domingo, 14 de septiembre de 2008

Réplica do Partido Socialista ao comunicado da Comisión de festas


O PSDEG-PSOE DE VILALBA PÍDELLE O SEÑOR CRIADO QUE DEIXE DE AGOCHAR A SUAS VERGOÑAS DETRÁS DA COMISIÓN DE FESTAS E MÓSTRASE VOLUNTARIO A COLABORAR LEALMENTE COA ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA SE O GRUPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR ASUME A SUA RESPONSABILIDADE POÑÉNDOSE AO FRONTE DELAS


Dende o Partido Socialista de Vilalba, despois de ler o publicado nos medios de comuniciación con respecto a un comunicado feito público pola comisión de festas queremos aclarar algunhas cousas:

• En primeiro lugar non entendemos a intención da Comisión de Festas deste ano con este comunicado tan crítico a nivel persoal cun concelleiro do PSdeG-PSOE, excepto que éste nacera do propio Partido Popular para lavar a súa mala imaxe e que esta comisión de festas, como moitos veciños pensamos, sexa un grupo de personas cercanas o partido popular e impulsadas polo alcalde e o concelleiro de infraestructuras para non quedar sen comisión de festas este ano, e decimos esto posto que eles non eran os destinatarios das críticas do noso grupo, éstas eran de índole político e estaban dedicadas a este sistema imposto polo goberno do Partido Popular e que ano tras ano denunciamos, sexa quen sexa a comisión de festas e que dexenera na celebración dunhas festas mediocres sen culpabilizar en ningún caso a comisión de festas que lle toque. Dende o Partido Socialista queremos voltar a repetir que as críticas que o noso partido, que non só un concelleiro como se resalta no comunicado da Comisión, fixo públicas en anteriores datas, van adicadas ao grupo de goberno do Partido Popular, o seu alcalde e o Concelleiro de Cultura en particular por ser uns “cobardes” e non ter a capacidade nin a dedicación suficiente para organizar as festas patronais dun concello da importancia de Vilalba como fan concellos de entidade igual ou incluso menor co noso como son por exemplo Viveiro ou Sarria. E voltamos a repetir que despois se nota no resultado, posto que este é un traballo de embergadura polo que debería de recaer naqueles que cada catro anos salen elexidos para traballar e representarnos a todos nós, os veciños de Vilalba.

• En segundo lugar, dende o Partido Socialista e por suposto que todos o seus concelleiros, estamos dispostos a colaborar lealmente na organización das festas de San Ramón cando o partido Popular deixe de agocharse detrás das sucesivas comisións de festas e tome as riendas desta celebración, e conven recordarlle a tódolos veciños de Vilalba, incluidos os membros da comisión de festas deste ano, que non dubiden de que os concelleiros do Partido Socialista organizaremos as festas patronais e non nos agocharemos cobardemente como fai o Señor Criado e o Partido Popular se nos dan a posibilidade de gobernar este concello en próximas lexislaturas.

• En teceiro lugar, respostando o comunicado da “Comisión de Festas” onde dice que amosemos a nosa valentía, temos que decirlles que o noso partido non vai a entrar nun debate político con eles sobre como foron ou non as festas, como parece que así o desexa a comisión de festas deste ano, como si este grupo de veciños se sentiran representantes políticos. Esa valentía a mostramos con aqueles que merecen a nosa crítica que neste caso é o Goberno do Partido Popular. E por eso animamos o señor Criado e o Partido Popular que en vez de intentar culpabilizar a oposición de politizar as festas, sexa él quen deixe de agocharse detrás de comunicados firmados “cobardemente” pola Comisión de Festas e que pertencen sen dúbida o seu grupo político. O Partido Socialista de Vilalba, como grupo político responsable, non valorou nin valorará a capacidade ou o traballo feito por esta ou por outra comisión de festas, que como xa decíamos anteriormente fan o seu traballo o mellor que poden ou saben e organizan as festas ó seu antoxo xa que o sistema imposto actualmente así o concibe. Ese debate ao que nos invita a Comisión de festas deste ano a participar, está a celebrarse na rúa e esperamos, polo seu ben, que aprendan a aceptar mellor as críticas posto que aínda que se feliciten públicamente do ben que o fan, saben ben que non son poucas as críticas que recorren as rúas da nosa vila este ano.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amosar valentía?
jaja...

que ironía...

Non é logo valente quen da a cara e sin agocharse en ninguén pon a súa postura en mans de todos?

Agora todo está cambiando. Quizais que culpa do Cambio Climático. Pero nin o verán e verán, nin o inverno é inverno. Esto fai que algunhas especies animais se desorienten e perdan o rumbo. Polo que se ve, ao home afectalle dun xeito parecido e algúns xa non saben o significado das verbas.

Pois o valente é o que fai o mesmo que Martín.

E o cobarde é o que se da por ofendido ser telo sido. Pero temén hai un dito que dí, que quen se pica allos come.