martes, 14 de abril de 2009

Nestes días elaboraremos iniciativas municipais polos continuos vertidos no río da Madalena que denuncia a Asociación de Pescadores de Vilalba

.
.
.

O Grupo Municipal Socialista elaborará novas iniciativas municipais para esixir que o Goberno local do PP acabe cos vertidos incontrolados da Depuradora Municipal
.
.
.
.
.
.
Cansados de predicar no deserto cos responsables municipais para convencelos da necesidade dunha dobre canalización de augas pluviais e fecais nas rúas do casco urbán e vendo como miran para outro lado tódalas administracións encargadas de protexer o noso río da Madalena, esta semana como membro do Grupo Muinicipal Socialista canalizarei as contínuas e insistentes denuncias dos membros da Asociación de Pescadores de Vilalba para esixir que o Concello proceda a realizar as obras pertinentes ou as conquira mediante os contactos con outras administracións, para que este inferno contaminante que procede da nosa depuradora teña fin coas realización das infraestructuras necesarias para que a nosa depuradora deixe de enmerdalo todo.
















(Fotos publicadas no Blog da Asociación de Pescadores de Vilalba o día 13-04-09)

No hay comentarios: