sábado, 21 de abril de 2012

):"O concello motivou a eliminación do Arteixo Solidario pologasto de 11.000 euros, mentres gasta preto de 20.000 euros, en saber que facer coa piscina municipal"

Dende o Grupo Municipal Socialista vimos de presentar unha moción para
o Pleno deste mes de Abril, onde solicitamos que o Pleno do Concello
acorde solicitarlle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que no ano
2013, recupere a celebración do Arteixo Solidario, tal e como se
estaba a celebrar ata este ano 2012, coa celebración de eventos
culturais, informativos, comercias e lúdicos relacionados co mundo da
solidariedade e a cooperación internacional, poñendo o centro de
atención nas ONG´s que participaban deste evento.

Non entendemos como o señor Calvelo se pode cargar unha celebración
tradicional con moitísimos anos de historia no noso concello, poñendo
de excusa o gasto de 11.000 euros, cando o grupo de goberno do Partido
Popular é unha máquina de gastar os recursos de tódolos veciños en
cuestións totalmente superfluas como a última aparecida na Xunta de
Goberno do 22 de Febreiro, onde se aproban 19.942 euros para realizar
un estudio do futuro da piscina municipal, continuando coa campaña de
gasto continuado en estudios que tratan de tapar a incapacidade de
goberno do señor Calvelo e os seus compañeiros de partido.

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos asustados da falla de
sensibilidade social deste alcalde e o seu grupo de goberno que non
atopan importante as actividades que realizan as múltiples
organizacións non gubernamentais que participaban neste evento e que
se dedican únicamente a loitar por un mundo máis xusto, por unha
sociedade que non permita que haxa lugares onde a xente morra de fame
e non teña médico ao que acudir, nin actividade coa que manter a súa
vida con dignidade. Tendo en conta ademais que estas ONG´s están a
vivir unha profunda crise de superviviencia, derivada do recorte que o
Partido Popular, tanto a Xunta de Galicia inicialmente, como o goberno
do estado, cun recorte de máis de 1.400 millóns de euros no presuposto
adicado á Cooperación Internacional, están a aplicar cunha
irresponsable austeridade que lle costa a vida a moitos habitantes
deste planeta.

Así mesmo estamos moi ofendidos polo comportamento irresponsable dos
nosos dirixentes ao atoparnos como na celebración da gala solidaria do
sábado, os membros deste grupo non foron invitados á celebración e
cando algún dos nosos concelleiros chegou ata a porta do Centro Cívico
non puido acceder por estar tódalas prazas ocupadas, tendo no seu
interior sillóns reservados para as autoridades locais que quedaron
baleiros .

Dende este grupo non nos rendimos e esperamos que recapaciten e o ano
que ven voltemos a celebrar, con máis folgos se cabe, este evento de
tanta importancia para a sociedade como é o Arteixo Solidario.

No hay comentarios: