viernes, 20 de febrero de 2009

Coñecendo o PSdeG-PSOE de Arteixo

O outro día tiven a sorte de asisitir a un mitín-laconada que celebraban os compañeiros de Arteixo para inagurar a campaña, alí escoitamos os ánimos que nos daban a Alcaldesa: Pilar Souto, a Conselleira de Sanidade e o amigo Pepe Blanco que na entrada se sorprendeu de verme por aqueles paraxes ata que se decatou de que traballo na Refinería e atou cabos.


Pero o verdadeiramente importante para min, un auténtico descoñecido para o 99% dos militantes de Arteixo, foi a gran acollida e o extraordinariamente agradable que foron conmigo aqueles militantes deste concello, grazas sen dúbida a compañeira Rocio que fixo de magnífica anfitriona sen nada máis que coñecerme do Facebook e como non o amigo Alberto que era o único que coñecía dende as nosas vellas andanzas nas Xuventudes Socialistas de Lugo.

Como decía, quedei gratamente sorprendido por atopar a esta boa xente e ese bó ambente que sempre debería de existir entre nós os socialistas, polo que non descarto colaborar coa agrupación de Arteixo sempre que eles teñan a ben solicitar da miña colaboración e sen dúbida nós veremos no mitín do Domingo, 22 de Febreiro ás 18:30, no centro cívico que contará coa presencia de Alfonso Guerra, así que amiga Lupe colle os bártulos e vente para Arteixo.

O cartel do mitín será:

* Pilar Souto (Alcaldesa de Arteixo)
* Salvador Fernández Moreda ( Presidente da Deputación da Coruña)
* Mar Barcón ( Candidata nº1 do PSdeG- PSOE O Parlamento de Galicia)
* Alfonso Guerra
.
.
Por certo, anímovos a todos os que leedes este blog a que visitedes o blog da súa agrupación "Arteixo Progresista", tedes tamén o enlace nos blogs amigos de esta páxina:
.
.
.

5 comentarios:

Daniel dijo...

Mucha suerte el 1 de Marzo. Un saludo.

hormiga dijo...

Gracias Martin,pola parte que me toca,e pola que lle toca o resto dos compañeiros de Arteixo, e como che digo no facebook,solo tratei de que te sentises un de nos. Pero aqui no teu blog quero engadir algo mais, recomendarlles os compañeiros de Vilalba, que te cuiden e te traten ben, porque como che dixen na cea, a agrupacion de Arteixo recibiriate cos brazos abertos como afiliado a mais de colaborador, que para nos todas as experiencias anteriores son enriquecedoras. Vemonos no mitin de Alfonso Guerra

Sempre en Arteixo dijo...

¡Hola Martin! Encantoume coñecerte na laconada. Teño que decir que eu tamén teño sangue lucense, pero máis do sul.
Está visto que Arteixo medra gracias ós venideiros.

Saúdos dende Arteixo, Susana Lebón

Martín Seco García dijo...

Amigos de Arteixo volto a repetiros que moitas grazas por ser como sodes e facerme sentir un máis de vós.

Pero noutro orden de cousas, todo non ten porque ser frores:

Algún Vilalbés/esa rancio/a que manda algún comentario, non publicado por suposto por soez, sobre a miña non asistencia o mitín de Touriño, debería de saber que algúns temos que facer turnos e traballar en horarios fastiadiados que non nos permiten ir ás veces ós actos, pero non lle teño por que dar explicacións a mequetrefes, asisto a aqueles actos que me apetece e podo ir.

E a miña amizade ou non con Pepe Blanco non creo que sexa símbolo de grandeza, posto que é de cando él non era importante e os dous éramos compañeiros na executiva do partido en Lugo, pero xa que falamos disto, algún día terei que contar como se bababan algúns que agora son dirixentes "membros da executiva" do partido en Vilalba por non ter ido a velo persoalmente antes dun mitín dos moitos que deu no noso pobo, como se lles fora a vida nelo cando non o coñecían de nada e algúns fumos a tomar café con él por amizade persoal e tamén podo comentar como algúns moi importantes agora en Vilalba andan comentando por ahí que son ás súas mans dereitas, e Pepe nin tan sequera os coñece a eles persoalmente, como me dixo fai poucas datas.

Un vale máis polo que cala que polo que conta.

hormiga dijo...

Hay Martin eu que me parece que levo algo mais de tempo ca ti nestas lides, digoche que deses vas encontrar moitos.A min non fai moito que algen me recriminou chamarlle Pili a alcaldesa que non Pilar, porque o consideraba unha falta de respeto, cando a parte da politica nos coñecemos de moitas outras andanzas. Menos mal que xente como Pepe e como Pilar non son que de mirar por enriba do hombro os compañeiros que estivefon con eles noutros tempos e noutras situacions. Pero teño deseguro que quen che fai a critica lle dedica bastantes menos horas que ti o Partido. Mira decia miña nai "mellor que digan vela ai vai que miña pobre"