jueves, 5 de marzo de 2009

Interesante e pode que acertada carta ó director dun militante socialista na Región de Ourense

Os militantes estamos cansados! Cansados de ver como o partido non funciona, non escoita a militancia, esquece ós históricos dirixentes socialistas, vive de costas á sociedade e traballa da man de CC.OO.!

Se Pablo Iglesias levantase a cabeza chamábanos burgueses e reaccionarios, seguro... É imprescindible a renovación democrática do partido. Falta humildade entre os nosos dirixentes e sobran moitos ineptos e iluminados que se cren estar por riba do ben e do mal aí sentados nas súas poltronas. Merecen perder o seu trono, sí señor! Perdeuse a perspectiva e xa non hai ideoloxía nin proxecto! É vergoñento... Pero o peor de todo isto é que tampouco hai estratexia. E ‘O Presidente’, menos mal que dimitiu. Parece que aínda lle queda algo de decencia.Os militantes estamos cansos de ver cómo coloca ós seus amigos e impón o seu criterio. Iso pasa factura.Política de confeti e desgoberno nalgunhas consellerías é o resumo do seu ‘reinado’.

Mentres moitos militantes levamos anos dando a cara ante a sociedade defendendo o ideario socialista no que cremos, incluso poñendo en risco os nosos postos de traballo ou expoñéndonos á feroz presión dos reaccinarios do rural, outros parece que están máis interesados en controlar o seu pequeno reino de taifas desprezando e desprestixiando coas súas actuacións a labor social que outros facemos e das que eles se aproveitan.Confeso que despois de 12 anos de militancia activa e quince traballando na rúa defendendo o socialismo, estiven a piques de rachar o meu carné.


Hoxe, coa cabeza fría e a mente esperta digo non. Non é o momento de abandonar. É o momento de traballar con máis forza e de facerlle entender ós nosos dirixentes que así non se fan as cousas.


Javier Quintas Ferreño (Militante socialista de Xunqueira de Ambía)
(04-03-2009)

No hay comentarios: