martes, 29 de junio de 2010

Discurso manuscrito de Martín Seco Cendán na súa homenaxe

.
Para coñecer un pouco máis a Martín Seco Cendán e para aqueles que queiran recordalo, deíxovos ler o discurso manuscrito da súa homenaxe este mes de Abril. :

Boas noites. En primeiro lugar quero decir que esta é una xuntanza dos meus amigos. Dos que me aprecian, dos que me queren, dos que non olvidan. Dos bos e xenerosos.

Aquí hai de todo. Profesores, gandeiros, albanéis, médicos. De esquerdas, de dereitas. Do Celta e do Deportivo. E eu feliz, coma un cuco.

Agradecer a presencia das dúas persoas que me serviron de guía e acicate nestes anos de duro traballo no PSOE. Francisco Sineiro e Ceferino Díaz. Os meus grandes e honrados mestres. Tamén a Isabel Salazar e o meu compañeiro e amigo Pepe de Unións Agrarias.

Quería ter un cariñosísimo recorod para aqueles que xa non poden estar. María José Vázquez Verdes, aquela encantadora cativa chea de ilusión e de vida. O seu pai Tucho, o san xenio na defensa do seu ideario. O seu tío Luís, o transmisor da ilusión, co seu permanente sorriso na cara. Xentes de ben. Traballadores incansables. Compañeiros leais.

Agradecer, tamén, ós meus vecinos, a moitos compañeiros da provincia e de fora de ela que estén aquí. Ós meus compañeiros de profesión. A miña familia: a miña sogra, que non pode estar, pero está. A miña tía Carmucha, ós meus cuñados, os meus sobriños, ós meus padriños, ós meus primos.

Eu non sei se merezo isto. O que si sei é quen o merece. Meréceno o Moreno, a Manolita do Santo, Margarita de Vicente, a Milagros da Torre, o Anxel do Carrizo, o Suso Trastoy, o Tito Freire, o Manolo Anido, a María José de Goiriz, o Suso da Torre, a Pili de San Simón, a Verónica, o Pedro, a Elba e o Martín, e outros moitos máis que ó longo destes 20 anos termaron do barco, en circunstancias ben difíciles. Para eles, e non para min, debería ser esta homenaxe.

Eu traballei todo o que puiden por convencemento. Por estar convencido dunha idea. Unha idea que non é outra que lograr o benestar para os máis débiles. Por una idea que dí que non hai dereito a que neste mundo haxa xente que morre de fame. Que non ten médico. Que non ten escola. Por una idea que quere a República para este país. Por una idea que quere: Liberdade, igualdade e fraternidade. Ahí está o socialismo. Ahí estou eu.


Rematou o discurso co seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro:

SPIRITUAL


Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.


Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.


Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.


Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.


Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.


Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.


Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

No hay comentarios: