sábado, 21 de abril de 2012

"Calvelo prometeu acabar cos realoxos e a delincuencia da zona norte de Arteixo e cada día que pasa a situación faise máis insostible en moitos barrios do noso territorio"

No pasado mes de Novembro de 2011, o noso rexidor aseguraba nos medios
de comunicación, que a partir dese momento se acabaría coa chegada de
cidadáns procedentes de realoxos chabolistas do Concello de A Coruña,
e non informaba de cales serían os mecanismos que levaría a cabo para
conseguilo, sendo desmentido ademais, pola Fundación Secretariado
Xitano ante as falsas insinuacións de compromisos desta fundación para
acabar coa chegada de membros deste colectivo ao noso concello. Dende
o Partido Socialista amosámoslle a nosa intención de colaborar co seu
goberno neste tema, e convidámolo a deixar de facer falsas acusacións
sobre o sucedido ata ese momento, e que dedicara todos os seus
esforzos en buscar solucións ante a chegada masiva e sen control
destes chabolistas aos nosas parroquias, a elaborar mecanismos de
integración social para este colectivo con moitos menores no seu
entorno e a rematar coa cada vez maior delincuencia que tíñamos que
soportar no noso concello, especialmente na zona norte de Meicende e
Pastoriza, polo aumento sustancial de personaxes dedicados ao mercado
da droga.

Dende o Grupo Municipal Socialista, atopámonos cunha simple fuxida
cara adiante, culpabilizando de tódolos problemas existentes ao
goberno anterior, que xa se mostrara contrario a política de realoxos
que levara a cabo o goberno de A Coruña ás espaldas do resto da
comarca e quedamos moi preocupados porque ademais da fuxida cara
adiante, non ofertou ningunha solución a este problema, máis que a
posta en escena dunha política de excesos de tipo mediático, para
intentar convencer aos veciños, que as nosas forzas de seguridade
pública acabaran co problema da delincuencia e a droga no noso pobo.
Pero curiosamente, cando só pasaron 5 meses dende esta bravuconada do
señor Calvelo, dende o Partido Socialista temos que denunciar como
veciños da zona norte do noso concello, chamaron moi preocupados ao
noso partido, para informarnos de que alguén, no nome dalgunha familia
pertencente ao antigo barrio de chabolas de Penamoa, quería
alquilarlle as súas propiedades para irse a vivir ao noso concello,
aparecendo de novo a política de realoxos que tanto aseguraba o señor
Calvelo que tiña rematado co seu goberno. Ademais son moitos os
veciños de Meicende e Pastoriza que están asustados polo clima de
inseguridade e de delincuencia que están a vivir dia tras día na súa
propia pel e que nas derradeiras datas medrou considerablemente.

Dende o Partido Socialista observamos nos medios de comunicación, como
nas últimas datas, o señor Negreira se reunía con representantes da
Comunidade de Madrid para asinar un convenio de colaboracíón que
mellorase a política de realoxos do Concello da Coruña, e dende o
Partido Socialista sospeitamos que sexa dito concello, quen está
primando, unha vez máis, os realoxos de ditos chabolistas de Penamoa
no noso territorio, coa silenciosa colaboración dos nosos responsables
municipais e o que máis nos preocupa e a actitude do señor Calvelo,
que en vez de dar un golpe na mesa ante dita situación, cala e agacha
a cabeza diante do mandatario coruñés, comportándose, coma sempre, tan
dócil ante os dictados do señor Negreira, aínda que estes sexan moi
perxudiciais para o noso concello.

No hay comentarios: