.
.
.
Este ano, como tódolos anos anteriores, voltamos a ter que facer unha crítica, que intenta ser constructiva, ante a ausencia do goberno do PP na organización das festas patronais de San Ramón e Santa María, e isto o facemos sen ánimo de ofender á Comisión de Festas, que entenderá que este escrito non intenta, nin moito menos, ir contra o seu traballo e dende logo non creo que volte a actuar dun xeito tan politizado como sucedeu con algún dos seus membros do ano pasado, entrando de cheo no debate político e levando a espazos persoais a defensa a capa e espada dos intereses dos gobernantes do Partido Popular como se formasen parte del, ¿ou será que sí formaban parte?
.
.
.
.
Dende unha esquiniña do Grupo Municipal Socialista, quero facer público o noso sentimento de contrariedade por voltar a atoparnos con outras festas de San Ramón e Santa María nas que o Grupo de Goberno do Partido Popular volta a escapar das súas responsabilidades e se esquece, ou mellor dito, renuncia a organizalas nosas festas patronais e deixa nas mans dun grupo de voluntarios, ben intencionados e cun esforzo altruista que os honra, o traballo que eles deberían de realizar, por ser Vilalba un municipio da entidade suficiente para que o desenrolo das festas patronais correse a cargo dos nosos representantes municipais, en especial da desaparecida estivalmente, Concellería de Cultura, que non mostra a actitude necesaria para facer das nosas festas, unhas festas de referencia na comarca e, porque non, en toda a Provincia de Lugo, como outros gobernantes de concellos menores que o noso, sí intentan facer e en moitos casos o conquiren.

Se ben, estas festas, aínda que organizadas dende o Concello, deberían de ser realizadas co apoio e a implicación das diferentes entidades e asociacións municipais da nosa vila, que deberían de ser chamadas a colaborar na súa organización e desenrolo, ademais de ser as protagonistas e non deixalo simplemente para aqueles “colaboradores políticos” que actuán máis polo interés persoal de manter o posto de traballo, a posición social ou económica e a influencia política que por facer das festas un gran acontecemento para tódolos veciños.
Ademais, unha vez que se mellorou, dende o grupo de goberno, a organización de eventos durante todo o ano e se fixo algo por escoitar as múltiples voces que surxían pedindo a organización de eventos como o San Xoán, que foi unha gran proposta da Asociación de Vecinos da Zona Vella e a Feira Medieval en datas diferentes ás festas de San Ramón, que moitos levábamos tempo solicitando, así como unha mellor organización da Feira do Queixo e do Capón, escapando ademáis do sucio aparcamento da Praza da Constitución que tamén levábamos moito tempo pedindo, así como outras celebracións, que teño que decir que melloraron bastante dende este último ano e que falan positivamente dalgún responsable municipal que se está preocupando por escoitar, mellorar e actuar para facer aquelo que é o mellor para todos, sen necesidade de enrocarse en posicións partidistas previas. Por todo iso, esperamos que as continuas críticas do noso grupo, fagan que dunha vez por todas se atrevan a organizalas festas máis importantes para o noso concello, nas que contarían sen ningún tipo de dúbida co apoio, traballo e disposición á colaborar do Grupo Municipal Socialista.
Así que esperemos outro ano máis e deixemos que o tempo e a insistencia de todos aqueles veciños que pensamos deste xeito, convenzamos os nosos gobernantes para que se atrevan a facer algo tan bonito para o que goberna, como é a organización das festas patronais e que isto suceda co apoio de tódolos cidadáns e entidades que así o desexen e non suceda que os gobernantes só aparezan para intentar teledirixir moitos dos actos programados nelas, sen logo dar a cara ante os cidadáns que lles deron a responsabilidade de gobernar.
.
Non quero rematar sen desexar boas festas de San Ramón e Santa María a tódolos vilalbeses e aqueles que veñen a visitarnos nesas fermosas datas para todos nós.
.
Martín Seco García
Concelleiro do Grupo Municipal Socialista
Concelleiro do Grupo Municipal Socialista
No hay comentarios:
Publicar un comentario