martes, 21 de septiembre de 2010

Nota de prensa pola Comisión de Urbanismo do martes 21 de Setembro

Ante a celebración da Comisión de Urbanismo do Martes 21 de Setembro de 2010, ás 18:00, o concelleiro Martín Seco levará os seguintes temas a tratar, ademais dos xa incluidos polo grupo de goberno na orde do día.

1º Por segunda vez, despois de expoñelo na Comisión de Urbanismo do mes de Xullo e sendo xa avisado con anterioridade a esta comisión, algún dos dirixentes do PP na casa consistorial, o concelleiro Seco voltará a insistir na necesidade inminente de que se amañen os columpios existentes no parque infantil da Alameda Basanta Olano ou en tal caso, pola seguridade dos noso veciños máis xóvenes, sexan retirados aqueles que se atopan en mal estado e con altas posibilidades de causar dano físico ós usuarios destes columpios, para o cal exporá fotos do estado destes xogos que adxunto nesta comunicación e que dan conta do estado de peligrosidade no que se atopan.





2º A problemática pola mala situación de dous pasos de servicio existentes na Autovia A8, no seu paso pola parroquia de Santaballa, , un deles soterrado e a altura do Km 8,200 aproximadamente e outro elevado a altura do Km 9,600-9,700 , que causan moitos problemas ós veciños de Santaballa que poseen explotacións gandeiras e necesitan pasar con maquinaria dun lado a outro da autovia e non o conquiren debido ó mal estado que se atopan estes pasos con pendientes moi elevadas e cun firme de zahorra que fai que a maquinaria patine e non logre avanzar e ser utilizadas para aquelo que foron deseñadas. Despois do intenso traballo de negociación que no momento da construcción da autovia, efectuara o anterior secretario xeral do PSOE en Vilalba, Martín Seco Cendán para conquerir que a Conselleria de Ordenación do Territorio fixese todos aqueles pasos necesarios para os veciños desta parroquia, agora e tempo de que o noso Alcalde, efectue todas aquelas tramitacións ante dito organismo para conquerir que ditos pasos sexan asfaltados pola Xunta de Galicia ou facelo directamente polo Concello pedindo os permisos oportunos.

3º Coma en tódolas Comisións de Urbanismo que se levan celebrado ata o momento, esixirá unha vez máis que se fagan obras de acondicionamento nas rúas de Foz, Pepe Apenela e Mondoñedo, xa que é inaceptable que outra vez máis e xa non sabemos cantas van, se volte a rediseñar con apaños, a Praza da Constitución, non tendo en conta o momento de crise existente que fai que sexa necesario que a administración se comportara dun xeito austero, e o mesmo tempo paralize actuacións que consideramos que son prioritarias, mantendo certos barrios do noso casco urbán en mal estado e no abandono absoluto algunhas rúas como as enunciadas anteriormente, que malamente poden ser chamadas como tal o non poseer o mínimo esixible para elo. Ademáis pedirá unha nova regulación do tráfico nesta rúa de Foz e a rúa de As Pontes para evitar situacións imposibilidade de tránsito que está a pasar actualmente e que dende o noso grupo levamos toda a lexislatura pedindo.

4º Por último pedirei explicacións pola decisión final que tomará o goberno do Concello con respecto a peonalización da rúa Porta Decima que a estas alturas esperamos e desexamos xa teña tomada o señor Alcalde e o Grupo de Goberno do PP.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Martín, son Pedro Vázquez, xa que falas de urbanismo creo que se deben poñer unhas señais de STOP na rúa do "ambulatorio".

Saúdos.

Pedro

Anónimo dijo...

Tomo nota Pedro y lo llevo para la comisión