viernes, 27 de marzo de 2009

O sector crítico do PSdeG-PSOE de Vilalba pide renovación de cara o congreso extraordinario e asunción de responsabilidades a nova executiva local

.
O SECTOR CRÍTICO DO PSdeG-PSOE DE VILALBA RECLAMA DOS DIRIXENTES PROVINCIAIS UNHA PROFUNDA REFLEXIÓN DESPOIS DOS RESULTADOS DO 1 DE MARZAL, QUE DEBE IR ACOMPAÑADA DA RENOVACIÓN DAS ESTRUCTURAS DO PARTIDO EN GALICIA E LUGO, TAL E COMO O ELECTORADO ESTÁ A RECLAMAR.

ADEMAIS LAMENTA QUE A ACTUAL EXECUTIVA LOCAL, ENCABEZADA POR EDUARDO VIDAL, CONDUZA AO PARTIDO SOCIALISTA A UN ABISMO ELECTORAL, COMO CONSECUENCIA DUNHA PRÁCTICA POLÍTICA SEN PROXECTO, QUE FUXE DO CONSENSO E QUE NON QUERE DEIXAR EN MANS DA NOSA PORTAVOZ NO CONCELLO, ELBA VELEIRO, A DIRECCIÓN DOS DESTINOS DO PSOE EN VILALBA, TAL E COMO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS DESEXABAN E DEMOSTRARON CO SEU VOTO NAS ÚLTIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS.



.

Os membros do sector crítico que representaban o 45% da “inflada” militancia do noso concello na última asemblea celebrada en outubro, queremos manifestar publicamente o noso desexo de traballar para de que no próximo Congreso do Partido, que se celebrará no mes de abril, se reflexione profundamente sobre a perda do goberno Socialista en Galicia, e se senten as bases do traballo conxunto que teremos que realizar para voltar a ser a alternativa de goberno. Esta reflexión ten que vir acompañada dunha importante renovación dos cadros dirixentes do PSdeG-PSOE na nosa Comunidade.

Despois do fracaso acadado nas eleccións autonómicas do 1 de marzo, o noso partido ben merece unha renovación de proxecto e de liderazgo que sexa capaz de analizar e enmendar os erros derivados dun “mal” pacto de goberno co BNG, caracterizado por unha forte competencia que desembocou nun “bigoberno” que a cididanía percibeu de xeito moi negativo.

Por outra banda, os progresos acadados coa xestión técnica do goberno non chegaron a ter o calado social necesario, e polo tanto, non se visibilizaron por parte dos nosos e das nosas militantes e cadros políticos.

A renovación que se está reclamar dende moitos e diversos ámbitos e grupos da militancia, debe partir da configuración dun novo equipo, con novos folgos e ilusións, que traballe preto da xente, para ter un respaldo maioritario da sociedade galega.
Como parte desta reflexión colectiva e deste desexo de renovación, compre valorar positivamente o desexo feito público polo anterior vicesecretario xeral, Ricardo Varela, de traballar nun segundo plano do partido, como consecuencia dos malos resultados acadados pola súa xestión organizativa do partido.

A nivel Provincial, algúns dirixentes impuxeron unha renovación nos concellos para acadar resultados electorais inmediatos, sin ter en conta que estes concellos, entre eles o noso, apostaban por unha militancia e unha dirección ideolóxica e non oportunista, que asegurase un partido de futuro, con proxecto político, cohesionado e profundamente democrático.

Afondando neste razoamento autocrítico, con sentido de partido e dende a máxima responsabilidade, cremos que é o momento de que na nosa provincia tamén se de paso a novas ideas e proxectos, a unha nova imaxe, a novos e novas dirixentes que exerzan as súas funcións dende unha política máis cercana á cidadanía.

A nivel local, consideramos necesario restaurar a iniciativa política da portavoz Elba Veleiro, persoa que os nosos veciños e veciñas respaldaron co seu lexítimo voto. Esta iniciativa foille negada polo sector que agora dirixe a nosa agrupación e que xa conqueriu baixar 1.100 votos dende as eleccións municipais e 800 dende as eleccións xerais, o que fai prever un desastre electoral na cita das próximas municipais.

Entristécenos ver como o sector encabezado por Eduardo Vidal se farta publicamente de exaltar a súa vontade de diálogo pero á hora da verdade, cando se lle propón un acordo para acudir a próxima asemblea de elección de delegados e delegas para o Congreso Extraordinario do noso partido, cunha lista de consenso, responde con vetos e imposicións que non amosan o máis mínimo desexo de acadar unha solución.

A sociedade espera un partido forte e moderno que represente os seus ideais, despois de que nos últimos anos se fixera unha política xorda coas voces máis críticas, unha política que foi quen de prescindir da extraordinaria valía e do esforzo de moitos compañeiros e compañeiras que contaron co respaldo da cidadanía nas furnas.

O noso compromiso, como membros do sector crítico da agrupación local, que representa a prácticamente a metade da militancia vilalbesa, pasa por defender no próximo Congreso Extraordinario do partido Socialista, unha renovación que consideramos vital para definir un proxecto baseado nestes principios políticos que son inaprazables.

No hay comentarios: