.
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos moi preocupados pola inactividade do PP ante a situación que estamos a observar continuamente cos vertidos procedentes da Depuradora Municipal, sempre que o noso municipio recibe alguna pequena ou non tan pequena tromba de auga, e que estos días están a rematar coa vida do noso río e dos animais que viven nel.
.
.
.
.
Os Concelleiros Socialistas, Margarita de Vicente e Martín Seco estivemos onte 22 de Xullo, a iso das 21h. da noite nas instalacións da Depuradora Municipal, despois de observar as continuas denuncias feitas pola Asociación de Pescadores de Vilalba nestes días no seu Blog e presenciar “in situ” os verquidos feitos pola instalación municipal, e temos que evidenciar que tanto os traballadores de Espina e Delfín, como a propia Depuradora estaban traballando correctamente, incluso ésta, ó límite da súa capacidade. Pero tamén poidemos observar como na arqueta de entrada a Depuradora, (contrastado con fotos acreditativas que están no noso poder), tiña que ser aliviada unha parte da auga que chegaba á Depuradora directamente ó río sen tratar por non ter capacidade para poder acumular tanto caudal, feito que nós xa denunciábamos que era por tal situación.

Sabemos das continuas denuncias feitas públicas que a Asociación de Pescadores fixo ante a Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica e incluso ante o Defensor do Pobo e moito nos tememos que poidan aparecer continuas multas ó Concello de Vilalba, responsable de dita Depuradora, que acaben por minar as maltrechas finanzas do noso Municipio, como xa apareceron noutros momentos e que poden multiplicarse pola inactividade e falla de compromiso por parte dos nosos dirixentes que non aportan nada para poñerlle freo a tales acontecementos e que tratan de mirar para outro lado como se esto non fose con eles.
Por outro lado despois da moción presentada polo GMS no pleno do mes de Maio onde solicitábamos a construcción dun pozo de tormentas e o inicio de obras de separación de pluviais e facais no noso casco urbán e que foi rexeitada polo Partido Popular. No transcurso do debate entre o Teniente de Alcalde o Sr. Vicente García Pernas e Martín Seco, o concelleiro socialista solicitou que o Grupo de Goberno puxese tódalas facilidades e contase en todo momento coa Asociación de Pescadores tendo en conta que nesas datas se ía a proceder a limpeza da Praia da Madalena e dita asociación estaba a traballar na recría de troitas e ademáis sabíamos que necesitaban colaboración na limpeza do río e moito máis do tramo da presa que leva o canal de alevinaxe que utiliza dita asociación, neste senso por parte do PP mostrouse toda a dispoñibilidade a colaborar con dita asociación “como non podería ser doutro xeito” en palabras textuais do Señor García Pernas, e despois podemos observar como incumplen os seus propios compromisos cando observamos no Blog da Asociación de Pescadores que non se puxeron en contacto con eles para nada durante a limpeza da Praia Fluvial e incluso non lles contestaron cando solicitaron a limpeza dos lugares que eles solicitaban e por outro lado incluso da a sensación de que querían perxudicar ós pescadores ó ter vacía a presa dende o día 16 de Xuño ata o 22 de Xuño aínda que segundo a asociación de pescadores nunca se deixara pola noite vacía a Praia e con elo deixaron case sen auga os alevíns que foron rescatados polos pescadores xunto cos enenos da guardería que baixaban de visita.
Mal camino levamos se nin tan sequera ós máximos representantes do noso concello tratan de ser respetuosos e colaboradores cunha das asociacións que existen no noso concello que simplemente trata de manter o que indispensable para eles que é o río onde se desenrola a súa actividade e que ademais colabora na limpeza er mantemento do río e o seu cauce sen máis motivo que o amor que teñen por esta parte do noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario