martes, 22 de marzo de 2011

Poema de Bernardo Garcia Cendán elaborado "in situ" na prantación do carballo na memoria de Martín Seco Cendán




Cartas a Antón de Bernardo García Cendán (18/03/2011)

Meu ben querido Antón:

Había tempo que non te notaba tan alporizado e preocupado coma onte cando me chamaches pola noitiña. Son moitas cousas, dicíasme, que apareceron todas xuntas e, de tanto cavilar nelas, non son quen de durmir con xeito. Algunhas acontecen lonxe, pero agora, coa televisión, parece mesmo que as temos ás portas.

Disme que andas triste polas xentes de Libia que aspiraban nada menos que a seren un pouco libres, só un pouquiño, pero a liberdade é cousa tan querida como custosa, e moitos libios estanse a decatar dese custo en dor profunda e ata morte desapiadada. E tampouco atopan no chamado mundo libre algo do apoio que precisan. As axudas levarían seguramente a unha guerra e, como ben se sabe, as guerras acaban sempre por facer moitos máis estragos do que se logra en beneficios. Pero algo haberá que facer para frear as tolemias do Gadafi, ese individuo ao que tanto teñen adulado, por intereses económicos, os que agora o van atacar. Hai xa moito tempo que o deberan ter sancionado con medios políticos sen teren que acudir ás armas. Sería máis ético, aínda que padecese a economía. A ética, Antón, a ética. Algo que non se improvisa e da que se van desacostumbrando en demasía tanto os políticos como a propia cidadanía: estamos nun mundo onde xa non sabe poñer os valores por riba dos intereses de cada quen. E así nos vai. Antes aínda se acudía á relixión, pero agora tamén se desconfía dela, e ás veces con motivos. Pero isto tivo consecuencias porque, como ti mesmo dis con frecuencia, xa non sabemos onde acudir para atopar valores que sexan aceptados por todos. Ti non terás estudos, pero non deixas de facer preguntas de filósofo: a quen acudimos?, quen nos vai aprender a sermos honrados? Efectivamente, pobres libios nas mans dese toleirán. Desexemos que a ONU non cree problemas máis duros dos que pretende resolver.

Onte tamén tiñas no medio dos miolos o asunto do Xapón, claro. E tampouco deixabas de te facer preguntas. Xa vexo que te estás a converter en ecoloxista antinuclear. E creo que tes algo de razón. Efectivamente, se queremos seguir co ritmo de vida actual precisamos moita electricidade e, por iso, hai moitos políticos e opinadores que tratan de nos convencer de que, despois de todo, as centrais nucleares non son tan perigosas. E de repente aparece o asunto do Xapón e fainos ver que o risco é moito. E ti preguntas: ao mellor non é ético arriscarnos tanto, pero ti mesmo te respondes: a quen lle importa a ética con tal de que teñamos moita electricidade? E así nos sigue indo, meu Antón.

E aínda che queda outra preocupación máis caseira pola que me preguntas con especial insistencia. Ao carón das outras noticias, esta da que me falas ocupa un lugar case insignificante nos xornais e nas radios, pero aí está, a privarte do sono: resulta que roubaron as campás na igrexiña de Roás (mesmo me saíu en verso). E a quen lle importa? ..Xa estou oíndo a túa resposta: impórtalles aos de Roás. E si, estou de acordo, pero cantos son os de Roás? ...case non quedan, así que fóra preocupacións. Claro que tamén hai outras capelas e igrexiñas preto de nós que son asaltadas a cotío na busca das catro perras que poden quedar nos cepillos. E isto a quen lle importa?. Seguro que estás dicindo, case berrando: impórtame a min que me sinto roubado cada vez que forzan a pechadura da miña capela dos Remedios en Codesido, aquela igrexiña da miña infancia e da miña vellez.

E, con ser malo, aínda non é tan preocupante a perda dunha pechadura forzada e as catro moedas que podan quedar descoidadas nunha boeta calquera. O das campás de Roás xa é outra cuestión máis seria. E moito máis serio aínda será cando aparezan, en manada, ladróns de máis fuste que se ceben en privarnos desas pequenas tallas de santiños que tanto abondan nos retablos dos nosos templos rurais, esas pezas da escultura artesán que retratan con tanta inxenuidade as formas físicas das xentes da nosa Chaira, aquelas cariñas arrubiadas polo sol mentres deixaban a suor nas leiras. E nas igrexas aínda hai algo de protección, porque outros elementos do patrimonio, como os cruceiros ou os vellos muíños, son moito máis vulnerables e, sen embargo, moi apetecibles para os ladróns da cultura.

Non quero esquecerme, meu Antón, de comunicarlle aos nosos oíntes, como ti me ordenas, a túa insistencia en agradecerlle a moitos dos curas que van quedando no noso deserto rural a súa impagable disposición para poñer en práctica os poucos medios de que dispoñen. Moito mérito teñen os que, como Restituto Prieto Verdes, cura de Roás, non só procuran coidados senón que contan coa cultura necesaria para coñecer en detalle o valor do que gardan e poder así contribuír á súa posible recuperación. Son eles os que están facendo xenerosa e desinteresadamente un servizo que no futuro será cousa profesional, a cargo de universitarios especializados que lle custarán moitos euros á Xunta de Galicia, é dicir, a todos nós. Así pois, deixo cumprida a túa orde imperativa: a nosa gratitude.

E nada máis por hoxe. Xa sabes do meu aprecio por ti. Unha aperta

Bernardo

domingo, 13 de marzo de 2011

Palabras para o recordo na prantación dun Carballo na memoria de Martín Seco Cendán

Hoxe é un día feliz. Feliz, porque Martín estaría compracido de saber que hoxe estamos aquí. Feliz, porque por fin se pode completar o desexo do noso pai, un desexo que nos fixo chegar aos que máis cerca estábamos del e que dende logo non podíamos obviar, pediunos, que o día que lle tocase deixar esta vida, o seu corpo fose convertido en cinzas e devolto a terra que o veu nacer, completando deste xeito, o ciclo natural da vida que tanto lle gustaba observar e estudiar.

Meu pai non lle tiña medo a morte, porque sabía que este camiño tiña un principio e un final, e que éste non era máis que unha parte do proceso vital, un final que contempraba pacientemente coa tranquilidade que da poseer a conciencia limpia de toda maldade.

Dicía o meu pai, que o día que a sua alma abandonase o corpo que lle tocou padecer, desexaba reencarnarse nunha desas aves rapaces que dominan o ceo e voan en liberdade sen medo a nada nin a ninguén, estou completamente seguro que nestes momentos, dende algún lugar do amplio ceo, esta sobrevoando as nosas vidas para asegurarse que alguén poda seguir traballando para intentar facer deste mundo un lugar máis fermoso onde vivir.

Gustaríame que hoxe recordáramos a Martín, escoitando este poema que el mismo escolleu para mostrar os seus sentimentos, nun dos días máis femosos que tivo a sorte de vivir con todos vos :

Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.

Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.

Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.

Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.

Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.

Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.

Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

Cartas a Antón de Bernardo García Cendán 11/03/2011


Lugo, 4 marzo 2011

Meu querido Antón:

Todo chega, tamén o Entroido que este ano ven máis atrasado por culpa da primeira lúa chea de primavera que lle toca encherse máis tarde ca outros anos. Encherse de luz, Antón, non de filloas ou cacheira como ti xa estás a pensar.

Temos, pois, un entroido cargadiño de festa popular, é dicir, para que a goce o pobo e non só as elite de exquisitos que ollan de esguello e menosprezo todo canto cualifican de popular, coma se fose algo cutre ou pouco refinado. Cando ti e máis eu eramos nenos, estas festas estaban case prohibidas, sobre todo no referente á presenza de máscaras e disfraces, aínda que nos pobos como o noso houbese unha certa permisividade. As xentes de orde, de ordeno e mando, enténdese, sempre lle tiveron moito medo a todo canto resulte satírico e burlón porque xustamente a sátira e a burla foron, en todas partes, as armas dese pobo ao que normalmente non lle deixaban expresarse libremente e víase na necesidade de atopar nun pouco de mofa e algo de irreverencia un xeito de relativizar a excesiva importancia e a esaxerada solemnidade que os dirixentes poñían nos seus actos e razoamentos. Certo que ás veces o pobo pasábase algo, pero os que mandaban tampouco deixaban de se pasar dabondo. Ao pobo non se lle podía facer calar de todo, pero tentábase controlalo dalgún xeito.

Nos pazos dos reis e seguramente no castelo dos Andrade tolerábanse, e mesmo se pagaban, as actuacións dos bufóns aos que se lle permitía que se riran abertamente, aínda que con coidado, do que alí acontecía. Tamén hoxe se toleran, e mesmo se pagan ben, as viñetas dos humoristas gráficos ou os monólogos dos Buenafuente e compañía. Toléranse, claro, porque, malia as aparencias, son bastante controlables: despois de todo, os actores pertencen a unha empresa que sabe moi ben ata onde pode consentir as súas trécolas. O malo é controlar ao pobo cando aflora a súa retranca nas conversacións ordinarias. Por exemplo, quen te controla a ti, Antón, cando, cun xeito de poñer os teus olliños, aínda que non digas nadas, xa todos sabemos o que estás a pensar das prédicas dos curas, das promesas dos políticos, das leis do goberno ou da aplicación desas leis por parte dos concellais correspondentes. Imaxina, meu amigo, as chanzas e as pullas que se poden facer por tras dun disfrace, sen que o humorista de turno teña que dar a cara, a súa cara verdadeira, claro. E isto é a orixe do Entroido que, evidentemente, non lles compracía nadiña aos poderosos que, nunha ditadura como a que vivíamos, trataban de controlar mediante a forma máis radical: prohibindo.

Pero, claro está, nunca puideron lograr de todo os seus propósitos e, dun xeito ou doutro, o enterro da sardiña na nosa vila seguía constituíndo unha festa colectiva que eu teño moi gardada nos meus ollos de neno. E ti, por suposto, aínda máis. O pobo poñíase de festa, a rirse a cachón das bufonadas que os mozos daquela (mozas, poucas) poñían en coplas e acenos pouco respectuosos. Aínda non se borrou dos meus olliños aquela imaxe do Luís Somoza metido nun cadaleito a medio facer, cun pau nas mans do que penduraba unha fermosa sardiña, mentres o cura se pechaba na súa casa e a garda civil facía o seu percorrido pola outra banda do pobo por onde xa tiña pasado o desfile. Os gardas civís tamén formaban parte do pobo e tamén colaboraban seu xeito.

Agora o Entroido é festa libre, e algo da súa orixe conservouse. Pero, ao meu ver, está organizado en exceso e, xa que logo, bótase de menos un elemento esencial como era a espontaneidade. Moita da nosa xente, vellos e novos, non deixa de se disfrazar; pero dáme a sensación de que o fan máis para ir nun percorrido oficial e, se cadra, ganar un premio do concello, que para andar de troula polo pobo adiante e chancear libremente, aquí e alí, nun bar e noutro, con cancións populares transformadas en textos e letrillas moi intencionadas. Ao mellor estou trabucado porque eu agora non ando moito niso, pero, se non o estou, aproveito aquí para dicirche que a moita organización pode matar o verdadeiro ser do Entroido. Supoño que ti, coma sempre, non cadrarás moito de acordo co que che digo, e poida que esteas no certo, pero agardo as túas explicacións para darche a razón. En todo caso, eu boto de menos na nosa vila asociacións culturais de todo tipo, coma Xermolos en Guitiriz, que expresen os variados sentires do pobo. Paréceme que aquí case todo é feito polo concello ou por institucións oficiais, e non está mal que estes axuden, pero só iso: axudar.

E antes de rematar, quero dicirche que me apetece moito aproveitar estes comentarios para facer lembranza dun noso amigo que, mentres foi mozo e aínda adulto, non deixaba de gozar coma ninguén destas e doutras festas ata se significar coma un dos vilalbeses máis destacados na promoción festiva da vida local. O Jaime Prieto estaba en todo e estaba sempre: non se concibía unha festa vilalbesa sen a súa presenza. Mesmo cando xa case non podía moverse con xeito, non deixaba de vir por aquí. Era algo parecido ao que representou o Epi ou o Pepe Mato, entre outros que sería de xustiza nomear con lembranza agradecida. Xaime fóisenos hai poucos días e adiviño que xa debe andar a organizar, na dimensión onde se atope, a peña da Vilalba bullangueira e festiva, aparte de atender a outras cuestións máis serias que esta xente nunca marxinou, con tal de que a nosa vila tivese vida. Estou seguro, meu Antón, que te xuntas a min para darlle grazas a Xaime, e que el llas dea da nosa parte aos que o precederon na partida a ese outro lugar onde andarán a proclamar que son vilalbeses a todos os efectos. Coa venia e o sorriso indubidable de Deus.

Por hoxe nada máis. Recibe, coma sempre, unha aperta de

Bernardo

lunes, 28 de febrero de 2011

2011: Una distopía feliz de Chris Hedges

Gracias por recomendarme este artículo, brother!!!!

Traducido del inglés por Sinfo Fernández

Las dos grandes visiones sobre distopías futuras han sido “1984”, de George Orwell, y “Un mundo feliz”, de Aldous Huxley. El debate existente entre quienes observaban nuestro deslizamiento hacia el totalitarismo de las corporaciones giraba en torno a quién de los dos escritores tenía razón. ¿Viviríamos dominados, como escribió Orwell, por una vigilancia represiva y un estado de seguridad que utilizaría formas de control brutales y violentas? ¿O, como Huxley imaginó, nos sentiríamos fascinados por el entretenimiento y el espectáculo, cautivos de la tecnología y seducidos por un derroche consumista que envolvería nuestra propia opresión? Pues ha resultado que ambos, Orwell y Huxley, tenían razón. Huxley fue capaz de imaginar la primera fase de nuestra esclavitud. Orwell la segunda.

Como Huxley predijo, el estado de las corporaciones nos ha ido despojando gradualmente, seduciéndonos y manipulándonos con gratificaciones sensuales, artículos baratos producidos en masa, crédito sin límites, teatro político y diversión. Mientras nos iban entreteniendo y envolviendo, fueron desmantelando todo el conjunto de regulaciones que en otro tiempo mantuvieron a raya al depredador estado corporativo, volviendo a reescribir las leyes que nos protegían hasta abocarnos a la pobreza. En estos momentos, el crédito se ha secado ya, los puestos de trabajo medianamente decentes para la clase trabajadora han desaparecido para siempre y los artículos producidos en masa resultan ahora inasequibles, por todo lo cual nos vemos transportados desde “Un mundo feliz” a “1984”. El estado, asfixiado por déficits masivos, guerras sin fin y fechorías corporativas, se desliza hacia la bancarrota. Ha llegado la hora de que el Gran Hermano se apodere del sensorama, de la orgia-porfía y de la bomba centrífuga de Huxley. Estamos pasando de una sociedad donde se nos manipula hábilmente con mentiras e ilusiones a otra donde estamos clara y totalmente controlados.

Orwell alertó sobre un mundo donde los libros estarían prohibidos. Huxley advirtió de un mundo donde nadie querría ya leer libros. Orwell alertó sobre un estado de guerra y miedo permanentes. Huxley advirtió de una cultura habitada por un placer vacío de sentido. Orwell avisó acerca de un estado donde todas las conversaciones y pensamientos estaban vigilados y la disidencia brutalmente reprimida. Huxley alertó sobre un estado donde su población sólo se preocupaba por las trivialidades y el cotilleo, sin que le importaran ya ni la verdad ni la información fidedigna. Orwell nos veía asustados y sometidos. Huxley nos veía seducidos y sometidos. Pero estamos descubriendo que Huxley no era más que el preludio de Orwell. Huxley entendía que en ese proceso éramos nosotros los cómplices de nuestra propia esclavitud. Orwell lo interpretaba como esclavitud. Ahora que el Estado corporativo ha dado ya el golpe maestro, nos encontramos desnudos e indefensos. Y estamos empezando a entender, como Karl Marx supo, que el capitalismo sin restricciones y sin reglamentar es una fuerza brutal y revolucionaria que explota a los seres humanos y el medio ambiente hasta agotarlos o destruirlos.

“El Partido busca el poder completamente en su propio beneficio”, escribió Orwell en “1984”. “No estamos interesados por el bien de los otros; únicamente nos interesa el poder. Ni la riqueza ni el lujo ni una vida larga ni la felicidad: sólo el poder, el poder puro. Lo que implica el poder puro lo comprenderán ahora. Nos diferenciamos de las oligarquías del pasado en que sabemos lo que estamos haciendo. Todos los demás, incluso los que se nos parecieron, eran cobardes e hipócritas. Los nazis alemanes y los comunistas rusos se nos parecían mucho en sus métodos, pero nunca tuvieron valor para reconocer sus propios motivos. Pretendieron, quizá hasta se lo creyeron, que habían tomado el poder de mala gana, por tiempo limitado y que justo a la vuelta de la esquina había un paraíso donde los seres humanos eran libres e iguales. Nosotros no somos así. Sabemos que nadie toma nunca el poder con intención de renunciar al mismo. El poder no es un medio, es un fin. Uno no establece una dictadura para salvaguardar una revolución; uno hace una revolución para establecer una dictadura. El objeto de la persecución es la persecución. El objeto de la tortura es la tortura. El objeto del poder es el poder”.

El filosofo político Sheldon Wolin utiliza el término “totalitarismo invertido” en su libro “Democracia incorporada” para describir nuestro sistema político. Es un término que daría sentido a Huxley. En el totalitarismo invertido, las sofisticadas tecnologías del control corporativo, la intimidación y manipulación de masas, que superan de lejos las utilizadas por los anteriores estados totalitarios, se enmascaran eficazmente con el oropel, el ruido y la abundancia de una sociedad de consumo. Se va renunciando gradualmente a la participación política y a las libertades civiles. El estado corporativo, escondido tras la pantalla de humo de la industria de las relaciones publicas, del entretenimiento y el materialismo chabacano de una sociedad de consumo, nos devora de dentro a afuera. No le debe lealtad a nadie, ni a nosotros ni a la nación. Se da un festín con nuestros cadáveres.

El estado corporativo no encuentra su expresión en un líder demagogo o carismático. Se define por el anonimato y la ausencia de rostro de la corporación. Las corporaciones, que suelen alquilar a portavoces atractivos como Barack Obama, controlan los usos de la ciencia, la tecnología, la educación y la comunicación de masas. Controlan los mensajes en el cine y en la televisión. Y, al igual que en “Un mundo feliz”, utilizan estas herramientas de comunicación para reforzar la tiranía. Nuestro sistema de comunicación de masas, como Wolin escribe, “obstaculiza, elimina cualquier elemento que pudiera introducir cualificación, ambigüedad o dialogo, cualquier cosa que pudiera debilitar o complicar la fuerza total de su creación, hasta su total impresión”.

El resultado es un sistema monocromático de la información. Cortesanos de famosos, haciéndose pasar por periodistas, expertos y especialistas, identifican nuestros problemas y explican pacientemente los parámetros. Se descarta como seres raros irrelevantes, extremistas y miembros de la izquierda radical a todos aquellos que se posicionan fuera de los parámetros impuestos. Se prohíbe a críticos sociales clarividentes, desde Ralph Nader a Noam Chomsky. Las opiniones aceptables van de la A a la B. La cultura, bajo tutela de esos cortesanos corporativos, se convierte, como Huxley señaló, en un mundo de conformidad alegre, así como en un inacabable y finalmente fatal optimismo. Nos compramos a nosotros mismos comprando productos que prometen cambiar nuestras vidas, haciéndonos más guapos, más seguros o exitosos mientras velozmente nos despojan de nuestros derechos, dinero e influencia. Todos los mensajes que recibimos a través de estos sistemas de comunicación, ya sea en las noticias de la noche o en los programas de entrevistas como “Oprah”, prometen un mañana más brillante y más feliz. Y esta es, como Wolin señala, “la misma ideología que invita a los ejecutivos de las corporaciones a exagerar beneficios y ocultar pérdidas, pero siempre con rostro risueño”. Estamos embelesados, como Wolin escribe, por “los continuos avances tecnológicos” que “fomentan elaboradas fantasías de destrezas individuales, juventud eterna, belleza gracias a la cirugía, acciones que se miden en nanosegundos: una cultura repleta de sueños de control y posibilidades en constante expansión, cuyos habitantes son propensos a fantasear porque la inmensa mayoría tiene imaginación pero pocos conocimientos científicos”.

Han desmantelado nuestra base industrial. Los especuladores y estafadores han saqueado el Tesoro estadounidense y han robado miles de millones a los pequeños accionistas que habían reservado ese dinero para la jubilación o para ir a la universidad. Se han eliminado las libertades civiles, incluido el habeas corpus y la protección contra las escuchas telefónicas sin orden judicial. Los servicios básicos se han entregado a las corporaciones, incluidas la educación pública y la atención sanitaria, que los explotan buscando únicamente el beneficio. El establishment corporativo ridiculiza a los pocos que se atreven a alzar su voz disidente, que se niegan a participar en la feliz charla corporativa, etiquetándoles de bichos raros, de frikis.

Las actitudes y el temperamento han sido astutamente manipulados por el estado corporativo, al igual que los maleables personajes de Huxley en “Un mundo feliz”. El protagonista del libro, Bernard Marx, vuelca su frustración en su novia Lenina:

“¿No te gustaría ser libre, Lenina”, pregunta.

“No comprendo qué quieres decir. Soy libre, libre para tener el tiempo más maravilloso. Todo el mundo es feliz hoy en día.”

Él se rió: “Sí, ‘todo el mundo es feliz hoy en día’. Pero, ¿no te gustaría ser libre para ser feliz de otra manera, Lenina? A tu manera, por ejemplo; no del mismo modo que todos los demás”.

“No sé lo que quieres decir”, repitió ella.

La fachada se derrumba. Y cada vez hay más gente que se da cuenta de que se les ha utilizado y se les ha robado, que poco a poco estamos yendo de “Un mundo feliz” de Huxley a “1984” de Orwell. “En algún momento, la gente tendrá que enfrentar verdades muy desagradables. Los puestos de trabajo bien pagados no van a volver. Los mayores déficits de la historia humana significan que estamos atrapados en un sistema de servidumbre que el estado de las corporaciones utilizará para erradicar los últimos vestigios que quedan de protección social a los ciudadanos, incluida la Seguridad Social. El estado ha sufrido una regresión de la democracia capitalista al neofeudalismo. Y cuando todas estas verdades aparezcan claramente, la rabia sustituirá a la alegre conformidad impuesta por las corporaciones. La debilidad de nuestros bolsillos post-industriales, donde alrededor de 40 millones de estadounidenses viven en un estado de pobreza y decenas de millones en una categoría denominada de “casi pobreza”, junto con la carencia de crédito que pudiera salvar a las familias de las ejecuciones hipotecarias, de las apropiaciones de los bancos y de la bancarrota a causa de las facturas médicas, pone en evidencia que el totalitarismo invertido no va ya a funcionar.

Cada vez vivimos más en la Oceanía de Orwell, no en El Estado Mundial de Huxley. Osama bin Laden juega el papel asumido por Emmanuel Goldstein en “1984”. Goldstein, en la novela, es el rostro público del terror. Sus diabólicas maquinaciones y actos clandestinos de violencia dominan las noticias de la noche. La imagen de Goldstein aparece cada día en las pantallas de televisión de Oceanía como parte del ritual diario de “Dos Minutos de Odio” de la nación. Y sin la intervención del estado, Goldstein, al igual que bin Laden, acabará con vosotros. En la lucha titánica contra la personificación del mal, se justifican todos los excesos.

La tortura psicológica aplicada al soldado raso Bradley Manning –que lleva ya siete meses preso sin haber sido acusado de delito alguno- refleja el destrozo del disidente Winston Smith al final de “1984”. A Manning se le mantiene como “detenido sometido a máxima vigilancia” en el calabozo de la Base del Cuerpo de Marina Quantico, en Virginia. Pasa solo 23 de las 24 horas del día. Se le niega la posibilidad de hacer ejercicio. No puede tener almohada ni sábanas en la cama. Los doctores del ejército le han estado atiborrando de antidepresivos. Las más crudas formas de tortura de la Gestapo se han sustituido por refinadas técnicas orwellianas, en gran medida desarrolladas por psicólogos que trabajan para el gobierno para convertir en vegetales a disidentes como Manning. Destrozamos las almas y los cuerpos. Es más eficaz así. Ahora nos pueden llevar a todos a la temible Habitación 101 de Orwell para que nos conviertan en seres dóciles e inofensivos. Esas “especiales medidas administrativas” se imponen habitualmente a nuestros disidentes, incluido Syed Fahad Hashmi, quien pasó tres años encarcelado en condiciones parecidas antes de ser llamado a juicio. Esas técnicas han destrozado psíquicamente a miles de detenidos en nuestros agujeros negros por todo el globo. Constituyen la principal forma de control en nuestras prisiones de máxima seguridad, donde el estado corporativo hace la guerra sirviéndose astutamente de nuestra inferior: los afroamericanos. Todo presagia el cambio de Huxley a Orwell.

“Nunca podrás tener de nuevo sentimientos humanos normales”, dice el torturador de Winston Smith en “1984”. “Todo estará muerto dentro de ti. Ya no podrás ser capaz nunca de sentir amor o amistad o alegría de vivir o risa o curiosidad o valentía o integridad. Te quedarás vacío, hueco. Vamos a exprimirte hasta vaciarte y después te llenaremos de nosotros mismos”.

El nudo se va estrechando. La era del divertimento se sustituye por la era de la represión. Decenas de millones de ciudadanos han tenido que entregar sus registros telefónicos y correos al gobierno. Somos la ciudanía más controlada y espiada en la historia humana. Muchos de nosotros tenemos nuestras rutinas diarias atrapadas en docenas de cámaras de seguridad. Nuestras inclinaciones y hábitos se registran en Internet. Nuestros perfiles se generan electrónicamente. Cachean nuestros cuerpos en los aeropuertos y nos filman con escáneres. Y los anuncios de servicio público, las pegatinas de los coches de inspección y los carteles del transporte público nos instan constantemente a informar de actividades sospechosas. Porque el enemigo está por todas partes.

Se silencia brutalmente a quienes no se ajusten a los dictados de la guerra contra el terror, una guerra que, como Orwell señaló, es inacabable. Las draconianas medidas de seguridad utilizadas para reprimir las protestas en las cumbres del G-20 en Pittsburg y Toronto fueron salvajemente desproporcionadas para el nivel de actividad de la calle. Pero enviaron un claro mensaje: ¡NI SE OS OCURRA INTENTARLO! La persecución por parte del FBI de los activistas a favor de Palestina y en contra de la guerra, que el pasado septiembre vieron cómo los agentes asaltaban sus hogares en Minneapolis y Chicago, es un presagio de lo que está por venir para todos aquellos que se atrevan a desafiar el Neolengua oficial del estado. Los agentes –nuestra Policía del Pensamiento- incautaron teléfonos, ordenadores, documentos y otras pertenencias personales. Se han enviado citaciones judiciales a 26 personas para que comparezcan ante un gran jurado. Las notificaciones citan leyes federales que prohíben “proporcionar apoyo material o recursos destinados a organizaciones extranjeras terroristas”. El Terror, incluso para quienes no tienen nada que ver con el terrorismo, se convierte en el objeto contundente utilizado por el Gran Hermano para protegernos de nosotros mismos.

“¿Empiezan a ver, pues, qué clase de mundo estamos creando?”, escribió Orwell. “Es exactamente todo lo contrario de las estúpidas Utopías hedonistas que los viejos reformistas imaginaron. Un mundo de temor, traición y tormento, un mundo donde se pisotea y se es pisoteado, un mundo cada vez más despiadado en la medida en que se va refinando”.

Chris Hedges ha sido corresponsal en América Central, Oriente Medio, África y los Balcanes a lo largo de dos décadas. En 2002 recibió el Premio Internacional de los Derechos Humanos de Amnistía Internacional. En 2010 recibió el Premio a la Mejor Columna Online por el ensayo “One Day We’ll All Be Terrorists”. Ha dado clase en las Universidades de Columbia, Nueva York y Princetown. Actualmente da clases a los presos de un correccional de Nueva Jersey. Es también miembro del The Nation Institute.