lunes, 25 de abril de 2011

A mañá do sábado 30 de Abril, terán lugar os actos na memoria do finado político vilalbés Martín Seco Cendán que organiza o Foro Vilalbés de Debate e Cooperación e o Concello de Vilalba



• Os actos comezarán ás 12 da mañá na rúa Mato Vizoso, na casa onde naceu Martín Seco Cendán, onde actualmente ten parte das instalacións o “Mesón do Campo”. Alí se levará a cabo o acto institucional onde tomarán a palabra:

o Margarita de Vicente Mato: Secretaria do Foro Vilalbés de Debate e Cooperación

o Gerardo Criado Guizán : Excmo Alcalde de Vilalba

Posteriormente o Excelentísmo Alcalde de Vilalba, procederá a descubrir a placa que o Concello coloca na casa onde naceu o homenaxeado para o recordo dos seus veciños, amenizada con música tradicional galega.


• Os actos continuarán no entorno do Muíño do Rañego, no lugar onde a familia de Martín Seco Cendán ten prantado un Carballo na sua memoria, alí o Vicepresidente do Foro Vilalbés de Debate e Cooperación, Suso Trastoy descubrirá o monolito que esta organización encargou con fondos recollidos de doazóns de particulares da nosa vila e que se grabou cunha dedicatoria e unha poesía na memoria deste político socialista vilalbés, unha vez descuberto o monolito, tomarán a palabra os profesores vilalbeses:

o Bernardo García Cendán: Sociólogo e escritor.

o Manolo Roca Cendán: Economista e escritor

o Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura.


Dende o Foro Vilalbés de Debate e Cooperación gustaríanos contar coa vosa presenza para homenaxear a figura deste ilustre político vilalbés.

lunes, 18 de abril de 2011

Compromiso: Arteixo

La Voz de Galicia . «Mi compromiso con Arteixo y Pilar Souto es total» . El número dos del PSOE dice que aspiran a gobernar con «amplia mayoría» . Autor: Susana Acosta, Localidad: Arteixo, 15/4/2011 . Aunque tiene 34 años, Martín Seco García lleva la política en la sangre. Este joven, nacido en Vilalba (Lugo) se convirtió esta semana en el hombre de confianza de la alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, pero su pasión por la política le viene desde niño. Hijo de padre socialista, Seco García siempre estuvo muy vinculado con el PSOE. Primero en las Juventudes Socialistas y después como militante en Vilalba. De su etapa como concejal desde el 2007, reconoce que los problemas internos en la ejecutiva socialista de Vilalba provocaron su cambio de militancia a las filas arteixás. Consciente de que haber nacido en la localidad de Lugo puede provocarle críticas, se defiende diciendo que «uno no es de donde nace sino donde pace». Además se considera arteixán porque reconoce haber echado raíces en el municipio: «Llevo doce años trabajando en una empresa en Arteixo y seis hace que vivo aquí. Mi hija ya es arteixá y ya se sabe que al final son los hijos los que deciden. Además, mi compromiso con Arteixo y Pilar Souto es total», indicó. Martín Seco explica que se puso a disposición del partido desde el primer momento: «Le dije a Pilar que contase conmigo como suplente, que a mí me daba igual, solo quería colaborar en lo que pudiese». La sorpresa llegó cuando la regidora lo escogió como persona de confianza. Este ingeniero técnico industrial, que trabaja en Repsol, dice que a pesar de la crisis económica las perspectivas electorales son buenas porque aspiran a obtener mayoría absoluta.

lunes, 4 de abril de 2011

Grande éxito de ventas de productos de Comercio Xusto na Feira do Queixo por parte do Foro Vilalbés xunto a Solidariedade Internacional


Durante o fin de semana os membros do Foro Vilalbés de Debate e Cooperación "Martín A. Seco Cendán" en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia puxemos un Stand de productos de Comercio Xusto onde os achegados podían adquirir productos alimenticios, bisutería e algo de artesanía adquiridos a cooperativas de paises en vias de desenrolo.


As ventas foron un auténtico éxito polo que agradecemos a tódolos vilalbeses a súa acollida, ademais tamén agradecemos o seu interese por coñecer a nosa asociación e nalgún caso asociarse ó noso Foro que xa anunciamos que continuará con esta iniciativa de promoción e venta de productos de Comercio Xusto.


Graciñas e volveremos a vernos pronto.

martes, 22 de marzo de 2011

Poema de Bernardo Garcia Cendán elaborado "in situ" na prantación do carballo na memoria de Martín Seco Cendán




Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (18/03/2011)

Meu ben querido Antón:

Había tempo que non te notaba tan alporizado e preocupado coma onte cando me chamaches pola noitiña. Son moitas cousas, dicíasme, que apareceron todas xuntas e, de tanto cavilar nelas, non son quen de durmir con xeito. Algunhas acontecen lonxe, pero agora, coa televisión, parece mesmo que as temos ás portas.

Disme que andas triste polas xentes de Libia que aspiraban nada menos que a seren un pouco libres, só un pouquiño, pero a liberdade é cousa tan querida como custosa, e moitos libios estanse a decatar dese custo en dor profunda e ata morte desapiadada. E tampouco atopan no chamado mundo libre algo do apoio que precisan. As axudas levarían seguramente a unha guerra e, como ben se sabe, as guerras acaban sempre por facer moitos máis estragos do que se logra en beneficios. Pero algo haberá que facer para frear as tolemias do Gadafi, ese individuo ao que tanto teñen adulado, por intereses económicos, os que agora o van atacar. Hai xa moito tempo que o deberan ter sancionado con medios políticos sen teren que acudir ás armas. Sería máis ético, aínda que padecese a economía. A ética, Antón, a ética. Algo que non se improvisa e da que se van desacostumbrando en demasía tanto os políticos como a propia cidadanía: estamos nun mundo onde xa non sabe poñer os valores por riba dos intereses de cada quen. E así nos vai. Antes aínda se acudía á relixión, pero agora tamén se desconfía dela, e ás veces con motivos. Pero isto tivo consecuencias porque, como ti mesmo dis con frecuencia, xa non sabemos onde acudir para atopar valores que sexan aceptados por todos. Ti non terás estudos, pero non deixas de facer preguntas de filósofo: a quen acudimos?, quen nos vai aprender a sermos honrados? Efectivamente, pobres libios nas mans dese toleirán. Desexemos que a ONU non cree problemas máis duros dos que pretende resolver.

Onte tamén tiñas no medio dos miolos o asunto do Xapón, claro. E tampouco deixabas de te facer preguntas. Xa vexo que te estás a converter en ecoloxista antinuclear. E creo que tes algo de razón. Efectivamente, se queremos seguir co ritmo de vida actual precisamos moita electricidade e, por iso, hai moitos políticos e opinadores que tratan de nos convencer de que, despois de todo, as centrais nucleares non son tan perigosas. E de repente aparece o asunto do Xapón e fainos ver que o risco é moito. E ti preguntas: ao mellor non é ético arriscarnos tanto, pero ti mesmo te respondes: a quen lle importa a ética con tal de que teñamos moita electricidade? E así nos sigue indo, meu Antón.

E aínda che queda outra preocupación máis caseira pola que me preguntas con especial insistencia. Ao carón das outras noticias, esta da que me falas ocupa un lugar case insignificante nos xornais e nas radios, pero aí está, a privarte do sono: resulta que roubaron as campás na igrexiña de Roás (mesmo me saíu en verso). E a quen lle importa? ..Xa estou oíndo a túa resposta: impórtalles aos de Roás. E si, estou de acordo, pero cantos son os de Roás? ...case non quedan, así que fóra preocupacións. Claro que tamén hai outras capelas e igrexiñas preto de nós que son asaltadas a cotío na busca das catro perras que poden quedar nos cepillos. E isto a quen lle importa?. Seguro que estás dicindo, case berrando: impórtame a min que me sinto roubado cada vez que forzan a pechadura da miña capela dos Remedios en Codesido, aquela igrexiña da miña infancia e da miña vellez.

E, con ser malo, aínda non é tan preocupante a perda dunha pechadura forzada e as catro moedas que podan quedar descoidadas nunha boeta calquera. O das campás de Roás xa é outra cuestión máis seria. E moito máis serio aínda será cando aparezan, en manada, ladróns de máis fuste que se ceben en privarnos desas pequenas tallas de santiños que tanto abondan nos retablos dos nosos templos rurais, esas pezas da escultura artesán que retratan con tanta inxenuidade as formas físicas das xentes da nosa Chaira, aquelas cariñas arrubiadas polo sol mentres deixaban a suor nas leiras. E nas igrexas aínda hai algo de protección, porque outros elementos do patrimonio, como os cruceiros ou os vellos muíños, son moito máis vulnerables e, sen embargo, moi apetecibles para os ladróns da cultura.

Non quero esquecerme, meu Antón, de comunicarlle aos nosos oíntes, como ti me ordenas, a túa insistencia en agradecerlle a moitos dos curas que van quedando no noso deserto rural a súa impagable disposición para poñer en práctica os poucos medios de que dispoñen. Moito mérito teñen os que, como Restituto Prieto Verdes, cura de Roás, non só procuran coidados senón que contan coa cultura necesaria para coñecer en detalle o valor do que gardan e poder así contribuír á súa posible recuperación. Son eles os que están facendo xenerosa e desinteresadamente un servizo que no futuro será cousa profesional, a cargo de universitarios especializados que lle custarán moitos euros á Xunta de Galicia, é dicir, a todos nós. Así pois, deixo cumprida a túa orde imperativa: a nosa gratitude.

E nada máis por hoxe. Xa sabes do meu aprecio por ti. Unha aperta

Bernardo