viernes, 25 de septiembre de 2009

Moción para pedir a limpeza do río Madalena

.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No mes de Maio dste ano 2009, o Grupo Municipal Socialista presentaba unha moción onde se solicitaba a realización dun plan de obras para levar a cabo a dobre canalización pluviais-fecais, a construcción dun pozo de tormentas, a colaboración coa asociación de pescadores para a limpeza da presa e o canal de alevinaxe de dita asociación, aproveitando o vaciado desta para a limpeza da Praia fluvial e a limpeza do cauce do río no seu paso polo paseo fluvial do noso concello que coincide co tramo de pesca sen norte do noso concello, moción que foi recibida co voto en contra do grupo de goberno do PP e co falso compromiso de colaboración expresado polo Delegado de Urbanismo con dita asociación que se acabou convertindo máis que nunha colaboración, nun intento por facerlle o traballo imposible a estes vilalbeses que só intentan, cuidar o lugar onde practican o deporte que aman.

Ante a solicitude de limpeza do cauce no paso polo paseo fluvial e o tramo de pesca sen morte que noutros concellos como o noso, é utilizado como reclamo turístico para que veñan outros cidadáns a visitarnos e porque non ós pescadores doutras partes da nosa xeografía que puideran achegarse a nosa vila a exercelo seu deporte, o Grupo Popular desmarcouse como se esta parte do noso concello non pertencese a Vilalba e deixando as actuacións que se puideran levar a cabo nel, a outras administracións sen preocuparse por facelos trámites pertinentes para conquerir ter un río limpo e cuidado, como se o único importante desta zona de Vilalba fose a cantidade de formigón co que enchemos a zona de esparcemento da Madalena.

Coa chegada do verán e despois do traballo incesante de dita asociación por limpar o río Madalena de porquerías e maleza que tupía o seu curso, puidemos obsevalos múltiples intentos de dita asociación porque o concello lles axudase a limpar aquelo que por infraestructura, resulta imposible para un grupo de pescadores, sen atopar por parte do Concello a mínima clase de apoio para realizar dito traballo e nin tan sequera o intento de solicitar ante a Confederación Hidrográfica e Conselleria de Medioambiente unha solicitude de limpeza de dita zona ou no seu caso un permiso para efectuala o propio concello, como fai na Praia fluvial.

Poucos días despois da Xira Campestre deste ano, a asociación de pescadores voltaba a denunciar a inactividade dos nosos gobernantes ante as múltiples basuras aparecidas no río despois desta festividade municipal e a mala imaxe que esta porquería podería mostrar do noso río e o noso concello ante a inminente celebración do Torneo de Pesca “Presidente da Xunta” que se levaría a cabo no tramo de pesca sen morte do noso concello, conquerindo só despois das denuncias da federación de pesca a retirada duns sillóns que se atopaban nestas instalacións e quedando o río nunhas condicións lamentables; o resultado pode observarse no texto que adxuntamos, publicado no blog dunha asociación de pescadores que solicitan que nunca máis se leve a cabo estes torneos en Vilalba pola mala situación e descuido no que se atopa o noso río e que debería de facer reflexionar e actuar os nosos gobernantes para non acabar de destruir un entorno tan bonito como o que se pode atopar no noso río Madalena.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

· Levar a cabo, en colaboración coa Asociación de Pescadores de Vilalba, un programa de limpeza e saneamento do río Madalena no tramo do paseo fluvial que inclue o tramo de pesca sen morte do noso Concello.

· Solicitarlle a Confederación Hidrográfica e a Consellería de Medioambiente a realización dos traballos incluidos neste programa.

· Se a resposta destas institucións fose negativa, solicitalos permisos oportunos ante a administración e proceder a realizalos traballos incluidos en dito programa ó igual que fai o concello na zona da Praia Fluvial da Madalena

No hay comentarios: