sábado, 8 de noviembre de 2008
Comentario dunha anónima a Punto e aparte
Publico este comentario do meu artigo que segue a dar luz a este tema, como poderedes observar non deixo de publicar tamén os que publican os enfadados polas miñas reflexións:
Comentario:
Meu Deus, lendo algún comentario podería suceder que algún pense que Martín non sabe perder… de ser así, malamente podería presentarse nunha lista ás municipais de Vilalba cos socialistas que sempre fomos perdedores neste pobo (aínda que iamos millorando).
Eu tamén son socialista, unha socialista abraiada da cantidade de afiliados que hai agora en Vilalba. Esto, en principio, sempre me produciría unha grande ledicia, ser cada día máis, poder gañar unhas eleccións municipais, ¡que bo plan!
Pero a cousa non é o que parece, toda esta xente que chegou ó PSOE tralas eleccións autonómicas, algúns antes (vistos os sondeos), ¿quen son?. Estamos en Vilalba, todos somos coñecidos, amigos, familiares, amigos de familiares, amigos de amigos, etc ¿a quen imos enganar? Se o sábado pasado estiverades na asemblea algún de vós crería que sofre alucinacións. Eu mesma relatei isto nun café coas amigas e botamos unhas risas guapas. Veredes, entre estes novos fichaxes que gañaron a votación están: rapaces que coñezo de toda a vida que sempre se manifestaron a favor do partido popular, rapaces de máis idade que sempre se manifestaron a favor do partido popular abertamente, outros veñen do BNG algúns rebotados e outros non sei, algún deles ía todavía nas listas das municipais anteriores, tamén hai persoas ás que non se lles podía nin falar de política e moito menos do partido socialista, non se lles podía pedir nin o voto nin a asistencia a un mitin (e so era para que se informasen…), outros non sei si andarán a coleccionar carnets de partidos políticos, e tamén están outros dos que falarei logo…
Poderiamos pensar que todos eles se deron conta agora de que o mellor proxecto é o socialista e decidiron apoialo, podería ser que algún o fixese agora porque antes estaba atemorizado, pero…¿todos eles á vez?, e ¿como pode ser que algún deles se declare “nacionalista” e milite no partido socialista? (que complicado). Eu opino que eles están no PSOE por un motivo que non ten nada que ver coa súa ideoloxía, por iso me parece tan grave que gañaran xa que penso que non son socialistas e tampouco o serán os seus proxectos nen as súas actuacións. Non sei moi ben que é o que son, aínda que creo, coma ti Martín, entender os seus intereses.
De tódolos xeitos, hai un tempo pregunteille a unha coñecida -novo fichaxe- nunha reunión do partido: e ti… ¡anda! ¿que fas por aquí? ¿non sabía que eras socialista? (e que eu, claro, inocente de min, pensei:¡que ben! outra socialista neste pobo), a pobre muller baixou a cabeza púxose moi colorada e dixo: non eu non, é que hai que vir… E isto para min é o máis triste, que alguén venda o seu pensamento, os seus principios, a súa ideoloxía… quen sabe porque, a que ten medo, non sei que pode ser e ¡non o entendo!. Estamos andando ó revés, non remataran xa eses tempos… Esto é Martín o que a min máis me doe, non tanto os amigos que van votar polo coleguilla, xa que: son amigos, senón estes outros que “teñen que ir votar”.
Por certo Martín, grazas por este artigo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Ser nacionalista non se atopa reñido co ser socialista, ser afiliado non implica ser tradicional e por ultimo ser socialista implica ser libre de elexir, buscar a verdade, loitar contra as inxustizas... en definitiva ser unha persoa integra, e para iso e necesario selo tanto na victoria coma na derrota. Señores e o que hai perderon a votacion de afiliados, e polo tanto hai xente q se considera mais valida q vostedes para conquerir un partido forte en vilalba. Son vostedes tan clasistas que existan afiliados de primeira e outros de segunda, iso recordame a un partido onde si existen as clases.
A anónima socialista decepcionada responde:
Sen ánimo de parecer unha pedante, penso que vostede, anónimo que responde o 11 de novembro, non entende moito de política. Igual eu ando desfasada, pode que cambiaran os conceptos ou que alguén ande a reinventar un socialismo á súa medida. Sempre pode responderme algún licenciado en ciencias políticas e corrixirme si é que estou nun erro. Pero non, nunca o socialismo tivo que ver co nacionalismo, penso que os concepto son totalmente contrarios, incompatibles, imposibles de mezclar. De mezclar estes dous términos so me saen cousas terribles, en fin…
No noso país hay partidos nacionalistas de esquerdas, de dereitas, de centro, pero ningún deles se corresponde co PSdeG-PSOE por iso non entendo que fai un nacionalista afiliado ó mesmo tendo outros máis coincidentes coas súas ideas. O socialismo fala de solidaridade entre os pobos, do reparto das riquezas entre os pobos... e iso malamente se leva coa idea de independencia das nacións.
Iso de ser afiliado e ser ou non tradicional, desto non falei en ningún momento. Non entendo cal é a relación que establece vostede. ¿Considera que a miña postura é tradicional? Eu sempre considerei tradicional a idea de poñerse do lado do que sempre se dixo que tiña que ser, das costumes, do que din os que mandan, do que din os todopoderosos. Supoño que apoiar a quen manda é unha postura bastante tradicional, conservadora. Poñerse o outro día do lado de Elba paréceme que non o é, posto que é unha persoa nova no partido e na política, apoiada por xente máis recente e outros de sempre, en principio parece bastante novedoso, moderno. Tamén me resultou novedoso polo feito de que é unha muller, posto que non hai ningunha dirixindo un partido político na nosa vila. Resúltame moderno posto que as persoas que formaban a súa candidatura o son, persoas do século XXI, que coñecen os problemas da xente, que teñen ideas frescas, moitos plans… O socialismo significa tamén progreso, un camiño hacia un mundo moderno, agora que, o de ser militante e ser ou non tradicional, pois…¿?? Pois estou de acordo con vostede: non implica ser tradicional, non ten nada que ver. Estar afiliado penso que significa que es militante dun partido, que traballas por e para ese partido e que formas parte do mesmo.
Ser socialista penso que é moito máis que o que vostede di: libre de elexir, buscar a verdade, loitar contra as inxustizas… Estes son obxetivos de moitas organizacións, da iglesia, de moitas ONGs, supoño que de tódolos partidos políticos democráticos… Pero penso que ós socialistas únennos estas cousas e moitas máis. Por iso nos xuntamos, nos afiliamos a este partido porque nos temas fundamentais opinamos o mesmo aínda que despois discrepemos en temas secundarios, no xeito de desenvolver o que pensamos, nas formas que se van utilizar, pero no fundamental deberiamos estar de acordo. E si as nosas ideas son outras, pois non pintamos nada aquí, teremos que buscar o noso lugar, eso é o que penso. E non estou establecendo clases, pero mire, si eu, que, por exemplo non creo que a familia, a iglesia, os valores tradicionais, a seguridade, o capital, sexan os temas fundamentais a defender por un goberno, si vou a afiliarme ó PP e alguén no PP me di que non está de acordo con isto, eu non entendo que sexa un clasista. O que eu entendo é que me está axudando a buscar o meu lugar no mundo na política. Tamén sei que si xa coñezo cal é o meu lugar non sería eu nada íntegra, como vostede di, si sigo pretendendo afiliarme a ese partido. E seguindo co da integridade, tampouco me parece que o sexa apoiar nunha votación a persoas que de socialistas non teñen nada, si formas parte dese partido polas túas ideas.
E mire, eu son íntegra na derrota e na victoria, pero como tamén son libre de elexir e libre de opinar pois digo claramente que me parece moi mal que outras persoas non sexan libre de elexir, que decidan coaccionadas e que iso suceda no partido socialista. Como me parece unha vergoña e iso levou á victoria ós que gañaron o outro día, pois o manifesto.
Ademáis quero dicirlle que o partido socialista desde logo que loita porque deixen de existir diferencias entre clases sociais, pero penso que vostede tampouco entende nada ben o concepto de clasismo. Si eu quero que o partido socialista gañe unhas eleccións e que o PP as perda, non son clasista, so son socialista. E si o outro día quería que Elba gañara a votación so quere dicir que estou a favor de Elba e que penso que era a persoa ideal para dirixir o partido en Vilalba. Nunca pensei que houbera afiliados de primeira e de segunda iso non é posible, cada un ten un voto e ningún máis, pero iso non quere dicir que me pareza ben que calqueira se poda afiliar a un partido sen compartir as ideas do mesmo. Xa que entón, non sería necesario nin pensar en gañar as seguintes eleccións en Vilalba, poderiamos afiliarnos todos ó PP e arrebatarlles a dirección do partido e gobernar aínda que non gañemos, ¿qué mundo nos espera? ¿e isto una película de ciencia ficción?
Eu tampouco vou ser moi pedante, non teño animo e ao mellor tampouco sei. O PsdG q eu sepa, e dun caracter marcadamente republicano e sobre todo federalista, polo tanto cando se constitue un estado federal os estados federais, por exemplo Galicia se se dera o caso, tería unha autonomia cercana o nacionalismo, polo tanto como podes observar non se atopan tan alonxados.
O q tedes q facer e asimilar a vosa derrota e recoñecer q Eduardo tivo máis apoyo dos "afiliados", todos son iguais, asumideo xa e poñedevos a traballar por Vilalba e polo Psdg de Vilalba.
made in vilalba.
o de sempre agora sinalar de que pensamento politico e un ou outro. Pero ese pensamento non e de dereitas. Enton pa que estan os politico para convencer e si convences e fas afiliados mellor para o partido. E logo un cando esta nun partido e ve que veradeiramente a suas ideas non son as que pensaba que era do partido NON PODE CAMBIAR? non se pode reinsertar un cas suas ideas.
Bueno the cuestion tags? Sr Martin Seco Cendan (HIJO).
cando votamos po-la candidata e os que ivan nas listas ti nela estas censado en Vilalba o votamos un tipico forastero que ven o san ramon.?
E que che pasou nas xuventudes socialistas por que agora estamos intrigados?
E un socialista nace o faise?
Pa que estan o mitines para gastar cartos xa o sabemos pero non son para cambiar a xente de idea.? e logo tamen si sale unha alcaldesa socialista e ilegitima pois os votos salen de votos ancestrales do PP.doutro lado non van saiiiir.
Pero de verdade agora teras negociado co PP os desplazamento de coruña beach a vilalba para asistir os plenos ou fas teleconcejal denda a casa.?
Espero que publiques democraticamente este comentario.
saudos un vilalba(de toda a vida) ojo non son forastero venidero.
Publicar un comentario