EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
En multitude de ocasións dende fai moitos anos, o Grupo Municipal Socialista ven denunciando os continuos vertidos contaminantes que a depuradora municipal de Vilalba envía ó río Madalena e ten solicitado do Grupo de Goberno do Partido Popular que tome medidas para poñerlle fin a esta situación.
Cada vez que no noso concello, as condicións metereolóxicas son adversas e a chuvía provoca que o fluxo de efluentes polo nosa rede de recollida sexa o suficientemente elevado para que a depuradora non poida tratar todo ese caudal, sucede que a saída de auga evacuada pola depuradora, sae sucia e con moitos sólidos acumulados para a desgracia do noso río e daqueles seres vivos que viven nel.
Nestas últimas datas a situación empeorou con continuos vertidos, máis de oito días vertendo contaminantes no último mes, que veñen denunciando entre outros a asociación de pescadores deportivos do noso concello.
Todos sabemos que esto é debido a incapacidade da depuradora de absorber toda esa cantidade de auga nos momentos de crecida e que estos vertidos poderían ser evitados se houbese algún tipo de mecanismo que fose capaz de evitar que tanta auga xunta chegase as instalacións actuais.
A mellor solución pasaría por ir desenrolando un proxecto de dobre canalización que separase nas nosas rúas as augas fecais das augas pluviais, que non terían que ser tratadas do mesmo xeito se fosen por un conducto diferente e que darían a posibilidade de que a depuradora non se colapsara por estes excesos de caudal de auga que chega nos momentos de crecida, dende o Grupo Municipal Socialista estamos seguros de que esta é a mellor solución e por iso levamos presentando en numerosas ocasións nesta lexislatura e noutras anteriores, iniciativas para que aproveitando outro tipo de obras nas nosas rúas e coa aparición de fondos doutras administracións, se utilizasen para ir desenrolando esta dobre canalización. Aínda nestas últimas datas, propuxemos o PP que utilizase cartos do Plan Estatal de Inversión Local contra a crise, para comezar dita dobre canalización, pero ata o de agora os membros do grupo de goberno do PP fixeron caso omiso das nosas propostas.
Existe outra solución, non tan boa como a anterior, pero que podería ser eficaz co fin de evitar as continuas crecidas que fan que a depuradora verta auga sucia sen tratar, dita solución sería a instalación dun pozo de tormentas que acumulara as augas das crecidas para evitar que éstas colapsaran a depuradora, e debido a que os nosos gobernantes non amosan a mínima intención de acometer obras na procura da dobre canalización pretendida polo noso grupo, desexaríamos que polo menos este pozo de tormentas fixese que o río deixase de sufrir estes vertidos e que o seu ecosistema non siga morrendo polas múltiples agresións que lle estamos a infrinxir cun comportamento tan irresponsable.
Por outra banda existe un grupo de xentes en Vilalba agrupadas na Asociación de pesca deportiva que están fortemente comprometidas na defensa dos nosos ríos e andan a traballar a reo na procura de ter un río sostible, con moita vida no seu interior e exterior e así poder desenrolar nel o deporte de pesca deportiva. Estes veciños están moi preocupados polas continuas agresións que exerce a depuradora no tramo de pesca sen morte onde practican este deporte e pola continúa suciedade que invade o río sen que os nosos gobernantes tomen as medidas oportunas para ter un cauce limpo de ramas, árbores e porquerías que invaden o seu paso polo noso concello.
Por todo o anteriormente exposto, propoñemos ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS:
1. Aproveitar a apertura estival da presa da praia fluvial, para levar a acabo a limpeza desta, para evitar encher de porquería o ecosistema onde a Asociación de pescadores leva a cabo o seu deporte e o traballo de cría das troitas coas que intentan repoblar o río.
2. Solicitar os permisos pertientes e/ou proceder a limpar o cauce do río no seu paso polo paseo fluvial do noso concello de ramas, árbores e outras suciedades que acaban coa vida no seu interior.
3. Presupostar e proceder en breve a construcción dun pozo de tormentas que evite os continuos vertidos contaminantes da depuradora municipal, construcción que ten que efectuarse sen falla no ano próximo tanto con financiación propia como coa colaboración doutras administracións.
4. Redactar un plan de realización de obras para conquerir a dobre canalización das augas pluviais e fecais que leve a cabo unha progresiva implantación deste sistema nas rúas do noso casco urbán nos anos vindeiros.
En Vilalba, a 08 de Maio de 2009
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario