viernes, 19 de noviembre de 2010

Non voltarei a escribir na Voz de Vilalba

Hoxe "A Voz de Vilalba" vetou un artigo meu na súa web. Tras dous intentos de remitirllo sen obter contestación, entereime de que non se publicaría, sen que ninguén me explicase nada do sucedido. Nel trataba de expoñer a miña posición sobre o tema das reformas na alameda e o sucedido no PSOE de Vilalba con este tema, que trouxo un encendido debate ós medios de comunicación.

É de xustiza que un colaborador desta publicación, que ten algo que dicir sobre o tema, teña un espazo para facelo, ainda que non siga a liña oficial da web. O tempo que se facía isto, neste medio "plural" publícase un artigo falando deste mesmo tema coma sempre a favor da súa posición, onde ademais se me insulta decindo que falto a verdade, pero non teño espazo para poder rebatilo e só o podo facer cun comentario.

Por certo, é un artigo escrito por alguén dun nome extraño, que igual que noutras ocasións semella un pseudónimo deses cos que nos soen agasallar algúns para non dar a cara.

Sigo sen recibir por parte de Paulo nin de Moncho, ningún tipo de explicación de porque non se publica, e o mellor, poderían ter un motivo lóxico para facelo, e se fora así, podería entendelo, pero non me comunicaron nada.

Sinto moito ter que opinar na mesma liña que Paulo Naseiro e Moncho Paz para escribir na súa web, pero a min ninguén me impón o que teño e debo de pensar, polo que non voltarei a escribir nada na Voz de Vilalba, onde xa non figuro como colaborador, xa que ó contrario do que pensaba non creo que sexa un medio plural, nin aberto como queren facer ver.

O artigo se pode ler aquí no meu blog, é un artigo duro pero é o que penso e me gusta falar sen pelos na lingua.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois creo que estás equivocado, debes estar presente en todos os medios de comunicación, pola túa condición de cargo público.
Deberas saber que o ser concelleiro trae consigo parabéns e todo o contrario, é o que ten a política.
Precisamente de quen se supón que tes que recibir loas, tamén poden ser os teus maiores enemigos, nunca supoñas nada que non palpes, só é unha recomendación, humilde recomendación.
En todo caso tes todo o dereito para non participar na Voz de Vilalba.
Si é certo que non che puxeron un comentario teu concordo contigo en que non debe ser así.
Un saúdo.

FENDETESTAS