lunes, 22 de junio de 2009

O Grupo dos "Históricos" do Socialismo Vilalbés reclamamamos que se convoque asamblea ordinaria cuxos prazos de convocatoria xa excederon fai tempo

.
Fai xa un par de semanas Pedro Durán, afiliado da agrupación municipal vilalbesa do PSdeG-PSOE, membro do gruo dos "Históricos" e antigo concelleiro do PSdeG-PSOE en Muras, enviou unha carta ó noso Sº Xeral, o Sr Eduardo Vidal, para recordarlle que ten obrigación de convocar asamblea ordinaria como mínimo cada seis meses como establecen os estatutos do partido, e que nestes momentos o prazo está sendo incumprido dende xa fai tempo, tendo en conta que non convocou ningunha asamblea ordinaria dende a súa elección como Sº Xeral da nova executiva local en Outubro do ano pasado. O compañeiro Pedro Durán remitiu copia a Executiva Nacional do PSdeG-PSOE e a Executiva Federal do PSOE para dar a coñecer esta situación ós nosos dirixentes.
.
Neste estatutos segundo o capítulo II artigo 4 do Regulamento de Asambleas é un dereito dos militantes a súa convocatoria polo que debería de ser prioritaria a súa celebración, xa que esta é o cauce de participación que témolos militantes na vida orgánica do partido a nivel local e polo tanto máximo órgano para a participación dos militantes e o debate interno. Se a convocatoria deta asamblea non se producise lóxicamente teríanse que tomar as medidas legais para denunciar esta situación ante os organismos pertinentes.

Como podedes observar a situación da agrupación local é lamentable e se coharta absolutamente a democracia interna e o debate no seno da organización como vimos denunciando dende fai tempo. O mesmo tempo que esto sucede, desaparece a vida orgánica e o que é o peor de todo, a iniciativa política do PSOE en Vilalba exceptuando as iniciativas que os concelleiros pertencentes o noso grupo presentamos no concello desparece totalmente, e parece que o único uso que se lle da o partido é únicamente como lobby de poder para que algúns medren persoalmente.

Por outro lado podemos observar como ante o desenrolo da campaña das eleccións europeas o noso partido en Vilalba desapareceu e non deu sinales de vida como se as eleccións non fosen con eles, ou como senon tivesen nada que gañar con elas, conquerindo un resultado mediocre como non podería ser doutro xeito e camiñando hacia o máis absoluto fracaso nas próximas eleccións municipais se non se toman xa as medidas pertinentes para remedialo.

A todo isto, o máis grave é o comportamento da dirección local do partido cunha parte do grupo municipal e por suposto coa súa portavoz, xa que se está a traballar cunha deslealtade absoluta hacía nós, ocultando información e traballando as nosas espaldas sen comunicarnos aquelas cousas que poderían ser de utilidade para o noso traballo e o ben dos cidadáns de Vilalba.

No hay comentarios: