sábado, 24 de octubre de 2015

OLLANDO MÁIS ALÓ DO NOSO NARIZ


Nestes momentos de calma despois da marusía, o corpo pídeme expresarme en liberdade e sempre co respecto esixible cara as miñas siglas e os meus compañeiros. Pasou o 24 de Maio e polo tanto, aqueles que nos presentamos ás eleccións pasamos un exame, algúns aprobárono e outros suspendemos, tan sinxelo e tan claro como soa.

Aqueles que tiveron a sorte de aprobar, deberían de reflexionar e aproveitar a fermosa posibilidade que lles dan os seus veciños para ser alcaldes e alcaldesas dos seus pobos e cidades e deberían de ter a xenerosidade para deixar que outros compañeiros, con máis tempo e posibilidades que un alcalde, puideran dedicarse a unha entidade como é unha deputación provincial, xa que se formamos parte dun partido con tanta xente boa e preparada, imaxino que de entre tanta boa semente, existirán uns cantos que poidan dedicarse en corpo e alma a estes entes provinciais e deixar que os alcaldes e alcaldesas se dediquen a administrar os seus concellos.

Aqueles compañeiros que suspendemos o exame, debemos de reflexionar e someter a valoración da nosa organización a nosa continuidade, e se valoramos que aínda podemos ser un boa alternativa dentro de catro anos, traballemos duro e responsablemente para facelo posible e aos que xa non se lles queda percorrido dende a oposición, dicirlles que non é ningún trauma dimitir, deixar o seu posto a outro compañeiro que seguramente colaborou lealmente con eles e que non pidan ou esperen unha futura recolocación noutras listas electorais ou noutros postos de designación directa, posto que se a sociedade mandounos a mensaxe de que non eran as persoas desexables para ocupar os postos de responsabilidade, malamente van a ser o axeitados para poder presentarse dentro duns meses ou de máis dun ano a outras eleccións, onde volverá a ser máis necesario que nunca, ter as mellores candidaturas para non ser afogados por unha marea atlántica que fai anos sabíamos afrontar, elixindo aos mellores e agora nos atrapa por confundir isto da política cun oficio.

Por último, unha reflexión, fai anos observei como un coñecido dirixente e outros compañeiros explicábanlle a un veterano político municipal que debía dar o relevo e deixar a súas responsabilidades, pensando no ben do partido e do proxecto que presentamos á sociedade, só espero que este dirixente, escoite as súas propias verbas e agora tamén pense que o importante é o proxecto, as ideas e o partido e non a persoa que o representa neste momento, posto que sería un erro colosal perder unha alcaldía e a capacidade de facer política de esquerdas nun concello por non saber deixalo a tempo.

Esa é a miña humilde opinión para a quen a queira escoitar. 

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo) 

jueves, 13 de junio de 2013

ESPERANDO A QUE VOLVAS DESA LONGA NOITE


Non sei cando sucede exactamente, pero hai un momento na vida , no que un pai e un fillo se poden convertir en amigos e esa amizade é unha das mellores herdanzas que un pode recibir. As conversas, os consellos, as diverxencias xeracionais, as vellas historias son inolvidables e recordo unha forte necesidade por estar preto de ti.

Ese día fumos a comer ensalada, que non era prato do teu gusto, pero disfrutaches do lindo compartindo con Uxía un xeado, ao teu gusto, con dous bolas e sen nada por riba. Facía boa tarde e observei como poñías ollos de satisfación vendo como a neta e a abuela xogaban nos columpios do Seixedo, ata que o sono se apoderou de ti e comezaches a toquear no banco onde estábamos sentados e pensei que coma sempre a noite tiña sido longa no despacho da nosa casa. Antes de voltar para Vilalba, pedinche que me levaras uns paquetes, unha "comenencia do Zolo" como sempre, pero aproveitei para obsequiarte cunha caixa de albariño caseiro, dese que tanto te gusta. Pedíchesme un bico antes de marchar, como fixeches día tras día dende que teño uso de razón, que importantes son os bicos papá!!! e sentín a vosa ausencia, eso que se sinte cando marcha alguén moi querido do teu carón, pero fora un día extraordinario. Cando xa tiña decidido marchar para a cama, recibín unha inesperada e insitente chamada do tío Bernardo, nun ton nervioso que me informaba de que tiña que sair para o Hospital Xeral de Lugo porque tiveran que ingresarte e non tiven boas palpitacións. A viaxe foi un inferno, nada funcionaba, o mobil quedábase sen bateria e o cargador negábase a darlle vida ao teléfono, acabei por rompelo en pedazos e pensar que algo moi malo estaba sucedendo.

Cando cheguei xa estabas durmido, non puiden voltar a mirar esos fermosos ollos e mentres o médico me informaba, só puiden agarrar a túa man con forza e pedirche ao oído que loitaras, que o fixeras por nós e prometinche que sempre estaría con mamá e os meus irmáns cando estes me necesitasen. Saín a rúa, axeonlleime e berrei, chorei e non atopei consuelo, sabía que te perdía e necesitaba respostas, pero estas non chegaban. Camiñei kilómetros polo hospital nunha longuísima noite e ata lle pedín a ese Diós que non rezo, que fixese un miragre, pero as miñas pregarias foron en vano. Pensei que a mamá esperaba de min aplomo e que me comportara como un fillo adulto que asume as súas responsabilidades e como te prometera cumplín co meu cometido, pero aínda hoxe, papá, despois de tres fugaces anos, as bágoas nublan a miña vista esperando a que volvas.

Quérote 

miércoles, 12 de junio de 2013

Homenaxe a Martín Seco Cendán (Abril 2010)

Fai tempo que debería de ter baixado estes videos, pero agora é cando mo pide o corpo.

Intervencións de Marga de Vicente e miña

video

Intervención de Ceferino Díaz


Intervención de Francisco Sineiro


Intervención de Bernardo García


Intervención del homenajeado: Martín Seco Cendán


Entrega de obsequios conmemorativos: