domingo, 12 de julio de 2009

Moción presentada polo GMS para solicitar a Deputación de Lugo a construcción de beirarrúas na estrada da Praia Fluvial

Martín Seco García e Margarita de Vicente Mato, concelleiros do Grupo Municipal Socialista e Mª Elba Veleiro Fernández na súa condición de voceira do mesmo grupo no Concello de Vilalba, comparecen e como mellor en dereito proceda DIN:

Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
.
.
MOCIÓN
.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Dende xa hai algún tempo, o Grupo Municipal Socialista recibiu a solicitude feita polos veciños e veciñas que residen ó longo da estrada que enlaza as vías LU-861 de Vilalba a Ferrol e a CP-6513 de Vilalba a Betanzos, pasando pola zona de esparcemento da Praia Fluvial, para que a Deputación Provincial de Lugo, propietaria de dita estrada, puxese os medios necesarios para mellorar a seguridade vial e facer que os vehículos que circulasen por ela non levasen unha velocidade demasiado elevada, conquerindo unha maior seguridade para os viandantes que usan esta vía.

Tamén o PSdeG-PSOE, dentro do programa electoral co que concurriu, ás eleccións municipais de 2007, incluía o compromiso de construila beirarrúa de baixada dende a Estrada de Ferrol ata a Praia Fluvial da Madalena, para facer máis segura a baixada dos moitos veciños/as, e sobre todo dos nenos/as que concurren nestas instalacións lúdicas nos meses de verán, sen olvidar, por suposto, ós veciños e veciñas que residen nesta zona.

Dende hai poucas datas a Deputación Provincial respondeu a unha parte da solicitude feita polos veciños usuarios desta estrada, colocando bandas rugosas e a sinalización necesaria para evitar un exceso de velocidade dos vehículos circulantes nesta vía.

Pero, sen dúbida, para completar a seguridade vial e a comodidade dos viandantes que utilizan esta estrada e cumprir cos compromisos adquiridos polo Grupo Municipal Socialista , faise imprescindible a realización dunha primeira fase de construcción da beirarrúa que vai dende a estrada de Ferrol á Ponte da Madalena, esta obra debería de ser continuada por unha segunda fase, onde se constrúa a beirarrúa dende o lugar onde se vaia situar o novo “Bar-Restaurante da Madalena” ata a Estrada de Betanzos.


Por todo o anteriormente exposto, propoñemos ao pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

  • Solicitar da Deputación de Lugo a construcción da beirarrúa que vai pola vía Provincial e enlaza a Estrada LU-861 de Vilalba a Ferrol e a Estrada CP-6513 de Vilalba a Betanzos, pasando pola Praia Fluvial da Madalena., e que se realizaría en dúas fases:
  1. Na primeira (prioritaria), dende a vía LU-861 á ponte da Madalena.
  2. e nunha segunda dende o remate das instalacións da Praia Fluvial, onde se sitúa o novo “Bar-Restaurante da Praia” ata a vía CP-6513.
  • Enviar un escrito con dito acordo do Pleno da Corporación, á Deputación Provincial de Lugo, propietaria desta vía.

En Vilalba, a 6 de Xullo de 2009

No hay comentarios: