
Vou intentar ser craro neste tema, ante os comentarios aparecidos nesta páxina e noutros foros, pola miña carta aberta trala asamblea de elección da executiva local, aínda que xa sei e os lectores deberían saber que case que todolos comentarios saen do mesmo sitio.
Moita xente dí que neste tipo de foros é mellor agocharse tras dun nick e non dar a cara, como fan aqueles que comentan baixo un nome femenino "Natalia Alvarez" e logo escriben atribuíndose xénero masculino, aínda que todo o mundo saiba quen ven sendo os que escriben baixo ese disfraz. Pero eu teño a "mala" costume, de dar a cara naqueles foros onde teño que dicir craramente o que penso, porque non lle teño medo a, ninguén nin a nada posto que vivo do meu traballo e non busco da política nada máis do que ela desexe darme, sen lamber cús para conseguilo, nin actuar contrariamente o que penso, esa si é a gran herdanza, e non outras como dicen algúns, que me deixa o meu pai en política e que penso seguir coherentemente aínda que me coste non medrar, como intentan facer outros, neste mundo tan sucio que ás veces é a política. Como vedes éste é o meu problema ou a miña virtude, segundo o vexades, e sen dúbida é o que máis problemas me trae, ou me trouxo, na miña corta vida política, pero eu son dos que pensan e intentan convencer os meus veciños e amigos, con feitos, de que "NON TÓDOLOS POLÍTICOS SOMOS IGUAIS".
Unha vez posto en valor o que eu penso sobre a miña forma de actuar, para poder contestar a estas preguntas tan capciosas coas que algúns intentan desprestixiarme a min e a miña familia e isto non sucede só a partir de que eu escribira a miña carta no Blog, senon de moito antes, xa que esta xente que escribe aquí non deixan de ser “os Lutas” e afines, que se adican a criticar ás espaldas e sempre se agochan tras unha careta que impida que se poidan mollar con algún tipo de declaración que non lle resulte de bon grado ós seus mandamases ou que poida impedir un ascenso acelerado na súa carreira política, que é o único que algúns teñen en mente, sen importarlles ideoloxía, principios ou amistades, ou simplemente por que son uns auténticos cobardes para falar alto e craro.
En primeiro lugar sobre a utlización deste tipo de diminutivos, “martincito”,
“martin seco cendán jr.”, ”esconderse baixo as faldas do seu pai” e outros calificativos “cariñosos” que utilizan alguns foreros, que saiban estos personaxes que eu teño nome e que nunca me escondín, de nada ni de nadie, debaixo de ningún tipo de faldas e ademais, non ofende quen quere, senon quen pode e a min non me importa que me poñan diminutivos cando falan de min ó lado do meu pai, incluso eso o fai a miña familia con moito afecto, posto que o meu respecto hacia él, e o seu traballo e valía, é máis grande do que esa panda de incultos funcionais poidan chegar a sentir na súa vida. Preocuparíame máis que un diminutivo fose usado en xeral pola xente como burla ou menosprecio e supoño que saberedes a quen me refiro.
Empezando por esa recurrente cantinela, de falar de que existe un problema só con “martincito e o seu pai” que non queren marchar do poder, como se estivésemos sós frente ó resto da agrupación e pechados frente os nosos veciños vilalbeses preocupandonos só polo poder local e non polo partido, teño que decir que a realidade non é esa e son moitos os que están con nós, dentro do partido e tamén fora e non deberían de olvidar esto, tódolos trepadores que agoran toman as rendas do partido, e quero recordar que baixo o mandato de Martín Seco Cendán na agrupación vilalbesa e conmigo na dirección de campaña e nas listas ás municipais e por suposto baixo a candidatura de Elba Veleiro, que por certo ía con nós na lista á dirección da agrupación, ¡que curioso!, tivemos os mellores resultados da historia da esquerda vilalbesa, pero xa veremos o que conquiren outros se teñen a oportunidade. Pero o que é unha gran falacia e que estemos sós no partido, posto que non se pode olvidar que xunto con nós están outros aproximadamente 80 militantes que comparten un proxecto conxunto e que estiveron e están as duras e as maduras, tódolos militantes, menos un dos que había antes do 2004, que curiosa coincidencia. E nós tamén poderíamos ser 90 como son eles ou incluso 150 se utilizásemos os nosos amigos ou os mesmos métodos de afiliación que utilizan algúns ofrecendo traballo, subvencións, afiliando a todo amigo que se preste aínda que non quera saber nada do Partido Socialista ou incluso chegando a afiliar “o seu propio chofer” como fai algún, pero decidimos non seguir ese xogo de autodestrucción que “OS LUTAS” comezaron e que veremos como remata, posto que aínda que algún intenta facer ver que os métodos que eu describin no meu blog non son certos, saben que poido dar nomes propios por cada unha das parroquías subvencionadas, de beneficiados de axudas institucionais ou de traballo para as institucións, ou outros ós que lles foi prometido traballo (incluso o lugar onde lles foi prometido) a cambio da afiliación ou do voto na asamblea, pero sobre cousas como ésta e outras cousiñas máis graves prefiro non pronunciarme todavía. Por certo, aínda que o diga algún pobre home, ningún militante foi dado de baixa, nin expulsado, durante o mandato de Martín Seco Cendán no partido en Vilalba e non sería porque algún endemoniado o merecera, se alguén deixou de militar no PSOE de Vilalba, sería porque deixou de pagar as cuotas dende o momento que Madrid é a encargada de tramitalas e que chen dan de baixa se non pagas.
Cando falo do grupo dos “Lutas” é porque ninguén de Vilalba ten que deixar de saber que a partir de agora a dirección da agrupación do PSOE de Vilalba queda nas mans do Lusito do Luta, si aquel do sarcástico, “Yo voto Luis del Luta, voto benegá”, que será quen dirixa todo, porque de todos é sabido que Vidal non ten tempo pola súa ocupación na Delegación, aínda que repita que ten experiencia para facelo (onde lle ven esa experiencia??), pero como fai con case todo, deixarano nas mans duha autoridade en política nacional e internacional, un fino analista, unha eminencia da cultura chairega, como é este insoportable elemento.
Sinto vergoña allea por aqueles que queren diferenciar no noso proxecto, a Elba de nós, porque son uns cobardes e só teñen medo de se poida decir pola rúa, que un activo electoral, como sen dúbida é Elba, lles da a espalda a nova executiva ou intentan polo menos ocultar o que é moi craro, que non comulga coa súa forma de facer política. Non lles importa intentar deixala quedar como se fora tonta e se deixara manipular por “Martincito e o seu pai”, intentando facer chegar a opinión pública a idea de que non é unha persoa intelixente, formada e de gran valía persoal para ter a súa propia posición en todo aquelo que poida acontecer, e eu, que creo na valía, no saber facer e na intelixencia de Elba me pregunto se non sería máis fácil pensar que estivo do noso lado porque sempre atopou o noso apoio, porque a apoiamos poñendo a dirección do partido na súa man, cremos na renovación con ela o fronte, porque nós si que cremos nas suas aptitudes e actitudes para dirixir o partido, porque é coherente cun proxecto e cunhas persoas nas que debe atopar algo máis que caciquismo e moitos fumes. Por certo, algúns envidiosos, intentan confundir ó traballo en equipo, a necesidade de traballar a varias voces, a diversificación do traballo, con intentar oscurecer ou tapar o traballo da nosa portavoz e seguro que saben que é ela, a que pola súa intensa actividade profesional, nos invita a participar nos medios de comunicación para que a nosa voz non se deixe de escoitar nos medios, portavocía que pola miña parte nunca será tapada nin escurecida xa que sen dúbida ningunha, ten o meu apoio e traballo, apoio o seu liderazgo, que por certo demostro con feitos cando chega o momento de non darlle a espalda. E se saio moitas veces na radio ou nos medios escritos, podería alguen preguntarse se será porque fago bastante traballo que logo se ve reflexado nos medios, e por suposto sempre co beneplácito da nosa portavoz que me coordina en todo momento.
Porqué se intenta dar a imaxe de que o noso grupo non desexaba renovación e que estábamos cerrados á sociedade, cando saben que eso é falso e só había que mirar a nosa lista de candidatura á executiva local: En primeiro lugar, o antigo Sº Xeral anunciaba que se retiraba de primeira liña política e non formaba parte da lista, continuando que ésta a encabezaba a recen chegaada e flamante portavoz no concello a Sra Veleiro cuns resultados electorais impresionantes para o noso partido e que esta lista contaba con 10 militantes, 6 dos cales eran menores de 40 anos e só tres repetíamos da anterior executiva. Cal é a aportación de renovación que fan os membros da outra candidatura que non faga a nosa ou é que a xente que participou en candidaturas do BNG fai xa case 20 anos son os renovadores e a nova imaxe da política non noso concello. A diferencia e que nós non compramos afiliacións, nós contamos cos que veñen e se achegan polo seu propio pé e animamos a participar a aqueles que mostran afiinidade co noso partido e así creo que debe de ser a forma de traballar nun partido político e o resto é política ficción para ocupar poder e ensinarse diante dos que lles dan cobixo a máis alto nivel por interés persoal.
Ante a falla de cultura política e de formación daqueles que falan e non se enteran de nada, aínda que logo van de analistas políticos sen saber que a xente do pobo se ríe deles, hai que ser burro para lanzar sentencias como que por lei os concelleiros xa recibimos unha asignación por asistencia ós plenos e ás comisións e eu cobro máis por telo pactado co PP, vaia falacia e vaia ignorancia por parte de quen escribe eso, polo menos poderías non dar unha información tan falsamente sesgada. Como ben sabe todolos veciños de Vilalba, posto que eu nunca o agochei, non teño a sorte de residir diariamente en Vilalba, porque traballo na refinería da Coruña e durmo habitualmente no piso que mercamos honradamente a miña muller e eu en Arteixo, polo que me desprazo continuamente entre Vilalba e Arteixo durante toda a semana, as veces durmo en Vilalba, as veces en Arteixo, as veces paso o día na miña querida terra e marcho a durmir a Arteixo xunto ca miña muller e filliña e as veces nos quedamos todos a durmir en Vilalba. Pero, como non saberá ou quere facer que non sabe, o inculto funcional que escribe esas cousas, o que merca unha vivenda de protección autonómica ten a obriga por lei de estar censado nesa vivenda, e nos mercamos unha e non acostumamos a ir contra as leis polo que estou censado en Arteixo e como tampouco saberá esa víbora, existen unhas dietas por desprazamento que tódos aqueles concelleiros que o estimen oportuno poden cobrar se teñen que facer desprazamentos para acudir ós actos oficiais do concello e no meu caso así é, posto que aínda que non o saiba esa mala persona, o meu gasto en gasoil mensual excede en moitas ocasións os 400 euros mensuais para poder desempeñar o mellor que poido o meu traballo como representante dos cidadáns vilalbeses e o que ingreso por vía destas dietas ata o de agora non chega nin ós 35 euros mensuais, xa que me coinciden comisións máis ou menos cada dous meses e plenos tamén, pero esta información está a disposición de todo aquel que o desexe, posto que é pública para tódolos veciños que a desexen preguntar no concello. Polo que hai que ter moi mala fé para decir que eu pactei un cobro extraordinario por ir as comisións e os plenos co PP, que falacia tan maliciosa para intentar desprestixiar a alguén, facendo ver que saco beneficio económico da miña participación política, máis ben o contrario, prodúceme bastantes gastos, pero eso xa o sabe a xente de ben.
Polo dito, aínda que éste é un dato que eu nunca agochei pero por si acaso non vos dérades conta, xa sabedes que estou censado en Arteixo, pero eu non teño a culpa de traballar aquí, ogallá puidese traballar en Vilalba pero o traballo para alguen da miña formación na nosa vila e prácticamente inexistente e non sei se terei que pedir perdón por intentar gañarme a vida, pero como xa dixo alguén, non todo o mundo e de familia rica ou está casado con ricos ou lle poden montar o chollo os seus “papis”. De todas formas ó mellor me pode decir alguen onde reside o flamante novo Sº Xeral, o señor Vidal, porque todo o mundo sabe que éste reside en Lugo, traballa en Lugo e non vexo que ningún deste foreros se preocupe por iso, ou por si algún concelleiro pasa o día noutro concello por ter o seu traballo alí. Creo que está máis que demostrado que a miña dedicación e implicación no concello está por riba da media da de moitos concelleiros en Vilalba e procuro ter unha vida a medias entre a miña casa en Vilalba (a dos meus pais ou sogros) e a miña casa en Arteixo.
Doutra parte non sei porque se me pregunta tanto por Xuventudes Socialistas, non dou descifrado cal é o problema da miña vida nas XSG, xa que fun durante moitos anos Sº Xeral da Agrupación de Lugo, fun membro da executiva galega, coordinador provincial de lugo, membro do Comité Federal nas JSE representando ás XSG, e fun Sº Xeral ata que me marchei a traballar á Coruña que o deixei nas mans dos que viñeron a continuación e dende aquela fun elexido sempre por eles Presidente de Honra da agrupación de Lugo, ata que cumprín 31 anos que tiven que abandoar a miña militancia nas Xuventudes Socialistas, por ser maior de 30 anos e aínda hoxe me chaman para colaborar con eles. Polo restante só teño que dicir que eu nunca militei na Agrupación de Vilalba de Xuventudes e non coñezo cal foi o seu funcionamento demasiado de cerca e de porque desapareceron, polo que de iso teñen que falar outros por certo moitos deles, os que tiveron maior poder, cercanos os membros da outra lista, polo menos no apoio a súa candidatura na Asamblea do outro día. Pero voltando o tema, da miña participación nas XSG non gardo máis que unha intensa actividade política, moi bos recordos, moitos amigos e compañeiros ós que aprecio e sei que a min tamen me aprecian en Lugo e case que en tódolos puntos de Galicia e incluso de España. E como non podería ser doutro xeito, durante tantos anos participei en moitas confrontacións políticas gañando e perdendo en moitas ocasións pero supoño que será o normal para os que estamos en política e que será algunha destas batallas as que poñen nerviosos a eses que falan, pero o que teño craro e que lonxe destas batallas, hoxe en día teño amizade con todos aqueles cos que tiven que guerrear algunha vez.
O último ó que me quero referir é a incultura política, a ineptitude, a falla de conceptos que moitos amosan cando queren dicir que se pode ser militante do PSdeG-PSOE e ser nacionalista, por favor, que veña Pablo Iglesias e que o vexa, un nacionalista non pode formar parte do proxecto que representa o PSOE ou o PSdeG-PSOE neste caso, deberían os nosos dirixentes ó máis alto rango de avergoñarse por deixar colar a calqueira ideoloxía dentro do PSOE, que para incultos e faltos de lectura política é un partido socialista e internacionalista con marcado carácter español como dí o seu propio nome, aínda que respetuoso coas identidades de cada unha das suas federacións que forman parte do partido pero en ningún caso nacionalista, por favor e por saúde democrática non sigan confundindo federalismo con nacionalismo, que con esas comparación así nos vai na educación política deste pais.
P.D. A algún vicioso-malicioso do PP que anda a revolver neste e case que en tódolos temas que teñen que ver conmigo, só lle digo que a ver se anda máis preocupado pola súa vida, que bastantes problemas ten, e se deixa de facerlle mal ós máis, non vai a sair queimado se consigue reventala paciencia dos máis porque ten máis cousiñas que agochar e moitas polas que estar caladiño para andar a éstos menesteres. O que avisa non é traidor.