sábado, 21 de abril de 2012

"A falla de iluminación na zona onde se situan as instalacíónsmunicipais da Avenida de Arsenio Iglesias, está a causar problemas deinseguridade cidadá nos nosos veciños"

A falla de iluminación existente no tramo da Avda de Arsenio Iglesias,
que vai dende a Avda de Caión ata despois da Piscina Municipal, fai
que moitos cidadáns do noso Concello que participan en actividades que
se celebran nas instalacións municipais existentes nesta rúa, estén
preocupados e asustados pola inseguridade cidadá que están a vivir
dende fai xa moitas datas.

Non sabemos a que está esperando o señor Calvelo, que pertence o Grupo
de Goberno do Partido Popular na Deputación da Coruña, para esixir que
se amañe de inmediato esta situación que tan preocupados ten a algúns
cidadáns do seu concello.

Ademais xa foron varios os veciños que observaron actuacións
delictivas nesta rúa ante a falla de iluminación, como o vaciado de
combustible de vehículos estacionados en dita rúa, así como as
actuacións vandálicas que se sufriron en varias ocasións nas
instalacións da garderia municipal.

Dende o Grupo Municipal Socialista faremos chegar a nosa preocupación
ao Pleno Municipal deste mes de Abril e aproveitaremos para
solicitarlle ao noso alcalde, que ademais do amaño inmediato desta
avería, solicite un aumento de iluminación para esta avenida, xa que
resulta insuficiente nunha zona de moito movimento de cidadáns polo
uso das instalacións municipais que nalgún caso son xóvenes menores de
idade que en inverno ven como a media tarde faise a noite e circulan
con medo por unha rúa con moi pouca iluminación.

No hay comentarios: