miércoles, 23 de septiembre de 2009

Comentarios á Noticia de "La Voz de Galicia" sobre a inminente asamblea de elección de delegados para o Congreso Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo

.
Os militantes da agrupación vilalbesa do PSdeG-PSOE, fumos convocados a unha asamblea extraordinaria para a elección de delegados para o próximo Congreso Provincial do mes de Outubro, adxuntábase a esa convocatoria outra, dunha posterior asamblea ordinaria, que por certo, nunca se convocara aínda por esta nova executiva local e que por estatutos ten que facerse cada 3 meses como máximo. Tendo en conta que esta executiva leva dende Outubro do ano pasado, é dicir, levan un ano sen convocala, xa podedes observar a participación e o debate político que propicían os novos dirixentes do PSOE Vilalbés, a verdade é que esta situación fora denunciada ante os órganos superiores do partido por militantes da nosa agrupación e supoño que esto foi o desencadenante da convocatoria e non a rehabilitación da vida orgánica da nosa agrupación.
.
A orde do día da asamblea extraordinaria, despois da elección da mesa presidencial da asamblea, voltaba a ter como primeiro punto a votación das candidaturas, sen facilitar o debate previo entre os militantes e candidatos das dúas listas, ademáis para que alguén que non esté ó tanto do tema, que lle parecería a calqueira veciño de vilalba, se por exemplo nun pleno do concello, se procedese a votar as mocións que se presentan polos grupos políticos antes de defendelas e debatilas, sería un pouco antidemocrático, ¿non?, pois esto é o que figura na acta e xa non é a primeira vez que sucede, posto que xa se intentara na anterior asamblea, e desta vez foi denunciado pola miña parte ante a Executiva Local, indicando que debería de trocarse a orde do día para facerse primeiro o debate, porque é de supoñer que os que están presentes en dita asamblea, estarán deseosos de participar e de debatir políticamente para logo decidir a quen dar o seu voto, tendo en conta, os posicionamentos políticos e as enmendas presentadas polos candidatos a ser votados e non creo que lles moleste que falemos antes de votar, ou será ¿qué pode haber alguén que lle molesta e quere marchar cedo despois da votación, porqué non queren saber nada de política e só van a onde manda o xefe?, polo ben do partido espero que esa suposición non sexa a correcta.
.
Tamén sucedía por primeira vez a inclusión de prazos para a presentación de candidaturas de 5 días antes da asamblea, pero ¿porqué establecer eses prazos que non veñen reflexados en ningún regulamento do partido e non estaban incluidos nas instruccións do partido para dita convocatoria?, ¿porqué se intenta coartar e imposibilitar a presentación de candidaturas ata 2 horas antes da asamblea, como sempre sucedera ata o de agora?, ¿será que alguén quere estar seguro de se ten que avisar ou non a eses mesmos que se poden molestar por escoitar o debate das asambleas e que se non houbera duas candidaturas se poderían quedar na casa sen ter que ser molestados?. Desexo tamén que esta non sexa un suposición correcta, pero o certo é que lle solicitei a executiva local que non voltase a incluir estes longos prazos en novas convocatorias.
.
As asambleas nas que ademais se levan a cabo procesos de votación e por desgracia, despois o debate de enmendas, tenden a acabar tarde, e iso o coñecen os membros da executiva local, enton, ¿como poden convocar unha asamblea ordinaria posterior a extraordinaria, sendo o día elexido o xoves para facela e o día seguinte venres, día laboral?. ¿A qué hora creen que comezará a asamblea e a qué hora rematará?, ou é que poda suceder ¿que a eses que non se lles quere molestar se non houbese duas candidaturas ou que non se lles quere molestar se houbese un largo debate tamén sairían perxudicados se teñen que voltar outro día a esa nova asamblea?, ou , ¿será que non se quere volver a ver a situación de ter 30 persoas nunha asamblea sen votación en lugar das 150 que aparecen cando hai votacións? Espero que esta suposición tampouco sexa correcta, o que é certo é que tamén se plantexou obxección a dita convocatoria e ésta si pode que sexa escoitada pola executiva local que pode ser que troque a convocatoria para outra data.
.
Dende o noso grupo desexamos que haxa debate político, desexamos participar da vida da nosa agrupación, non somos marionetas que van a aplaudir nin a buscar contraprestacións a nosa militancia, presentaremos enmendas ó congreso provincial e esperamos non selos únicos, somos SOCIALISTAS de corazón e cabeza.
.
A nosa candidatura para a asamblea será:

1.- Martín Seco García
2.- Pedro A. Durán Cao
3.- Margarita de Vicente Mato
4.- Verónica Pena Fraga
5.- José Cornide Río

No hay comentarios: