jueves, 29 de enero de 2009

Menudos comentarios concita a compañeira Sonia Verdes, ante a noticia da súa inclusión nas listas do PSdeG-PSOE no Xornal dixital "A VOZ DE VILALBA"


Quede craro que estes comentarios están recollidos do xornal dixital "A Voz de Vilalba", e que o responsable deste blog non fai máis que reproducir os comentarios que alí son expostos polos lectores:

Noticia:

Agás sorpresa de última hora, a concelleira vilalbesa Sonia Verdes ocupará o posto número catro na lista por Lugo do PSdeG nas eleccións ao Parlamento. Veterinaria de 34 anos, xa fora número 3 na candidatura ao Senado nos pasados comicios xerais, e é unha das poucas novidades que aportan as candidaturas socialistas, en xeral continuístas respecto ás de 2004.Dáse a circunstancia de que o sector crítico da agrupación socialista vilalbesa emitira hai poucos días un comunicado no que solicitaba a non inclusión de Verdes na candidatura, "para non afondar nas feridas abertas trala dramática elección da nova executiva local (...) ao ser quen traicionou os membros da anterior executiva ás súas costas ", petición que, como se ve, non será atendida polo Comité Nacional do PSdeG.De se confirmaren os resultados previstos polas enquisas que comezan a circular polo país, Vilalba podería contar con dous deputados no Hórreo, se non hai sorpresas na máis que probábel pero aínda non confirmada candidatura de Agustín Baamonde polo PPdG.

Comentarios dos lectores:


1.- Anônimo disse...
Que fermosa é esta rapaza!
1/20/2009 10:49 AM

2.- Anônimo disse...
Vaia comentario do Anónimo anterior,o que importa é a defensa dos seus ideais, estéñase ou non de acordo con eles.Polo visto debe ser unha votada para adiante en política xa que para estar onde está, fixo un regateo pouco ético ó meu entender.Que defenda ben os idais socialistas, é o que lle desexo.
1/20/2009 7:13 PM

3.- Anônimo disse...
Pouco ético e pouco responsable, vender os seus compañeiros por beneficio propio é o máis deplrable que se pode facer a nivel político e indica os valores desta rapaza.
1/21/2009 10:46 AM

4.- Anônimo disse...
Estimada Sonia: Cantos amigos tes no alto poder do PSDG?. Cantos cadavres deixache no camiño axudada polos ex membros do BNG que asaltaron o PSOE vilalbés?. Entéretate dende o teu posto de concelleira do que sucede no Concello, porque cada vez que te escoito falar ou leo cousas túas na prensa pareceme que estás a facer unha oposición penosa. Claro queres ir para Compostela porque non queres seguir andando polas silveiras de San Lorenzo de Árbol adiante. Ademáis no Parlamento galego gáñanse moitos cartiños. Non me corto en dicircho. Vas polo monei e para caciquear. Pode doerche pero é así. Vaia o meu agarimoso respecto para a xente socialista vilalbesa de verdade e que non sei como teñen noxo de compartir aínda mesa e mantel contigo e con Vidal Baamonde, mentres vos dedicades a fustigar e tratar de apartar con calquera nefasta arte a Martín Seco García e Elba Veleiro. Seguramente ningún dos dous salga elixido concelleiro nas proximas eleccións ao non formar parte da vosa lista. Non sei o que sentirás se quedas fora do Concello, con asiento no Hórreo. Eu sentiría repugnancia humana se me vexo no teu caso. Que conste, non che envexo nada. Diríxome a ti coma política, xa que coma persoa non teño esa inmensa sorte e gratitude de coñecerte. Saúdos e que che vaia moi ben Estimada Sonia.XAN DO MUÍÑO
1/21/2009 1:34 PM

5.- Anônimo disse...
O de ser fermosa ou non sempre é para gustos e supoño que non se presenta a un concurso de beleza, a pesar de que en Vilalba parece que se están poñendo de moda... aínda que supoño que isto é o único positivo que se lle ocurriu escribir ó que opinou deste xeito.A min persoalmente non me gusta nada, posto que, para empezar, non é coñecida no seu pobo, para continuar non mostrou ser unha persoa íntegra nin leal nin sinceira, sendo estas as cualidades que eu máis valoro nunha persoa e das que non deberían carecer os nosos representantes políticos; e digo que carece destas virtudes porque á vista está como se cambiou de bando en poucos días, traicionando ós seus compañeiros de partido a cambio dun posto nesta candidatura ás eleccións autonómicas. Tampouco me parece unha boa política,non ten experiencia nin preparación para desempeñar un bo papel como diputada. Parece que estamos nos tempos en que todo vale e todos valen, eu penso que ou ben unha boa preparación ou ben unha experiencia previa en política deberían ser requisitos indispensables para formar parte dunha lista deste tipo. Penso que hai moitas mulleres preparadas, traballadoras e implicadas coa sociedade e os veciños no partido socialista que nos representarían axeitadamente e espero que este partido reflexione e realice os cambios oportunos.Un saúdo
1/22/2009 9:11 AM

6.- Anônimo disse...
Pode que asaltaran, e máis, asltaron ó PsoE e Eduardo Vidal colocouse ben que supoño era o que quería ademáis de algo máis,(son suposicións miñas),como tamén supoño que esta rapaza se apuntou ó carro dos asaltantes, e semella que vai ben dirixida, xa non só por quen a aupou en Vilalba, senón tamén en Lugo apoiada por Ricardo Varela e Gato Soengas,(non menos ambiciosos), dirixentes do PsoE a nível Provincial,En todo caso, non foron membros do BNG que eu saiba, e tamén quixeron facer o mesmiño que no PsoE, e por certo que no BNG como no Psoe, tamén tiveron certo apoio até que pasou o que pasou.Sí parece ser que os socialistas lles deron o carnet de afiliados e a cousa saulles ben,Outra cousa é o que vaia pasar de eiquí en diante cós socialistas vilalbeses, pois se pasa como no BNG, xa sería o segundo grupo político que tiran.Tamén poida ser que a próxima batalla a den no PP e tamén o amolden ó seu antollo, máis o PP neste sentido é máis fino e precavido.En calisquer caso como maquiavelos políticos teñen o seu mérito, pois non é doado como lles foi a eles, facerse con tanto poder en relación ó tempo.En canto a Veleiro, parece que a neutralizaron, o tempo dirá que vai pasar con ela, que curiosamente, foi cós seus resultados quen lles deu indirectamente Red Bull, eu no seu lugar igual que entrou iríame ó finalizar a lexislatura, e quedaría como a persoa que ergueu como nunca aos socialistas de Vilalba.E quedaría como unha triunfadora,O malo é que a política Vilalbesa vai quedar resentida por estes movementos, e quen paga todos estes desperfectos democráticos, é a cidadanía de todo o Concello.Mágoa que teñamos que seguir a soportar os desacertos rítmicos e acompasados indebidamente no tempo, do PP, que ao fin é quen máis se beneficia, estes últimos sí que saben.Casi que parece que o reincidente Alcalde Gerardo ó seu lado é un "bebé".Un Saúdo a tod@s.
1/23/2009 11:49 AM
.
7.- Anônimo disse...
Hai quén di Sonia que non tes vergoña política. Estou de acordo. Engadiría que se a tes non vaias pedir o voto dos vilalbeses. Sinxelamente a lista socialista na que ti vas está chea de lama, esa que ti denuncias que hai polas aldeas adiante caeuche a ti toda enriba, por un prato de lentellas. Ao peor actor de Hollywood concédenlle o antioscar. Lembra que aínda que a mín non me gusta esa expresión, pero que sempre ou case sempre acaba por cumprirse: "Quen as fai acabás pagando", ou se queres para ser máis diplomáticos podemos aplicar aquela outra de "o tempo pon a cada quen no seu sitio". Recoñezo a dignidade dos teus compañeiros de partido, que a teñen. É o último que nos queda. Non é un falso consolo. Non che quero aplicar moito máis refraneiro popular, pero xa sabes o que che pode agardar en política, onde ti es a mostra máis rotunda de que está chea de navalleiros, en sentido figurado claro está. Lembra unha cousiña, aínda que eu, como son case do teu tempo ou cecais un anos máis vello. Leva contigo esta expresión que che regalo amistosamente e con agarimo, porque se cadra algún día reflexionas sobre o lastimoso espectáculo que deches.Para ti Sonia:VILALBA NON É ROMA, PERO TAMPOUCO PAGA A TRAIDORESManuel Cordal. Psiquiatra de Goiriz, afincado no Salnés. Sds.
.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Non entendi como vos poder doer tanto que unha persoa do noso pobo nos represente no Parlamento Galego, Martín, tanto pai coma fillo, a vosa fidelidade a un partido queda totalmente demostrada(ironía) cando deixades ver publicamente que non se debe de votar ao PSdeG porque os seus candidatos non son os ideais, dadesme pena por ter tanto rencor, por non saber retirarse a tempo e por acusar a unha persoa do que levades intentando vosoutros durante tanto tempo pero sin conquerilo.
Hai un comentario onde se di que Sonia non é coñecida no seu pobo, coño se eu non vin xamais a Martín fillo por Vilalba, e ao pai quitando no Nexus tampouco.
Pero bueno, eu non coñezo a Sonia persoalmente, pero todo o que seña bo para o meu partido está ben feito, e unha última reflexión, se non é tan boa como dicides, porqué a levastedes na lista?

Anónimo dijo...

Creo que erras na túa consideración,. porque ¿dixo alguén que non se votaran os candidatos do PSdeG-PSOE?, vaia forma de tergiversar as palabras, mintes cando dis tal aseveración e con ela cae todo o teu discurso. deberías de ler a carta a Antón de Bernardo García esta semana para comprender algo deste tema.
Falas de saber retirarse a tempo cando Martín fillo ten 32 anos e leva dous escasos no concello, caramba que rapidez de renovación a doc.
E a ver si te moves un pouquiño máis polo pobo porque non é tan difícil ver a Martín pai e fillo por él, aínda que algún de vos interese decir o contrario, de todas formas parece como se vivisen no Nexus, moito sabes das súas costumes para logo decir que non coñeces a Sonia, vésete vir as leguas.

Anónimo dijo...

Campi@n, volto a repetir que non coñezo a Sonia de nada, únicamente sei que é veterinaria, nada máis, nin por onde traballa nin nada máis, eu non critico que aos Martín non se lles vexa por vilalba (cousa que é ben certa) senón que sexan eles os que falan de que Sonia é pouco coñecida en Vilalba, aos veterinarios (coñeceos todo o mundo), eu non quero retirar a naide, pero hai que saber cando acabao o teu momento e cando empeza de novo, e se leva só dous anos de concelleiro, eses dous anos son máis que suficientes para amosar a valía de cada un, para facerche un favor direi que ainda non leva eses dous, ata maio non os cumple.
A quen me refiro é ao pai, leva tantos anos como ten o fillo en política e ten que recoñecer que os seus resultados en Vilalba foron calamitosos ( exceptuando as últimas eleccións, pero isto é mérito da candidata), e que é hora de que chegue xente doutra forma de manexar un partido.
Por último e o máis importante, cando unha persoa que foi Sº Xeral da agrupación pide expresamente e públicamente que unha persoa non vaia nunha candidatura, está condicionando moi moito a votación dos seus anteriores compañeiros e da unha imaxe do partido realmente penosa.
Dime outra vez se minto porque opino que non trastoquei os seso das palabras escritas e lidas en ningún momento senon que expreso a sensación que me está a producir toda esta batalla.

Anónimo dijo...

Primeiro volto a repetir que mintes cando dices que non coñeces a Sonia, porque coñeces demasiado do partido para nonn coñecela.
Utilizas os datos o teu antoxo, sabes que o PSOE en Vilalba nas eleccións municipais tivo 3200 votos e nas xerais do 2004 tivo 2600 votos, e todavía non estaba Elba Veleiro polo partido a que se lle poden otorgar eses últimos 500 o 600 votos a maiores pero a subida dende as de 2004 ou as autonómicas de 2005 onde tamén se parasaron dos 2000 votos é baixo a dirección de Martín Seco, que ademais se encargou de traer a Elba a o partido, non estaría tan mal dirixido entonces, e ademais buscou a renovación con ela o fronte ou sexa, que eso de nonn saber irse é unha disculpa para poñer agora o Luisito o fronte de esto, que vergoña.
Ninguén dixo que Sonia non fose coñecida,que creo que pouco coñecida é, pero eu non llo oin a os Martines, agora o importante sería saber se é coñecida para ben ou para mal.
Por outra parte volto a repetir que non é tan dificil atopar os Martines por Vilalba, é bastante fácil se non fora porque che interesa dicir o contrario, pero contéstame, ¿ves algunha vez, que non sexa fin de semana, a Eduardo Vidal polo pobo? Eu non o vexo nunca, para min que Vilalba lle importa un pito.

Anónimo dijo...

Home claro que vexo a Eduardo Vidal por Vilalba, casualmente case que tódalas noites paseando o can por cerca do Froiz, polo día non porque o seu cargo obligao a estar pola mañá na oficina da delegación e pola tarde atendendo os compromisos que o seu cargo require.
Volto a repetirche con non coñezo a Sonia de nada, non estou sequera no partido en Vilalba, pero vivo eiqui e ven sei todo o que pasa.
Segundo, que eu saiba, Luis do Luta non é o máximo responsable do partido, é máis ocupa unha Secretaría das que poderíamos chamar secundarías.
O avance de votos do que ti falas correspondese a unha tendencia xeralizada en toda Galicia, e se non me cres mira as estadísticas da evolución dos resultados.
A Martín o que lle había que facer era agradecerlle os seus servicios ó partido durante tantos anos e o traballo que realizou para él, o que creo que non debe de facer é retirarse deste xeito, levándose a quen seña por diante, él fixo moito polo partido para ter que ensuciarse deste modo.
Tratou de renovar o partido pero sempre deixando algo do pasado, sobre todo a súa forma de facer política, non digo quero fose mala, pero non acadou os resultados axeitados(e mira que levaba anos).

Anónimo dijo...

Ou sexa que a Vidal o ves polas noites paseando o can, porque polo día non pode, pero os que non andan por Vilalba son os Martines, porque eles si que teñen todo o día para rascar os mismísimos, extraña vara de medir para esixirlles a algúns presencia total e a outros que dicen que van a revitalizar o partido nada de nada, aínda que vexas de de xestión política, nanai do peluquín.
Creo que é moi honrado pola parte de Martín Seco pai, facer o que fai, as declaracións tan valentes que fai, porque non te preguntaches en ningún momento porque facelo e expoñer tanto con esta actitude senon saca nada a cambio, é mais tendo tanto que perder como ti dís, non te fai reflexionar de que algo moi grave debe de estar vendo nos novos acaparadores do partido para facelo.
Volto coa curiosa vara de medir que usas, o partido saca os resultados das eleccións que eu che comentaba e é unha tendencia do partido a nivel xeral, pero o mesmo tempo lle achacas a Martín Seco Cendán os malos resultados durante anos, o bó para o partido o malo para Martín, olé os teus huevos.Seguro que se agora se sacan bos resultados será Vidal o salvador e se son malos, será a tendencia xeral do Partido.
Por outra parte alédome que non coñezas a alguén tan ruín e mala persoa como Sonia Verdes, aínda que eu non che creo, Tolomeo.

Fdo: Un roxo vilalbés desilusionado.

Anónimo dijo...

Por certo algunha vez te preguntaches, non sei se o sabes de onde salen case que tódalas iniciativas municipaid do PSOE?, te preguntaches porque baixou tanto o pistón de traballo o PSOE dende as liortas internas e o disgusto dalgun dos seus membros?, antes de falar de valías, pregúntante valías para que?

Anónimo dijo...

Neno o primeiro que dixo que non se coñecía a unha persoa fuches ti, segundo, eu non digo que os Martines estean a rañala na casa, cada un fara o seu traballo, pero que ti me digas que uns se ven e outros non é mentira.
O que me pregunto é porqué non fixo isto antes cada ainda cría ter algo de poder no partido, porqué montaron todo este circo dende que perderon o contol da executiva?
É moi fácil falar sen ter nada que perder, porque xa o perdiches todo, pero en cambio o partido sí que che deu algo a tí con anterioridade.
Non olvidemos que hai xente que lle debe o posto de traballo que ten ate o de agora a militar no partido,xa me adianto ao que me vas a a dicir, sí home claro que Eduardo Vidal tamén. Asi que iso de que Martín deu todo por este partido e non recibiu nada a cambio é mentira.
Os resultados, casualmente con Martín como cabeza de lista sempre, e digo sempre foron desastrosos, casualmente coa entrada de elba produciuse unha subida xeralizada dos votos, que se viu impulsada polos bos resultados acadados nas eleccións xerais do 2004, pero cabe recordar o baixon que pegou o partido nas autonómicas do ano seguinte, para recuperarse nas eleccións locais, e conquerir os mellores resultados da súa historia, e casualmente sen Martín a cabeza, tamén diremos que o candidato do PP non era un fenómeno.
Por certo que pasou coa lotería que no blog publicouse unha entrada que non era certa, unha persoa de Lugo, dixome que certo exsecretario xeral da agrupación dixo que non a querían (eu só digo iso).

Anónimo dijo...

Confirmado que mintes cando dices que non coñeces a Sonia, mentirosillo, se hasta andas en pormenores do que pasa por Lugo.
A lotería de Nadal que a ten que encargar e xestionar e a executiva actual, a executiva anterior que xa non estaba a dirixir a agrupación de Vilalba é a culpable, estas de coña, o que pasa e que os señores de agora tedes moitos cartos e non vos fai falla.
Equivócaste en quen vive do partido e quen non, os Martines un traballa na refinería e outro é funcionario con oposición, non equivoques a xente, certo que un deles estivo de directivo de Tragsa pero como ten esa decencia da que ti seguro que non entendes, deberías decir que abandonou Tragsa para voltar a ser funcionario porque é unha persoa nobre e condescendiente coas súas posicións, pero os que viven do PSOE os coñecemos todos, ademais de Vidal, ese gran presidente ausente da APA, o Sr MOnasterio que vive dos traballos que lle encarga o seu amigo a esa enmpresa que ten de limpeza ou esos negocios que fixo paralelamente a cando traballaba no banco do que o botaron, traballa algunha academia con axudas da consellería de traballo da que logo se afilian donos e mulleres de donos, traballan eses novos afiliados que entran no partido cando Luisito lles promete un traballo para a Xunta ou en Tragsa, por suposto que a partir de agora vivirá Sonia Verdes desto, o primo de Luisito, sí o de Santaballa que traballaba na campaña para Lucho, e non vou a seguir porque da noxo.
Nadie dice que non traballe Vidal, está todo o día con chanchullos políticos e cousas raras das que é mellor non falar aínda que algún día podemos facelo, pero por Vilalba, nada de nada, un simple trampolín na súa carreira política.
Dices que é fácil decir o que dice Martín porque non ten nada que perder e estás contradecíndote co que decías antes, seguro que ten máis que perder persoalmente do que tí chegues a entender nunca, sobre todo unha persoa que deu toda a súa vida e sempre rpiorizou o partido, pero eso seguro que non o entendes e terías que estar na súa pel para sabelo.
Cando falas de resultados sempre arrimas os datos o teu favor, non dís que os resultados do PSOE con Martín o fronte foron sempre con Xunta e Deputación gobernados polo PP, cun PP fortísimo en Vilalba con un bó candidato, excepto cando entrou no 89 que pasou de 0 a 3 concelleiros moi posiblemente aupado tamen polo tripartito, pero despois tivo que pasar o deserto das corruptelas e demais, e en cambio non dís que os resultados destas ultimas municipais viñan despois de estar gobernando a Xunta e todo o que ocnleva de poder, algo se notará, pero creo que vai a ser imposible chegar a algo xeitoso contigo porque esta craro que eres un deles aínda que te agoches detras de unha persoa allea o problema.

Manuel dos Catro Camiños

Anónimo dijo...

Repitoche que son unha persoa allea a eles, non me une nen sequera amizade, pero si coñezoos máis que ao resto por motivos alleos a política.
Segundo coñezo a xente de Lugo porque alí sí que teño amizades, tanto dentro do propio partido de Lugo, na diputación, como na executiva provincial, por todo iso, e porque ao vivir en Vilalba interesame como está o partido ao que pretendo votar e ao que nun futuro non moi lonxano penso trocar a miña afiliación dende a agrupación onde residía anteriormente.
Nacín en Vilalba e vivín moitos anos neste pobo, pero por razóns familiares tiven que irme, pero agora que voltei, non podo sair do meu asombro cando me atopo con un partido non só dividido senón enfrontado case que físicamente.
Non digo uns sexan os bos nin outros os malos, o que sí que digo e que hai que saber cando un sae derrotado e saber asumir esa derrota para poder seguir traballando polo partido.
O dos traballo, eu non uso unha vara de medir diferente, soamente me remito ao dito pola primeira interfvención feita onde se dí que non se ve as Eduardo Vidal por Vilalba, volvo a dicir que que eles tampouco son moi fáciles de ver polo pobo, se é por cuestión de traballo dame igual, é máis entendeoo.
Martín xa sei que é funcionario, pero tamén sei que lle derón un posto na directiva de tragsa, e sorpresa, ese posto deronllo eses que él tanto critica agora, polo que eu penso que se debe de ter lealtade co partido que che coqueriu un posto no cal ti te atopas tan agusto.

Anónimo dijo...

Pareceme ben , pero os que lle deron a posibilidade de ter ese cargo en Tragsa, por certo non era un regalo era un posto de confianza pola valia intelectual demostrada durante tantos anos, evaluada por xente que non está nin por asomo entre eses que ti dis. Como digo non foron eses os que dis ti que criticamos alguns en Vilalba, o partido eche moi grande, eses que dis ti, lle intentaron facer a vida imposible ata nese senso, pero non vou entrar en cousas que a ti non che interesan. O certo é que renunciou a ese cargo por coherencia, outros se amarrarían a él porque non valen para outra cousa e estan atados para ser libres.
O que si sei e o saben outros pero lles importa un pimento, e que a que vai a sufrir todo este problema é Vilalba e o futuro do PSOE no noso pobo pero a estes non lles importa en absoluto o que alí suceda, simplemente é un trampolín para usar nestes momentos, cada un ó seu nivel e cada un segundo ó seu interés: Vidal, Monasterio, Sonia, excepto Luisito que é o burro do grupo e non se entera de a que xogan os outros, sobre todo intereses económicos. Se saben que Elba era unha grande promesa de cara ás vindeiras municiapais porque a liquidaron, porque liquidaron a outros como Martín Jr. que traballaba con tanta pasión e capacidade, porque forzan que toda a xente do partido antiga teña que estar a disgusto no partido, ¿POR QUÉ? Se A Doctora Veleiro intentou chegar a un consenso que o grupo perdedor apoiaba, por que non se intentou por parte de Vidal.
¿Cres que é ético , ir a unha reunión o Sábado, compromenténdote a ir nunha candidatura e o Venres seguinte estar na contraria?,¿É normal ir a varias reunións dun grupo sen dicir nada extraño e o mismo tempo xa estar pedindo o voto para o grupo contrario?. Esta é Sonia, gústache ter representantes así, con esa ética, esa moral, ese saber estar, esa PALABRA, que pasaría se dependese de ela unha maioría nalgún concello ou Parlamento, se eu fose o PP, acordaríame do Tamayazo e iría a por ela?.
Non é unha cuestión de nomes, ós Martines estou seguro de que non lles importa eso, importaralles o partido, pero o partido con maiúsculas, a súa ideoloxía, as suas actitudes, a súa forma de facer as cousas, e esto se está convertindo no PP-BIS, non hai prácticamente diferencias, ata van a facer o mitín ó Villamartín, o cacique número un do PP, algun tejemaneje haberá por ahí, vía equipo de baloncesto, porque se non é humillante para os que levan tanto tempo loitando contra cacicóns coma ese.
Non sei se podes entender todo isto se estiveras na pel de tódolos militantes antigos, e digo antigos por anteriores o 2004, seguro que o entenderías, se non es un deles.
Manuel

Anónimo dijo...

Non non son un deles, como xa dixen ainda non trasladei a miña afiliacion a Vilalba, pero teño pensado facelo, eu so coñezo os antecedentes políticos de Eduardo Vidal e do Luta e creo que todo o mundo ten dereito a trocar de partido cando as suas ideoloxias, ainda que distantes, non esteñan tan alonxadas que sexan incompatibles.
Deses manexos que fixo Sonia Verdes non sei nada, o único que sei e que a esa rapaza xa se criticou antes da reunión para a elección da nova executiva.
Non dudo da valía de Elba e máis considero que debería de repetr como número 1 da lista por Vilalba naas próximas eleccións, pero o que non se pode facer e criticar publicamente e de forma tan dura ao partido, porque o único q se conquire dese modo e danalo de morte, antes de que se produzan os acontecementos que vos adiantades, eu persoalmente considero que non se van a producir.
O partido é moi grande, e a valía intelectual de Martín Seco Cendán non a poño en dubida en ningún intre porque as veces que falei con él pareceume unha persoa integra e moi intelixente.
O posto de Tragsa foi dado polo partido e a persoa máis importante dese partido, depois do presidente, é Ricardo Varela, e os opositores a nova executiva saichedes públicamente criticandoo, do mesmo modo que con Lucho o Secretario Provincial e Senador do PSdG por Lugo.
Sobre o do mítin, eu fun a dous e ningún deles se celbrou no Villamartín senón no Terra Cha, o de hoxe non puiden asistir pero dixeronme que ía ser no mesmo sitio, se erro corríxeme.
Sen máis despidome e pido que se poña un pouco de cordura no seno do Partido en Vilalba e que as duas partes traten de acercar posturas polo ven do PSdG e do pobo de Vilalba xa que este non podo seguir nas mans de xente coma Criado e Bermúdez.

Martín Seco García dijo...

Bos días son o responsable do blog, Martín Seco García , sinto entrometerme nesta conversación entre vós tan interesante, pero despois de leela atentamente, quero invitar a este compañeiro do partido afiliado noutra agrupación, que non coñezo pero me encantaría facelo, e poder ter unha conversación para que poda entender as nosas posicións como grupo e debatilas cun café enriba da mesa, pode ser no Nexus ou noutro lado, :)))
O meu mail é martinseco@hotmail.com, espero a tua contestación nel e así poder utilizar a tua postura de axente externo a estes conflictos para intentar solucionar estes graves confrontamentos, espero non declines a miña invitación.

Anónimo dijo...

Sr de Vilalba pero afiliado noutra agrupación:
Este tono usado nos últimos comentarios cambiou para mellor, parece que deixas de diparar sen ton nin son a todo o que sone a "SECO", porque che recordo que comezache moi duro, durísimo contra estes amigos meus e despois fuche calmando os teus comentarios porque en moitos casos non se sosteñen, aínda que Martín fillo te crea e te invite a un café, ¡por certo xa lle mandarei eu tamén un correo a ese ail que deu para que me invite a min tamén!!, eu non creo que sexas quen dís e máis sigo crendo polas tuas verbas que eres alguen deles ou polo menos do partido en Lugo que ten bastante odio hacia estas personas e se saberá porque xa te vaticino Martinciño que non quedará contigo,a verdade é que non é moi fácil atopar alguén que lles teña odio porque eu que teño o gusto de tratalos podo decir que son bastante queridos e respetados entre a militancia en xeral, lonxe das disputas políticas que poidan ter con uns ou outros.
Fas algunhas aseveracións que eu nunca lles oín públicamente a eles, como que foran contra o partido, e eu creo e probablemte partamos de ideas diferentes que o partido non son Luchos, Ricardos Varelas ou Vidales, a lealtade a un partido se ten coas suas ideas, principios e políticas, non con as persoas, estas pasan, xa vexo de todas formas que a renovación é só para uns cantos, para xente como Lucho, non existe renovación, está cansado de gañar elecccións(ironía) e poderíamos falar de moitos outros, pero a crítica ten que existir e neste partido que defende a liberdade e a ten entre os seus maiores valores máis todavía.
Falas de catastróficos resultados de Martín Seco "SEMPRE" e che repito unha reflexión porque se eres de Vilalba saberás o que era este pobo ata fai pouco, no 91 sacou tres concelleiros e viña de cero, certo é que coa lembranza do tripartito, e despois se hundiu cun poder do PP absoluto en Galicia con Fraga, en España con Aznar, na deputación con Cacharro e na alcaldía cun Agustín baamonde bastante querido como podes recoñecer ata volvelo a sacar do furado subindo ata case que catro concelleiros faltaronlle menos de 100 votos no 2003 e subindo dos 2000 votos nas seguintes eleccións ata as municiapais do 2007 cunha campaña dirixida integramente polos Martines pai e fillo, por eso é inxusto que despois de que buscara a renovación con Elba o fronte lle achaques non saber irse, e ademais, eu penso que si fora Martín Seco pai o candidato con Elba Veleiro na candidatura aínda podería ter sacado o partido mellores resultados, pero a provincial do partido seguro que nunca che recoñecerá as enquisas que tiña e daban a Martin como político vilalbés máis valorado, pero é certo que cada un ten o seu tempo e él mesmo decidiu deixalo como tamén fixo coa Sª Xeral que debería de ter administrado Elba Veleiro por ser a única coa capacidade de unir, pero que os teus amigos interésalles máis o seu cú que a unión e o futuro do partido en Vilalba e volto a repetirche que difícil o teñen sen a outra metade do partido e que camiñan hacia un bó batacazo nas próximas municipais se non tratan de amañalo.
Cando falas de deberlle o traballo o partido sería máis acertado nun caso de alguen que lle amañen a vida, pero a quen lle ofrecen un traballo nunha empresa privada, non pública nin do PSOE, pola súa valía non creo que lle teña que estar agradecido máis que aqueles que lle confiaron ese posto que volto a repetir, polo que eu sei que non foron os que ti dís, eses nunca lle ofrecerían algo así, a maldade e a ruindade e tanta que non poderían facelo.
Cando falas de que o Luta ten un Sª menor, que me estás tomando de coña, se ti e eu sabemos que é quen corta o bacalao porque o seu xefe como él lle chama, que vergoña, non ten tempo para esto, ten que andar a cousas maiores e codearse cos que mandan, non ves que é moi vanidoso, e ten todo en mans do seu lacallo preferido que é o que ofrece traballos, arreglos de pistas, subvencións, amenaza a veciños, etc.... É o máximo responsable de acción electoral por certo da organización das eleccións.
Onte Vidal anunciou o acto cntral do PSOE en Vilalba no hotel Villamartín, si señor, onde escoitache, e dame asco e vergoña que así sexa, pero supoño que haberá que levarse ben co que lles patrocina o baloncesto aínda que sexa o cacique nº 1 do PP en Vilalba, xa te ixen que a eles Vilalba importalles pouco, simplemente é un trampolín.

Manuel dos Catro Camiños

Anónimo dijo...

Pois claro que penso quedar con martín pero teño que traballar, eu non fun duro cos Martin Seco, so fun crítico coa forma de actuar dos oposirtores á nova executiva, hai menos de 3 meses que voltei a Vilalba, levaba máis de 16 anos fora do pobo, vindo únicamente os fins de semana, asi que como verás non podía estar afiliado en vilalba, senon no pobo onde vivía, agora que voltei iame afiliar pero atopei as aguas tan revoltas que me deu ata un pouco de medo.
Eu coñezo a xente das duas partes e podo dicirche que me parecen todas elas xente decente e perfectamente preparada para levar adiante o partido. Con Martín pai falei un par de veces, meu pai bastantes máis e sempre me dixo que era boa xente e intelixente, pero tamén me falou de moi boa maneira da outra parte da que el sí que é amigo(eu non, él sí) como podes comprobar sempre podes levarte ben coas duas partes pero compartir máis dunha ca doutra, eu persoalmente inclinome polo lado de Vidal, pero nunca e digo nunca lle faltarei ao respeto a naide, porque a política non se pode contrapoñer as persoas.
A Martín fillo non o coñezo de nada, pero xente que coñezo de XSG faloume moi ben del e non podo xulgalo persoalmente, pero creo que foi demasiado duro nalgunhas das suas afirmacións, do mesmo modo que llo dixen a algunhas persaoas doutro lado cando cría que se pasaban. Por iso digo, que creo que isto se debería de solucionar polo ben do partido.
Sobor o do mítin, eu non o sabía pero opino parecido a ti, ñe máis considero que este tipo de actos deberíanse de celebrar en locais municipais e non en establecementos de hostalería.

Anónimo dijo...

O mítin o fan no Villamartín porque o señor alcalde non deixa os locais públicos para celebrar actos politicos, sexa do color que sexa o partido. Segundo eu escoitei.

Anónimo dijo...

Toda a vida se fixeron no salon de actos do instituto e ahí deixan se lles queda moi pequeno o da biblioteca que si que é pequeno, nunca deixaron o auditorio nin outro local que non fose requerido pola Xunta Electoral, pero si lles parece pequeno o do instituto hai locales noutros lugares de hostelería sin ter que meterllo nas mans ó Hotel Villamartín, que vergoña, poñoche un exemplo: Montero, Nova Ruta,....

Anónimo dijo...

Non quixera eu entrar na vosa conversa, pero simplemente quixera aclarar dúas cousiñas:
1º-Que non había local para facer o mitín porque o concello non quixo deixar ningún dos locais que se lle pediron:auditorio, pabellón...
2º- Respecto a Martín e seguidores dicir simplemente que se lle queren tanto ao partido porque non van aos actos; que estes non son exclusivamente dos de Vilalba .Exemplo:mitín Zapatero en Lugo e outros....

Martín Seco García dijo...

Aqueles comentarios soeces, desagradables, idiotas ou que simplemente non me apeteza publicar; que saiba o repugnante que os manda que non o vou a facer, porque o administrador son eu e como tal publico o que me da a gana.

Como veredes a xente normal as críticas razonadas as publico todas, non poño censura de ningún tipo, agora as faltadas e as gilipolleces de algún/algunha hacía a miña persona que llas aguanten na casa, se alí o/a aguantan que o dudo.

Por certo para algún socialista de postín: Eu vou onde me da a gana non a onde me digas ti.

Postdata: Espero polo mail dese compañeiro que está tan interesado na agrupación de Vilalba para coñecernos e tomar ese café.

Martín Seco García dijo...

Non vou a entrar no tema do Villamartín, o único que sei e que eu non vou a entrar nese local e non me gusta en absoluto que se faga alí o noso acto central de campaña, despois das que temos aguantado dese señor a nivel político pareceme incomprensible que se lle leve este acto a Don José Sanjurjo, e isto non é un tema persoal dunha cea de amigos, por suposto é política simplemente.

Noutro senso, a xente é libre de asistir a aqueles actos que lles veña en gana ver e escoitar, ti que sabes da vida dos máis para meterte nela, sabes das circunstancias persoais de cada un para saber porque non foi a un acto determinado que por certo porque estás tan seguro de que non foron, e se fora así, porque que non vaian os Martines a un acto en concreto non significa que outros do seu grupo non foran, ou contrataches os espias de Esperanza Aguirre para controlar a tódolos vilalbeses, pero volto a repetirche que alguns iremos ós actos que nos apeteza e de seguro que a moitos máis, que eses afiliados fantasmas que tedes no voso grupo e que só se saben que existen á hora de ir a votar nas asambleas clave. Aínda que non sexan actos da agrupación de Vilalba, Galicia é moi grande e por alí seguro que andaremos a acompañar ó noso partido, por certo e para desmontarte a tua idea inicial, eu mesmo teño unha laconada de principio de campaña,a que estou invitado o venres día 13 nalgun pobo da nosa extensa xeografía, así que antes de evaluar ós máis, pensade que algúns levamos moitos aniños en esto deixando a vida polo partido e alguns aparecíchedes para sacar tallada desto e estábades fai tres días pedindo o voto para o BNG.

Anónimo dijo...

A verdade é que a pesar de que houbo bastante xente o outro xoves día 5 no terra chá, tamén é ben certo que se botou en falta algún socialista da lista de martín seco. Ogallá se deixaran de lado discrepancias locais/persoais á hora de facer esta campaña a nivel galego, que boa falta nos fai se non queremos que volva o PP a San Caetano. Todos gañaríamos.

Martín Seco García dijo...

Sinto ter que darlle a razón a ese Manuel dos Catro Camños posto que todavía sigo esperando polo mail para tomar un café con ese home que dicía ser de Vilalba e vir doutra agrupación. Seguro que tiñas razón e era un dos "Lutas" agochados tras unha máscara, forma moi habitual de traballo nesa xente.