viernes, 25 de septiembre de 2009

Rogo para o pleno de setembro, para pedir control sobre os cans no tramo de pesca sen morte e que se habilite unha zona para o seu baño e xogo

.
Ante a afluencia de veciños que acostuman a utilizalo paseo fluvial e o río como zona de recreo para os seus cans, foron moitas as protestas que os pescadores nos comunicaron, xa que ditos cans con intencións xuguetonas, molestan e perxudican ós pescadores coas suas zambullidas e carreiras polo interior do cauce, asustando ós peixes e incluso ás veces ós propios pescadores, que pagan relixiosamente a súa licencia de pesca e un permiso diario por pescar no acotado do río Magdalena.

Como a zona é moi amplia e extensa, e a lei dí que está prohibido levar ós cans soltos, e non está no noso ánimo perxudicar ós donos de estos animais, solicitamos que o concello habilite unha zona para soltar ós cans e incluso bañalos se así o desexan.

Cremos que a mellor zona para este fin é a zona da praia fluvial, se ben a zona do parque acuático é a máis utilizada para o baño, a zona da carballeira prácticamente non se utiliza para o baño así que o Grupo Municipal Socialista presenta os seguintes

ROGOS

1-Que se habilite e sinalice , na área recreativa da praia fluvial, unha zona delimitada para a solta de cans e así poñer fin ao problema que se crea cos pescadores. Tamén rogamos sinalicen ás entradas do paseo a prohibición de levar cans soltos no traiecto que non sexa dita área.

2-Que se informe aos cidadáns de esta medida para maior comprensión e colaboración de todas e de todos.

No hay comentarios: