns, que o están a pasar moi mal coa crise económica, para logo atoparnos con este gasto irresponsable e inxustificado que realiza o Partido Popular coas contas públicas co único motivo de repartir cartos entre os seus ediles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








