.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Recentemente coa reapertura da Discoteca Nova Troco no noso Concello , se implementaron diversas rutas con destino Vilalba do coñecido como Noitebús, un programa de transporte nocturno subvencionado para xóves aos lugares de movida co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte aos lugares de lecer e reducir o número de accidentes os días de movida , que puxo en marcha o Goberno Bipartito da Xunta de Galicia.
Deste xeito as noites do Sábado centos de xoves procedentes de diversos lugares chegan a Vilalba utilizando o servicio do Noitebús.
Os autobuses a falta dun lugar habilitado para tal fin aparcan nas inmediacións da discoteca Nova Troco, nas rúas Avenida Terra Chá e Mondoñedo principalmente.
A Rúa Mondoñedo cun trazado en curva na confluencia coa Avenida Terra Chá , constitue un punto onde se teñen producido numerosos accidentes, e o feito de que nas noites do sábado numerosos coches e os autobuses que prestan o servicio de Noitebús , ocupen parte da calzada fai que o risco de accidentes nese tramo se incremente, e así mesmo ocasionan molestias polo rúido os veciños/as desa zona en concreto do noso Concello.
Sería necesario que o equipo de goberno do Concello de Vilalba tomara medidas ao respecto co fin de evitar riscos innecesarios, mellorar os problemas de tráfico nesa zona e evitar molestias aos veciños.
Do mesmo xeito a mesma zona, e en concreto a Rúa de Mondoñedo tal como denunciamos en repetidas ocasións dende o Grupo Municipal Socialista, é o lugar escollido por moitos transportistas para aparcar os seus camións durante os descansos na nosa vila, sobre todo durante as fins de semana , a falta dun lugar habilitado e vixiado para tal fin.

Esta situación ven a agravar os problemas de circulación na devandita rúa durante a fin de semana co consguinte incremento do risco de accidentes.
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,
ACORDOS:
Que se leven a cabo cantas medidas sexan necesarias para poñer solución aos problemas de circulación que ocasionan os vehiculos aparcados, fundamentalmente durante as fins de semana na Rúa de Mondoñedo de xeito que:
- Se estableza un lugar de aparcamento axeitado para os autobuses que prestan o servicio de Noitebús as noites dos Sábados, establecendo un punto de recollida para os xoves que se desplanzan a Vilalba a disfrutar da movida.
- Se incremente a presencia policial na zona en torno a Discoteca Nova Troco co fin de vixiar o cumprimento das normas de tráfico, evitar excesos de velocidade e altercados que poidan ocasionar molestias aos veciños
No hay comentarios:
Publicar un comentario