domingo, 12 de julio de 2009

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QUE OS GRUPOS DA OPOSICIÓN NON FORON INVITADOS Á INAGURACIÓN DA NOVA ITV VILALBESA

.
Dende o GMS queremos denunciar a falla de respecto, educación, e sensibilidade democrática demostrada pola nova Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, con Raquel Arias ó fronte, e por suposto, polo noso alcalde Gerardo Criado e ó resto do Grupo de Goberno do PP que non é a primeira vez que se olvidan de invitar ós membros da oposición a un acto tan importante para o noso concello e a nosa comarca como é a inauguración da nova estación da ITV no Polígono Industrial de Vilalba que ademais, quero recordar, foi posta en marcha polo anterior goberno bipartito, deixando claro o compromiso do anterior goberno co noso Concello.

E xusto agora, que o goberno do Sr Feijoo quere dar falsas clases de comportamento democrático e dun talante democrático, do que os membros do seu partido carecen no momento que teñen que demostralo. Ademais queremos comparar esta situación coas actitudes do anterior Goberno da Xunta de Galicia que nunca deixou de invitar e darlle participación os membros do PP naqueles actos e inaguracións que tiñan que ver con actuacións da administración autonómica no noso concello, como cremos que non debería de ser doutro xeito.

No hay comentarios: