Así se lle podería chamar o triste sentimento que moitos vilalbeses temos despois do acontecido o pasado sábado 25 de Outubro na asamblea do PSdeG-PSOE de Vilalba, onde se procedía a elección da nova dirección local. Cando moitos esperabamos que o proxecto encabezado pola doctora Veleiro fose un punto e seguido ao anterior liderado por Martín Seco Cendán, proxecto que pretendíamos culminara coa ansiada chegada da esquerda ao goberno de Vilalba, sobre todo despois da excepcional posición electoral que o PSdeG-PSOE conqueriu, coa compañeira Elba Veleiro ao fronte, nas eleccións municipais do 2007, resulta que debido as maniobras dalgúns dirixentes galegos e provinciais do partido e a insaciable ambición dalgún recen chegado fixeron saltar polos aires esa posibilidade. Seguro que moitos, preguntádesvos, ¿Qué puido pasar para que se permitira, ou mellor dito, se impulsara dende algúns membros da dirección galega e provincial do noso partido, que tralo éxito das eleccións municipais do ano 2007, se lle roubara a Elba a posibilidade de dirixir un proxecto tan ben traballado e que a todas luces merecía capitanear?
Ante as informacións aparecidas nas últimas datas sobre este tema, discutibles moitas delas e a falla de elementos de debate que teñen os veciños que se viron sorprendidos polo acontecido, véxome na obriga de aclarar moitos puntos que permitan ver con máis claridade o sucedido.
Antes de entrar en materia, gustaríame comezar esta reflexión facendo unha pequena homenaxe a un excelente socialista vilalbés que deixa as funcións de dirixente local do PSdeG-PSOE de Vilalba, labor exercida durante vinte largos anos que tiven a sorte de observar de cerca dende a miña infancia e nestes últimos catro anos máis de preto, traballando ao seu lado en funcións executivas na dirección do partido na nosa vila. Vinte anos cheos de éxitos e fracasos, pero sobor de todo de incansable traballo desinteresado, grandes sacrificios personais, coherencia na mensaxe socialista e incomprable honorabilidade. Vinte anos sostendo o proxecto socialista, incluso nos momentos máis duros, onde algúns dos que despois do sábado asumen cargos de dirección no Partido Socialista en Vilalba, se enchían a boca de insultos dirixidos ao noso partido e acusacións inxustas hacía os nosos dirixentes, utilizando continuas similitudes entre socialismo e corrupción. Dende o máis fondo do corazón, dun socialista convencido, o meu respecto e consideración hacia o seu traballo e o de aqueles que o acompañaron nesta dura tarefa. Espero, algún día, estar ao nivel político e humano que me levan demostrado nestes anos e poder ter aprendido algo deste nobre comportamento.
Voltando ao tema, o sucedido o sábado non é maís que o culmen dunha estratexia impulsada por algúns dirixentes galegos e provinciais, que se leva a cabo en Vilalba e outros puntos da provincia, co obxectivo de eliminar a todos aqueles compañeiros que dende as direccións locais poidan resultar incómodos, por ter a capacidade de actuar por si mesmos, sen tutelas de ningún tipo. En moitos medios se disculpa dita actitude coa busqueda dunha renovación necesaria nos lugares onde lles interesa, pero non é máis que un intento de agochar os intentos de perpetuación no poder por parte dalguns dirixentes máis preocupados por eles mesmos que por un bó proxecto colectivo para os respectivos concellos.
Con esta estratexia tratan de deixar fora de xogo a algúns membros da anterior executiva do PSdeG-PSOE de Vilalba xunto con moitos compañeiros novos, entre eles a nosa candidata a Sª Xeral, a compañeira Elba Veleiro. Estos novos compañeiros eran unha inmensa maioría dos que ían na nosa candidatura, xa que para que ninguén se confunda, na nosa candidatura de 10 membros da executiva só repetían 3 membros da anterior, dous dos cales, por certo, somos menores de 40 anos. Por eso non sirve de disculpa esa renovación necesaria, xa que na nosa candidatura era evidente e estaba avalada polas furnas e o traballo realizado no Grupo Municipal. O que realmente sucedeu foi o intento de impoñer unha nova dirección con xente, coa única virtude necesaria de comer na man dos dirixentes aos que me refiro, e todo esto sen importar que esta nova dirección local esté formada por antigos membros do BNG, algún deles expulsado de dita organización e que en ningún momento se lles oiu que renunciasen a súa ideoloxía anterior, e sen ter en conta, a pesar de ser denunciado en múltiples ocasións ante as instancias provinciais, as continuas fallas de lealtade e de respecto dalgún destes militantes,agora membros da executiva, hacia a anterior dirección do partido e algún dos membros do Grupo Municipal Socialista con continuos insultos e movementos de desgaste que trataban de erosionar o traballo e a honorabilidade dalgún compañeiro.
Cando falo de estratexia para acabar con nós por parte dalgúns dirixentes galegos e provinciais o digo porque se non, como se pode interpretar que a anterior dirección dunha agrupación local como a vilalbesa, non teña información de moitos movementos que se efectuan no noso Concello por parte dalgunhas Consellerías gobernadas polo noso partido, debido a que algúns dos seus dirixentes actuán a espaldas desta dirección e de parte do grupo municipal entre os cales se atopaba a súa portavoz e que todo siga igual aínda que se denuncie sucesivamente este comportamento ante membros da dirección provincial. Como se explica que a agrupación vilalbesa cuadriplique e case quintuplique o número de afiliados, pasando duns cuarenta a cento setenta, valéndose para facelo do apoio dalgúns membros da dirección provincial , e utilizando por parte dos membros do grupo ganador a votantes declarados do Partido Popular que logo se negan a colaborar políticamente co partido nas mesas electorais ou a participar nos actos que se organizan dende o partido, adícanse tamén a afiliar a membros das directivas de asociacións veciñais premiadas con subvencións da Consellería da que Eduardo Vidal é delegado na provincia de Lugo, asociacións como a de Oleiros, Mourence, Samarugo, Corvelle, San Lorenzo de Árbol ou San Simón, afilian a outras múltiples personaxes beneficiadas institucionalmente por estes dirixentes ou acuden tamén a amigos personais deste grupo de persoas, sen ter ningún deles o máis mínimo coñecemento e lealtade cos ideais e o funcionamento do Partido Socialista.
Como se pode entender que despois de que Elba Veleiro se comprometese valentemente a encabezar o proxecto socialista nas eleccións municipais de 2007 e tivese un resultado extraordinario para os intereses do socialismo vilalbés e da provincia, ao insuflar un número de votos decisivo para conquerir o goberno da Deputación de Lugo, se lle negue a posibilidade de encabezar a executiva vilalbesa, cando ela explicounos dito obxectivo aos membros dos dous grupos existentes na agrupación e á dirección provincial e a galega do noso partido, intentando co seu movemento encabezar unha lista de consenso na que conviviran os dous grupos e por parte de ditos dirixentes se lle negara dita posibilidade cunha falsa negociación onde en lugar de negociar, intentouse única e exclusivamente tratar de impoñer a Eduardo Vidal como candidato único e posicionándose craramente a favor dun dos sectores enfrentados, sendo o noso grupo o único que respetou a bontade da que creemos que era unha extraordinaria candidata a dirixir o noso partido e sabendo os dirixentes do partido que Vidal dimitira como Sº Comarcal do partido na Terra Chá debido a unha certa incompatibilidade moral de exercer dous cargos, un da administración e outro de dirección política e que neste caso non lles resulte incompatible co seu cargo na administración a dirección local dunha agrupación política.
¿Qué fará calquera veciño, serio e con prestixio do noso concello que puidera pensar en achegarse ao noso proxecto despois do acontecido con Elba Veleiro?,¿Qué pensarán os case tres mil catrocentos veciños que lle deron a sua confianza, nun proxecto que comezou fai só dous anos e que ven que se dinamita o sábado 25, sen mais motivo aparente, segundo as propias declaracións do novo Secretario Xeral a un medio de comunicación, que unha mellor coordinación por parte de quen non ten tempo para facelo e a súa experiencia que consideramos inexistente no seu caso?.
Por outro lado e como membro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Vilalba quero destacar o indescriptible comportamento de parte dos meus compañeiros no concello, que lle dan a espalda a súa portavoz sen nin tan sequera comunicarlle a súa presencia na outra lista e sen explicarlle porque axudan a derruir ese gran proxecto de ilusión diseñado por Elba, do que eles formaban parte, e que por outro lado non renuncian a seguir representando.
Por eso, e como número dous da candidatura perdedora nesta asamblea, nego a información dada nos diarios e que non se cansa de repetir o novo Sº Xeral da agrupación vilalbesa, de que non existen duas fraccións enfrentadas na actual agrupación de Vilalba e que só existen duas correntes que difiren na forma de afrontar o traballo e que só teremos que esperar 15 días a que pase a marexada para voltar a normalidade. Nós, desexamos que os nosos veciños saiban a verdade e declaramos que esa fonda ruptura existe e vai moito máis aló dunha marexada de 15 días, porque na nosa candidatura sabemos é que existe un proxecto craramente definido e cun programa político elaborado para Vilalba como quedou demostrado nas eleccións do 2007 e que temos a honra de representar os que apoiamos a Elba, pero o que non coñecemos é o proxecto do outro grupo, porque simplemente cremos que non existe como tal, só existe unha acaparación dun espacio de poder, moito máis apetecible despois da chegada do socialismo ao goberno en Galicia e España.
Espero que estas liñas sirvan para que os nosos veciños coñezan un pouco máis do acontecido no seno do socialismo vilalbés que pode ter dado un paso atrás importante no proxecto común de ter unha Vilalba socialista a medio prazo e ademais de dar un toque de atención a algún dos nosos dirixentes galegos e provinciais, porque fondo error cometen as altas estancias do partido se premian este tipo de comportamentos, xa que despois non nos podemos extrañar de que aparezan transfugas que por beneficio persoal rompen gobernos de esquerdas tan esperados pola ciudadanía ou como está pasando nestas datas en certos lugares de España que algúns señores con responsabilidades de goberno municipal teñan que visitar os xuzgados por xestións irregulares como alcaldes ou concelleiros, se os responsables do partido non vixían a ética, os valores e a formación ideolóxica dos seus abanderados locais.
Mentras tanto os verdadeiros socialistas vilalbeses, sentimos que como comezaba esta reflexión o proxecto socialista encóntrase nun punto e aparte, e o tempo dará e quitará razóns. De momento, por parte dalgún de nós, convidamos aos veciños a reflexionar seriamente sobre o sucedido e traballar con nós no Concello onde seguiremos a representar os seus intereses que non vamos a deixar abandonados e no futuro xa se verá.

13 comentarios:
Por qué ti es "un verdadeiro socialista" e os do grupo de Vidal non?
Por qué non aceptas agora a vontade de cambio dos teus "compañeiros"?
Quizais saibas que o único cambio es ti e o socialista modelo do que falas, e que Elba, mesmamente, tamén apoiará aos novos dirixentes.
Hai que estar no pobo para saber de el... Escoitar e non esbardallar tanto....
Non teñen que dimiir os concelleiros que gañaron as elecciós ao PSdG vilalbés, pensao, máis ben os que perderon, que, nun ano, xa non contan nin có apoio dos seus "compañeiros" de partido.
Deixa de erixirte como salvador e de dar paos de cego contra todo e volta, si algunha vez estiveches aqui, a Lugo ou donde seña....
Alégrame saber que existe un vilalbés poseedor da verdade absoluta e que se coloca o título de “verdadeiro socialista” sin pudor, con total falta de respeto a moitos dos simpatizantes e militantes socialistas convencidos, que durante anos apoiamos ao PSdeG-PSOE , acatando e respetando a súa liña de acción en tódolos ámbitos.
Froito da responsabilidade e o traballo levado a cabo polos dirixentes socialistas galegos e provinciais –como dis- gañaronse unhas eleccións autonómicas e temos un presidente da Xunta socialista. Nin ti eres o único socialista de Galicia nin o único que posee a verdade.
Falas de maniobras, de roubar, de insaciable ambición, de estratexia dalgúns dirixentes galegos e provinciais, e falo cobardemente, tirando a pedra e escondendo a man. Penso que son acusacións graves dabondo como para probalas e facelas de maneira nominativa, porque acusar en xeral a toda a dirección do partido non deixa de ser unha mostra tamén dalgún tipo de deslealtade.
Tamén fas alusión as informacións aparecidas nas últimas datas sobre este tema, dicindo que son discutibles , e que negas a información dada nos diarios de que “non existen dúas fraccións enfrentadas na actual agrupación de Vilalba, e que só existen dúas correntes que difiren na forma de afrontar o traballo”. Pois ben, si as informacións vertidas nos xornais son falsas existen mecanismos legais para non só manifestar a indignación senón tamén para pedir as oportunas responsabilidades, cousa que debería facer entón Elba Veleiro, si efectivamente a Voz de Galicia manipulou ou falseou a entrevista que saiu publicada 48 horas despois de celebrarse a citada asamblea local.
Transcribo literaltmente o artigo da Voz de Galicia, tal e como saiu publicado no xornal dixital o día 28 de Outubro de 2008:
o
La portavoz del PSOE en Vilalba, Elba Veleiro, mostró ayer su decisión de mantenerse al frente del grupo municipal. Para ello se apoyó en un argumento que se remonta, dijo, a la constitución de la actual corporación, hace algo más de un año: los otros cinco concejales -el PSOE logró seis ediles, doblando su número de representantes- la eligieron por unanimidad.
Veleiro hizo esas declaraciones ayer por la tarde, 48 horas después de las elecciones en las que se renovó el comité local y en las que su lista resultó derrotada frente a la que lideraba Eduardo Vidal Baamonde, delegado provincial de Medio Ambiente. La candidatura presentada por Veleiro incluía a los concejales Martín Seco García y Margarita de Vicente, en tanto que los otros tres munícipes -Xosé Teixeiro, Sonia Verdes y Duarte Barrio- formaban parte de la lista ganadora.
Sin embargo, Veleiro aseguró ayer que una derrota en el comité local no puede ni debe entrañar la salida de la corporación: «Son cosas completamente diferentes», dijo. En ese sentido, para apoyar su argumento, recordó que el secretario general saliente de la agrupación local, Martín Seco Cendán, no era concejal, como tampoco lo es la persona que lo ha relevado en tal cargo. Seco formó parte de la corporación durante varios mandatos. El que acabó en el 2007 fue el último en que fue concejal.
La presencia de tres concejales en una lista y de otros tres en otra, compitiendo en candidaturas que pugnan por la dirección de la agrupación local, tampoco parece, en opinión de Veleiro, una muestra inequívoca de desunión. Aunque admitió que se puede transmitir esa sensación, negó la existencia de dos fracciones enfrentadas dentro de la agrupación local: sí puede haber dos corrientes -«y eso es muy lícito», afirmó- si por ello se entienden dos formas diferentes de afrontar el trabajo.
De todos modos, resaltó que no había habido divisiones hasta ahora en el grupo municipal y que tampoco las esperaba. «Hasta ahora, no, y espero que a partir de ahora, tampoco», manifestó.
A la espera de fluidez
Por otra parte, recordó que había tenido una «magnífica» relación personal con Seco Cendán y que esperaba una relación similar con Vidal Baamonde. También reconoció que antes del sábado ya sabía que algunos concejales se habían integrado en la candidatura que en la votación final se hizo con el control de la agrupación.
Pero no teu artigo non só atacas á dirección do PSdeG- PSOE, “algúns dirixentes galegos e provinciais”, senón que arremetes tamén contra asociacións veciñais con acusacións gravísimas e directas ao Goberno de Galicia , insinuando que as subvencións son concedidas por parte das Consellerías de maneira irregular, como “premios”.E non só contento con iso senón que te dirixes aos membros das citadas asociacións dun xeito totalmente irrespetuoso e despectivo, pero igualmente sin probar absolutamente nada.
E logo, os veciños. Si , tamén os vilalbeses reciben na túa cháchara que pretende ser según ti un modo de aportar elementos de debate. “Calquera veciño serio e con prestixio…”Eu son do teu concello, pero quizais non son tan serio, e quizais non teño prestixio dabondo para comprender a política municipal e mesmo para entender os mecanismos do xogo democrático, que por certo tamén se aplica ao funcionamento dos partidos políticos. Non todos os veciños ,prestixio aparte, vemos a realidade a través do teu prisma, e iso é a esencia dos debates, pero para debatir hai que poñer ideas sobre a mesa e non só acusacións ao aire sin elementos probatorios.
Como concelleiro representas os intereses dos vilalbeses e vilalbeses, de todos , non só dos que apoian as túas ideas, e as acusacións e os ataques contra todo , que fas sin ton nin son , quizais non sexan ben recibidos polos veciños e veciñas de Vilalba que tan só entendemos que a democracia implica distintas posturas , debates, e ganadores e perdedores, e que iso non implica ir noutro barco, nin traicionar ideais socialistas. Eso parece que o ten claro a portavoz do grupo socialista no concello de Vilalba ,e quizais ti, deberías escoitar e aprender de Elba Veleiro, que ainda con menos experiencia en política ca ti, si ten claros certos mecanismos do xogo democrático.
Un saúdo dun vilalbés de a pe´.
UNHA VEZ QUE ENTRO NESTE BLOG E PÒR PRIMEIRA VEZ, QUERO DICIR QUE NON ME GUSTA QUE ESTÉ EN CASTELLANO.
Dito o anterior supoño que meigas hainas, e é por iso que aconteceu no PSOE a división.Así é como fan os que forzaron esa ruptura que parece "formal".
O acontecido non me gustou cando o puiden leer nos xornais, o primeiro motivo principal pola "posible derrota" do PP a nivel local, que agora se me antolla lonxana. A segunda porque entendo que aqueles que agora destruien ao PSOE local, son os mesmos que destruiron ao BNG en primeira instancia, só por puro afán de protagonismo, ou por mellorar a súa situación particular sin importarlles para nada o pobo de Vilalba, sinón os seus petos.
A terceira por creer que Martin Seco Cendán sabría controlar a situación para que non acontecera o que pasou, pois Martin tenunha ampla experiencia en política, e non só na local.
Por último, coido que o PSOE debera facer con aqueles que contribuien á destrucción do noso pobo, o que o BNG fixo anteriormente e invitalos a que se retiren, ou ben expulsalos sí son demostrables as suas artimañas para apoderarse do PSOE local.
Non se pode olvidar que foi Veleiro quen rompeu a marcha hacia unha nova Alcaldía, acadando 6 concelleiros.Coido que é esta có apoio da dirección do partido quen debe seguir a traiectoria anterior.
Dende logo si a cousa queda como está aos vilalbeses vainos quedar PP para rato, que é onde deberian estar os destructores reincidentes.
Meu Deus, lendo algún comentario podería suceder que algún pense que Martín non sabe perder… de ser así, malamente podería presentarse nunha lista ás municipais de Vilalba cos socialistas que sempre fomos perdedores neste pobo (aínda que iamos millorando).
Eu tamén son socialista, unha socialista abraiada da cantidade de afiliados que hai agora en Vilalba. Esto, en principio, sempre me produciría unha grande ledicia, ser cada día máis, poder gañar unhas eleccións municipais, ¡que bo plan!
Pero a cousa non é o que parece, toda esta xente que chegou ó PSOE tralas eleccións autonómicas, algúns antes (vistos os sondeos), ¿quen son?. Estamos en Vilalba, todos somos coñecidos, amigos, familiares, amigos de familiares, amigos de amigos, etc ¿a quen imos enganar? Se o sábado pasado estiverades na asemblea algún de vós crería que sofre alucinacións. Eu mesma relatei isto nun café coas amigas e botamos unhas risas guapas. Veredes, entre estes novos fichaxes que gañaron a votación están: rapaces que coñezo de toda a vida que sempre se manifestaron a favor do partido popular, rapaces de máis idade que sempre se manifestaron a favor do partido popular abertamente, outros veñen do BNG algúns rebotados e outros non sei, algún deles ía todavía nas listas das municipais anteriores, tamén hai persoas ás que non se lles podía nin falar de política e moito menos do partido socialista, non se lles podía pedir nin o voto nin a asistencia a un mitin (e so era para que se informasen…), outros non sei si andarán a coleccionar carnets de partidos políticos, e tamén están outros dos que falarei logo…
Poderiamos pensar que todos eles se deron conta agora de que o mellor proxecto é o socialista e decidiron apoialo, podería ser que algún o fixese agora porque antes estaba atemorizado, pero…¿todos eles á vez?, e ¿como pode ser que algún deles se declare “nacionalista” e milite no partido socialista? (que complicado). Eu opino que eles están no PSOE por un motivo que non ten nada que ver coa súa ideoloxía, por iso me parece tan grave que gañaran xa que penso que non son socialistas e tampouco o serán os seus proxectos nen as súas actuacións. Non sei moi ben que é o que son, aínda que creo, coma ti Martín, entender os seus intereses.
De tódolos xeitos, hai un tempo pregunteille a unha coñecida -novo fichaxe- nunha reunión do partido: e ti… ¡anda! ¿que fas por aquí? ¿non sabía que eras socialista? (e que eu, claro, inocente de min, pensei:¡que ben! outra socialista neste pobo), a pobre muller baixou a cabeza púxose moi colorada e dixo: non eu non, é que hai que vir… E isto para min é o máis triste, que alguén venda o seu pensamento, os seus principios, a súa ideoloxía… quen sabe porque, a que ten medo, non sei que pode ser e ¡non o entendo!. Estamos andando ó revés, non remataran xa eses tempos… Esto é Martín o que a min máis me doe, non tanto os amigos que van votar polo coleguilla, xa que: son amigos, senón estes outros que “teñen que ir votar”.
Por certo Martín, grazas por este artigo.
No primeiro comentario faise unha primeira pregunta: ¿por qué ti eres un verdadeiro socialista e os do grupo de Vidal non?. E eu fago outra: ¿Algunha vez na súa vida foi socialista Vidal, o Luis do Luta, o seu primo José Ramón, o Monasterio, a Marina de Sanxurxo, etc, etc ?
En canto ó comentario de Natalia Alvarez pretende ser un canto á Democracia, pero o único real nel é un peloteo descarado a Vidal e á súa comparsa. Natalia, ¿estarás no paro?
Vaia...menos mal que hai quen se da conta de quen teñen metido no PSOE.Agora o problema é "quen lle pon o cascabel ó gato", pois si as eleccións foron legais non hai nada que facer e si non o son.....terá que haber unha depuración de esta xente que se aferra aos cargos.
Non é bon para Vilalba, dá a sensación que os autores da disputa interna do PSOE, son os mesmos que denigraron ó BNG.Mesmo semella que traballan para o PP, pois só se poden beneficiar eles e o partido da Gaivota.Non pensan para nada na cidadanía vilalbesa, só en si mesmos e así non imos a ningures.
Polo ben de todos sería bon que todo tivese unha solución para poder superar ao PP nas próximas eleccións.
Non podo crer o q leo, acusades de trafico de influencias a Eduardo Vidal?facedeo abertamente e con denuncia de por medio, pq non podo crer o q leo. Eu socialista de toda a vida, pertencente a unha vila costeira, non me podo deixar de abraiar ante tanto desproposito, criticase a afiliacion de xente o partido, Dende cando iso é malo?. Criticase a determinada xente pola sua anterior militancia, se traballan polo partido benvidos señan, Martin non olvides pq estas ahi do mesmo modo q nos non olvidamos a quen lle debemos estar nun partido, ti es socialista grazas a teu pai, igual ca min, pero a diferenza entre ti mais eu é que eu non quero trepar senon que axudar.
Por certo, cando se afiliou Elba o partido? antes ou despois da eleccions?
Vexo o escrito e non dou credito, atacades a xente sen pudor e facedes acusacions de trafico de influencias e estades tan tranquilos, Martin non olvides q isto e politica non a mafia e non se pode vivr de rentas, levo no socialismo case dende q nacin e sempre me ensinaron q a xente ten q ser ben recibida no partido, non criticaalos pola sua afiliacion, somos socialistas non sectarios.
Por certo, ainda lle seguides votando en cara a Eduardo e a Luis a sua militancia no BNG, neno todos temos un pasado e non me fagas escarbar no de XSG, que diso sei un rato, por certo como vai en vilalba?
Agora por motivos laborais voltei a miña vila de nacemento e ía trocar a miña afiliacion socialista cara vilalba pero voumo pensar xa que poderia ser visto como una acto de pleitesia a Eduardo, por certo e un gran politico ainda q vos doa recoñecelo, e tamen a de XSG pero isto ultimo non podo pq non sei q pasa coas XSG de vilalba, podes axudarme Martin? ou e q xuventude de vilalba non importa?
Para rematar unha dubida Elba estaba afiliada cando foi candidata a alcaldia?.
Non hai que abraiarse tanto, a política é así tal cual se lee nos comentarios.ë evidente que un aumento desproporcionado da militancia se debe a algún motivo.
Non se fala nada de Monasterio que foi un posible cabeceira de lista do PSOE, donde anda, a qué se dedica, pois a rumoroloxía situao nunha empresa relacionada co Medio Ambiente, que casualmente o Delegado Provincial é Vidal.
Aquí naide se escandaliza, falase do que se escoita na rúa, polo menos no meu caso.
Quenes teñen o problema son os do PSOE, pero resulta que a mín como a calquera outro votante me preocupa que non se fagan as cousas políticas para que haxa CAMBIO de Alcalde.Así non imos telo en moito tempo, é a miña opinión, que naturalmente non ten por que ser asumida por ninguén.
Eso sí a política é para favorecer á cidadanía, e non para uso propio.
Todo chegará a escrarecerse inda que non seña exacto, o tempo pon a cada quén no seu lugar, iso é irremediable, e aqueles que a utilizan para sí mesmos os podemos cambiar cando seña o momento de votar.
Este blog está cada día más concurrido. Antes de nada que perdone el señor/a que no le gusta el castellano, pero escribo mal en gallego. ¿Una cosa? monasterio iba a ser cabeza de lista del psoe?, ¿pero no era del pp? yo creo que estais equivocados monasterio es del pp. Además recuerdo que era el director de un banco o algo así, ¿hablamos de la misma persona?.
Jope...como anda el pueblo tengo que ir más por allí, como vaya un día Fraga de comilona a la village no da crédito a lo que está pasando, jeje.
Igual se terminan afiliando al psoe el barrera, el cancio, chafarote padre, ... y van y se quedan sin interventores populares. Aunque bueno, con tanto jaleo, mitad de los del bloque en el psoe y los del pp cambiando de chaqueta... pues va a ser que esta vez el auténtico pp, al que puede que le cambien de nombre: "PP los auténticos", arrase y saque mayoría absolutísima y el espíritu de Fraga continue iluminando la plaza de la constitución.
Estou de acordo con algunhas das opinións vertidas por uns e por outros, aínda que non con todas. Penso que talvez non sería mala cousa que uns e outros nos deixáramos de lerias e nos apuntasemos a "refundar" o marxismo, tal e como se propón en A Voz de Vilalba:
http://avozdevilalba.blogspot.com/2008/11/refundar-refundarei.html
Un saúdo a todos
Dende logo escribiras mal o galego, pero a sintase na escrita que fas é galega.E non o digo con chufla, e sinón volve a ler o que escribiche,(de los del Bloquee, el Barrera, el Cancio etc).
Por certo que inda hai máis do que apuntas, pois seica o Alcalde fílase moito nos Pubs, que según parece é o medio natural da súa especie.Monasterio que eu saiba é dos que se arrima ao sol que máis quenta, o igual que hai outros máis, moitos máis, e parece que está arrimado a Eduardo Vidal.
Sonche faladurias que hai, e moito máis que non sabremos por indecencias tan grandes que son e non se contan.
Certo que é boa idea o de refundar o marxismo.Pero tal e como está a cousa económica, semella que os Poderes Publicos, cando menos queren socializar as perdas, das gañancias non fala ren, así que xa podemos estar preparados, máis que para unha refundación, para afundirnos na miseria.Supoño que tanto PP-PSOE e BNG están a preparar un paquete de medidas local para atallar a crisis; máis non a nosa, a deles.
Publicar un comentario