domingo, 13 de marzo de 2011

Palabras para o recordo na prantación dun Carballo na memoria de Martín Seco Cendán

Hoxe é un día feliz. Feliz, porque Martín estaría compracido de saber que hoxe estamos aquí. Feliz, porque por fin se pode completar o desexo do noso pai, un desexo que nos fixo chegar aos que máis cerca estábamos del e que dende logo non podíamos obviar, pediunos, que o día que lle tocase deixar esta vida, o seu corpo fose convertido en cinzas e devolto a terra que o veu nacer, completando deste xeito, o ciclo natural da vida que tanto lle gustaba observar e estudiar.

Meu pai non lle tiña medo a morte, porque sabía que este camiño tiña un principio e un final, e que éste non era máis que unha parte do proceso vital, un final que contempraba pacientemente coa tranquilidade que da poseer a conciencia limpia de toda maldade.

Dicía o meu pai, que o día que a sua alma abandonase o corpo que lle tocou padecer, desexaba reencarnarse nunha desas aves rapaces que dominan o ceo e voan en liberdade sen medo a nada nin a ninguén, estou completamente seguro que nestes momentos, dende algún lugar do amplio ceo, esta sobrevoando as nosas vidas para asegurarse que alguén poda seguir traballando para intentar facer deste mundo un lugar máis fermoso onde vivir.

Gustaríame que hoxe recordáramos a Martín, escoitando este poema que el mismo escolleu para mostrar os seus sentimentos, nun dos días máis femosos que tivo a sorte de vivir con todos vos :

Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.

Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.

Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.

Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.

Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.

Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.

Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

No hay comentarios: