sábado, 9 de mayo de 2009

Preguntas do GMS para saber o porqué do mal comportamento dos mandatarios do Concello co Colexio Insua Bermúdez

O Grupo Municipal Socialista ten coñecemento dunha carta enviada dende a Directiva do Colexio Insúa Bermúdez de Vilalba os mandatarios do Concello, onde se lles recrimina que levan máis de 5 anos pedindo que se lles enclaven unhas porterías para a seguridade dos nenos, que lles foi hurtado material deportivo por parte do Concello e que lles pecharon un despacho onde se cambiaban os profesores para estar cerca dos alumnos e que cambiaron a pechadura polo que non poden utilizalo. Esperamos as contestacións por parte do Grupo de Goberno do PP ante tal desfachatez.
PREGUNTAS


O Grupo Municipal Socialista está preocupado pola información da que fumos coñecedores nestas datas e que ven a poñer en relieve o presunto comportamento reprobable dos dirixentes do Grupo de Goberno do PP coa dirección actual do Colexio Insua Bermúdez e cos seus usuarios, veciños do noso concello.

Por todo isto e para coñecer a fondo estas informacións, o Grupo Municipal Socialista pregúntalle o Señor Alcalde:


· ¿É certo que dende o Insúa Bermúdez leva pedindo máis de cinco anos que o Concello teña a ben enclavar as porterías do seu pabellón para salvaguardar a seguridade dos nenos que utilizan as instalacións?, ¿É certo qe todavía non se lles deu contestación e non se fixo nada ó respecto?

· ¿É certo que existe material deportivo, propiedade do Colexio Insúa Bermúdez que o Concello gardou baixo chave e que o colexio pese a ser o propietario non pode utilizar?

· ¿É certo que existe un pequeño despacho que os profesores do colexio utilizaban como vestiario para estar preto dos alumnos e que o concello, sen previo aviso, bloqueou cunha nova pechadura sen que os profesores do colexio poidan utilizala?

· ¿Chegou o concello algún escrito do Colexio notificando ditas queixas exportas anteriormente?, ¿Existe algún motivo para ter este trato tan distante e mal intencionado coa dirección e os usuarios do Colexio Insúa Bermúdez?

No hay comentarios: